Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33266

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2022/23.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, foi modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, para a mellora da calidade educativa nalgúns aspectos concernentes ás ensinanzas de idiomas de réxime especial. Así, no seu artigo 59.1, a Lei orgánica 2/2006 establece que estas ensinanzas se organizan nos niveis básico, intermedio e avanzado e que os ditos niveis se corresponderán, respectivamente, cos niveis A, B e C do Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL), que se subdividen, pola súa vez, nos niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2.

En consonancia co disposto nos artigos 6 bis.1.e) e 6 bis.3 da Lei orgánica 2/2006, o Goberno fixou no Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, as exixencias mínimas do nivel básico para os efectos de certificación e o currículo básico dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 dos idiomas impartidos nas escolas oficiais de idiomas, co fin de asegurar unha formación común e garantir a validez dos certificados correspondentes.

Igualmente, o artigo 59.1 da dita lei establece que as ensinanzas do nivel básico terán as características e a organización que as administracións educativas determinen, e o artigo 60.1 dispón que as ensinanzas de idiomas correspondentes aos niveis intermedio e avanzado serán impartidas nas escolas oficiais de idiomas.

O Decreto 81/2018, do 19 de xullo, establece o currículo dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia establece o calendario escolar para o curso 2022/23.

Tendo en conta que na actualidade está en proceso de tramitación a orde para a implantación da nova ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia, e considerando a necesidade de lle proporcionar información ao alumnado sobre os aspectos máis salientables da nova ordenación, esta secretaría xeral dita as seguintes instrucións.

I. Acceso.

1. Condicións xerais de acceso para o curso escolar 2022/23.

1.1. Para acceder a estas ensinanzas será requisito imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano natural en que se comecen os estudos.

1.2. Poderán acceder, así mesmo, aquelas persoas que teñan cumpridos catorce anos, ou que os cumpran antes do 31 de decembro de 2022, para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na educación secundaria obrigatoria como primeira lingua estranxeira.

1.3. O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país no cal a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.

1.4. Poderase acceder directamente a un curso distinto de 1º de nivel básico a través das seguintes vías:

a) Os certificados dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 darán acceso, respectivamente, ás ensinanzas dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.

b) Para aquelas persoas que dispoñan de coñecementos previos do idioma en que queiran matricularse, as probas de clasificación permitirán a incorporación ao curso que corresponda, segundo o resultado obtido, dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.

c) As titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos dun idioma, establecidos no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011, darán acceso ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado (agás os certificados das escolas oficiais de idiomas, que darán acceso de acordo coa normativa de acceso correspondente). As persoas que acrediten o nivel C2 poderán acceder a este mesmo nivel.

d) Para os idiomas español como lingua estranxeira e galego, os títulos, certificados e diplomas acreditativos de ter coñecementos do idioma establécense no anexo I desta resolución e outorgarán acceso directo por titulación aos cursos que se indican.

e) As persoas aspirantes que presenten certificacións distintas ás que fan referencia as alíneas anteriores deberán realizar a proba de clasificación.

f) En tanto o Goberno non determine as equivalencias correspondentes, de acordo co establecido no punto 1 da disposición adicional única do Real decreto 1041/2017, as persoas que acrediten o título de bacharelato terán acceso ao primeiro curso do nivel intermedio B1 do idioma que acrediten como 1ª lingua estranxeira.

g) Os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) dos niveis A1, A2, B1, B2 e C1, regulados no Real decreto 264/2008, do 22 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, permitirán o acceso, respectivamente, ás ensinanzas de español como lingua estranxeira dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 impartidas nas escolas oficiais de idiomas.

h) Os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, regulados na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega (Celga), permitirán o acceso, respectivamente, ás ensinanzas de galego dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.

1.5. Os requisitos e o procedemento de acceso para os cursos non ordinarios para a formación do profesorado, colectivos profesionais e público en xeral serán establecidos nas súas convocatorias correspondentes.

1.6. O acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial na modalidade a distancia That’s English! será obxecto dunha normativa específica.

1.7. Todo o alumnado de novo acceso (ver punto 2.1 desta resolución) deberá realizar unha preinscrición en liña a través da aplicación informática existente para tramitar a súa solicitude de praza.

1.8. O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento no curso 2021/22 deberá aboar previamente as cantidades debidas para formalizar a nova matrícula.

2. Preinscrición.

2.1. Ademais daquelas persoas que solicitan cursar estudos no 1º curso do nivel básico dun idioma nas escolas oficiais de idiomas por primeira vez, terá a consideración de alumnado de novo acceso para os efectos de preinscrición e adxudicación de prazas o seguinte:

a) As persoas procedentes das probas de clasificación.

b) As persoas que solicitan acceso directo por titulación.

c) As persoas que se incorporan á ensinanza presencial tras superar as probas específicas de certificación polo réxime libre.

d) As persoas procedentes de traslado de expediente.

e) O antigo alumnado que non estivese matriculado polo réxime oficial no curso 2021/22.

2.2. Prazo de preinscrición.

• As preinscricións realizaranse desde o 27 de xuño ao 10 de xullo.

• Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo establecido nesta resolución, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta e de acordo coas instrucións que figuran no anexo II.

2.3. Para cada idioma poderase facer unha única preinscrición con tres preferencias priorizadas de grupos, nun máximo de dous idiomas. En caso de adxudicación de praza en dous idiomas en dúas escolas distintas, o/a alumno/a deberá optar por un só idioma nunha soa escola, excepto no caso de que un dos idiomas só se imparta nunha das dúas escolas. Nese caso, permitirase a matrícula simultánea nas dúas escolas e considerarase que o/a alumno/a ten feito un traslado parcial do expediente na lingua que só se oferta nunha das escolas.

2.4. No momento de facer a preinscrición, a aplicación asignaralle un número a cada solicitude, independentemente da escola, do idioma e curso solicitado. Para a asignación de prazas, o sistema informático en que se realizaron as preinscricións obterá un número de corte por idioma a partir do cal se asignarán as vacantes dispoñibles, este número obtense aleatoriamente entre todos os números asignados a cada solicitante dese idioma e curso no momento da preinscrición. A adxudicación de prazas realizarase por persoa, empezando pola solicitude que teña o número obtido no sorteo, respectando a orde de preferencia indicada na solicitude e pasando á seguinte persoa cando se lle asigne praza nun grupo ou cando non obteña praza en ningún dos grupos solicitados.

2.5. A obtención do número para a adxudicación das prazas realizarase en acto público, o día 11 de xullo, ás 10.00 horas, na EOI de Santiago de Compostela (rúa Ulpiano Villanueva s/n, Santiago de Compostela). O día 12 de xullo, o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. As persoas que obteñan praza deberán confirmar a reserva de praza no grupo adxudicado e formalizar a matrícula desde a aplicación web, no prazo que estableza cada escola.

3. Acceso por probas de clasificación.

3.1. As probas de clasificación teñen por obxecto facilitarlle ao alumnado que dispoña de coñecementos previos dun idioma e non poida acreditalos de acordo co establecido no punto 1.4 desta resolución, a incorporación a calquera curso e nivel desa lingua.

3.2. Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.

3.3. Así mesmo, poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma, non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.

3.4. As escolas oficiais de idiomas poderán realizar probas de clasificación para cada un dos idiomas que impartan, en función das solicitudes recibidas. Estas realizaranse de acordo co calendario que estableza cada escola e os departamentos didácticos das distintas escolas serán os responsables da súa elaboración, administración e avaliación.

3.5. O alumnado que se inscriba nas probas de clasificación e desexe optar a unha praza no primeiro curso do nivel básico, no caso de que non obteña o acceso por proba de clasificación, terá que realizar tamén a preinscrición para este nivel no idioma correspondente.

3.6. Unha vez publicados os resultados das probas de clasificación, o alumnado que as realizase deberá solicitar a preinscrición no curso e nivel a que obtivo acceso.

3.7. A incorporación ao curso que determine o resultado da proba estará suxeita á dispoñibilidade de prazas no dito curso. Esta incorporación non dará dereito en ningún caso á certificación dos cursos e niveis inferiores.

3.8. O resultado das probas de clasificación ten unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de preinscrición e formalización da matrícula oficial nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

II. Matrícula.

4. Procedemento de matrícula.

4.1. O alumnado oficial do curso 2021/22 que desexe continuar estudos no curso 2022/23 no mesmo idioma e escola non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta, de acordo coas instrucións que figuran no anexo III, e formalizar a matrícula nos prazos establecidos nesta resolución.

4.2. A matrícula en liña permitirá reservar praza no grupo de elección do/a alumno/a, a través da aplicación web, segundo a oferta educativa aprobada para cada EOI e en función das vacantes existentes.

4.3. Unha vez realizada a reserva de matrícula en liña, deberase efectuar o pagamento dos prezos públicos, segundo corresponda e de acordo coas instrucións establecidas para tal efecto, e todo o alumnado debe presentar a través da aplicación web, no prazo establecido, a seguinte documentación para a formalización da matrícula:

• Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, acompañado dos certificados de exención ou redución correspondentes, se é o caso:

– Modelo E (autocopiativo en papel).

– Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde o enderezo: http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

– Modelos 730 e 731 (xerados desde a Oficina Virtual Tributaria).

• No caso de fraccionar o pagamento da matrícula, o documento para o pago do 2º prazo, cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pago fraccionado, cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria, onde consten o IBAN e a titularidade do alumno/a, nunha das entidades colaboradoras.

4.4. O alumnado de novo acceso deberá presentar, ademais do anterior, a seguinte documentación:

• Fotocopia do DNI, ou do NIE no caso de persoas estranxeiras.

• Para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2022, un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na ESO no curso escolar 2021/22, expedido polo centro onde estea matriculado, consonte o modelo do anexo IV.

4.5. No caso de discapacidade, deberase achegar a documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir o anexo V desta resolución. A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva, no prazo máximo dun mes, contado a partir da data de finalización da matrícula, para que se determinen as adaptacións pertinentes, tendo en conta as medidas recollidas no anexo VI da Resolución do 10 de maio de 2012, pola que se ditan instrucións para a elaboración e administración das probas de certificación e de clasificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia, modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2014.

4.6. A documentación presentarase desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta, de acordo coas instrucións que figuran no anexo III. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

4.7. Para garantir a correcta tramitación das matrículas, as cualificacións correspondentes á avaliación ordinaria deberanse cargar na aplicación informática ata o día 17 de xuño, e as cualificacións correspondentes á avaliación extraordinaria deberanse cargar ata o día 30 de xuño.

5. Prazos de matrícula.

5.1. Período de matrícula ordinaria:

Do 20 ao 30 de xuño, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2021/22 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2022/23 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

5.2. Período de matrícula extraordinaria:

Do 1 ao 20 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 1 e o 7 de xullo.

A aplicación de matrícula pechará o día 20 de xullo ás 12.00 do mediodía.

5.3. Non obstante, unha vez que remate o proceso de matrícula, e ata o día 7 de setembro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións do alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición, de acordo co procedemento e coas datas que estableza cada centro. As escolas non poderán facer pública ningunha oferta de prazas vacantes mentres existan listaxes de espera.

6. Perda do dereito á matrícula.

6.1. O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido para o grupo que lle corresponda perderá o dereito á praza asignada e só poderá matricularse ao finalizar todo o proceso de matrícula, no caso de quedaren prazas vacantes.

6.2. A non incorporación sen xustificación debidamente razoada perante a Dirección, nos quince días seguintes ao inicio do curso académico, implicará a perda da condición de alumnado oficial, e a escola poderá dispor destas prazas para seren cubertas por outros/as aspirantes, sen que corresponda a devolución dos prezos públicos aboados.

7. Renuncia de matrícula.

O alumnado poderá solicitarlle ao centro a renuncia de matrícula ata un mes antes do remate das clases do curso correspondente. A mencionada renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia. A renuncia por primeira vez non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondente; as renuncias posteriores si se terán en conta para estes efectos, agás en casos excepcionais debidamente xustificados e valorados pola dirección do centro. O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, con posterioridade, continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas, deberá someterse de novo ao proceso de admisión para o mesmo nivel en que estivese matriculado.

8. Traslado de expediente.

8.1. O alumnado que desexe trasladar o expediente co fin de proseguir as ensinanzas oficiais de idiomas noutra escola da Comunidade Autónoma de Galicia deberá solicitar praza no centro de destino, presentando unha certificación académica expedida polo centro de orixe. A súa admisión estará condicionada á existencia de prazas vacantes no idioma e curso solicitado.

8.2. Para proceder ao traslado, o centro de orixe remitiralle ao de destino, e por petición deste, unha copia autenticada do expediente académico do/da alumno/a.

8.3. O centro receptor abrirá o correspondente expediente académico, e a matrícula adquirirá carácter definitivo unha vez que reciba a copia do expediente académico debidamente autenticada.

8.4. O traslado do expediente entre as escolas oficiais de idiomas de Galicia non comporta ningún custo económico para o alumnado.

8.5. O traslado de matrícula sen ter concluído o curso académico será posible nas mesmas condicións dos puntos anteriores deste artigo.

8.6. O alumnado que, sen finalizar o curso, se traslade a unha escola oficial de idiomas de Galicia procedente dunha escola oficial de idiomas doutra comunidade autónoma, terá que realizar os trámites que se prevén no apartado 8.2 e, ademais, aboar as taxas establecidas para o curso en que se matricula.

9. Reasignación de nivel.

9.1. Ao longo do mes de setembro, as escolas poderán realizar modificacións na adscrición inicial do alumnado de novo acceso que precise unha nova valoración do seu nivel de dominio do idioma, co obxecto de asignarlle praza nun nivel distinto. A dita reasignación realizarase por proposta xustificada do/da profesor/a do grupo, ratificada polo departamento. Para estes efectos, os departamentos determinarán o nivel que lle corresponde a través dunha proba de clasificación.

9.2. Igualmente, o alumnado que obtivera praza de acordo co punto 2.1.e) desta resolución poderá ser adscrito a calquera dos cursos inferiores ao nivel que xa ten superado. A matrícula deste alumnado terá a consideración de matrícula de actualización.

9.3. En ambos os casos, a nova adscrición estará suxeita á dispoñibilidade de prazas e non suporá a expedición do certificado do curso de procedencia do alumnado nin dos niveis que xa teña superados. O/a alumno/a deberá aceptar a reasignación de curso, asinando o documento da proposta (anexo VI). Esta circunstancia non terá efectos académicos e farase constar no expediente do/da alumno/a.

10. Incompatibilidades.

10.1. O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente. Para estes efectos, o alumnado dos cursos CALC, CALG e CUALE ten carácter de alumnado oficial.

10.2. Non se poderán examinar das probas de certificación dunha lingua aquelas persoas que participasen na súa elaboración ou no seu proceso de configuración final.

10.3. O profesorado que imparta docencia nunha EOI non poderá cursar estudos nin matricularse nas probas de certificación de ningún idioma no mesmo centro onde estea destinado e, en ningún caso, se poderá matricular para seguir estudos ou realizar as probas de certificación do(s) idioma(s) que imparte en ningunha EOI de Galicia. No caso de profesorado interino ou substituto que estivese matriculado previamente nunha escola, este deberá solicitar o traslado de expediente a outro centro, ou ben poderá renunciar á matrícula.

10.4. O persoal non docente destinado nunha escola oficial de idiomas ou sección non poderá cursar estudos nin matricularse nas probas de certificación polo réxime libre no centro onde desempeñe o seu labor, aínda que si se poderá matricular noutra escola ou sección. No caso dos idiomas que se impartan nunha única escola, o persoal non docente que traballe nesta escola poderá formalizar a matrícula neses idiomas no dito centro.

10.5. Tanto o persoal docente coma non docente destinado nunha escola oficial de idiomas ou sección, si poderá realizar os cursos para colectivos profesionais e público en xeral que se organicen na escola ou sección onde desempeñe o seu labor.

10.6. O alumnado non poderá estar matriculado en dúas escolas distintas ao mesmo tempo. En caso de adxudicación de praza en dous idiomas en dúas escolas distintas, deberá optar por un só idioma nunha soa escola, excepto no caso de que un dos idiomas só se imparta nunha das dúas escolas. Nese caso, permitirase a matrícula simultánea nas dúas escolas.

11. Permanencia.

11.1. O alumnado oficial das modalidades presencial e semipresencial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles pola normativa vixente. Logo de esgotadas as convocatorias correspondentes, o alumnado non poderá cursar as ensinanzas na modalidade presencial ou semipresencial, pero poderá inscribirse na modalidade a distancia ou realizar as probas terminais de certificación polo réxime libre.

11.2. Con carácter excepcional, poderase autorizar a ampliación dun ano de permanencia nun nivel en supostos de doenza que perturbe significativamente o desenvolvemento dos estudos ou noutros supostos que merezan igual consideración. Correspóndelle á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades outorgar a correspondente autorización, logo da solicitude do alumnado, que irá acompañada de xustificación documental.

11.3. O alumnado do programa That’s English! terá dereito ao número de convocatorias que se estableza na súa normativa específica.

11.4. Ao alumnado afectado polo cambio de plan non lle computarán as convocatorias esgotadas do plan que se extingue.

12. Prezos públicos.

O pagamento para a formalización da matrícula axustarase ao establecido no Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño (DOG do 17 de xuño).

O pagamento realizarase mediante o impreso de autoliquidación, modelo E (subministrado polos centros educativos en papel), ou ben mediante o modelo AI (cuberto e xerado desde a internet no enderezo web http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos e que debe presentarse impreso en papel na entidade bancaria). O pagamento poderase realizar en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación de taxas e prezos que veñen relacionadas no anexo VII da Orde do 30 de xuño de 1992 (http://www.atriga.gal/documents/16561/139395/ANEXO_VI_CAS.pdf/9c64acc2-824f-42a8-9745-211b53001614). Igualmente, poderá facerse efectivo o ingreso de xeito telemático a través da Oficina Virtual Tributaria. Quedará xustificado o pagamento mediante a presentación do impreso validado pola entidade financeira, no caso dos modelos E, AI ou 731 e, no caso do pagamento telemático, mediante a presentación do impreso 730 co código seguro de verificación (CSV), xerado pola Oficina Virtual Tributaria.

13. Información ao alumnado.

13.1. As escolas oficiais de idiomas daranlles publicidade a todos aqueles aspectos relativos ao proceso de admisión: grupos e prazas que se ofrezan en cada idioma, alumnado preinscrito, alumnado admitido, e os correspondentes períodos de reclamacións.

13.2. O alumnado deberá ser informado de que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique.

13.3. Para facilitarlle os procesos de preinscrición ou de matriculación en liña ao alumnado, as escolas habilitarán equipos informáticos con conexión a internet nos espazos que a escola dispoña para tal efecto.

13.4. O alumnado deberá ser informado de que as datas de realización das probas finais poderán ter lugar en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula. Igualmente, deberáselle informar de que na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.

13.5. As escolas, a través das súas páxinas web e dos taboleiros de anuncios, darán información sobre o proceso de matrícula e os prezos públicos aplicables en cada caso.

III. Organización académica.

14. Tipoloxía da oferta educativa.

14.1. Cursos ordinarios.

a) Cursos anuais.

A duración de cada curso nos distintos niveis será de 120 horas ao longo do curso académico.

Os grupos correspondentes a estes cursos terán unha carga lectiva de 4 horas semanais, distribuídas, con carácter xeral, en dúas sesións lectivas semanais de 2 horas cada unha, preferentemente en días alternos.

b) Cursos intensivos.

As escolas oficiais de idiomas poderán ofertar cursos intensivos que permitan impartir as 120 horas correspondentes a un curso anual nun só cuadrimestre, de forma que o alumnado poida completar dous cursos dun mesmo nivel, se é o caso, nun curso académico.

Os grupos correspondentes a estes cursos terán unha carga lectiva de 8 horas semanais, distribuídas, con carácter xeral, en catro sesións lectivas semanais de 2 horas de duración.

c) Cursos de nivel integrado.

Tendo en conta as circunstancias especiais que concorren na aprendizaxe da lingua galega, do español como lingua estranxeira e do portugués, as escolas poderán ofertar, nos niveis básico A1 e A2 e intermedio B1 destas ensinanzas unha modalidade de formación, baixo a denominación de «curso de nivel integrado A2 e curso de nivel integrado B1», de acordo coas seguintes características:

• Os cursos de nivel integrado son cursos cunha duración de 60 horas en que se imparten os contidos básicos establecidos no currículo correspondente para cada nivel.

• Poderán ofertarse cursos de nivel integrado na modalidade presencial nos idiomas galego, español como lingua estranxeira e portugués.

• Os cursos de nivel integrado irán dirixidos ao alumnado que teña coñecementos previos na lingua obxecto de aprendizaxe, de xeito que poida alcanzar os obxectivos establecidos no currículo nun tempo máis reducido.

• Polas súas características, os cursos de nivel integrado terán un punto específico dentro da programación didáctica do respectivo departamento didáctico.

• Para esta modalidade, os cursos de nivel integrado A2 impartiranse no primeiro cuadrimestre e as probas de certificación realizaranse no mes de febreiro. Os cursos de nivel B1 impartiranse no segundo cuadrimestre e as probas de certificación realizaranse no mes de xuño.

14.2. Cursos de actualización, perfeccionamento e especialización

a) Cursos para a formación do profesorado.

• Cursos de actualización lingüística e comunicativa para o profesorado (CALC).

Poderanse programar nas escolas oficiais de idiomas cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) para o profesorado que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.

Os cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) estarán secuenciados nun itinerario formativo segundo os niveis A2, B1, B2, C1 e C2 do Marco europeo común de referencia para as linguas, do Consello de Europa. Cada curso terá, con carácter xeral, unha duración de 60 horas.

Estes cursos organizaranse en colaboración cos centros de formación e recursos (CFR) ou co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), e terán o correspondente recoñecemento como formación do profesorado para os efectos establecidos no Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación, en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O profesorado que complete os cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) e cumpra cos requisitos de asistencia, poderá matricularse, con carácter gratuíto, nas probas de certificación do idioma e nivel cursado, na escola ou sección onde realizou o CALC, e terá carácter de alumnado de curso ordinario para os efectos do número de convocatorias. No suposto de que se trate de profesorado que realizou o curso no mesmo centro en que imparte docencia noutro idioma, deberá formalizar a matrícula noutra escola e respectaráselle a súa condición de alumnado oficial.

• Cursos de actualización de galego para o profesorado (CALG).

Poderanse programar nas escolas oficiais de idiomas cursos de actualización de galego dos niveis B2, C1 e C2 para o profesorado que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.

Estes cursos, que terán unha duración de 60 horas, organizaranse en colaboración cos CFR ou CAFI, e terán o correspondente recoñecemento como formación do profesorado para os efectos establecidos no Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación, en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O profesorado que complete estes cursos e cumpra cos requisitos de asistencia, poderá matricularse, con carácter gratuíto, nas probas de certificación do idioma e nivel cursado, na escola onde realizou o curso e terá carácter de alumnado de curso ordinario para os efectos do número de convocatorias. No suposto de que se trate de profesorado que realizou o curso no mesmo centro en que imparte docencia noutro idioma, deberá formalizar a matrícula noutra escola e respectaráselle a súa condición de alumnado oficial.

• A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional poderá autorizar a realización, nas escolas oficiais de idiomas, en colaboración cos CFR de que dependan ou co CAFI, doutros cursos de formación en idiomas para o profesorado sobre distintos ámbitos específicos relacionados coa práctica docente e nos que se promova o uso das competencias orais. Estes cursos terán carácter modular, cunha duración de 30, 60 ou 120 horas.

b) Cursos preparatorios para a obtención dos Celga e cursos de linguaxe administrativa galega.

Os cursos de linguaxe administrativa galega (LAG) e os cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) serán impartidos polo profesorado con destino nos departamentos didácticos de galego das EOI.

Estes cursos, que terán carácter gratuíto, impartiranse de acordo coas directrices que estableza a Secretaría Xeral de Política Lingüística e serán obxecto dunha normativa específica por parte da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

c) Cursos para colectivos profesionais e público en xeral.

As escolas oficiais de idiomas poderán ofertar cursos de competencia xeral que inclúan as actividades de comprensión de textos orais e escritos, de produción e coprodución de textos orais e escritos e de mediación para cada nivel, ou por competencias parciais correspondentes a unha ou máis das ditas actividades de lingua.

Estes cursos, que poderán ir destinados a distintos colectivos profesionais, como resultado do establecemento de convenios ou acordos por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ou ao público en xeral, terán as características de acceso, calendario e certificación que se determinen en cada caso.

Estes cursos terán unha organización modular cunha duración de 30, 60 ou 120 horas e poderán ofertarse na modalidade presencial ou semipresencial, de acordo coas directrices e condicións de acceso que estableza a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, que os poderá autorizar logo da solicitude motivada da dirección do centro, que inclúa a programación, duración e calendario de impartición, e do informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.

A programación destes cursos axustarase aos niveis correspondentes do Marco europeo común de referencia para as linguas e nela constarán de forma expresa os obxectivos, as competencias, os contidos e os criterios de avaliación, e a súa oferta estará supeditada á dispoñibilidade de recursos humanos existentes na escola.

15. Modalidade semipresencial.

15.1. Sen prexuízo do disposto para a impartición das ensinanzas de réxime especial pola modalidade presencial, as escolas oficiais de idiomas poderán ofertar as súas ensinanzas en réxime oficial pola modalidade semipresencial.

15.2. As 120 horas de duración destes cursos distribuiranse en 60 horas de ensinanza presencial e 60 horas de ensinanza en liña.

15.3. A organización das ensinanzas de idiomas de réxime especial na modalidade semipresencial deberá contar coa autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

16. Planificación académica para o curso 2022/23.

16.1. Nos cursos ordinarios, as actividades lectivas estenderanse ao longo de todo o ano académico, segundo o calendario escolar establecido na Orde do 20 de maio de 2022. A docencia dos cursos intensivos, dos cursos de nivel integrado e dos cursos de actualización, perfeccionamento e especialización cunha duración inferior a 120 horas impartiranse ao longo do primeiro ou do segundo cuadrimestre, de acordo co establecido nesta resolución ou na normativa específica para cada un destes cursos.

16.2. Para os efectos de codificación da oferta formativa nas súas distintas modalidades, as escolas deberán utilizar os códigos que aparecen recollidos no anexo VII desta resolución.

16.3. Ao inicio do curso, a Inspección Educativa comprobará que os grupos e cursos ofertados por cada escola conten cun número de alumnado que xustifique a súa posta en marcha e autorizará as modificacións necesarias da oferta co obxecto de garantirlle o acceso ao maior número posible de alumnado e rendibilizar a oferta docente con que conte cada escola. Para estes efectos, e con carácter xeral, o número mínimo de alumnado por grupo será de 10. No caso de grupos cun número inferior, a Inspección Educativa valorará a súa posta en marcha sempre e cando se conte con profesorado destinado no centro e con dispoñibilidade horaria. En calquera caso, non se poderán autorizar grupos con menos de 6 alumnos/as.

IV. Avaliación e certificación.

17. Disposicións xerais.

17.1. O alumnado deberá ser avaliado tomando como referencia os obxectivos, as competencias, os contidos e os criterios de avaliación establecidos para cada actividade de lingua para os niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 nos currículos dos idiomas respectivos. A consecución dos obxectivos de cada nivel conducirá á obtención da certificación que corresponda.

17.2. Os departamentos didácticos elaborarán as programacións didácticas para cada un dos cursos do nivel básico, intermedio e avanzado, secuenciando os obxectivos, competencias, contidos e criterios de avaliación.

17.3. As programacións didácticas especificarán os procedementos e os instrumentos de avaliación da aprendizaxe do alumnado nas distintas actividades de lingua.

17.4. O alumnado ten dereito a ser avaliado conforme criterios de plena obxectividade, polo que as escolas oficiais de idiomas deberán facer públicos os criterios de avaliación e cualificación aplicables a cada actividade de lingua, así como os procedementos formais da avaliación e os criterios de corrección. Igualmente, darán a coñecer os criterios para a promoción do alumnado e para a obtención da certificación que corresponda.

18. Proceso de avaliación do alumnado.

18.1. Cursos ordinarios:

a) Realizaranse tantas avaliacións por curso como se estableza no proxecto educativo da escola, coincidindo a última coa proba de promoción ou de certificación.

b) Ademais, ao inicio do curso, o profesorado realizará unha avaliación inicial ou de diagnóstico do alumnado, que terá carácter informativo para este e orientador para o profesorado, que establecerá as medidas pedagóxicas adecuadas.

c) Así mesmo, o profesorado levará a cabo a avaliación de progreso mediante a realización de tarefas que lle permitan coñecer o progreso do seu alumnado en cada unha das cinco actividades de lingua. Esta avaliación terá unicamente valor orientativo para o alumnado sobre o seu aproveitamento académico, e serviralle ao profesorado para coñecer o grao de cumprimento no desenvolvemento da programación didáctica.

d) O grao de dominio acadado nas diferentes actividades de lingua será avaliado mediante os seguintes tipos de proba segundo corresponda:

1º. Proba de promoción: nos cursos non terminais de nivel o alumnado realizará unha proba elaborada polo correspondente departamento, que avaliará o grao de consecución dos obxectivos do curso.

2º. Proba de certificación: nos cursos terminais de nivel o alumnado realizará unha proba que será común a todas as modalidades e réximes de ensino e na cal se avaliará o grao de consecución dos obxectivos do nivel.

18.2. Cursos de actualización, perfeccionamento e especialización.

Tendo en conta as características diferenciadas de cada un destes cursos, a avaliación do alumnado nos cursos de actualización, perfeccionamento e especialización determinarase na correspondente convocatoria, e de acordo co recollido na súa programación didáctica.

18.3. Programa That’s English!

a) O alumnado do programa That’s English! que estea cursando o módulo correspondente a un curso final de nivel e teña superado/s o/os módulo/s anterior/es dese mesmo curso, deberá superar a proba de certificación do nivel correspondente para acadar o certificado de nivel básico A2, intermedio B1, intermedio B2 ou avanzado C1, segundo corresponda.

b) Este alumnado non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

c) Os centros de apoio titorial deberán remitirlles a relación de alumnado, co nome, apelidos e DNI, aos centros de apoio administrativo respectivos para que as EOI correspondentes os inclúan nas probas de certificación de nivel básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1, segundo corresponda.

d) O alumnado do programa That’s English! realizará as probas de certificación na escola de idiomas ou sección á que estea adscrito o centro de apoio titorial en que cursa os estudos.

19. Proba de promoción.

19.1. Características xerais, estrutura e organización:

a) Para os cursos non terminais de nivel realizarase unha proba de promoción. Esta proba terá lugar, con carácter xeral, na primeira quincena do mes de xuño, en convocatoria ordinaria, e na segunda quincena do mes de xuño, en convocatoria extraordinaria. Na convocatoria extraordinaria o alumnado só terá que ser avaliado das actividades de lingua non superadas na convocatoria ordinaria.

b) Esta proba será elaborada, administrada e corrixida polo profesorado dos departamentos didácticos, de acordo coas especificacións establecidas por cada departamento. As probas de promoción terán carácter unificado para cada un dos diferentes cursos e serán corrixidas polo profesor ou profesora correspondente.

c) Os departamentos didácticos establecerán criterios para a valoración positiva do rendemento e a participación do alumnado na aula; a dita valoración en ningún caso poderá superar o 10 % da cualificación final do curso.

d) A proba de promoción nos cursos intensivos e nos cursos de nivel integrado realizarase ao finalizar o correspondente cuadrimestre.

19.2. Baremo e cualificación das probas:

a) Para os cursos do nivel básico A2, a proba de promoción terá un valor de 100 puntos e cada unha das súas catro partes, 25 puntos. Para promover de curso dentro do mesmo nivel, o alumnado terá que acadar, polo menos, 15 puntos en cada unha das actividades de lingua.

b) Para os cursos dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2, a puntuación total da proba de promoción será de 125 puntos. Cada unha das cinco partes nas que se estrutura a proba terá un valor de 25 puntos. Para superar a proba será necesario acadar, polo menos, 12,5 puntos en cada actividade de lingua e, ademais, obter unha puntuación mínima dun 65 % na puntuación total da proba.

c) A cualificación outorgada ao alumnado será a de «apto» ou «non apto».

d) A cualificación «apto» requirirá a superación da proba nos termos previstos nos puntos anteriores.

e) No caso do alumnado que non realice algunha(s) das partes da proba, a cualificación para cada unha destas partes será «non presentado» e a cualificación final da proba será «non apto».

f) No caso do alumnado que non realice ningunha das partes que conforman a proba, a cualificación final será «non presentado».

g) O alumnado que non promova deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as actividades de lingua.

20. Probas de certificación.

20.1. As probas de certificación teñen como obxectivo avaliar o nivel de competencia lingüística do alumnado de escolas oficiais de idiomas nas distintas actividades de lingua nos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2, establecidos nos currículos respectivos.

O nivel de competencia e o grao de dominio do idioma que se avalían nestas probas fixaranse en referencia aos obxectivos, contidos e criterios de avaliación establecidos nos currículos de cada idioma.

20.2. As probas de certificación serán comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza e permitirán o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior.

20.3. Elaboración, administración e cualificación.

a) As probas de certificación para cada un dos niveis serán elaboradas, administradas e cualificadas de acordo co procedemento que estableza a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

b) As probas de certificación administraranse nas sedes das escolas oficiais de idiomas e, se é o caso, nas súas seccións. Para a correcta administración das probas deberase ter en conta o disposto nas guías de administración de cada un dos niveis, así como nas guías informativas e de especificacións das probas de certificación, que estableza a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

c) Con carácter excepcional e logo de autorización da xefatura territorial correspondente, poderase variar o horario lectivo da escola ou sección naquelas franxas horarias en que a necesidade de espazos e profesorado o fagan necesario para o correcto desenvolvemento das probas.

20.4. Formación do profesorado na elaboración de probas.

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ofrecerá formación específica para o profesorado dos departamentos didácticos responsables da redacción das probas de certificación.

20.5. Convocatoria das probas.

a) Convocatoria das probas de certificación para o alumnado oficial:

O alumnado dos cursos ordinarios terá dereito a unha convocatoria de probas ordinaria, que terá lugar, con carácter xeral, na primeira quincena do mes de xuño, e outra, extraordinaria, que se realizará a partir do 20 de xuño de 2023. Nos cursos intensivos e de nivel integrado que se realicen no primeiro cuadrimestre, a convocatoria ordinaria será no mes de febreiro e a extraordinaria na primeira quincena do mes de xuño.

O alumnado oficial matriculado nun curso final de nivel terá que superar a proba de certificación correspondente para obter o certificado dese nivel que lle permita promover, se é o caso, ao nivel inmediatamente superior.

O alumnado oficial matriculado nun curso non final de nivel que desexe matricularse nunha proba de certificación de calquera nivel, poderá facelo co pagamento previo dos prezos públicos correspondentes e achegando a documentación requirida para a matrícula do alumnado libre dentro do prazo establecido.

b) Convocatoria das probas de certificación para o alumnado libre:

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional organizará unha convocatoria das probas para a obtención dos certificados de nivel básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1, nas datas que esta determine, non máis tarde do mes de febreiro. Así mesmo, poderá establecer criterios de asignación de prazas para aqueles idiomas e niveis cuxa demanda o xustifique.

O alumnado libre poderá matricularse en calquera destes niveis das probas de certificación. Non é requisito indispensable dispoñer do certificado do nivel anterior.

A superación da proba de certificación dun nivel daralle acceso ao alumnado ao primeiro curso do seguinte nivel na modalidade presencial en calquera escola.

21. Información e comunicación dos resultados da avaliación.

Ao remate das probas de promoción e certificación informarase por escrito o alumnado, ou os seus representantes legais no caso dos menores de idade, sobre os resultados da avaliación final. A dita información incluirá, cando menos, as cualificacións obtidas nas distintas actividades de lingua e, se é o caso, a promoción ao curso seguinte.

22. Avaliación de persoas con necesidades especiais.

A organización e administración das probas para o alumnado con necesidades especiais basearanse no principio de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes. Así, no desenvolvemento das probas deberanse adaptar, se é o caso, a súa duración e as condicións de realización.

23. Procedemento para formular reclamacións sobre os resultados da avaliación.

23.1. O alumnado de todos os réximes e modalidades que estea en desacordo coa súa cualificación nas probas de promoción e de certificación poderá presentar unha reclamación ante a Dirección da escola oficial de idiomas no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

23.2. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

23.3. A Dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación e ratificará ou rectificará a cualificación. Para iso, solicitará do departamento o correspondente informe, no cal deben constar as causas da ratificación ou rectificación da nota, e informará por escrito o alumnado implicado da resolución adoptada.

23.4. De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal, no caso de menores de 18 anos, poderá interpoñer un recurso de alzada ante a xefatura territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da Dirección da escola nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.

23.5. De producirse o recurso de alzada, o Servizo Provincial de Inspección Educativa solicitaralle á escola os seguintes documentos:

a) A reclamación do alumno ou alumna.

b) O informe do departamento didáctico e a resolución da Dirección.

c) O informe do profesorado responsable da avaliación.

d) A proba ou probas contra as cales se recorre e calquera outra documentación adicional que se considere pertinente.

23.6. No suposto de que o recurso de alzada se presentase ante a Dirección da escola oficial de idiomas, esta tramitará a reclamación xunto cos documentos sinalados no punto anterior nun prazo non superior a 48 horas.

23.7. A Inspección Educativa poderá solicitar a intervención de especialistas no idioma obxecto de reclamación para elaborar o informe correspondente.

23.8. A Inspección Educativa remitiralle o informe, xunto coa copia completa e ordenada do expediente, á Xefatura Territorial, no prazo de 10 días hábiles.

23.9. Tras ver o informe da Inspección Educativa, a Xefatura Territorial resolverá no prazo máximo de tres meses a partir da data de presentación do recurso, esta resolución porá fin á vía administrativa.

24. Certificados.

24.1. Para obter os certificados dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 será necesaria a superación de probas de certificación nas súas respectivas actividades de lingua.

24.2. A dirección xeral competente en materia de títulos expedirá, por proposta das escolas oficiais de idiomas, os certificados correspondentes aos niveis intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 do alumnado que supere as exixencias académicas establecidas para eses niveis.

24.3. Os certificados correspondentes aos niveis básico A2 e intermedio B1, así como os certificados de competencias parciais serán emitidos polas EOI. Estas expedirán, ademais, as certificacións académicas dos idiomas que impartan para o alumnado de todos os cursos non finais de nivel.

25. Certificación doutros cursos.

25.1. A superación dos cursos para colectivos profesionais e o público en xeral, que deberá constar no expediente académico do/da alumno/a, non dará lugar á obtención de certificados de nivel; non obstante, as escolas oficiais de idiomas poderán certificarlle ao alumnado que así o solicite as horas cursadas e o aproveitamento nos cursos establecidos neste punto.

25.2. A cualificación dos cursos correspondentes a esta oferta formativa complementaria expresarase nos termos de apto/a ou non apto/a.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO I

Accesos directos por titulación

Español como lingua estranxeira.

Titulación, diploma ou certificado

Accede a

• Certificados das universidades españolas que sigan o modelo de acreditación de exames da Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior (ACLES) CertAcles A1

• Certificados de español para estranxeiros de nivel A1 dos centros de linguas das universidades galegas

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A1

Básico A2

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Español nivel A2 (básico)

• Certificados das universidades españolas que sigan o modelo de acreditación de exames da Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior (ACLES) CertAcles A2

• Certificados de español para estranxeiros de nivel A2 dos centros de linguas das universidades galegas

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) A2

Intermedio B1

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE). Nivel inicial

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) B1

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Español nivel B1 (intermedio)

• Certificados das universidades españolas que sigan o modelo de acreditación de exames da Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior (ACLES) CertAcles B1

• Certificados de español para estranxeiros de nivel B1 dos centros de linguas das universidades galegas

Intermedio B2

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE). Nivel intermedio

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) B2

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Español nivel B2 (avanzado)

• Certificados das universidades españolas que sigan o modelo de acreditación de exames da Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior (ACLES) CertAcles B2

• Certificados de español para estranxeiros de nivel B2, C1 ou C2 dos centros de linguas das universidades galegas

Avanzado C1

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE). Nivel superior

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) C1

• Diploma de español como lingua estranxeira (DELE) C2

• Certificados das universidades españolas que sigan o modelo de acreditación de exames da Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior (ACLES) CertAcles C1 e C2

Avanzado C2

Galego.

Titulación, diploma ou certificado

Accede a

• Curso de iniciación de lingua galega

Básico A2

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Galego nivel A2 (básico)

• Celga 1

Intermedio B1

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Galego nivel B1 (intermedio)

• Celga 2

Intermedio B2

• Diplomatura en maxisterio con materias de lingua galega

• Licenciatura en calquera filoloxía con materias de lingua galega

• Licenciatura en xornalismo con materias de lingua galega

• Curso de especialización de lingua galega

• Curso de perfeccionamento de lingua galega

• Celga 3

Avanzado C1

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) Galego nivel C1 (superior)

• Licenciatura en filoloxía galega ou galego-portuguesa

• Licenciatura en filoloxía portuguesa

• Licenciatura en tradución e interpretación (galego lingua A)

• Celga 4

Avanzado C2

ANEXO II

Procedemento de preinscrición en liña

1. Acceso ao sistema.

2. Entrada á aplicación.

3. Procedemento de matriculación.

4. Confirmación de matrícula.

1. Acceso ao sistema.

O acceso á preinscrición en liña realizarase desde o enderezo:

https://www.eoidigital.com/preinsxunta

2. Entrada á aplicación.

I. Datos de identificación.

A persoa que desexe solicitar unha praza nas escolas oficiais de idiomas deberá darse de alta no sistema. Para iso deberá indicar a súa data de nacemento e o seu número de DNI ou NIE.

O formato destes campos indicarase na pantalla:

• Data de nacemento: dd-mm-aaaa.

• DNI: 8 díxitos seguidos dunha letra.

• NIE: comezará por X, Y ou Z, seguido de 7 díxitos e finalizado pola letra correspondente.

II. Datos persoais.

Unha vez que se acceda coa data de nacemento e o número identificativo, terase acceso a unha pantalla para introducir os datos persoais.

Será obrigatorio cubrir unha serie de campos para seguir co proceso de solicitude. Os datos que se solicitan son de nacemento e de residencia.

Igualmente, terase que introducir un contrasinal que permitirá con posterioridade acceder ao proceso de preinscrición en liña.

Para os casos de perda de contrasinal pedirase tamén unha pregunta/resposta secreta que permita recuperar o contrasinal. Os datos introducidos poderán ser modificados con posterioridade, sempre e cando o/a usuario/a posúa os datos de acceso.

3. Solicitude de praza.

Unha vez cubertos todos os campos de datos persoais, e a continuación das pantallas de confirmación, accédese á solicitude de prazas.

A pantalla conta, en primeiro lugar, con dous cadros despregables de datos nos que hai que indicar o idioma que se solicita e o curso.

A oferta é conxunta entre todas as escolas oficiais de idiomas de Galicia, polo que no despregable aparecerá a oferta de todas as EOI.

A orde para solicitar unha praza é a seguinte:

I. Elección do idioma.

II. Elección do curso entre os ofertados para o idioma seleccionado anteriormente.

III. Elección do centro no que se desexe a praza.

IV. Elección do grupo segundo os ofertados.

Os puntos III e IV poden ser repetidos varias veces nunha mesma solicitude.

A solicitude é única por idioma, é dicir, un mesmo solicitante non poderá realizar máis dunha preinscrición para un mesmo idioma.

Dentro da preinscrición poderanse realizar varias opcións para unha mesma solicitude.

A solicitude realizada poderá ser consultada, modificada e incluso eliminada en calquera momento e sempre que o proceso non estea cerrado, segundo os prazos establecidos.

O sistema poderá emitir resgardos como garantía da solicitude da praza.

4. Modificación de solicitudes realizadas.

Se o prazo de preinscrición non está pechado, a través da mesma páxina é posible acceder á información introducida e poderanse modificar tanto os datos persoais como as preinscricións.

Poderanse engadir novas preinscricións, modificar opcións dentro dunha preinscrición e mesmo eliminar preinscricións existentes. O acceso por segunda e posteriores veces realizarase coa data de nacemento, o DNI/NIE e o contrasinal indicado no momento da alta.

5. Consulta de solicitudes.

Durante todo o proceso poderase acceder á consulta das solicitudes realizadas.

Unha vez realizada a adxudicación de vacantes, na consulta de preinscricións poderase ver se se obtivo praza ou non.

6. Adxudicación de prazas.

A adxudicación de prazas realizarase da seguinte maneira:

I. No momento da preinscrición, a aplicación asignaralle un número a cada solicitude.

II. Seguindo o procedemento establecido nesta resolución, obterase, en sorteo público, un número de corte por idioma. Este número obterase de entre todos os números que a aplicación lle asignou a ese idioma. Tomarase como primeiro/a alumno/a a solicitude que teña o número obtido.

III. Comprobaranse as peticións efectuadas polo/a solicitante e, se hai dispoñibilidade no primeiro grupo que solicitou, asignaráselle praza inmediatamente, descartando o resto de peticións feitas para ese mesmo idioma por esta persoa.

IV. Se non hai prazas dispoñibles na primeira opción, tense en conta a súa segunda opción e así sucesivamente. En caso de que en ningunha das opcións solicitadas existan prazas vacantes, descartarase esta solicitude e continuarase coa solicitude que teña o seguinte número, en orde ascendente.

V. Unha vez comprobadas as peticións de todas as persoas solicitantes, xerarase unha lista de reservas, que terá en conta unicamente a primeira opción solicitada e comezará pola primeira persoa solicitante que non obtivese praza.

7. Confirmación de matrícula

A confirmación de matrícula realizarase desde a mesma aplicación que se utiliza na matriculación oficial, segundo se dispón no anexo III.

ANEXO III

Procedemento de matriculación en liña

1. Acceso ao sistema.

2. Identificación do/da alumno/a.

3. Proceso de matriculación.

4. Presentación de documentos.

5. Descarga á aplicación do centro.

1. Acceso ao sistema.

O acceso á matriculación en liña realizarase desde a plataforma Centrosnet no enderezo que cada centro ten asignado. Habilitarase tamén unha entrada xenérica para que se poida acceder a calquera centro desde unha mesma ligazón:

https://www.informaticacentros.com/xunta

2. Identificación do alumnado.

I. Alumnado oficial do curso 2021/22.

O alumnado oficial do curso 2021/22 xa ten acceso a Centrosnet, polo que accederá á aplicación de matrícula utilizando o usuario e contrasinal que posúe (en caso de dúbida, consulte coa escola).

II. Novo alumnado.

O alumnado que provén da preinscrición, dado que aínda non ten un número de expediente asignado, deberá substituír o número de expediente pola súa data de nacemento. Mantense o DNI como contrasinal para este alumnado.

Nas páxinas da preinscrición haberá unha ligazón direct á zona de matriculación.

3. Proceso de matriculación.

I. Reserva da praza de matrícula.

Ao entrar na aplicación, o alumnado accederá a unha pantalla con información acerca do curso no que lle corresponde matricularse, e poderá elixir un grupo dos que se lle oferten. Esta oferta de grupos poderá verse na pantalla á que accede o/a solicitante.

Unha vez confirmada polo/a alumno/a, a selección do grupo no que se matricula non poderá ser modificada nin anulada.

No caso do alumnado que proveña da preinscrición, o grupo xa estará fixado (de acordo co resultado da adxudicación de vacantes) e o/a solicitante só poderá confirmar ou rexeitar a súa matrícula no grupo correspondente.

Ao confirmar a matrícula, o sistema xerará un resgardo onde se indicará o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora en que se grava a súa solicitude. O/A alumno/a recibirá información dos prezos públicos correspondentes para que poida efectuar o correspondente pago na entidade bancaria ou polos procedementos establecidos nesta resolución.

Ata ese momento a praza estará reservada, e pendente de formalización.

II. Confirmación e formalización da matrícula.

Unha vez efectuado o pagamento dos prezos públicos, o/a solicitante deberá presentar o xustificante da reserva de matrícula e o xustificante de que efectuou o pagamento dos prezos públicos correspondentes na entidade bancaria (ou do pagamento telemático, de ser o caso), ademais do resto da documentación requirida nesta resolución.

Despois de que o/a alumno/a presente a documentación, recibirá un correo electrónico do centro coa confirmación da súa matrícula.

O pagamento da matrícula deberá efectuarse nos prazos establecidos, e calquera pagamento efectuado fóra de prazo levará á anulación da praza reservada, sen que o/a alumno/a teña dereito á devolución dos importes aboados.

O/a alumno/a deberá presentar o xustificante do pagamento dentro do prazo de matrícula indicado. De ter pagado os prezos públicos pero non presentado o resgardo, a reserva de praza tamén quedará anulada.

Tras finalizar cada prazo de matrícula, as prazas non confirmadas pola secretaría do centro quedarán anuladas e, polo tanto, liberadas para o seguinte prazo de matriculación ou listaxe de espera, e o/a solicitante perderá calquera dereito sobre a reserva da súa praza.

Se o/a solicitante se atopa nalgunha situación que requira a presentación de documentación adicional, deberá facelo a través da aplicación de matrícula, dentro dos prazos establecidos nesta resolución.

O alumnado con dereito a redución de prezos públicos poderá efectuar a súa reserva de matrícula en liña, pero para proceder á formalización da matrícula deberá achegar a documentación xustificativa.

4. Presentación de documentos.

A documentación presentarase desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta, dentro dos prazos establecidos. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

5. Descarga á aplicación da escola (CODEX).

Unha vez rematado o proceso de matrícula en Centrosnet, as escolas oficiais de idiomas descargarán os datos á aplicación informática da escola (CODEX) e quedarán así integrados co resto de expedientes.

ANEXO IV

Certificado da primeira lingua estranxeira cursada na ESO

................................................................................................................, secretario/a do centro ................................................................................................., con código de centro nº ……………............, na localidade ...……....................... (provincia …...….............……),

CERTIFICO:

Que …....................................................................................., con DNI ….........………, cursou en 2021/22 neste centro o ………. curso das ensinanzas da ESO, e que o idioma cursado como primeira lingua estranxeira é ................................

Asino este certificado por pedimento do/da interesado/a e para os efectos de matrícula polo réxime oficial (semi)presencial na escola oficial de idiomas.

.................................................., .......... de ................................... de 2022

Visto e prace do/da director/a O/a secretario/a

(Selo do centro)

ANEXO V

Solicitude de adaptación de probas

O/a alumno/a .................................................................................................................., con DNI/NIE ..................................., domicilio en ............................................................... código postal .................. na rúa ......................................................................................................., nº .......... andar/porta ............., con teléfono ....................... e enderezo de correo electrónico ......................................................................................................., matriculado/a no ano académico 2022/23 como alumno/a oficial (semi)presencial no curso seguinte:

Curso

Nivel

Idioma

 1º

 Básico A1 e A2

 Alemán

 Francés

 Portugués

 2º

 Intermedio B1

 Árabe

 Galego

 Ruso

 Intermedio B2

 Chinés

 Inglés

 Xaponés

 3º

 Avanzado C1

 Español como lingua estranxeira

 Italiano

 Avanzado C2

CERTIFICO:

Que presento a seguinte dificultade sensorial ou motora que me impide desenvolver con normalidade as probas conducentes á avaliación e cualificación:

..............................................................................................................................................................................................................................................................................................

En cumprimento do establecido no artigo 11, punto 6, do Decreto 81/2018, do 19 de xullo[1], onde se recolle que o deseño, a administración e a avaliación das probas para a obtención dos certificados por parte do alumnado con diversidade funcional terán que basearse nos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes, e que os procedementos de avaliación conterán as medidas que resulten necesarias para a súa adaptación ás necesidades especiais deste alumnado

SOLICITO:

Que se fagan as adaptacións pertinentes para garantir unha proba de acordo cos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes.

ANEXO VI

Reasignación de nivel

EOI de ……………………………………………………………

Curso ............................

O/a profesor/a…………………………………………….....………………………………..do idioma……………………….............................................., considera que a adscrición do/da alumno/a …………………………….…………………………………………………… ao ……......................... curso do nivel ………………………………................... non se axusta debidamente ao grao de dominio lingüístico que corresponde ao dito curso e nivel, polo que

PROPÓN:

Unha nova adscrición ao……......... curso do nivel …………………...........................…

………………………………........., .......... de …………………………… de 20…….

O/a profesor/a Conforme: o/a alumno/a

Visto e prace

Xefatura do Departamento de .............................................

ANEXO VII

Táboa de codificacións

Instrucións para a codificación da oferta formativa
das escolas oficiais de idiomas

A. CODIFICACIÓN DOS CURSOS ORDINARIOS

B. CODIFICACIÓN DOS CURSOS DE ACTUALIZACIÓN, PERFECCIONAMENTO E ESPECIALIZACIÓN

C. CODIFICACIÓN DOS CURSOS DE THAT'S ENGLISH!

D. CODIFICACIÓN DO ALUMNADO DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN

A. CODIFICACIÓN DOS CURSOS ORDINARIOS

Estes grupos correspóndense coa oferta que se deriva do Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, polo que se fixan as esixencias mínimas do nivel básico para os efectos de certificación, se establece o currículo básico dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se establecen as equivalencias entre as ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas en diversos plans de estudos e as deste real decreto.

Estrutura dos códigos: idioma-curso e nivel-tipo-modalidade-número (cada un dos campos irá separado por un guión)

1. Códigos dos idiomas

Alemán

AL

Árabe

AR

Chinés

CH

Español como lingua estranxeira

ELE

Francés

FR

Galego

GA

Inglés

IN

Italiano

IT

Portugués

PO

Ruso

RU

Xaponés

XA

2. Códigos dos cursos e niveis

Nivel básico A1

A1

Nivel básico A2

A2

Nivel básico A1 e A2

A1-A2

1º curso do nivel básico A2

A2.1

2º curso do nivel básico A2

A2.2

Nivel intermedio B1

B1

1º curso do nivel intermedio B1

B1.1

2º curso do nivel intermedio B1

B1.2

3º curso do nivel intermedio B1

B1.3

Nivel intermedio B2

B2

1º curso do nivel intermedio B2

B2.1

2º curso do nivel intermedio B2

B2.2

Nivel avanzado C1

C1

1º curso do nivel avanzado C1

C1.1

2º curso do nivel avanzado C1

C1.2

Nivel avanzado C2

C2

3. Códigos dos tipos de cursos

3.1. Cursos anuais: cada curso encádrase nun nivel e a súa duración coincide coa do curso académico, con 120 horas.

Cando se trata dun grupo anual ordinario, deixarase en branco.

3.2. Cursos intensivos: cando se imparte nun cuadrimestre o horario lectivo correspondente a un curso académico. Teñen unha duración de 120 horas.

1º cuadrimestre

INT-A

2º cuadrimestre

INT-B

3.3. Cursos de nivel integrado: son cursos cunha duración de 60 horas en que se imparten os contidos básicos establecidos no currículo correspondente para cada nivel. Só poden ofertarse nesta modalidade os niveis A2 e B1 das linguas consideradas ambientais: galego, portugués e español como lingua estranxeira. Os cursos do nivel A2 impartiranse no primeiro cuadrimestre e os do nivel B1, no segundo.

Nivel básico A2 (1º cuadrimestre)

A2-ITG-A

Nivel intermedio B1 (2º cuadrimestre)

B1-ITG-B

4. Modalidade

Os cursos ordinarios poderán impartirse nas modalidades presencial ou semipresencial.

4.1. Modalidade presencial: os grupos correspondentes a estes cursos terán unha carga lectiva de 4 horas semanais, distribuídas, con carácter xeral, en dúas sesións lectivas presenciais semanais de 2 horas cada unha, preferentemente en días alternos.

Deixarase en branco.

4.2. Modalidade semipresencial: as 120 horas de duración destes cursos distribuiranse en 60 horas de ensinanza presencial e 60 horas de ensinanza en liña. A súa oferta deberá contar coa autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

SEMI

5. Número

Corresponde aos distintos grupos de cada curso (se hai un só grupo, o nº 1; se hai máis, o número que corresponda)

Exemplos:

1º curso do nivel intermedio B2 de inglés intensivo do 1º cuadrimestre

IN-B2.1-INT-A-1

Curso anual de chinés do nivel básico A1

CH-A1-1

Curso de nivel integrado de galego do nivel intermedio B1

GA-B1-ITG-B-1

1º curso de nivel avanzado C1 de francés na modalidade semipresencial

FR-C1.1-SEMI-1

B. CODIFICACIÓN DOS CURSOS DE ACTUALIZACIÓN, PERFECCIONAMENTO E ESPECIALIZACIÓN

A oferta de cursos non ordinarios confórmana os cursos de actualización, perfeccionamento e especialización de competencias en idiomas dirixidos ao profesorado e outros colectivos profesionais e, en xeral, a persoas adultas con necesidades específicas de aprendizaxe de idiomas.

Estrutura dos códigos: idioma-tipo-modalidade-nivel-duración-número

1. Códigos dos idiomas

Iguais que os dos cursos ordinarios

2. Códigos dos tipos de cursos

2.1. Cursos para a formación do profesorado: cursos de formación dirixidos ao profesorado de centros sostidos con fondos públicos.

Duración (horas)

a) Cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC)

CAL

60

b) Cursos de actualización de galego (CALG)

ALG

60

c) Oferta non específica: a oferta de formación aberta a todo o profesorado

FOR

30/60/120

2.2. Cursos preparatorios para a obtención dos Celga e cursos de linguaxe administrativa galega

a) Cursos preparatorios para certificados CELGA

Celga 1

CE1

60

Celga 2

CE2

60

Celga 3

CE3

60

Celga 4

CE4

60

b) Cursos de linguaxe administrativa galega

Linguaxe administrativa galega nivel medio

LAM

75

Linguaxe administrativa galega nivel superior

LAS

75

2.3. Cursos para colectivos profesionais e público en xeral: cursos de competencia xeral ou competencias parciais destinados a colectivos profesionais ou ao público en xeral. Poderán impartirse nas modalidades presencial ou semipresencial.

Cursos para colectivos profesionais

PRO

30/60/120

Cursos para o público en xeral

PUB

30/60/120

Cursos de competencia xeral

XER

Cursos de competencias parciais:

• Comprensión de textos orais

CO

• Comprensión de textos escritos

CE

• Produción e coprodución de textos orais

PCO

• Produción e coprodución de textos escritos

PCE

• Mediación

MED

3. Códigos da modalidade

Presencial

PRES

Semipresencial

SEMI

4. Códigos dos niveis

Iguais que os dos cursos ordinarios

5. Duración

Este código consta de dúas partes, o número de horas do curso e a súa temporalización.

Número de horas do curso

O nº de horas que corresponda

Temporalización:

1º cuadrimestre

A

2º cuadrimestre

B

Curso completo

C

6. Número

Corresponde aos distintos grupos de cada curso (se hai un só grupo, o número 1; se hai máis, o número que corresponda).

Exemplos:

Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) de inglés, nivel B2, 60 h

IN-CAL-B2-60B-1

Curso de actualización de galego, nivel C1, 60 h

GA-ALG-C1-60B-1

Curso de formación do profesorado de nivel C1 de portugués de 120 h

PO-FOR-C1-120C-1

Curso preparatorio para o Celga 2, 2º cuadrimestre

GA-CE2-60B-1

Curso de linguaxe administrativa galega superior, 1º cuadrimestre

GA-LAS-75A-1

Curso de competencia xeral de nivel B1 de francés para un colectivo profesional, 60 horas, primeiro cuadrimestre

FR-PRO-XER- B2-60A-1

Curso semipresencial de produción e coprodución de textos escritos de nivel A2 de italiano para o público en xeral, 30 horas, segundo cuadrimestre

IT-PUB-PCO-SEMI- A2-30B-1

Curso de comprensión de textos orais e mediación de nivel A1 de alemán para o público en xeral, 60 horas, primeiro cuadrimestre

AL-PUB-CO/MED-A1-60B-1

C. CODIFICACIÓN DOS CURSOS DE THAT’S ENGLISH!

Cursos a distancia: cursos correspondentes ao programa That's English!, con titorías semanais de 1,5 horas por grupo e estrutura modular. A codificación destes cursos inclúe:

• O código do idioma (ver punto 1 dos cursos ordinarios).

• O nivel do curso (ver punto 2 dos cursos ordinarios).

• A denominación THE (cursos a distancia de That's English!).

• O código correspondente ao módulo (descrito a continuación).

• O número do grupo (ver punto 4 dos cursos ordinarios).

THE

Módulos:

Básico A2.1

MDA2.1

Básico A2.2

MDA2.2

Básico A2.3

MDA2.3

Básico A2.4

MDA2.4

Intermedio B1.1

MDB1.1

Intermedio B1.2

MDB1.2

Intermedio B2.1

MDB2.1

Intermedio B2.2

MDB2.2

Intermedio B2.3

MDB2.3

Intermedio B2.4

MDB2.4

Avanzado C1.1

MDC1.1

Avanzado C1.2

MDC1.2

Exemplo:

Curso That's English! do nivel básico A2 (módulo A2.4)

IN-THE-MDA2.4-1

D. CODIFICACIÓN DO ALUMNADO DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN

Correspóndese coa matrícula nas probas de certificación para o alumnado libre, o alumnado de probas homologadas e o alumnado dos cursos CALC e CALG.

O alumnado libre é aquel que se matricula na escola oficial de idiomas para a realización das probas de certificación por este réxime.

O alumnado de probas homologadas é aquel que procede dun curso CUALE.

O alumnado dos cursos CALC é aquel que procede dun curso de actualización lingüística e comunicativa para o profesorado.

O alumnado dos cursos CALG é aquel que procede dun curso de actualización de galego para o profesorado.

Estrutura dos códigos: idioma-nivel-tipo

Alumnado libre do nivel básico A2

A2-LI

Alumnado libre do nivel intermedio B1

B1-LI

Alumnado libre do nivel intermedio B2

B2-LI

Alumnado libre do nivel avanzado C1

C1-LI

Alumnado procedente dun curso CALC de nivel A2

A2-CAL

Alumnado procedente dun curso CALC de nivel B1

B1-CAL

Alumnado procedente dun curso CALC de nivel B2

B2-CAL

Alumnado procedente dun curso CALC de nivel C1

C1-CAL

Alumnado procedente dun curso CALC de nivel C2

C2-CAL

Alumnado procedente dun curso CALG de nivel B2

B2-ALG

Alumnado procedente dun curso CALG de nivel C1

C1-ALG

Alumnado procedente dun curso CALG de nivel C2

C2-ALG

Alumnado de probas homologadas CUALE de nivel A2

A2-CUA

Alumnado de probas homologadas CUALE de nivel B1

B1-CUA

Alumnado de probas homologadas CUALE de nivel B2

B2-CUA

Exemplos:

Alumnado libre do nivel intermedio B2 de francés

FR-B2-LI

Alumnado procedente dun curso CALC de inglés do nivel intermedio B2

IN-B2-CAL

Alumnado procedente dun curso CALG do nivel avanzado C2

GA-C2-ALG

Alumnado de proba homologada CUALE-A2

IN-A2-CUA

[1]Decreto 81/2018, do 19 de xullo, polo que se establece o currículo dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 13 de agosto).