Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cualedro

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 26 de abril de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización da contratación laboral temporal, que cumpre co disposto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente aos postos que se indican a continuación:

Persoal laboral:

Denominación

Categoría

Situación actual

Arquitecto técnico (agrupada co Concello de Monterrei)

Asimilada A2

Ocupada. Indefinida sen sentenza

1

Operario condutor rozadoira (agrupada co Concello de Monterrei)

V

Ocupada. Indefinida sen sentenza

1

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase no Diario Oficial de Galicia a oferta de emprego público para a estabilización da contratación temporal do Concello de Cualedro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis oportuno en dereito.

Cualedro, 28 de abril de 2022

Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde presidente