A Xunta de Goberno Local, por delegación do alcalde (BOP de Lugo núm. 160, do 13.7.2019), mediante o Acordo do 20.5.2022, aprobou a oferta extraordinaria de emprego público correspondente ao exercicio 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello de Pantón, segundo o detalle que a seguir se indica, para dar cumprimento do previsto no artigo 2 e na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:
Persoal laboral fixo:
Denominación da praza |
Categoría |
Nº de prazas |
Forma de acceso |
|
Concurso oposición (art. 2 da Lei 20/2021) |
Concurso (D.A. 6ª e 8ª da Lei 20/2021) |
|||
Traballador/a social |
Traballador social |
1 |
X |
|
Auxiliar de axuda no fogar |
Auxiliar |
3 |
X |
|
Auxiliar de axuda no fogar |
Auxiliar |
10 |
X |
|
Técnico/a de depuración de augas |
Licenciado |
1 |
X |
|
Peón/peoa de depuración de augas |
Peón |
2 |
X |
|
Peón/peoa de tractor |
Peón |
1 |
X |
|
Peón/peón de recollida de lixo |
Varredor |
1 |
X |
|
Chofer de camión do lixo |
Chofer |
1 |
X |
|
Peón/peoa de parques e xardíns |
Peón |
1 |
X |
|
Peón/peoa de iluminación pública |
Peón |
1 |
X |
|
Animador/a sociocultural |
Auxiliar |
1 |
X |
|
Auxiliar de cultura |
Auxiliar |
2 |
X |
|
Bibliotecaria/o |
Bibliotecaria |
1 |
X |
|
Limpador/a do centro de saúde e da casa do concello |
Limpadora |
1 |
X |
|
Axente de emprego e desenvolvemento local |
AEDL |
1 |
X |
O que se fai público para o cumprimento do disposto nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
Pantón, 24 de maio de 2022
José Luis Álvarez Blanco
Alcalde