Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30004

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 249, do 11 de decembro).

En sesión que tivo lugar o día 19 de abril de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 13 de agosto de 2021 (DOG núm. 158, do 18 de agosto), modificada pola Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 180, do 17 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da orde de convocatoria.

Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal