Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31939

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO da oferta de emprego público extraordinaria correspondente ao ano 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Por Resolución desta Alcaldía, do 24 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público extraordinaria correspondente ao ano 2022 para a estabilización do emprego temporal, prevista no artigo 2 de Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público que cumpren os requisitos marcados no artigo 2.1 e a disposición adicional sexta da citada normativa para as prazas que a continuación se din:

– Persoal funcionario:

Posto: administrativo/a, grupo c1, dotación 1 posto, escala administración xeral, subescala administrativa.

– Persoal laboral:

Posto: avogado/a director/a CIM, grupo I, dotación 1.

Posto: psicólogo/a CIM (37,33 % xornada laboral), grupo I, dotación 1.

Posto: operario/a de saneamento de augas, grupo V, dotación 1.

Posto: operario/a de servizos, grupo V, dotación 2.

Posto: operario/a condutor, grupo V, dotación 1.

Posto: dinamizador/a cultural centro arqueolóxico (50 % xornada), grupo II, dotación 1.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do texto refundido do Estatuto básico do empregado público, faise público para xeral coñecemento.

Ponte Caldelas, 24 de maio de 2022

Andrés Díaz Sobral
Alcalde