Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30444

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do persoal temporal en cumprimento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O día 6 de maio de 2022, o alcalde do Concello de Coristanco resolveu aprobar a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal. A dita resolución ten o seguinte contido literal:

«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público a para a estabilización de emprego temporal, que cumpre as previsións do artigo 2 e das disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, do Concello de Coristanco para o ano 2022.

Na dita oferta de emprego público inclúense as seguintes prazas:

Denominación

Grupos profesionais

Núm. prazas

Axente de protección civil

8

1

Condutor de vehículos do lixo

8

1

Peón recollida lixo

10

3

Psicóloga

1

1

Educadora familiar

1

1

Asistente/traballadora social

2

1

Auxiliar axuda a domicilio

4

4

Persoal de servizos xerais/conserxe/conserxe-operario

6

4

Monitor deportivo

3

2

Condutor de tractor

10

1

Segundo. Publicar o anuncio da oferta de emprego público para estabilización do emprego temporal do Concello de Coristanco no taboleiro de anuncios, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e mais no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Dar conta aos/ás empregados/as municipais que ocupan as prazas incluídas na dita oferta de emprego público.

Cuarto. Dar conta ao Pleno na vindeira sesión que celebre.

Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolvido expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente ao dereito».

O que se fai público para os efectos previstos na dita Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público do Concello de Coristanco para o ano 2022.

Coristanco, 6 de maio de 2022

Juan Carlos García Pose
Alcalde