Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 9 de xuño de 2022 Páx. 33883

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorgan destinos aos/ás funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza (quenda libre) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro, no ámbito de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, resolveuse adxudicar destinos nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo I aos/as funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial (quenda libre), nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo de auxilio xudicial mediante a Orde do 1 de xuño de 2022, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Os/as funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo, no correspondente departamento/delegación territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto, e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Os/as funcionarios/as destinados/as en virtude desta resolución, que pertenzan xa ao corpo de xestión procesual e administrativa ou tramitación procesual e administrativa e que opten por continuar en activo nalgún dos ditos corpos, non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, e basta con que, dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro, comuniquen, de ser o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos a dita opción, para os efectos de declaración da excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Copia da resolución pola que se declara en situación de excedencia voluntaria será remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais ao servizo da Administración de xustiza.

Terceiro. No caso de que os/as funcionarios/as opten por ingresar no corpo de auxilio xudicial e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar, da xerencia territorial ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionarios/as do corpo de xestión procesual e administrativa ou tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous no caso contrario, salvo aqueles que se despracen desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados; en calquera caso, deberanse desfrutar dentro do prazo posesorio.

No caso de que o/a funcionario/a proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, deberase remitir a dita documentación a estes órganos para que lle concedan de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de xestión procesual e administrativa ou tramitación procesual e administrativa e o cesamento automático coa data do día anterior a aquel en que se produza a toma de posesión no corpo de auxilio xudicial, co obxecto de evitar interrupción na percepción dos seus haberes.

Cuarto. En calquera caso, unha vez dilixenciada a toma de posesión, remitiranse exemplares do documento F1R para que se proceda ás oportunas variacións en nómina; un destes será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios persoais ao servizo da Administración de xustiza, outro exemplar será entregado ao/á interesado/a e outro para constancia no órgano xudicial.

Quinto. Os/as funcionarios/as interinos/as que actualmente ocupen prazas que foron adxudicadas aos/as aspirantes aprobados/as, cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do/da titular.

Sexto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles/as aspirantes que teñan xa a condición de funcionarios/as de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Sétimo. Os/as funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial aos cales se lles outorga destino en virtude desta resolución, non obstante, ao seren destinados/as con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar no concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición competente, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Iso sen prexuízo da interposición do recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o disposto no artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022

O/a director/a de Xustiza
(Disposición adicional terceira do Decreto 214/2020, do 3 de decembro)
Elena Muñoz Fonteriz
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Corpo: auxilio xudicial, quenda de acceso libre.

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

Descrición unidade

Localidade

Provincia

Comunidade autónoma

1

***1227**

Carbajo Álvarez, Eva María

Xdo. Pr. Inst. e Instr. nº 1 Cambados

Cambados

Pontevedra

Galicia

2

***9028**

Caínzos Morandeira, María

Xdo. Pr. Inst. e Instr. nº 1 Ribeira

Ribeira

A Coruña

Galicia

3

***6513**

Rodríguez Doutón, María Isabel

Xdo. Pr. Inst. e Instr. nº 4 Cambados

Cambados

Pontevedra

Galicia