Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 35051

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO da oferta pública de emprego de 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 26 de maio de 2022, apróbase a oferta pública de emprego 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello do Pino, ao abeiro do disposto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás seguintes prazas:

Persoal laboral fixo:

Cód.

Denominación do posto

Dot.

Tipo de contrato

Grupo

Acceso libre

5103

Animador deportivo

1

Laboral fixo

III

Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021

5104

Animador sociocultural

1

Laboral fixo

III

Disposición adicional 6ª da Lei 20/2021

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello do Pino, no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

O Pino, 26 de maio de 2022

Manuel Taboada Vigo
Alcalde