Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto da Mina, sito nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto da Mina, S.A. (expediente IN661A 2010/01-3 AT).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Adelanta Corporación, S.A., na actualidade Coto da Mina, S.A., en relación coa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do parque eólico Coto da Mina, constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2010, admitiuse a trámite o parque eólico Coto da Mina (en diante, o parque eólico), cunha potencia de 15,2 MW.

Segundo. O 22.10.2010, Adelanta Corporación, S.A. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Coto da Mina.

Terceiro. O 12.11.2010, Adelanta Corporación, S.A. presentou a documentación de constitución e de subrogación dos seus dereitos e obrigas a favor de Coto da Mina, S.A. (en diante, a promotora) para que todos os trámites a partir dese momento se realicen a nome desta sociedade filial.

Cuarto. Mediante a Resolución do 13 de maio de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, someteuse a información pública o proxecto de execución do parque eólico Coto da Mina, o seu estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial, que se desenvolverá nos concellos do Carballiño, Piñor e O Irixo.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 28.6.2011, no Boletín Oficial da provincia de Ourense do 10.6.2011 e no xornal La Región, o 2.6.2011. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados do Carballiño, Piñor e O Irixo, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Ourense, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de exposición pública presentáronse as seguintes alegacións:

– Sobre o posible solapamento entre o permiso de investigación «Rivas» (núm. 5098) e o parque eólico.

– O incumprimento da distancia mínima que prevé o plan sectorial eólico, entre o aeroxerador 1 e o núcleo de poboación de Marañís.

Quinto. O 13.1.2014, a promotora presentou unha modificación do proxecto do parque eólico Coto da Mina, para a que solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, inclusión das instalacións no Rexistro de Réxime Especial, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Así mesmo, achegou o documento proxecto técnico modificado do parque eólico Coto da Mina. Concellos de Piñor e O Irixo. Setembro de 2013.

Sexto. Mediante a Resolución do 17 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, someteuse a información pública o proxecto modificado de execución do parque eólico Coto da Mina, o seu estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, que se desenvolverá nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 25.5.2015, no Boletín Oficial da provincia de Ourense do 11.5.2015 e no xornal La Región, o 12.5.2015. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados de Piñor e O Irixo, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Ourense, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de información pública presentáronse alegacións sobre a existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, en relación coa titularidade das parcelas e cos enderezos para os efectos de notificacións e representacións.

Sétimo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Deputación Provincial de Ourense, Concello de Piñor, Concello do Irixo, Concello do Carballiño, Retevisión I, S.A., Retegal e Irixo Eólico, S.A.U.

A Deputación Provincial de Ourense, Concello de Piñor, Concello do Irixo, Retevisión I, S.A. e Retegal emitiron condicionados técnicos que foron aceptados polo promotora o 1.10.2014.

O Concello do Irixo non emitiu condicionado pese á súa reiteración o 10.9.2014.

O 25.6.2014, o Concello do Carballiño manifesta que o proxecto non afecta o termo municipal do Carballiño.

O 12.9.2014, Irixo Eólico, S.A.U. non emite condicionado técnico e amosa a súa conformidade co proxecto presentado.

Oitavo. O 27.10.2014, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, establecendo o correspondente condicionado.

Noveno. O 2.9.20215, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense emitiu o informe sobre o proxecto de execución do parque eólico.

Décimo. O 9.10.2017, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, emitiu o informe a que facía referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro (segundo a redacción da lei ata a súa modificación pola Lei 5/2017, do 19 de outubro).

Décimo primeiro. O 23.4.2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante Anuncio do 26 de abril de 2021 (DOG nº 88, do 11 de maio).

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental ao cal o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: direccións xerais do Patrimonio Cultural, de Conservación da Natureza, e de Innovación e Xestión da Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio (antiga Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe), Secretaría Xeral para o Turismo, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Piñor.

Décimo segundo. O 7.10.2021, o Instituto de Estudos do Territorio informou que, de acordo co establecido na disposición transitoria única do Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as directrices de paisaxe de Galicia, non é obrigatorio que o proxecto do parque eólico adapte o seu contido ás ditas directrices.

Décimo terceiro. O 2.12.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ratificouse no informe do 9.10.2017, indicando que as posicións dos cinco aeroxeradores do parque eólico cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1 do Plan sectorial eólico de Galicia respecto das delimitacións de solo de núcleo rural, solo urbano e urbanizable.

Décimo cuarto. O 25.1.2022, Coto da Mina, S.A. co obxecto de adecuar a potencia do parque eólico á potencia admitida a trámite e debido a unha actualización tecnolóxica do fabricante presentou un documento de valoración ambiental xunto co proxecto técnico refundido parque eólico Coto da Mina. Xaneiro 2022.

Décimo quinto. O 10.2.2022, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático considerou que a modificación proposta non ten repercusións ambientais, polo que non procede emitir un informe por parte do órgano ambiental ao abeiro do punto 4.3.2 da DIA.

Décimo sexto. O 9.2.2022, a Xefatura Territorial emitiu informe favorable sobre o cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas do proxecto técnico refundido do parque eólico Coto da Mina.

Décimo sétimo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para a potencia de 15,2 MW, segundo informe do xestor da rede do 16.2.2021, e a potencia instalada é de 17,25 MW. Segundo o establecido no artigo 53.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, as autorizacións administrativas de instalacións de xeración poderanse outorgar por unha potencia instalada superior á capacidade de acceso que figure no permiso de acceso.

Décimo oitavo. O 5.3.2022, a promotora achegou o acordo, vinculante para as partes, en relación co uso compartido da subestación do parque eólico Coto Frío 132/30 kV, para os parques eólicos Coto da Mina e Coto Frío.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 20 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, e resumidas nos antecedentes de feito cuarto e sexto, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, correspondendo á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a acreditación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (emprazamento, extensión, tipo de aproveitamento...).

2. No que atinxe ás alegacións sobre concorrencia de utilidades públicas e a súa compatibilidade ou prevalencia, cabe responder que esta cuestión será abordada na fase do expediente correspondente á declaración de utilidade pública do parque eólico.

3. En relación coa proximidade do parque eólico coa poboación de Marañís, indicar que o proxecto conta con informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 9.10.2017 e do 2.12.2021, como se recolle nos antecedentes de feito décimo e décimo terceiro, en que se indica que as posicións dos cinco aeroxeradores do parque eólico cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1 do Plan sectorial eólico de Galicia respecto das delimitacións de solo de núcleo rural, solo urbano e urbanizable.

Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque Coto da Mina, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 23.4.2021 e recollida no antecedente de feito décimo primeiro desta resolución:

a) Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta de resolución, que di literalmente: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Coto da Mina.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Coto da Mina, sito nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto da Mina, S.A., cunha potencia de 15,2 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Coto da Mina, composto polo documento: proxecto técnico refundido parque eólico Coto da Mina. Concellos de Piñor e O Irixo. Xaneiro 2022, asinado polo enxeñeiro industrial José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado nº 1.185 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Coto da Mina, S.A.

Enderezo social: parque de San Lázaro, 7, 1º, 32003 Ourense.

Denominación: parque eólico Coto da Mina.

Potencia instalada: 17,25 MW.

Potencia autorizada: 15,2 MW.

Produción neta estimada: 42.483 MWh/ano.

Concellos afectados: Piñor e O Irixo (Ourense).

Orzamento de execución material (sen IVE): 11.556.485 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, ás cales se circunscriben as autorizacións:

Vértice

Coordenadas UTM

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

576.400

4.711.100

576.275,16

4.710.885,23

2

577.250

4.710.800

577.125,15

4.710.585,24

3

577.250

4.707.900

577.125,14

4.707.685,24

4

576.600

4.707.900

576.475,14

4.707.685,23

5

576.000

4.709.100

575.875,15

4.708.885,23

6

576.250

4.710.800

576.125,15

4.710.585,23

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

576.874

4.708.859

576.749,14

4.708.644,24

2

576.652

4.709.064

576.527,15

4.708.849,24

3

576.334

4.709.173

576.209,15

4.708.958,23

4

576.941

4.710.070

576.816,15

4.709.855,24

5

576.723

4.710.280

576.598,15

4.710.065,24

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 5 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.450 kW de potencia nominal unitaria, limitada a 3.040 kW, altura de buxa de 119 metros e diámetro de rotor de 112 metros.

– Centros de transformación de 3.750 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/20 kV, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, celas de media tensión de 20 kV e os correspondentes equipos de mando, medida, protección e demais elementos auxiliares.

– Rede subterránea de media tensión (20 kV), con condutor tipo AL RHZ1 12/20 kV, para a evacuación da enerxía xerada entre os transformadores individuais dos aeroxeradores, e entre estes e a subestación do parque eólico Coto Frío 132/20 kV.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de garantías en materia ambiental, Coto da Mina, S.A. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 103.142 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia, regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

4. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

5. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a Xefatura Territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

6. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, as Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

7. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal da TDT, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Coto da Mina, S.A. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

8. De conformidade coa disposición transitoria cuarta da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

10. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

11. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

12. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

13. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética
e Recursos Naturais

ANEXO

1. Alegacións presentadas durante a tramitación do expediente.

Concello Piñor, o 28.11.2011, Serafín Cibeira Ferreiro, o 30.4.2012, Florentino Bernárdez Civeira, o 14.5.2015, Mª Isabel Nogueira Blanco, o 22.5.2015, Camilo Alén Lorenzo, o 27.5.2015, José Fos Nogueira, o 15.6.2015, e Sabina Ferreiro Taboada, o 26.8.2015.