Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello do 9 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal correspondente ás prazas que a continuación se citan para o ano 2022.
Persoal laboral:
Categoría laboral |
Especialidade |
Nº de prazas |
Denominación |
Auxiliar de axuda a domicilio e asistente persoal |
Asistencia social primaria |
1 |
Auxiliar de axuda a domicilio |
Auxiliar de axuda a domicilio e asistente persoal |
Asistencia social primaria |
1 |
Auxiliar de axuda a domicilio |
Limpador/a |
Limpador/a |
1 |
Limpador/a |
Persoal funcionario:
Categoría laboral |
Especialidade |
Nº de prazas |
Denominación |
Administrativo Admón. xeral C1 |
Administrativo |
1 |
Administrativo |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, as formas de provisión serán por concurso, concurso-oposición ou oposición libre, segundo corresponda.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en circunscrición distinta á sinalada, sempre dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se poida estimar máis conveniente ao seu dereito.
A Teixeira, 9 de maio de 2022
Miguel A. Cid Álvarez
Alcalde