Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22060

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 43/2022, do 24 de marzo, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello da Coruña, da totalidade da estrada AC-415 e da totalidade do treito da estrada AC-211 que discorre polo concello, xunto co seu dominio público asociado.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón, no artigo 9.7, que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello da Coruña solicitou o cambio de titularidade da totalidade da estrada autonómica AC-415 e da totalidade do treito da estrada AC-211 que discorre polo seu termo municipal.

A estrada AC-415 discorre na súa totalidade (2,42 km) polo concello da Coruña.

A estrada AC-211 ten, en dous treitos non contiguos, unha lonxitude total de 0,84 km, e discorre polo municipio da Coruña o segundo treito, entre o p.q. 3+350 e o p.q. 3+510, cunha lonxitude de 160 metros.

A estrada AC-415 na súa totalidade e o treito da AC-211 entre o p.q. 3+350 e o p.q. 3+510 están categorizados funcionalmente polo Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia (Raega) como rede local. Discorren na súa totalidade por solo clasificado como urbano polo instrumento de planeamento urbanístico vixente no Concello da Coruña. Trátase de treitos cun marcado carácter local e urbano, sen funcionalidade dentro da Raega.

A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e catro de marzo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello da Coruña, xunto co seu DPV asociado, de:

– A totalidade da estrada:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas
UTM (ETRS89)

AC-415

A Coruña (rolda de Outeiro)-Meicende (lím. concello)

0+000

X= 546.965

Y= 4.800.833

2+420

X= 544.957

Y= 4.799.568

– A totalidade do treito da estrada que discorre polo seu municipio:

Clave

Treito

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas
UTM (ETRS89)

AC-211

Lím. concello con Culleredo-A Pasaxe (N-VI)

3+350

X= 550.023

Y= 4.797.527

3+510

X= 549.927

Y= 4.797.651

Artigo 2

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir estes cambios de titularidade, suprimindo a estrada AC-415 do catálogo e corrixindo a nomenclatura da estrada AC-211.

O documento do catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/tema/c/CIV_Infraestruturas_Estradas

Artigo 3

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello da Coruña deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 4

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade serán efectivos o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 5

Correspóndenlle ao Concello da Coruña, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, vinte e catro de marzo de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade