Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2022 Páx. 27221

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a promoción e difusión de proxectos musicais profesionais ao abeiro do Programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Feder, dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207L).

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no artigo 27.19 que lle «corresponde á Comunidade Autónoma Galega a competencia e fomento da cultura e da investigación en Galicia», sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten a responsabilidade de promocionar e fomentar a cultura galega, tendo na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) o ente instrumental no que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.

A axencia pretende fomentar a industrialización de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da actividade da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Xunta de Galicia estima oportuno apoiar a actividade musical profesional mediante a concesión de subvención a proxectos de promoción e difusión musical.

Neste sentido, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no exercicio das súas competencias, é consciente da importancia de establecer medidas de estímulo para a aceleración, desenvolvemento e expansión da industria musical, polo que, entre outros, ten como obxectivo promover a consolidación das propostas musicais, co propósito de contribuír ao enriquecemento cultural do país a través da música podendo, para o logro dos seus obxectivos, conceder subvencións.

Con todo iso preténdese potenciar toda a cadea de valor, desde a creación ata a exhibición e o consumo, apoiando o traballo das persoas profesionais da música e a estabilidade das empresas e a programación. A industria musical ten un gran valor socioeconómico, que xera produtividade de forma transversal a outras industrias vinculadas, o que o converte nun valor estratéxico de primeiro orde.

A industria musical recolle catro grandes tipoloxías de actividade: as actividades derivadas dos dereitos fonográficos; as actividades derivadas dos dereitos de propiedade intelectual e editorial; as actividades relacionadas co desenvolvemento da música en directo e as actividades relacionadas coa comercialización de merchandising e outras actividades transversais.

Os dous últimos eixos son fundamentais e están moi relacionados co desenvolvemento do talento musical e a promoción dos artistas. Faise patente, e é moi necesario, establecer as bases deste desenvolvemento e crecemento industrial-musical, garantindo e apoiando as fases de:

1. Análise e ferramentas para o desenvolvemento de talento.

2. Introdución do talento no conxunto da industria musical.

3. Consolidación de talento.

4. Internacionalización

Todo iso non só desde o punto de vista cultural, senón tamén comercial, con obxecto de que as persoas profesionais da música vexan recoñecida o seu labor de ampliar mercados, creando e fidelizando novos públicos e incrementando o financiamento e viabilidade da actividade industrial e musical do país.

Consonte esta idea, as empresas de management e as axencias artísticas resultan ser unha ferramenta imprescindible para a industria musical, xa que no seu seo se concentra, en moitas ocasións, toda a cadea de valor que permite o desenvolvemento do talento artístico musical.

Nesta resolución establécense as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para empresas do sector musical que presenten proxectos musicais, unitarios ou colectivos, coa finalidade de impulsar o talento artístico musical.

A nova liña de subvencións encádrase no proxecto Hub audiovisual-industria cultural vinculado ao programa REACT da Unión Europea, actuación 20.1.3.2.4 de axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega, que promove a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, co que se pretende aumentar a capacidade competitiva das empresas culturais galegas e incentivar a creación de traballos sustentables que integren a totalidade da cadea de valor desta industria.

Concretamente, esta actuación corresponde a:

Eixe prioritario: 20. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía

Prioridade de investimento 13i. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía

Obxectivo específico OE 20.1.3.2 OE REACT-UE 3.2.

Actuación CPSO 20.1.3.2.4 Axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega

Campo de intervención 067-Desenvolvemento empresarial das pemes, apoio ao espírito de empresa e a incubación (incluíndo o apoio a empresas incipientes e empresas derivadas).

Liña de actuación 81-Medidas de impulso do sector audiovisual.

A Estratexia Europa 2020 (EE2020) fixa o marco xeral de actuación cara ao que deben enfocarse os esforzos da política de cohesión europea, que financian os fondos estruturais e de investimento europeos, entre eles o Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A EE2020 fixa tres modelos de crecemento e desenvolvemento así como os criterios de intervención para logralos:

1. Desenvolvemento intelixente: favorecer unha economía fundamentada no coñecemento e a innovación.

2. Desenvolvemento sustentable: promoción dunha economía máis eficiente no uso dos recursos, máis ecolóxica e competitiva.

3. Desenvolvemento integrador: fomento dunha economía con altas taxas de emprego que permita avanzar na cohesión social territorial.

Neste contexto, a UE recomenda que a intervención dos Fondos Feder no ámbito da cultura deben ir dirixidos ao apoio dos sectores culturais estreitamente ligados á innovación e á creatividade. Por iso, o impulso ás industrias culturais e creativas, co fin de desenvolver a competitividade para que contribúa ao emprego e ao crecemento, resulta tan importante.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para a promoción, capacitación e desenvolvemento de proxectos musicais unitarios e colectivos que favorezan a mellora da calidade dos proxectos, e axilicen a modernización da industria musical, o crecemento de uso de novas tecnoloxías e a dixitalización nas diferentes fases da industrialización musical, realizada por empresas con actividade habitual na Comunidade Autónoma de Galicia, que se levan a cabo ao abeiro do Programa Hub da Industria Creativa Galega.

Con esta convocatoria de subvencións preténdense axilizar a modernización da industria musical, o crecemento de uso de novas tecnoloxías e a dixitalización nas diferentes fases da produción e difusión musical, realizada por empresas con actividade habitual na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun apoio a proxectos que consoliden a cadea de valor da industria musical, con criterios de sustentabilidade e rendabilidade do investimento público.

En consecuencia, tendo en conta o marco xurídico legal constituído pola Lei básica estatal, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no ámbito rexional, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei,

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a promoción e difusión de proxectos musicais financiado ao 100  % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no marco do eixe REACT-UE, actuación 20.1.3.2.4 de axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega, e se procede á convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207L)

2. Segundo establece o artigo 53.2.d) e f) do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, os réximes de axuda concibidos para apoiar a cultura e a conservación do patrimonio serán compatibles co mercado interior segundo ao artigo 107, punto 3, do tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, punto 3, do tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible na presente convocatoria.

3. Poderán optar a estas subvencións todas as empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal, ou oficina permanente de, polo menos, un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia, debendo acreditar que están dadas de alta nalgún das epígrafes do imposto sobre actividades económicas relacionados nas bases reguladoras, cunha antigüidade, cando menos, 5 anos consecutivos.

4. O procedemento establecido para concesión destas subvencións é de concorrencia competitiva e as bases reguladoras establecen os criterios que permitirán seleccionar as solicitudes propostas para subvención no artigo 16 das bases reguladoras, que estarán baseados nos seguintes aspectos: estratexia global da solicitude presentada, promoción do talento creativo galego e da igualdade, e calidade e potencial de cada proxecto, sexa individual ou colectivo.

5. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas ao 100 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), polo que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen ao respecto nestas bases reguladoras.

6. Esta subvención, de carácter plurianual, financiarase con cargo á aplicación 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2021 00001 dos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade nos orzamentos de 2022 e 2023.

7. A finalidade destas axudas é mellorar a calidade dos proxectos musicais, axilizar a modernización da industria musical, o crecemento de uso de novas tecnoloxías e a dixitalización nas diferentes fases da industrialización musical, realizada por empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

8. Modalidades de actividades subvencionables:

Poderán ser obxecto desta subvención as seguintes modalidades de proxectos:

• Modalidade A: proxectos musicais unitarios.

Enténdese por proxectos musicais unitarios os proxectos que se desenvolven arredor dun só artista que desenvolva a súa actividade habitualmente en Galicia, sexa solista, grupo ou banda.

• Modalidade B: proxectos musicais colectivos.

Enténdese por proxectos musicais colectivos, os proxectos que se desenvolven arredor de, cando menos, 4 artistas que desenvolvan a súa actividade habitualmente en Galicia, sexan solistas, grupos ou bandas.

9. Solicitudes.

1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 das bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

10. Prazo de duración do procedemento de concesión.

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva que non poderá exceder cinco meses contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

11. Información ás persoas interesadas.

11.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: htpp://agadic.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico: agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

11.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

11.3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas ou entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

12. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

13. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a promoción e difusión de proxectos musicais profesionais ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Feder dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se
procede á convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207L)

Artigo 1. Obxecto e réxime das axudas

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a promoción, capacitación e desenvolvemento de proxectos musicais unitarios e colectivos.

2. A finalidade destas subvencións é mellorar a calidade dos proxectos, axilizar a modernización da industria musical, o crecemento de uso de novas tecnoloxías e a dixitalización nas diferentes fases da produción musical, realizada por empresas con actividade habitual na Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun apoio a proxectos musicais que consoliden a cadea de valor da industria musical, con criterios de sustentabilidade e rendabilidade do investimento público.

3. Serán obxecto de subvención as seguintes modalidades de proxectos musicais:

A. Modalidade A: proxectos musicais unitarios. Enténdense por proxectos musicais unitarios aqueles proxectos que desenvolven calquera dos aspectos que conforman a cadea de valor da industria musical arredor dun só artista musical, sexa solista, grupo ou banda. Este artista debe desenvolver á súa actividade habitualmente en Galicia e cumprir os seguintes requisitos:

1. Ter realizado 50 concertos entre 2017 e 2021, ambos inclusive, ou ben, máis de 100 ao longo de toda a súa traxectoria profesional.

2. Ter editado polo menos 20 singles baixo un selo discográfico legalmente constituído, entre os anos 2017 e 2021, ambos inclusive.

B. Modalidade B: proxectos musicais colectivos. Enténdense por proxectos musicais colectivos aqueles proxectos que desenvolven calquera dos aspectos que conforman a cadea de valor da industria musical arredor de, cando menos, catro artistas musicais, sexan solistas, grupos ou bandas. Estes artistas deben desenvolver á súa actividade habitualmente en Galicia.

Para a selección dos artistas participantes no proxecto musical, a persoa solicitante terá que ter en conta os seguintes requisitos:

1. Máis do 50 % dos artistas presentados teñen que ter realizado 50 concertos entre 2017 e 2021, ambos inclusive, ou ben, máis de 100 ao longo de toda a súa traxectoria profesional.

2. Máis do 50 % dos artistas presentados teñen que ter editado, polo menos, 20 singles baixo un selo discográfico legalmente constituído, entre os anos 2017 e 2021, ambos inclusive.

3. Deberá incluírse a participación dunha artista feminina solista ou un grupo ou banda onde, a lo menos, o 40 % das súas compoñentes sexan mulleres.

4. Deberá incluírse a participación dun artista musical que teña a consideración de artista emerxente polo que non é necesario que cumpran os requisitos de concertos e singles anteriormente determinados.

4. Estas subvencións serán tramitadas, e concedidas, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Artigo 2. Requisitos para adquirir a condición de persoa beneficiaria

1. Poderán optar a estas subvencións todas as empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

2. As persoas ou entidades solicitantes deberán acreditar que están dadas de alta nalgunha das epígrafes do imposto sobre actividades económicas relacionados coa actividade subvencionable de entre os que se enumeran deseguido, cunha antigüidade de, cando menos, 5 anos consecutivos:

033-Actividades relacionadas coa música. Cantantes.

851-Profesionais relacionados co espectáculo. Representantes técnicos do espectáculo.

853-Profesionais relacionados co espectáculo. Axentes colocación artistas.

965-Servizos recreativos e culturais. Espectáculos.

965.1-Espectáculos en salas e locais.

965.2-Espectáculos ao aire libre.

965.3-Espectáculos fóra de establecemento permanente.

983-Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo. Organización de congresos. Parques ou recintos feirais. Axencias de colocación de artistas.

3. Así mesmo, as persoas ou entidades beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, sobre a definición de microempresas, pequenas e mediana empresas (DOUE-L-2014-187/1), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Así, microempresa é a que ocupa menos de 10 persoas, cun volume de facturación e balance xeral anual menor ou igual a dous millóns de euros; pequena empresa é aquela empresa que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

O órgano xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

4. De acordo co artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non se atopaban en crise no momento da presentación da solicitude, circunstancia que será comprobada por Agadic.

5. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria:

a) As agrupacións de interese económico.

b) As asociacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

c) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, conforme o establecido no anexo II desta convocatoria.

d) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

6. Ademais dos requisitos anteriormente descritos, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos segundo a modalidade a que se presenten:

1.1. Modalidade A: proxectos musicais unitarios.

1. As persoas solicitantes deberán acreditar a súa vinculación e responsabilidade no desenvolvemento de, a lo menos, 2 proxectos musicais dun artista que desenvolvera á súa actividade habitualmente en Galicia entre os anos 2017 e 2021, ambos inclusive.

2. As persoas solicitantes acreditarán a realización de, polo menos, 50 concertos entre 2017 e 2021, ambos inclusive, ou ben, máis de 100 ao longo de toda a súa traxectoria profesional.

3. As persoas solicitantes acreditarán a vinculación contractual co artista que participa no proxecto musical unitario obxecto da subvención, que estará vixente durante toda a duración deste e ata dous anos despois da súa finalización.

1.2. Modalidade B: proxectos musicais colectivos.

• As persoas solicitantes deberán acreditar a súa vinculación e responsabilidade no desenvolvemento de, polo menos, 6 proxectos musicais de artistas, de forma individual ou conxunta na Comunidade Autónoma de Galicia entre os anos 2017 e 2021, ambos inclusive. Deses 6 proxectos musicais, cando menos, 3 serán de artistas que desenvolveran á súa actividade habitualmente en Galicia.

• As persoas solicitantes deberan acreditar a realización dun mínimo de 150 concertos entre os anos 2017 e 2021 ambos os dous inclusive, cunha relación de artistas, datas e lugares da súa celebración.

• As persoas solicitantes acreditarán a vinculación contractual con todos os artistas que participen no proxecto musical colectivo obxecto da subvención, que estará vixente durante toda a duración deste e ata dous anos despois da súa finalización.

7. Só se admitirá a presentación dun proxecto por persoa solicitante.

Artigo 3. Financiamento e concorrencia

1. As axudas obxecto desta resolución terán carácter plurianual e financiaranse cun crédito total de 1.200.000 euros, para as anualidades 2022 e 2023 imputables á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2021 00001 da Axencia Galega das Industrias Culturais, coa seguinte distribución: 600.000 euros para 2022 e 600.000 euros para 2023.

2. Debido ao seu carácter plurianual, os gastos subvencionables serán aqueles que fosen realizados, e pagados, entre a data de publicación da convocatoria da axuda e o 20 de agosto de 2023. O período subvencionable, polo tanto, abrangue desde o día seguinte a data de publicación da convocatoria da axuda no DOG ata o 20 de agosto de 2023.

3. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras a declaración previa de dispoñibilidade de crédito, previa modificación orzamentaria que proceda.

4. No caso de que os créditos fosen ampliados, publicarase esta circunstancia nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

5. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

6. Estas subvencións son incompatibles outras axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e dos seus organismos dependentes para o mesmo proxecto. As mesmo, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, de forma que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou de un ou varios programas ou doutros instrumentos da Unión sempre e cando o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa distinto.

7. Estas subvencións son compatibles con outras axudas do resto dos departamentos da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade e son compatibles co mercado interior segundo o disposto no artigo 107, parágrafo 3 do Tratado de conformidade co disposto no artigo 53.2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación cos artigos 107 e 108.

8. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere o 100  % do custo do proxecto. Do mesmo xeito, o conxunto de subvencións ou axudas públicas non poderá superar a intensidade máxima da axuda prevista (70 %) para calquera das modalidades.

9. No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

10. Estas axudas están financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no eixe REACT-UE (obxectivo específico OE 20.1.3.2-OE REACT-UE 3.2 de axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega), como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, polo que son incompatibles con outras axudas doutros fondos estruturais da UE, para o mesmo proxecto.

11. Os indicadores de produtividade relativos a esta convocatoria son o CO01 número de empresas que reciben axudas, o CO02 número de empresas que reciben subvencións e CO05 número de novas empresas beneficiarias da axuda. Así mesmo, o indicador de resultado é o R030A taxa de supervivencia nacional/rexional de PemeS no cuarto ano de vida.

Artigo 4. Intensidade das axudas e contías máximas

1. O importe concedido a cada proxecto seleccionado será, como máximo, dun 70 % do gasto subvencionable.

2. O crédito global distribuirase entre as dúas modalidades, nas seguintes anualidades:

Modalidade

Anualidade 2022

Anualidade 2023

A. Proxectos musicais unitarios

200.000,00 €

200.000,00 €

B. Proxectos musicais colectivos

400.000,00 €

400.000,00 €

3. A cantidade máxima por proxecto e modalidade será a seguinte:

Modalidade

Contía máxima por proxecto

A. Proxectos musicais unitarios

40.000,00 €

B. Proxectos musicais colectivos

200.000,00 €

Artigo 5. Concepto de gastos subvencionables

1. Son gastos subvencionables os que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

2. Para os efectos desta convocatoria terán a consideración de gastos subvencionables:

2.1. Gastos de produción.

Considéranse gastos de produción aqueles que son necesarios para a realización dun espectáculo musical, tales como: o deseño das luces, vestiario, escenografía, ensaios xerais, etc.

2.2. Gastos de comercialización e márketing.

Considéranse gastos de comercialización e márketing aqueles gastos que permitan unha mellora de posicionamento do produto artístico, tales como estudos de mercados, segmentación, targets e márketing dixital, análise da marca musical e branding, estudos de viabilización comercial do produto artístico, etc.

2.3. Gastos de promoción e comunicación.

Considéranse gastos de promoción e comunicación os derivados da difusión do proxecto, como o deseño e execución dun plan de comunicación e promoción do produto musical, a asistencia a eventos e feiras de carácter nacional e internacional; presentacións do produto musical, etc.

2.4. Gastos de distribución dixital.

Considéranse gastos de distribución dixital aqueles que, no uso das novas tecnoloxías, pretenden a colocación no mercado do produto musical, deseñando unha estratexia de márketing dixital que permita a presenza do produto musical nas canles non convencionais.

2.5. Gastos de concertos/xira.

Considéranse gastos de concertos/xira aqueles provocados pola exhibición do espectáculo en un ou máis lugares tanto dentro como fóra de Galicia, tales como: aloxamento, manutención, promoción (cartelería, anuncios on line e off line...), etc.

O custo de aloxamento e manutención non poderán superar o importe de 150 euros/día. Os gastos de desprazamento non son subvencionables.

2.6. Gastos de consultaría.

Considéranse gastos en consultaría os honorarios dos profesionais técnicos participantes en cada proceso do proxecto, sexa a produción, a comercialización, a promoción ou a distribución, así como outras áreas imprescindibles para a consecución deste, tales como dereitos de autor, asesorías en traballos de investigación que se poidan xustificar pola súa vinculación estreita co proxecto musical obxecto da subvención.

2.7. Gastos de persoal.

Considéranse gastos de persoal aqueles gastos xerados por unha relación contractual específica e exclusiva, conforme unha categoría laboral asignada para o desenvolvemento do proxecto musical obxecto da subvención.

2.8. Gastos xerais.

Serán subvencionables os gastos xerais entendendo como tales aqueles que non se poden vincular directamente cunha operación determinada, pero que son indubidablemente necesarios para a realización da actividade subvencionada e se poden argumentar e xustificar. Estes custos indirectos poderán ser subvencionados ca base nos custos reais nos que se incorran, acreditados coas facturas correspondentes e xustificante do seu pagamento.

En todo caso, de conformidade co disposto no artigo 29.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os custos indirectos deberán imputarse na parte que corresponda de conformidade cos principios e normas de contabilidade xeralmente aceptadas e que se correspondan co período de tempo en que efectivamente realizan as actividades, debendo achegar xustificación sobre o método de imputación de tales custos indirectos.

En ningún caso a porcentaxe subvencionada por este concepto superará o 5 % do importe xeral de gastos subvencionables.

Terán a consideración de gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Os gastos de persoal considerados dentro dos gastos xerais serán aqueles referidos aos gastos do cadro de persoal que non teñen un contrato laboral específico para o proxecto obxecto da subvención. O seu custo calcularase mediante un rateo en función da súa participación neste.

b) Alugueiro de espazos de traballo, consumos de enerxía e auga, limpeza, comunicacións cun límite de dúas liñas por proxecto, apoio informático e compra de material de oficina, durante o período subvencionable. O seu custo calcularase mediante un rateo en función da súa participación neste.

3. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos, en concreto, o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penitenciarias, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Así mesmo, non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) Gastos estruturais das empresas (adquisición de infraestruturas ou bens patrimoniais) resultando tamén excluídos os gastos de participación accionarial noutras empresas

b) Os gastos suntuarios, as gratificacións, as provisións de gastos.

c) Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

4. A estes gastos subvencionables seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para el período 2014-2020 e a HAC/114/2021, do 5 de febreiro, que a modifica.

5. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que a entidade beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

6. Co fin de cumprir co efecto incentivador do Regulamento (UE) nº 651/2014, os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto na súa totalidade non sería subvencionable.

Artigo 6. Subcontratación

1. Para efectos destas bases, enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outros a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social co que se pretenda contratar a actividade.

2. En materia de subcontratación, observarase o establecido no artigo 27.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que unicamente se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa. Para os efectos desta convocatoria, a persoa beneficiaria poderá subcontratar ata o 50  % das actividades que conforman o proxecto subvencionado.

3. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido e nos supostos establecidos no artigo 27.7 da Lei 9/2007:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

c) Intermediarios ou asesores nos que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas coa persoa beneficiaria, agás que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado e que se obteña a previa autorización do órgano concedente nos termos que se fixen nestas bases reguladoras.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen obtido subvención por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.

Artigo 7. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Na solicitude (anexo II) a persoa solicitante ou representante terá que facer as seguintes declaracións responsables:

3.1.Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

3.2. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3.3. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nas epígrafes 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3.4. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

3.5. Declaración responsable de que a persoa solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014, sobre empresas vinculadas.

3.6. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

3.7. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

3.8. Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

3.9. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

3.10. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

3.11. Declaración responsable de non consideración de empresa en crise no momento da presentación da solicitude nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior. Non obstante, a Axencia Galega das Industrias Culturais utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá a persoa solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

3.12. Declaración responsable de que a actividade subvencionada non se iniciou antes da presentación da solicitude pola persoa beneficiaria, ao abeiro da Resolución de aprobación das bases reguladoras e convocatoria da axuda no DOG.

3.13. Declaración responsable de ser peme. O organismo xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas teñan a dita condición.

3.14. Declaración responsable de cumprir os requisitos sinalados no artigo 2.6 destas bases reguladoras.

Artigo 8. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase, ademais, que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 9. Documentación complementaria

Deberá achegarse xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

1. Documentación administrativa:

Para o caso de que a persoa solicitante sexa persoa xurídica, deberá achegar:

a) Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a firme e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

2. Documentación técnica:

2.1. Presentar un proxecto musical en calquera das áreas da cadea de valor da industria musical, como promoción, comercialización, internacionalización e distribución, cunha Memoria xeral do proxecto (anexo IV) para o que se solicita a axuda, que deberá conter, a lo menos os seguintes datos:

a) Memoria xeral do proxecto e das actividades a desenvolver (máximo 10 páxinas).

b) Traxectoria do artista ou artistas que formarán parte do proxecto musical, achegando a ficha artística-técnica de cada participante, na que se incluirá a relación de singles editados e os concertos realizados entre 2017 e 2021, ambos inclusive.

c) Traxectoria da entidade solicitante e a súa actividade durante o últimos cinco anos que permita valorar os criterios de valoración expresados nestas bases.

d) Calendario de execución de cada unha das actividades que conforman o proxecto

e) Indicadores de seguimento que permitan medir o alcance do proxecto e os seus obxectivos. Indicarase o punto de partida e o que se persegue alcanzar a través deste proxecto. Para o caso de proxectos musicais colectivos, cada proxecto deberá determinar os seus indicadores de seguimento. Exemplos de indicadores: crecemento de seguidores nas RRSS; incremento de ventas por entradas; número asistentes concertos; incremento do posicionamento nas playlist; porcentaxe de interaccións, KPI’s en prensa, radio....

2.2. Orzamento do proxecto: previsión de gastos e ingresos do proxecto, referencias para o seu cálculo e, de ser o caso, declaración doutras subvencións. O orzamento estará desagregado por conceptos e indicarase o seu custo con e sen IVE (anexo V).

2.3. Só para a modalidade B:

Un documento anexo cunha relación dun mínimo de 150 concertos realizados entre os anos 2017 e 2021 ambos os dous inclusive, que inclúa artistas, datas e lugares da súa celebración.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente a persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificación entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ou aos profesionais ou expertos consultados.

En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirirlle ás persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e de seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e de seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. Constituirase unha Comisión de Valoración nomeada pola persoa responsable da Dirección da Agadic, formada por dous profesionais pertencentes ao cadro de persoal da Agadic de entre os grupos I, II e III, para a valoración dos criterios obxectivos, e dous profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos musical e/o cultural en xeral, dos que un exercerá como presidente e terá voto de calidade en caso de empate, que serán os encargados da valoración dos criterios técnicos.

A presidencia da comisión recaerá na persoa responsable da Dirección da Agadic e a Secretaría, será desempeñada por unha persoa do cadro de persoal da Agadic distinta dos vogais, que non terá dereito a voto.

2. A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. Os membros da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas ou entidades solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria.

3. A comisión, que actuará como órgano colexiado, examinará os proxectos, asignará as puntuacións de forma motivada, levantará acta e emitirá informe preceptivo no que se establecerá a prelación de solicitudes.

Previamente á súa cualificación, concretará cada un dos criterios técnicos para aplicalos de forma homoxénea, a dita concreción será incorporada na acta levantada polo secretario ou secretaria.

Artigo 16. Criterios de valoración

1. A valoración das solicitudes presentadas realizarase de acordo cos seguintes criterios segundo modelo de proxecto:

Modalidade A: proxectos musicais unitarios:

Criterios automáticos

60 puntos

1) Nº de concertos realizados pola empresa solicitante entre 2017 e 2021 ambos inclusive

10

a) De 50 a 70

5

b) De 71 a 90

8

c) Máis de 91

10

2) Internacionalización empresarial. Valórase a capacidade da empresa de programar concertos fóra de Galicia entre 2017 e 2021, ambos inclusive

10

a) Máis do 20 % dos concertos acreditados celebráronse en España, excluíndo Galicia

4

b) Máis do 15 % dos concertos acreditados celebráronse fóra de España

6

3) Programación de artistas gallegos. Valórase a presenza de artistas galegos ou con residencia habitual en Galicia nos concertos acreditados entre 2017 e 2021, ambos inclusive

10

a) Entre o 20 % e o 40 % do total dos artistas programados

5

b) Entre o 41 % e o 60 % do total dos artistas programados

8

c) Máis do 61 % do total dos artistas programados

10

4) Porcentaxe da axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado

10

a) Ata o 20 %

10

b) Entre o 21 e o 40 %

8

c) Entre o 41 e o 60 %

5

d) Máis do 60 %

3

5) Emprego. Valórase o emprego estable da empresa solicitante. (Enténdese por emprego estable os contratos por tempo superior a 3 anos)

10

a) Ata 3 persoas traballadoras

4

b) Desde 4 ata 10 persoas traballadoras

8

c) Máis de 11 persoas traballadoras

10

6) Emprego femenino. Valórase o emprego feminino estable da empresa solicitante. (Enténdese por emprego estable os contratos por tempo superior a 3 anos)

10

a) Ata 25 % das persoas traballadoras da empresa son mulleres

4

b) Entre o 26 e o 50 % das persoas traballadoras da empresa son mulleres

8

c) Máis do 51 % das persoas traballadoras da empresa son mulleres

10

Modalidade B: proxectos musicais colectivos:

Criterios automáticos

60 puntos

1) Nº de concertos realizados pola empresa solicitante entre 2017 e 2021, ambos inclusive

10

a) De 150 a 200

5

b) De 201 a 300

8

c) Máis de 301

10

2) Internacionalización empresarial. Valórase a capacidade da empresa de programar concertos fóra de Galicia entre 2017 e 2021, ambos inclusive

10

a) Máis do 20 % dos concertos acreditados celebráronse en España, excluíndo Galicia

4

b) Máis do 15 % dos concertos acreditados celebráronse fóra de España

6

3) Programación de artistas gallegos. Valórase a presenza de artistas galegos ou con residencia habitual en Galicia nos concertos acreditados entre 2017 e 2021, ambos inclusive

10

a) Entre o 20 % e o 40 % do total dos artistas programados

5

b) Entre o 41 % e o 60 % do total dos artistas programados

8

c) Máis do 61 % do total dos artistas programadas

10

4) Porcentaxe da axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado

10

a) Ata o 20 %

10

b) Entre o 21 e o 40 %

8

c) Entre o 41 e o 60 %

5

d) Máis do 60%

3

5) Emprego. Valórase o emprego estable da empresa solicitante. (Enténdese por emprego estable os contratos por tempo superior a 3 anos)

10

a) Ata 3 persoas traballadoras

4

b) Desde 4 ata 10 persoas traballadoras

8

c) Máis de 11 persoas traballadoras

10

6) Emprego feminino. Valórase o emprego feminino estable da empresa solicitante.(Enténdese por emprego estable os contratos por tempo superior a 3 anos)

10

a) Ata 25 % das persoas traballadoras da empresa son mulleres

4

b) Entre o 26 e o 50% das persoas traballadoras da empresa son mulleres

8

c) Máis do 51 % das persoas traballadoras da empresa son mulleres

10

Criterios técnicos para ambas categorías:

Criterios técnicos (memorias específicas de cada epígrafe)

40 puntos

a) Memoria técnica na que se describa a relevancia, grao de innovación e consistencia da proposta, para valorar o interese do proxecto, a súa calidade técnica, o seu carácter innovador e o valor engadido que pode achegar ao ecosistema cultural musical galego

Ata 9

b) Proxecto innovador e transformador. Valorarase a capacidade do proxecto de xerar sinerxía con outros axentes sectoriais que propicie alianzas transectoriais en campos como a investigación, a experimentación, innovación cultural con reflexo práctico no territorio galego

Ata 8

c) Viabilidade técnica e económica do proxecto que permita valorar a coherencia entre os medios e os obxectivos marcados, así como o peso no orzamento doutras fontes de financiamento, sexan públicas ou privadas, coa pretensión de sustentabilidade no tempo

Ata 7

d) Incorporación de ferramentas de medición e avaliación dos distintos impactos do proxecto: cultural, económico, social, territorial, etc.

Ata 6

e) Adecuación do proxecto ás finalidades e cos obxectivos establecidos nestas bases, valorándose positivamente a complementariedade das actuacións que formen parte do proxecto

Ata 10

Artigo 17. Resolución e notificación

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e unha vez entregado o informe preceptivo por parte da comisión avaliadora, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. A presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor segundo a disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG nº 164, do 29 de agosto), deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

3. A citada resolución deberá ditarse e notificarse no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública do DOG, será motivada, e fará mención expresa, cando menos:

a) A relación das persoas beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do dito importe por anualidades.

De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada persoa beneficiaria un documento no que deberán figurar, como mínimo, a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

5. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor no que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, a notificación individual de concesión da axuda poderase acompañar tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://agadic.gal, con indicación da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 18. Aceptación e renuncia

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión da operación e os seus datos na listaxe de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e o Consello, de 17 de decembro (RDC) e do acordo aos requisitos previstos no anexo XII do devandito regulamento, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Hacienda.

https://www.dgfc.sepg.hacienda.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

3. A renuncia á subvención poderase facer electronicamente, axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 19. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo. Transcorrido o dito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daquelas outras específicas que se indican nesta convocatoria, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 e ao Regulamento (UE) nº 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control e inspección que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

h) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

i) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos e os principais avances. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia e a frase «Axencia Galega das Industrias Culturais» así como financiado con cargo aos Fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Xunta de Galicia.

As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán á disposición na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (http://www.agadic.gal), na súa epígrafe de axudas.

j) Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013, a persoa beneficiaria deberá, durante a realización da operación e na futura documentación e ou produtos que se xeren vinculados a esta subvención:

I. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao Fondo Feder e unha mención a que a operación está financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa».

II. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición na páxina web da entidade beneficiaria, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión, e colocando un cartel con información sobre o proxecto dun tamaño mínimo A3 no que se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo, a entrada dun edificio.

Cando se mencione o Fondo Feder completarase cunha referencia relativa a que se financia como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

m) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución.

n) Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013).

O órgano concedente informará a persoa beneficiaria da data de inicio á que se refire esta obriga.

2. Así mesmo, cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, portadas, e outros materiais).

3. O incumprimento das anteriores obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 31 destas bases.

Artigo 21. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, debendo obter a previa autorización da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, a Agadic ten a facultade de revisar e modificar a resolución de concesión.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que tivesen sido determinantes para a concesión da axuda, a determinación da entidade beneficiaria, nin danen dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, que non afecte custos de persoal, que non se supere o límite do 7 % para os gastos xerais e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A persoa beneficiaria ten o deber de solicitar á Administración a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado.

Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación, deberán ser previamente aceptadas pola Administración. As alteración non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

5. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos no artigo 2 da presente resolución.

6. No que atinxe ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, de xeito motivado, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións.

7. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos no que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

8. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, notificándoselle ao interesado.

9. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzamentada sempre respectando as limitacións establecidas no artigo 35.5 do Decreto 11/2009.

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. Os prazos para a xustificación son os seguintes:

– Primeira anualidade: desde a resolución definitiva de concesión ata o 1 de decembro de 2022.

– Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro do 2023 ata o 20 de agosto de 2023.

De non presentarse a xustificación no prazo establecido ante a Agadic, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de 10 días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

2. Só serán computados para efectos de xustificación os gastos que fosen efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinatario á empresa produtora e cuxo expedidor quede identificado nestas, así como mediante nóminas que estean emitidas pola empresa produtora. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse copia das facturas ou documentos xustificativos, acompañados da copia da documentación acreditativa do seu pagamento, en concreto os extractos e certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos pola persoa beneficiaria.

Así mesmo, presentará a xustificación sobre o método de imputación dos custos indirectos.

3. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, ou as modificacións autorizadas. Se a xustificación fose inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña o cumprimento da finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado. No caso de que non se xustifique a subvención en prazo, ou de que o executado non cumprise o fin para o que se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

4. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, caso de habelas, e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 23. Documentación xustificativa da subvención

A persoa beneficiaria deberá presentar dentro do prazo de xustificación, a seguinte documentación:

a) Memoria breve e avaliación das actividades realizadas.

b) Relación e copia de documentos e materiais realizados, así como dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos, etc) utilizados para a difusión e promoción do proxecto.

c) Balance de ingresos e gastos (anexo VI).

d) Relación e documentación xustificativa dos gastos (anexo VII).

e) Copia de facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan os deberes de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa.

f) Copia dos documentos xustificativos do seu pagamento pola entidade beneficiaria, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

g) Declaración de subvencións ou axudas percibidas (anexo III).

h) Os tres orzamentos que deba ter solicitado a persoa beneficiaria, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, que establece que cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non existan no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

Artigo 24. Pagamento da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención ademais dos formularios establecidos para o efecto (anexo VI orzamento do proxecto).

2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta para o que se estará ao establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Para a realización dos pagamentos á conta ou dos pagamentos anticipados, as persoas ou entidades beneficiarias estarán exoneradas de constituír as garantías as que fan referencia os artigos 62.3 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en aplicación da excepción prevista no artigo 67.4 desta.

4. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto a persoa beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da orixe de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma Galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

5. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvención de Galicia, as persoas beneficiarias das subvención quedarán obrigadas a destinar los fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos. Os proxectos subvencionados e as iniciativas musicais empresariais deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto deberá ser autorizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais, e non poderá afectar aspectos avaliados pola comisión de valoración.

6. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo III).

7. As persoas solicitantes e beneficiarias quedan sometidos ás actuación de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como as de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou polo Consello de Contas ou o Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

Ademais deberán facilitar á Administración toda a información e documentación complementaria que esta considere precisa para a concesión ou aboamento do importe da subvención.

Artigo 25. Pagamentos anticipados

A Agadic, conforme coas previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia, e no artigo 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá aboar, a aqueles que obtiveron a condición de persoa beneficiaria en concepto de pagamento anticipado, ata o 50 % da subvención concedida nos supostos nos que o investimento exixa pagamentos inmediatos e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

Para facer efectivo o pagamento, a persoa beneficiaria deberá enviar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo III) e unha memoria do estado de execución do proxecto.

Artigo 26. Pagamentos á conta

Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada por Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 27. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. O incumprimento das obrigacións contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar ao deber de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a orixe do reintegro, nos casos e termos os establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipuladas nesta convocatoria pública.

2. Producirase a perda do dereito á cobranza da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, dos deberes contidos nestas bases reguladoras, dos deberes contidos no artigo 33, da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar ao deber de devolver total ou parcialmente a axuda concedida, así como os xuros de demora correspondentes.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

6. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se tivese aboado a axuda.

7. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 28. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 20 destas bases reguladoras.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 29. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Son casos de reintegro parcial os seguintes casos de incumprimento:

a) Se se incumprise a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 2 %.

b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

c) Suporá a perda dun 5 % non comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención, unha vez recalculada a subvención e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007, e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (deberes de publicidade, comunicación doutras axudas, etc), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 30. Procedemento de reintegro e réxime sancionador

1. Se aboada parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican no artigo 28 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme ao previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución se esta fose expresa. Transcorrido o dito prazo, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, sin prexuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non fose expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 31. Fiscalización e control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento ás persoas beneficiarias as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente ás persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión do programa operativo Feder, así como ás verificacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) nº. 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 32. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución aprobatoria das bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a industrialización de iniciativas musicais empresariais individuais e iniciativas musicais empresariais colectivas.

1.2. A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e suplementariamente á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.3. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.4. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.5. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

2. As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

2.1. Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

2.2. Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

2.3. Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2.4. Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2.5. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

2.6. Regulamento (UE) nº 2020/460 do Parlamento Europeo e o Consello, do 30 de marzo do 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013 e (UE) nº 508/2014, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistema de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao brote da COVID-19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

2.7. Regulamento (UE) nº 2020/558 do Parlamento e o Consello, do 23 de abril, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1301/2013 e (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de Investimento Europeos en resposta ao brote de COVID-19.

2.8. Regulamento (UE) nº 2020/2221 que establece as normas e disposicións de execución referentes aos recursos adicionais achegados en calidade de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE), co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

2.9. Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

Artigo 33. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 34. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file