Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 20865

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade da addenda de modificación do punto quinto da Resolución do 10 de xuño de 2021, de encomenda a Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., como medio propio personificado, para a xestión dos servizos de contact center relacionados co teléfono 881 00 20 21 e outros servizos telefónicos do Servizo Galego de Saúde relacionados coa COVID-19.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da seguinte addenda á citada Resolución do 10 de xuño de 2021, que, con relación ás restantes características, mantén as sinaladas na Resolución de publicidade do 17 de xuño de 2021 (DOG núm. 124, do 1 de xuño):

– Addenda do 23 de decembro de 2021 de modificación do punto quinto da Resolución do 10 de xuño de 2021, do conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, de encomenda a Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., como medio propio personificado, para a xestión dos servizos de contact center relacionados co teléfono 881 00 20 21 e outros servizos telefónicos do Servizo Galego de Saúde relacionados coa COVID-19.

– Obxecto: a addenda ten por obxecto modificar o punto quinto da Resolución do 10 de xuño de 2021, no cal se establece que:

«O importe da encomenda é de 1.211.338 € e aboarase a Galaria con cargo á aplicación orzamentaria do Servizo Galego de Saúde 5001.412A.441.15, logo de presentación da xustificación dos gastos.

Para os efectos desta encomenda, teranse en conta os gastos das actuacións levadas a cabo desde o 1 de xaneiro de 2021».

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade