Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30730

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da oferta de emprego público de carácter excepcional prevista na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 29 de abril de 2022, adoptou o seguinte acordo que se publica no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do concello dentro do apartado «oferta pública de emprego».

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vilanova de Arousa para articular a convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración prevista pola disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, nos termos que se reflicten no anexo deste acordo incluíndose nela as prazas ocupadas por persoal funcionario interino ou persoal laboral temporal, a tempo completo ou fixo-descontinuo a tempo parcial ou indefinido non fixo, de forma temporal e ininterrompidamente entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2020.

Segundo. O prazo máximo para a publicación das convocatoria dos procesos selectivos incluídos nesta oferta de emprego público será o 31 de decembro de 2022 nos termos establecidos no artigo 1.2., parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

Terceiro. Quedan excluídas das ofertas públicas de emprego do concello correspondentes aos anos 2018 e 2019, aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 18 de outubro de 2019 e o 5 de decembro de 2019 as prazas incluídas nelas que non foron obxecto de convocatoria pública e que se inclúen na presente oferta.

ANEXO

Persoal funcionario

– Denominación do posto de traballo: técnico/a superior área informática.

Número de postos: 2.

Subgrupo: B.

Escala/subescala: Administración especial. Subescala técnica informática.

Tipo de provisión: concurso disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

– Denominación do posto de traballo: auxiliar administrativo.

Número de postos: 2.

Subgrupo: C2.

Escala/subescala: Administración xeral. Subescala auxiliar.

Tipo de provisión: concurso disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

Persoal laboral

A) A tempo completo:

– Denominación do posto de traballo: auxiliar de axuda no fogar.

Número de postos: 9.

Subgrupo: C2.

Categoría profesional: auxiliar de axuda no fogar.

Tipo de provisión: concurso disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

– Denominación do posto de traballo: operario/a.

Número de postos: 6.

Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP.

Categoría profesional: operario/a.

Tipo de provisión: concurso disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

– Denominación do posto de traballo: conserxe-limpador/a colexio público (CEIP).

Número de postos: 2.

Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP.

Categoría profesional: conserxe-limpador/a colexio público (CEIP).

Tipo de provisión: concurso disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

– Denominación do posto de traballo: limpador/a.

Número de postos: 4.

Subgrupo: Disposición adicional 7ª do EBEP.

Categoría profesional: limpador/a.

Tipo de provisión: concurso disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

B) Fixo-descontinuo a tempo parcial:

– Denominación do posto de traballo: limpador/a CEIP.

Número de postos: 7.

Subgrupo: disposición adicional 7ª do EBEP.

Categoría profesional: limpador/a.

Tipo de provisión: concurso disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

Vilanova de Arousa, 2 de maio de 2022

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde