Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2022 Páx. 30140

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución da Alcaldía aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se apuntan:

Persoal laboral:

Grupo: 9.

Categoría laboral: auxiliar de axuda no fogar.

Vacantes: 5.

Data de adscrición: anterior ao 1.1.2016.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Punxín, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía do Concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica na Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

Punxín, 13 de maio de 2022

Eulogio González Barreiro
Alcalde en funcións