Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 2 de xuño de 2022 Páx. 32503

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cortegada

ANUNCIO de estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 27 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se detallan:

Persoal laboral:

– Denominación: axente de emprego e desenvolvemento local.

– Grupo: 2.

– Vacantes: 1.

– Xornada: completa.

– Sistema de acceso: concurso.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artículo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Cortegada no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente o recurso de reposición, perante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda por razón de domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñerse calquera outro recurso que se considere oportuno en dereito.

Cortegada, 27 de maio de 2022

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde