En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.
Antecedentes:
– O 26.10.2017, Green Capital Power, S.L. presentou perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Vacaloura (en diante, o parque eólico).
– O 4.3.2021, presentou a solicitude de modificación substancial para o parque eólico e a dirección xeral procedeu a solicitar o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia do territorio, o 18.6.2021.
– O 12.7.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.
– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, o 13.12.2021, a dirección xeral competente en materia de enerxía enviou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao centro directivo, consonte o artigo 33.16 da Lei 8/2009.
Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. (NIF B85945475).
Domicilio social: rúa Marqués de Villamagna, nº 3, 5ª planta, 28001 Madrid.
Denominación do proxecto: parque eólico Vacaloura.
Situación: concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo).
Área de desenvolvemento eólico (ADE): San Cristóbal.
Potencia instalada: 31,185 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 7.
Produción neta anual estimada: 84.066 MW h/ano.
Orzamento de execución material: 26.958.449,29 €.
Coordenadas da poligonal do parque eólico:
Punto |
Coordenadas ETRS89 H29 |
|
UTM-X(m) |
UTM-Y(m) |
|
P1 |
597.875,00 |
4.742.786,49 |
P2 |
603.875,00 |
4.742.786,49 |
P3 |
603.875,00 |
4.738.434,49 |
P4 |
598.311,00 |
4.738.434,49 |
Coordenadas do emprazamento dos aeroxeradores:
Aeroxerador |
ETRS89 H29 |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
VC01 |
599752 |
4741157 |
VC02 |
599909 |
4739597 |
VC03 |
599934 |
4739069 |
VC04 |
601693 |
4742061 |
VC05 |
602227 |
4741120 |
VC06 |
602463 |
4740681 |
VC07 |
602712 |
4740118 |
Localización da torre de medición:
Torre de medición |
|
ETRS89 H29 |
|
UTM-X(m) |
UTM-Y(m) |
602817 |
4739848 |
Emprazamento da subestación:
Subestación |
|
ETRS89 H29 |
|
UTM-X(m) |
UTM-Y(m) |
601597.80 |
4740583.84 |
Coordenadas da envolvente da subestación:
Punto |
ETRS89 H29 |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
P01 |
601551.25 |
4740538.70 |
P02 |
601559.83 |
4740633.44 |
P03 |
601646.53 |
4740625.59 |
P04 |
601637.95 |
4740530.85 |
Características técnicas principais das instalacións:
– Sete (7) aeroxeradores modelo SG145-5.0 MW de 5,0 MW de potencia nominal, limitados a 4,455 MW de 145 m de diámetro de rotor e 127,5 e 90 m de altura de torre.
– Sete (7) centros de transformación situados en cada aeroxerador, formados por transformadores de 5.350 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección telemando e demais elementos auxiliares, mediante o cal se conecta á rede de media tensión do parque.
– Rede colectora soterrada de 30 kV, conformada polos cables de MT, con condutores tipo RHZ1-2OL H16CU 18/30 kV AL, enlazando os transformadores de cada aeroxerador ata alcanzar a subestación.
– Unha (1) torre de medición.
– Subestación de 30/132 kV do parque eólico de Vacaloura, para evacuación da enerxía producida no parque eólico, cunha posición de transformador de potencia 30/35 MVA (ONAN/ONAF).
– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas dos aeroxeradores e gabias de cablaxe.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Obxecto da información pública:
– Proxecto de execución (de marzo de 2021) das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.
– Estudo de impacto ambiental (27 de novembro de 2020).
– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico, de novembro de 2020).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta xefatura territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87), así como nos concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo).
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/vacaloura
Lugo, 24 de marzo de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo