Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29402

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Santos

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución de Alcaldía deste concello, do 4 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se relacionan:

– Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021:

Persoal laboral:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Vacantes

06

Auxiliares de axuda no fogar 

4

01

Axente de emprego local 

1

02

Axente TIC

1

02

Traballadora social

1

02

Director punto atención infancia

1

02

Persoal apoio punto atención infancia

1

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Vilar de Santos, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Vilar de Santos, 5 de maio de 2022

Antonio Míguez Nogueiras
Alcalde