Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34632

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 6 de xuño de 2022, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 12 de maio de 2022 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de Verán 2022 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Mediante a Orde do 12 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da consellería competente en materia de Política Social e Xuventude para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de Verán 2022 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

De conformidade co disposto no artigo 9.5 da orde de convocatoria, o órgano competente para resolver é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 10 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 6 de xuño de 2022, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 12 de maio de 2022 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de Verán 2022 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Segundo. Comunicar que a Resolución do 6 de xuño de 2022 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 6 de xuño de 2022, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 12 de maio de 2022 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de Verán 2022 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Mediante a Orde do 12 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da agora Consellería de Política Social e Xuventude para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de Verán 2022 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo Instituto da Xuventude de Galicia, órgano instrutor do procedemento, a Comisión de Valoración prevista no artigo 9 avaliou as solicitudes admitidas a trámite de acordo cos criterios de adxudicación que se recollen no artigo 8.

Á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración o órgano instrutor formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 9.

Esta Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é competente para resolver, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, segundo o disposto no artigo 9.5.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar o uso temporal de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de Verán 2022 para colectivos xuvenís, ás entidades relacionadas no anexo I, nos termos que se expoñen na dita relación.

Segundo. Denegar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de Verán 2022 para colectivos xuvenís, ás entidades relacionadas no anexo II, por aplicación dos criterios de preferencia e prioridade recollidos no artigo 8.

Terceiro. Aceptar a desistencia da solicitude presentada pola Asociación de Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela (expediente 2022/17) e declarar a terminación do procedemento para este expediente.

Cuarto. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 12, 14 e 15 da Orde do 12 de maio de 2022.

A documentación indicada nos citados artigos deberán presentala no Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 12 e 14 da orde.

Se transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos non se cumprisen as obrigas correspondentes, declararase a perda do dereito á instalación adxudicada, a través da oportuna resolución que será ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Sexto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 10 da Orde do 12 de maio de 2022 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 9 da Orde do 12 de maio de 2022). A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Cristina Pichel Toimil.

ANEXO I

Procedemento BS304A

Entidades adxudicatarias:

Expediente

Entidade adxudicataria

Localidade

Instalación adxudicada

Datas

Prazas

2022/21

Asociación Agrupación Musical do Rosal

O Rosal (Pontevedra)

Albergue xuvenil Mariña Española

25-27 de xuño

49

2022/12

Asociación Banda de Música Cultural de Teo

Teo (A Coruña)

Albergue xuvenil Mariña Española

24-28 de xuño

34

2022/1

Asociación Cultural Os Tres Reinos

A Mezquita (Ourense)

Albergue xuvenil Mariña Española

1-10 de setembro

20

2022/9

Asociación Limisi

Xinzo de Limia (Ourense)

Albergue xuvenil Mariña Española

1-10 de setembro

18

2022/10

Concello de Cangas

Cangas (Pontevedra)

Albergue xuvenil Mariña Española

1-10 de setembro

50

2022/4

Concello da Estrada

A Estrada (Pontevedra)

Campamento xuvenil Virxe de Loreto

26 de agosto-4 de setembro

60

2022/3

Concello de Negreira

Negreira (A Coruña)

Campamento xuvenil Virxe de Loreto

26 de agosto-4 de setembro

50

2022/19

Concello da Baña

A Baña (A Coruña)

Campamento xuvenil Espiñeira

26 de agosto-4 de setembro

20

2022/15

Concello de Vedra

Vedra (A Coruña)

Albergue xuvenil Area

23-30 de xuño

100

2022/22

Avada Sociedade Cooperativa Galega

Curtis (A Coruña)

Campamento xuvenil A Devesa

28 de agosto-4 de setembro

35

2022/7

Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Acuxuve

Vedra (A Coruña)

Albergue xuvenil As Sinas

21-28 de xuño

120

2022/6

Asociación Cultural de Ocio e Tempo Libre Arrecó

Ribeira (A Coruña)

Campamento xuvenil Pontemaril

26-31 de agosto

60

2022/20

Escola de Tempo Libre Arenaria G-50

Padrón (A Coruña)

Campamento xuvenil

Pontemaril

26 de agosto-4 de setembro

35

2022/8

Asociación de Nenos y Nenas con diabete de Galicia

Pontevedra (Pontevedra)

Campamento xuvenil Illa de Ons

21-28 de agosto

25

2022/11

Concello de Touro

Touro ( A Coruña)

Campamento xuvenil Illa de Ons

21-28 de agosto

30

ANEXO II

Procedemento BS304A

Entidades non adxudicatarias:

Expediente

Entidades non adxudicatarias

Motivo

2022/13

Concello de Boqueixón

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2022/14

Concello de San Cibrao das Viñas

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2022/16

Asociación de Estudantes Nova Hércules

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.

2022/18

Asociación Antonio Noche

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde.