En virtude do establecido no artigo 16.2 dos estatutos da Axencia Galega da Industria Forestal, aprobados polo Decreto 81/2017, do 3 de agosto, e nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de xuño de dous mil vinte e dous,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, José Ignacio Lema Piñeiro como director da Axencia Galega da Industria Forestal, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil vinte e dous
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural