Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31048

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO da oferta de emprego público extraordinaria para a consolidación de emprego temporal.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Chantada, en sesión ordinaria do 19 de maio de 2022, por delegación da Alcaldía (Decreto 267/2019), aprobou a oferta de emprego público extraordinaria para a consolidación de emprego temporal do Concello de Chantada, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público correspondente ás prazas que se relacionan:

Grupo laboral

Número de vacantes

Denominación

Sistema de selección

II

1

Arquitecto/a

Libre/concurso

IV

3

Auxiliar administrativo/a

Libre/concurso

I

1

AEDL

Libre/concurso

IV

1

Oficial condutor/a

Libre/concurso

IV

2

Oficial

Libre/concurso

V

4

Peón xardineiro

Libre/concurso

IV

1

Encargado/a vertedoiro e punto limpo

Libre/concurso

II

1

Educador/a social

Libre/concurso

II

2

Traballadores/as

Sociais

Libre/concurso

II

1

Asesor/a xurídico/a CIM

Libre/concurso

II

1

Psicólogo/a CIM

Libre/concurso

IV

1

Encargado/a OMIX

Libre/concurso

III

1

Técnico turismo

Libre/concurso

III

1 fixo descontinuo

6 meses

Técnico turismo

Libre/concurso-oposición

III

3

Técnico deportivo

Libre/concurso

IV

4

Monitor deportivo

Libre/concurso

IV

3

Monitor deportivo

Libre/concurso-oposición

V

5

Limpadoras

Libre/concurso

IV

1

Aux. mantemento

Libre/concurso

Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Chantada, 19 de maio de 2022

Manuel L. Varela Rodríguez
Alcalde