Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Barrio

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución de Alcaldía deste concello, do 11 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

Denominación

Nº vacantes

Grupo

Xornada

Sistema de acceso

Auxiliares de axuda no fogar

7

5

Completa

Concurso

Auxiliar de axuda no fogar

1

5

Completa

Concurso-oposición

Operario/a servizos e obras. Encargado do servizo de augas

1

3

Completa

Concurso

Operario de servizos e obras

2

5

Completa

Concurso

Traballador/a social

1

2

Completa

Concurso

Axente de emprego e desenvolvemento local

1

2

Completa

Concurso

Limpador/a dependencias e instalacións municipais

1

5

Completa

Concurso

Socorrista piscina de verán

1

5

Completa/2 meses ao ano

Concurso

Auxiliar administrativa adxunta de biblioteca

1

5

Parcial 20 horas/semana

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Vilar de Barrio.

Publícase isto para xeral coñecemento e advírteselles aos interesados que contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poden interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente ao seu dereito.

Vilar de Barrio, 11 de maio de 2022

Manuel Conde Gómez
Alcalde