Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Montederramo

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante o Decreto da Alcaldía número 2022-0056 deste concello, do 9 de marzo de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se detallan:

Persoal laboral

Denominación da praza

Nº vacantes

Quenda de acceso

Axente de emprego local

1

Concurso. D.A. 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro

Traballadora social

1

Concurso. D.A. 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro

Auxiliar de axuda no fogar

4

3 prazas concurso. D.A. 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro

1 praza concurso-oposición art. 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro

Condutor maquinaria

1

Concurso. D.A. 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro

Limpadora

1

Concurso. D.A. 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Montederramo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente recurso de reposición fronte o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda por razón de domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso que poida considerar máis convinte ao seu dereito.

Montederramo, 3 de maio de 2022

Antonio Rodríguez Álvarez
Alcalde presidente