Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21815

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2022-2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

BDNS (Identif.): 618354.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Só serán subvencionables as actuacións realizadas en centros de traballo localizados en Galicia.

Consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria, serán subvencionables as empresas cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 10.2 e 12.

Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na letra a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

Segundo. Obxecto

Regular a concesión de subvencións para a consecución de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria e servizos.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2022-2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

Cuarto. Contía

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2022-2023 e imputaranse á aplicación orzamentaria 06.A3.733A.770.0.

O crédito máximo, segundo a tipoloxía de proxecto e tipo de solicitante, será o seguinte:

Distribución por liña de axuda

Tamaño empresa

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Total (€)

PAEI. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

Peme

1.227.784,87

772.215,13

2.000.000,00

Grande empresa

600.000,00

750.000,00

1.350.000,00

PAES. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

Peme

500.000,00

500.000,00

1.000.000,00

Grande empresa

411.624,17

238.375,83

650.000,00

Total

2.739.409,04

2.260.590,96

5.000.000,00

O crédito máximo recollido na táboa anterior poderá ser redistribuído se pasado un mes desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera.

2. A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

3. Establécese unha axuda máxima por proxecto de 500.000 euros.

4. A axuda máxima por empresa beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 1.000.000,00 de euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 19 de abril de 2022 ás 9.00 horas e finalizará o 3 de outubro de 2022.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022

Paula María Uría Traba
Directora do Instituto Enerxético de Galicia