Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO da oferta de emprego público do exercicio 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Por Resolución da Alcaldía do 13 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público do exercicio 2022 para a estabilización do emprego temporal no Concello de Salvaterra de Miño, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que inclúe as seguintes prazas:

Persoal funcionario:

Denominación

Grupo Subgrupo

Escala

Subescala

Prazas sen reserva discapacidade

Prazas con reserva discapacidade

Quenda

Auxiliar administrativo

C2

Admón. xeral

Auxiliar

1

Estabilización emprego

Persoal laboral fixo:

Denominación

Grupo cotización

Prazas sen reserva discapacidade

Prazas con reserva discapacidade

Quenda

Telefonista-recepcionista

6

1

Estabilización emprego

Ordenanza

6

1

Estabilización emprego

Auxiliar administrativo

7

6

Estabilización emprego

Psicólogo/a

1

1

Estabilización emprego

Traballador/a social

2

2

Estabilización emprego

Axente de emprego e desenvolvemento local

1

1

Estabilización emprego

Bibliotecaria

2

1

Estabilización emprego

Peón

10

2

Estabilización emprego

Oficial 1ª fontaneiro

8

1

Estabilización emprego

Oficial 1ª albanel

8

3

Estabilización emprego

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que poidan considerar máis conveniente ao seu dereito.

Salvaterra de Miño, 13 de maio de 2022

Marta Valcarcel Gómez
Alcaldesa