Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30156

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio de Augas de Valdeorras

ANUNCIO da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal.

Mediante acordo por unanimidade da Comisión Executiva do Consorcio de Augas de Valdeorras, na súa sesión do 6 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal temporal, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para reducir a temporalidade no emprego público. Este acordo foi publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense o 14 de maio de 2022:

Clasificación profesional

Denominación

Nº de vacantes

Xornada

Sistema de selección

Administrativo

Administrativo

1

Completa

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Consorcio de Augas de Valdeorras.

Contra este acordo as persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición, no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses. Os prazos indicados contaranse de data a data a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán interpor calquera outro recurso ou acción xudicial ou administrativa que consideren oportuna.

Ourense, 11 de maio de 2022

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio de Augas de Valdeorras