Por Resolución da Alcaldía deste concello, do 13 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal coas seguintes prazas:
Persoal laboral:
Grupo |
Denominación |
Nº vacantes |
Xornada |
Sistema |
10 |
Peón de servizos múltiples |
1 |
Completa |
Concurso de méritos |
02 |
Traballadora social |
1 |
Completa |
Concurso de méritos |
08 |
Condutor de rozadora |
1 |
Completa |
Concurso de méritos |
01 |
Arquitecto |
1 |
Parcial (10 horas/mes) |
Concurso de méritos |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello do Bolo.
Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do interesado, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto.
Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.
O Bolo, 13 de maio de 2022
Manuel Corzo Macías
Alcalde presidente