En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artículo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 9 de marzo de 2022, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Xariña, Depósito e Os Lameiros a favor dos/das veciños/as da CMVMC de Pazos, na parroquia de Barxés (Santa María), no concello de Muíños (Ourense), resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 12 de decembro de 2019, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da comunidade de montes de Pazos, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas A Xariña, Depósito e Os Lameiros.
Segundo. Con data do 23 de xuño de 2021, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:
Nome do monte: A Xariña, Depósito e Os Lameiros.
Superficie: 0,82 ha.
Pertenza: CMVMC de Pazos.
Parroquia: Barxés (Santa María).
Concello: Muíños.
Nas seguintes táboas indícanse as referencias catastrais das parcelas obxectos de clasificación, así como as das estremeiras.
Predio 1. Os Lameiros:
Parcela obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
32052A02000704 |
Norte |
32052A02009001 |
Leste |
32052A02009005 |
|
Sur |
32052A02000705 32052A02000706 32052A02000707 |
|
Oeste |
32052A02000713 32052A02000722 |
Predio 2. Depósito:
Parcela obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
32052A01900270 |
Norte |
32052A01900271 |
Leste |
32052A01900205 32052A01900204 32052A01900203 32052A01900202 32052A01900200 32052A01900201 32052A01900244 32052A01900245 |
|
Sur |
32052A01900247 32052A01900269 |
|
Oeste |
32052A01909005 |
Predio 3. A Xariña:
Estes terreos constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais están separadas polo camiño coa referencia catastral 32052A01909001.
Parcela obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
32052A01900257 32052A02101098 |
Norte |
32052A01909006 |
Leste |
32052A02101391 |
|
Sur |
32052A02109017 |
|
Oeste |
32052A02101308 |
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente, en réxime de comunidade sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,
Resolve:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado A Xariña, Depósito e Os Lameiros a favor dos/das veciños/as da CMVMC de Pazos, na parroquia de Barxés (Santa María), no concello de Muíños (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 21 de marzo de 2022
Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense