Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17345

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 4 de marzo de 2022 de modificación da Orde do 28 de xaneiro de 2022, pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 58 da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental, por medio da orde anual de pesca continental, a consellería competente en materia de pesca continental establecerá, para cada tempada, as normas específicas de pesca das distintas especies pescables que habitan as augas continentais de Galicia, adoptará os réximes especiais que se coiden pertinentes en determinados tramos de auga e aprobará as modificacións e as revisións dos plans técnicos de xestión dos recursos piscícolas que sexan necesarias.

O Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra propuxo a modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla, foron oídos o Consello Provincial de Pesca Continental de Pontevedra (na sesión do 14.10.2021) e o Consello Galego de Pesca Continental (na sesión do 10.12.2021) e non se recibiu ningunha alegación ás propostas presentadas.

A publicación da orde anual debe producirse en todo caso antes do inicio da temporada de pesca, con tempo suficiente para garantir o coñecemento por parte dos usuarios das normas e réximes especiais aplicables en determinados tramos de auga, co fin de garantir a seguridade xurídica durante a práctica desta actividade.

Polo que procede, con suxeición ao establecido no artigo 58 da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, e unha vez realizados todos os trámites oportunos e antes do inicio da vindeira tempada de pesca, aprobar, a través da orde anual de pesca continental, a modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla dentro das normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2022.

De acordo co anterior, cómpre modificar a Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2022 para adaptala á modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase a Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2022 para adaptala á modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla.

A Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2022, para adaptala á modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla, queda modificada como segue:

Un. Engádese un novo artigo 19, coa seguinte redacción:

«Artigo 19. Modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla

Apróbase a modificación do límite inferior do couto de Carboeiro e mais o cambio de denominación do couto de Deza, que pasa a denominarse couto de Cira. A delimitación xeográfica e as normas de pesca nos novos tramos atópanse recollidas no anexo XVI».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO XVI

Normativa dos coutos resultantes da modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla

Nos límites figuran entre parénteses os concellos en que se atopan e as coordenadas (X e Y) no sistema ETRS89, proxección UTM-29N. Na columna titulada «km» figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros. Nas columnas tituladas «Categoría» figura a categoría dos permisos de pesca (t = troita, sm = pesca sen morte) nas distintas xornadas hábiles (Ma = martes, Me = mércores, Xo = xoves, Ve = venres, SDF = sábados, domingos e festivos). Nas columnas tituladas «Nº» figura o número de permisos diarios en xornadas laborables (Lab.) e os sábados, domingos ou festivos (SDF). Na columna titulada «Troita» figura a dimensión mínima da troita en centímetros (cm) e a cota de captura por persoa e a xornada (n).

Couto

Río

Límite superior

Límite inferior

km

Categoría

Troita

Ma

Me

Xo

Ve

SDF

Lab.

SDF

cm

n

Carboeiro

Deza

30 m augas abaixo da restitución de auga da minicentral de Saídres (Silleda e Vila de Cruces; 562.545, 4.734.143)

Desembocadura do río Toxa no Deza, por baixo da pasarela metálica que cruza o río (Silleda e Vila de Cruces; 559.689, 4.734.360)

5,5

sm

sm

sm

sm

sm

8

8

Cira, tramos 1, 3 e 5

Ulla e Deza

sm

sm

sm

sm

sm

10

10

Cira, tramo 1 (Brandelos-Bendaña)

Ulla

Desembocadura do río Brandelos (Touro e Vila de Cruces; 554423, 4740723)

Refuxio de Bendaña (Touro e Vila de Cruces; 554722, 4740343)

0,6

Cira, tramo 3 (Illas de Gres)

Ulla

Tosta do Muíño do Boticario (Boqueixón e Vila de Cruces; 554588, 4738174)

Ponte Nova de Ponte Ledesma (Boqueixón e Vila de Cruces; 554057, 4738094)

0,5

Cira, tramo 5

Deza

Tosta de García (Silleda e Vila de Cruces; 554509, 4735920)

Xunta Deza-Ulla (Silleda e Vila de Cruces; 553385, 4737050)

2,3

Cira, tramos 2 e 4

Ulla

t

t

sm

t

t

16

16

21

4

Cira, tramo 2 (Bendaña- Gres)

Ulla

Refuxio de Bendaña (Touro e Vila de Cruces; 554722, 4740343)

Tosta do Muíño do Boticario (Boqueixón e Vila de Cruces; 554588, 4738174)

3,1

Cira, tramo 4 (Gres-Donas)

Ulla

Ponte Nova de Ponte Ledesma (Boqueixón e Vila de Cruces; 554057, 4738094)

Regato de Donas (A Estrada e Boqueixón; 550363, 4737660)

5,8