Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 20924

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).

BDNS (Identif.): 616244.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

1. Serán destinatarios últimos das axudas os suxeitos que se enumeran nos seguintes puntos, sempre que realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado:

a) Persoas físicas que deberán estar dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

b) Persoas xurídicas.

c) Calquera entidade do sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.

d) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración de calquera das figuras dos tres puntos anteriores, con ou sen personalidade xurídica.

2. Non serán beneficiarios destas axudas:

a) Aqueles en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme a definición que, para estes efectos, se realiza no Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.

3. Non poderán considerarse actuacións subvencionables mediante estas axudas as que se realicen por calquera dos destinatarios últimos previstos neste artigo:

a) No sector dos produtos da pesca e da acuicultura tal e como se recolle no punto 3 do artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

b) En proxectos situados en ningunha das fases de fabricación de combustibles que estean suxeitos a un sistema nacional de obrigas no ámbito do transporte.

Segundo. Finalidade

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2022-2023 para o programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro (publicado no BOE núm. 305, do 22 de decembro) código de procedemento IN422N.

2. Pola presente resolución convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Programa de incentivos 1: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e outros sectores da economía incluíndo o sector residencial.

3. Dado o carácter incentivador do programa de incentivos 1, só se admitiran os proxectos iniciados con posterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, en aplicación do efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

4. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).

Cuarto. Importe

1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa, financiaranse con fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 6.145.270,60 euros coa seguinte distribución orzamentaria por anualidades:

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total (€)

290.436,39

2.864.483,87

2.840.832,83

149.517,51

6.145.270,60

O orzamento por partida e anualidade redistribuírase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 06.A3.733A.714.2, 06.A3.733A.760.5, 06.A3.733A.760.9, 06.A3.733A.770.5, 06.A3.733A.770.6, 06.A3.733A.781.1, 06.A3.733A.781.6.

O crédito máximo segundo a tecnoloxía renovable será o seguinte:

Tecnoloxía renovable térmica

Orzamento (€)

Biomasa

2.300.000

Xeotermia e hidrotermia

1.500.000

Aerotermia

2.300.000

Solar térmica

45.270,60

Total

6.145.270,60

Os orzamentos por tecnoloxía renovable poderán ser redistribuídos pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes.

3. O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación das solicitudes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen a convocatoria. De producirse a ampliación de crédito, publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal).

4. A concesión das axudas estará supeditada ao efectivo financiamento por parte do Ministerio para la Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco dos programas de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía.

5. Os custos subvencionables máximos, custes de referencia e contía das axudas para cada unha das actuacións veñen establecidos no anexo III do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro.

6. As axudas que percibirán os destinatarios últimos das axudas do Programa de incentivos 1 están suxeitas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) 651/2014 da comisión, do 17 de xuño, aplicándose á categoría de axudas para a protección do ambiente (sección 7).

En ningún caso as axudas concedidas a unha mesma empresa e proxecto poderán superar os 15 millóns de euros.

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará as 9.00 horas do día 20 de abril de 2022 e rematará o 31 de decembro de 2023, ao ser inhábil, prorrógase ata o 2 de xaneiro de 2024.

Sétimo. Prazos de execución e xustificación das actuacións

O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia