Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27534

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se modifica a autorización da Escola Familiar Agraria Piñeiral, de Arzúa (A Coruña).

A representación da titularidade da Escola Familiar Agraria Piñeiral, de Arzúa, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Documentación e administración sanitarias e o CS Integración social.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro docente e autorizar o CS Documentación e administración sanitarias e o CS Integración social, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación: Escola Familiar Agraria Piñeiral.

Código: 15020313.

Domicilio: Santa María, s/n.

Localidade: Arzúa.

Concello: Arzúa.

Provincia: A Coruña.

Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias de Galicia.

Composición resultante:

Modalidade presencial, réxime ordinario:

• CM Actividades comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 alumnos).

• CM Panadaría, repostaría e confeitaría (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Comercio internacional (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Documentación e administración sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• CS Integración social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Márketing e publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Xestión de vendas e espazos comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade