Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30146

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sandiás

ANUNCIO polo que se aproba a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello do 12 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a continuación se indican:

Persoal laboral:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Situación

Nº de prazas

Sistema de acceso

II

Mestra de infantil

Ocupada

1

Concurso

II

Axente de emprego e desenvolvemento local

Ocupada

1

Concurso

II

Traballador/a social

Ocupada

1

Concurso-oposición

IV

Coidadora-auxiliar infantil

Ocupada

2

Concurso

IV

Auxiliar de axuda a domicilio

Ocupada

5

Concurso

V

Auxiliar de servizos varios

Ocupada

1

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Sandiás.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ben recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

Sandiás, 12 de maio de 2022

Felipe Traveso García
Alcalde