Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35123

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022/23.

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estableceu importantes modificacións na lei educativa, no currículo e na ordenación da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.

Na súa disposición derradeira quinta, referida ao calendario de implantación, establece que as modificacións introducidas no currículo, a organización, obxectivos e programas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato se implantarán, para os cursos impares da etapa, no curso escolar que se inicie un ano despois da entrada en vigor da citada lei, e para os cursos pares da etapa, no curso que se inicie dous anos despois da dita entrada en vigor.

En desenvolvemento normativo posterior, o Real decreto 95/2022, do 1 de febreiro, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación infantil, estableceu a ordenación e as ensinanzas mínimas desa etapa e regulou na súa disposición derradeira terceira que o seu contido se implantará no curso escolar 2022/23.

De igual maneira, o Real decreto 157/2022, do 1 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación primaria, o Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria, e o Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, estableceron a ordenación e as ensinanzas mínimas desas etapas e regularon que as modificacións introducidas no currículo, a organización e os obxectivos desas etapas se implantarán para os cursos impares no curso escolar 2022/23, e para os cursos pares no curso escolar 2023/24.

Polo anterior, o currículo de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2022/23 para a etapa educativa de educación infantil e para os cursos impares das etapas educativas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato será o que se estableza nos decretos correspondentes en desenvolvemento dos citados reais decretos 95/2022, do 1 de febreiro, 157/2022, do 1 de marzo, 217/2022, do 29 de marzo, e 243/2022, do 5 de abril, respectivamente.

Así mesmo, o currículo de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2022/23 para os cursos pares das etapas educativas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato será o establecido, respectivamente, no Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o anterior, é preciso ditar instrucións para o desenvolvemento no curso 2022/23 das ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e, de conformidade co exposto, como secretario xeral de Educación e Formación Profesional,

RESOLVO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta resolución ten por obxecto ditar instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato para o curso académico 2022/23.

2. Será de aplicación nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia nos cales se impartan as ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Artigo 2. Liñas xerais para o curso 2022/23

1. Información de inicio de curso.

Co fin de facilitar a incorporación do alumnado ao centro, o equipo directivo elaborará a información necesaria e organizará as actuacións que lle permitan ao alumnado, especialmente ao de nova incorporación, familiarizarse nas primeiras semanas do curso, polo menos, cos seguintes aspectos:

a) As normas de organización, funcionamento e convivencia do centro.

b) Actuacións de prevención, hixiene e protección.

c) Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado, necesaria para o aproveitamento das posibles estratexias de aprendizaxe.

2. Avaliación inicial.

A avaliación inicial realizarase durante as primeiras semanas do curso escolar. Este proceso comprenderá, entre outras, as seguintes accións que permitan identificar as dificultades do alumnado, así como as súas necesidades de atención educativa:

a) Análise dos informes do curso anterior.

b) Coñecemento personalizado do alumnado e da súa situación educativa co fin de tomar as decisións profesionais de actuación por parte do profesorado.

3. Planificación.

Co fin de que todo o alumnado teña acceso ao proceso de ensino e aprendizaxe e asegurar a súa participación e implicación no desenvolvemento das accións educativas, teranse en conta os seguintes aspectos na planificación educativa:

a) O reforzo, a partir da información obtida ao final do curso 2021/22 e da avaliación inicial, dos elementos curriculares que determinen os equipos docentes e os departamentos didácticos, co fin de garantir a continuidade do proceso de ensino e aprendizaxe de todo o alumnado.

b) A aplicación nos reforzos de medidas metodolóxicas e organizativas que favorezan o pleno desenvolvemento de todo o alumnado.

Entre estas medidas estarán a proposta de tarefas globalizadas que requiran da posta en práctica de varias competencias do alumnado, a aprendizaxe cooperativa, o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como recurso didáctico, e a proposta de actividades que favorezan a autoaprendizaxe, o pensamento crítico e creativo e a investigación mediante proxectos de traballo, entre outras.

c) O emprego dunha metodoloxía didáctica que permita o deseño de actividades educativas variadas e o uso de múltiples recursos, ademais de ter un carácter práctico e potenciar o traballo en equipo e o proceso de avaliación continua.

d) Os procedementos e instrumentos de avaliación deseñaranse de forma que permitan determinar o nivel de competencia acadado polo alumnado.

4. Servizos de orientación.

Os departamentos de orientación reforzarán as actuacións dirixidas á identificación das necesidades educativas en coordinación coas persoas titoras, as medidas e os programas para a atención destas, así como as accións dirixidas ao coidado do benestar da comunidade educativa. Estas medidas e accións concretaranse no Plan de orientación académica e profesional, no Plan de acción titorial, na concreción anual do Plan xeral de atención á diversidade e na Programación xeral anual.

CAPÍTULO II

Educación infantil

Artigo 3. Aspectos xerais na educación infantil

1. Nas primeiras semanas do curso organizaranse as actuacións necesarias para favorecer a transición desde a familia ou desde a escola infantil de primeiro ciclo á nova situación de ensino e aprendizaxe.

2. Propiciaranse contornas escolares saudables e seguras a través de medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde adaptadas a esta etapa educativa e atenderase ao benestar emocional deste alumnado.

3. A dirección do centro poderá asignarlle ao profesorado que non complete as vinte e cinco horas lectivas tarefas relacionadas prioritariamente coa atención á diversidade e de apoio e reforzo para o alumnado do centro que o necesite, esta asignación poderá ser revisada unha vez realizada a avaliación inicial.

Artigo 4. Áreas que debe cursar o alumnado no segundo ciclo de educación infantil

1. O alumnado cursará no cuarto, quinto e sexto cursos as seguintes áreas:

a) Comunicación e Representación da Realidade.

b) Crecemento en Harmonía.

c) Descubrimento e Exploración da Contorna.

2. O horario escolar organizarase desde un enfoque globalizador e incluirá propostas de aprendizaxe que permitan alternar diferentes tipos e ritmos de actividade, con períodos de xogo e de descanso en función das necesidades do alumnado.

3. Os períodos lectivos organizaranse baixo presupostos de flexibilidade que lle permitan ao profesorado adecualos ás características das tarefas, de xeito que o horario estea sempre ao servizo da metodoloxía. No desenvolvemento da xornada escolar combinaranse tempos de rutinas con tempos de actividades específicas, segundo as características e as necesidades das nenas e dos nenos.

CAPÍTULO III

Educación primaria

Artigo 5. Aspectos xerais na educación primaria

1. Para favorecer a transición do grupo entre as etapas de educación infantil e de educación primaria adoptaranse as medidas necesarias que se basearán na información que consta nas correspondentes memorias finais, así como nos informes individualizados do alumnado elaborados ao final do curso 2021/22.

2. A planificación do curso 2022/23 precisa do traballo colaborativo do profesorado de educación primaria e do profesorado de educación infantil para o desenvolvemento de programacións didácticas globalizadas, baseadas en metodoloxías que non supoñan unha ruptura abrupta respecto das empregadas durante a etapa educativa que o alumnado vén de rematar.

3. Para atender o alumnado de forma coordinada nos aspectos educativos e emocionais é necesario prestar especial atención á transición entre niveis dentro desta etapa e será especialmente necesaria a colaboración entre os equipos docentes.

4. A persoa titora e o resto do equipo docente realizarán unha avaliación inicial, durante as primeiras semanas do curso escolar, coa finalidade de adecuar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión adecuada no seu proceso de aprendizaxe, incidindo na obtención de información sobre o grao de desenvolvemento das competencias clave. Esta avaliación será o punto de referencia para a toma de decisións na planificación educativa, así como para a adopción das medidas ordinarias ou extraordinarias que se consideren oportunas para cada alumna ou alumno.

5. A dirección do centro poderá asignarlle ao profesorado que non complete as vinte e cinco horas lectivas tarefas relacionadas prioritariamente coa atención á diversidade e de apoio e reforzo para o alumnado do centro que o necesite, esta asignación poderá ser revisada unha vez realizada a avaliación inicial.

Sección 1ª. Primeiro, terceiro e quinto cursos de educación primaria

Artigo 6. Áreas que debe cursar o alumnado no primeiro, terceiro e quinto cursos de educación primaria

1. O alumnado cursará no primeiro, terceiro e quinto cursos as seguintes áreas:

a) Ciencias da Natureza.

b) Ciencias Sociais.

c) Educación Física.

d) Educación Plástica e Visual.

e) Lingua Castelá e Literatura.

f) Lingua Estranxeira.

g) Lingua Galega e Literatura.

h) Matemáticas.

i) Música e Danza.

2. O número de sesións lectivas semanais de cada unha destas áreas da educación primaria é o que figura no anexo I desta resolución.

Este horario debe entenderse como o tempo semanal necesario para o traballo en cada unha das áreas, sen esquecerse do carácter global e integrador da etapa.

3. A distribución das áreas en cada xornada e durante a semana realizarase atendendo exclusivamente a razóns pedagóxicas e organizativas. Nese sentido, os centros docentes, no uso da súa autonomía, poderán organizar o horario lectivo en cada xornada en sesións ou medias sesións que se poderán agrupar co fin de potenciar estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento das competencias ou de traballo interdisciplinario, respectando en todo caso o horario semanal previsto no anexo I para cada unha das áreas.

Artigo 7. Agrupación de áreas en ámbitos

1. Os centros poderán establecer agrupacións de áreas en ámbitos no marco do establecido a este respecto neste artigo.

2. Esta organización curricular debe contribuír, desde a propia estrutura do currículo e desde a metodoloxía de traballo, á consecución dos seguintes obxectivos:

a) Consolidar e reforzar as aprendizaxes para un adecuado desenvolvemento das competencias clave da educación primaria.

b) Motivar o alumnado por medio de metodoloxías activas de aprendizaxe.

c) Promover estratexias que faciliten a coordinación e o traballo interdisciplinario dos equipos docentes que imparten clase a un mesmo grupo de alumnado.

3. As agrupacións por ámbitos deberán respectar os obxectivos, os criterios de avaliación e os contidos das áreas que se integren nestes, así como o horario asignado ao conxunto delas. A organización dos elementos curriculares nun ámbito procurará realizarse de maneira globalizada, sen fragmentar en contidos específicos de cada área que forma parte do ámbito.

4. No caso de que os centros docentes agrupen áreas nun ámbito, o nome do ámbito resultante desa agrupación será a concatenación dos nomes das áreas que constitúen o dito ámbito na orde en que aparecen no artigo 6.1 desta resolución.

Exceptúanse desta regra de nomenclatura a agrupación das áreas de Ciencias da Natureza e de Ciencias Sociais cuxo nome do ámbito resultante será a área de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, e a agrupación das áreas de Educación Plástica e Visual e de Música e Danza cuxo nome do ámbito resultante será a área de Educación Artística.

5. A adopción desta medida realizarase a todos os grupos do nivel.

6. A constitución destas agrupacións requirirá autorización expresa do Servizo Territorial de Inspección Educativa. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización antes do 13 de xullo.

Sección 2ª. Segundo, cuarto e sexto cursos de educación primaria

Artigo 8. Áreas que debe cursar o alumnado no segundo, cuarto e sexto cursos de educación primaria

1. As áreas que debe cursar o alumnado no segundo, cuarto e sexto cursos de educación primaria son as que figuran no Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e na normativa específica publicada.

2. O número de sesións lectivas semanais de cada unha destas áreas da educación primaria é o que figura no anexo I desta resolución.

Artigo 9. Horario de libre configuración do centro

De conformidade co establecido no artigo 8.5 do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, os centros docentes poderán dedicar as horas de libre configuración do centro ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das áreas recollidas no artigo 8 do citado decreto. Así mesmo, poderán optar por establecer outra ou outras áreas que determine o centro, segundo o seu proxecto educativo e logo de autorización da xefatura territorial correspondente.

Tal e como se recolle no anexo IV do citado Decreto 105/2014, do 4 de setembro, as horas de libre configuración do centro desenvolveranse no cuarto e no sexto curso de educación primaria cunha carga lectiva dunha hora.

CAPÍTULO IV

Educación secundaria obrigatoria

Sección 1ª. Primeiro e terceiro cursos da educación secundaria obrigatoria

Artigo 10. Materias que debe cursar o alumnado no primeiro e terceiro cursos de educación secundaria obrigatoria

1. No primeiro curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:

a) Bioloxía e Xeoloxía.

b) Educación Física.

c) Educación Plástica, Visual e Audiovisual.

d) Lingua Castelá e Literatura.

e) Lingua Estranxeira.

f) Lingua Galega e Literatura.

g) Matemáticas.

h) Segunda Lingua Estranxeira.

i) Tecnoloxía e Dixitalización.

j) Xeografía e Historia.

2. No primeiro curso os centros docentes contarán con dúas horas de libre disposición que dedicarán a incrementar a carga lectiva das materias recollidas no punto 1 deste artigo, nos termos que establezan na súa concreción curricular.

O incremento da carga lectiva da materia ou das materias que decida o centro docente coas ditas horas de libre disposición realizarase a todos os grupos do nivel.

3. No terceiro curso as alumnas e os alumnos deben cursar as seguintes materias:

a) Bioloxía e Xeoloxía.

b) Educación en Valores Cívicos e Éticos.

c) Educación Física.

d) Educación Plástica, Visual e Audiovisual.

e) Física e Química.

f) Lingua Castelá e Literatura.

g) Lingua Estranxeira.

h) Lingua Galega e Literatura.

i) Matemáticas.

j) Música.

k) Xeografía e Historia.

l) Unha materia optativa de entre as seguintes:

– Cultura Clásica.

– Educación Dixital.

– Oratoria.

– Segunda Lingua Estranxeira.

4. Cada grupo de alumnas e alumnos contará cunha sesión lectiva semanal de titoría.

5. O número de sesións lectivas semanais de cada unha das materias da educación secundaria obrigatoria é o que figura no anexo II desta resolución.

Artigo 11. Exención da Segunda Lingua Estranxeira

O alumnado do primeiro curso que presente dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular nas materias lingüísticas, poderá quedar exento de cursar a materia de Segunda Lingua Estranxeira. Neste caso, recibirá reforzo educativo naqueles aspectos en que se detectasen as dificultades, logo do informe pertinente da persoa titora da etapa ou curso anterior, coa colaboración do departamento de orientación, no cal se fará explícito o motivo da medida adoptada. Nos seus documentos de avaliación figurará coa mención de exenta ou exento.

A competencia da decisión recaerá na dirección do centro docente, oídas as persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal do alumnado afectado pola medida.

Artigo 12. Organización da oferta nos centros docentes

1. Os centros docentes ofertarán ao alumnado, no terceiro curso, as materias optativas citadas no punto 3.l) do artigo 10. Para constituír grupo das ditas materias optativas do terceiro curso requirirase un mínimo de dez alumnas e/ou alumnos.

2. Coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, poderanse impartir as materias optativas a que se refiere o punto 1 cun número menor de alumnas ou alumnos que en ningún caso sexa inferior a cinco. Neste caso, precisarase a autorización expresa da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, logo do informe da Inspección educativa. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente antes do 13 de xullo.

Artigo 13. Agrupación de materias en ámbitos no primeiro e no terceiro curso

1. Os centros poderán establecer agrupacións de materias en ámbitos no marco do establecido a este respecto neste artigo.

2. Esta organización curricular debe contribuír, desde a propia estrutura do currículo e desde a metodoloxía de traballo, á consecución dos seguintes obxectivos:

a) Consolidar e reforzar as aprendizaxes para un adecuado desenvolvemento das competencias clave da educación secundaria obrigatoria.

b) Motivar o alumnado por medio de metodoloxías activas de aprendizaxe.

c) Promover estratexias que faciliten a coordinación e o traballo interdisciplinar dos equipos docentes que imparten clase a un mesmo grupo de alumnado.

3. A proposta concretarase en función das características e das necesidades detectadas nos informes individuais do alumnado procedente do sexto curso da educación primaria sobre a súa evolución e o grao de adquisición das competencias desenvolvidas, ou nos consellos orientadores do alumnado procedente do segundo curso da educación secundaria obrigatoria sobre o grao de logro dos obxectivos e de adquisición das competencias correspondentes.

4. As agrupacións por ámbitos deberán respectar os obxectivos, os criterios de avaliación e os contidos das materias que se integren nestes, así como o horario asignado ao conxunto delas. A organización dos elementos curriculares nun ámbito realizarase de maneira globalizada, sen fragmentar en contidos específicos de cada materia que forma parte do ámbito.

5. No caso de que os centros docentes agrupen materias nun ámbito, o nome do ámbito resultante desa agrupación será a concatenación dos nomes das materias que constitúen o dito ámbito na orde en que aparecen no artigo 10.1 desta resolución para o primeiro curso e no artigo 10.3 para o terceiro curso.

6. A adopción desta medida non condiciona todos os grupos do nivel nin tampouco obriga a agrupar todas as materias en ámbitos.

7. Cada ámbito específico será impartido por unha única profesora ou un único profesor con atribución docente nalgunha das materias que forman parte do ámbito, preferentemente con destino definitivo no centro.

8. A constitución destes agrupamentos requirirá autorización expresa do Servizo Territorial de Inspección Educativa. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización antes do 13 de xullo.

Artigo 14. Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria nun programa de diversificación curricular

1. De conformidade co establecido no punto 1 do artigo 61 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, os programas de diversificación curricular consisten nunha modificación e nunha adaptación do currículo desde o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria e están orientados á consecución do título de graduado en educación secundaria obrigatoria por parte do alumnado que presente dificultades relevantes de aprendizaxe e para o cal, tras ter recibido medidas de atención á diversidade nos dous primeiros cursos da etapa, se considere que é a medida máis axeitada para a obtención do dito título.

2. Poderá incorporarse ao primeiro curso dun programa de diversificación curricular, correspondente ao terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, o alumnado que cumpra simultaneamente os requisitos establecidos no punto 4 do artigo 61 da citada Orde do 8 de setembro de 2021 e se atope nalgunha das seguintes situacións:

a) Ter cursado o segundo curso da educación secundaria obrigatoria e non estar en condicións de acadar a promoción a terceiro.

b) Ter que repetir o terceiro curso da educación secundaria obrigatoria.

3. Ademais de nos casos anteriores, de conformidade co establecido no punto 3 da disposición adicional primeira da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no Sistema educativo de Galicia, poderá incorporarse ao primeiro curso dun programa de diversificación curricular:

a) O alumnado que no 2021/22 cursase o segundo curso de educación secundaria obrigatoria nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.

b) O alumnado que finalizase o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento e non estea en condicións de acadar a promoción a cuarto curso, sempre que a incorporación ao programa lle permita obter o título dentro dos límites de idade establecidos no artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta así mesmo a prolongación excepcional da permanencia na etapa que prevé a propia lei no artigo 28.5.

4. Para a incorporación do alumnado ao primeiro curso dun programa de diversificación curricular seguirase o procedemento establecido no punto 8 do artigo 61 da citada Orde do 8 de setembro de 2021 logo de realizada a avaliación final correspondente.

A dirección do centro elevará a proposta de incorporación do alumnado ao programa de diversificación curricular ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente, xunto co resto de documentación do procedemento, antes do 13 de xullo.

5. O primeiro curso dos programas de diversificación curricular incluirá dous ámbitos específicos:

a) O ámbito Científico-Tecnolóxico, que inclúe os aspectos básicos do currículo das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Matemáticas do terceiro curso.

b) O ámbito Lingüístico e Social, que inclúe os aspectos básicos do currículo das materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira, Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia do terceiro curso.

Estes programas incluirán tamén no primeiro curso o resto de materias do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria recollidas no artigo 10.3 desta resolución non incluídas nos ámbitos específicos.

As alumnas e os alumnos que sigan un programa de diversificación curricular terán un grupo ordinario de referencia co cal cursarán as materias non pertencentes aos ámbitos.

A carga horaria semanal en períodos lectivos dos ámbitos específicos que compoñen o programa será a suma da carga horaria das materias que conforman o ámbito que se recolle no anexo II desta resolución. Para estes efectos, o horario semanal dos ámbitos será o seguinte:

a) Ámbito Científico-Tecnolóxico: oito horas.

b) Ámbito Lingüístico e Social: doce horas.

6. De conformidade co establecido no artigo 61.7 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, os grupos que se conformen para desenvolver estes programas, con carácter xeral, non superarán o número máximo de 10 alumnas ou alumnos nin terán un número inferior a cinco.

7. Cada grupo do programa de diversificación curricular terá unha persoa titora, que terá, entre as súas funcións, a orientación do alumnado do programa e a súa atención personalizada, a coordinación do equipo docente que imparte o programa, a relación coas familias e a coordinación co profesorado titor do grupo de referencia de cada alumna e alumno integrante do programa.

8. Cada ámbito específico será impartido por unha única profesora ou un único profesor con atribución docente nalgunha das materias que forman parte do ámbito.

No caso de que o ámbito Lingüístico e Social sexa impartido por unha profesora ou un profesor dunha especialidade diferente á que é propia da materia de Lingua Estranxeira, deberá acreditar, polo menos, o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas na lingua correspondente.

Sen prexuízo do anterior, por razóns organizativas, a parte do currículo correspondente á lingua estranxeira do ámbito Lingüístico e Social poderá ser impartida, de xeito independente, por profesorado da especialidade da lingua estranxeira. Neste caso, a programación do ámbito deberá realizarse de forma coordinada entre o profesorado encargado da súa docencia.

9. O programa de diversificación curricular concíbese desde un enfoque metodolóxico funcional, en que os contidos curriculares se deben tratar desde un punto de vista global, práctico, motivador e personalizado, priorizando as aprendizaxes que resulten necesarias para outras posteriores e que contribúan ao desenvolvemento das competencias clave e dos obxectivos xerais da etapa.

10. O alumnado do programa de diversificación curricular será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia. As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias.

11. O alumnado que acceda a un programa de diversificación curricular con materias pendentes de cursos anteriores que non estean integradas nalgún dos ámbitos do programa realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa. As materias de cursos anteriores integradas nalgún dos ámbitos consideraranse superadas se se supera o ámbito correspondente.

Sección 2ª. Segundo e cuarto cursos da educación secundaria obrigatoria

Artigo 15. Materias que debe cursar o alumnado no segundo e cuarto cursos de educación secundaria obrigatoria

1. As materias que debe cursar o alumnado no segundo e cuarto cursos de educación secundaria obrigatoria son as que figuran no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, e na normativa específica publicada.

2. O número de sesións lectivas semanais de cada unha das materias da educación secundaria obrigatoria é o que figura no anexo II desta resolución.

Artigo 16. Exención da Segunda Lingua Estranxeira

O alumnado do segundo curso que presente dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular nas materias lingüísticas, poderá quedar exento de cursar a materia de Segunda Lingua Estranxeira. Neste caso, recibirá reforzo educativo naqueles aspectos en que se detectasen as dificultades, logo do informe pertinente da persoa titora do curso anterior, coa colaboración do departamento de orientación, no cal se fará explícito o motivo da medida adoptada. Nos seus documentos de avaliación figurará coa mención de exenta ou exento.

A competencia da decisión recaerá na dirección do centro docente, oídas as persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal do alumnado afectado pola medida.

Artigo 17. Organización da oferta nos centros docentes

1. Para constituír grupo das materias de libre configuración autonómica e de libre configuración do centro do segundo curso, requirirase un mínimo de dez alumnas e/ou alumnos.

2. Os centros docentes ofertarán ao alumnado, no cuarto curso, as dúas opcións: ensinanzas académicas e ensinanzas aplicadas. Para constituír grupo das materias de opción do bloque de materias troncais e das materias específicas do cuarto curso, requirirase un mínimo de dez alumnas e/ou alumnos.

O alumnado poderá escoller como materia específica unha materia do bloque de materias troncais non cursada pola alumna ou polo alumno. Esta materia pode estar incluída nas troncais de opción, tanto de ensinanzas académicas como de ensinanzas aplicadas.

3. Coa finalidade de atender á diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, poderanse impartir as opcións e as materias recollidas nos puntos 1 e 2 cun número menor de alumnas ou alumnos que en ningún caso sexa inferior a cinco. Neste caso, precisarase a autorización expresa da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, logo do informe da Inspección educativa. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente antes do 13 de xullo.

4. Os centros docentes poderán elaborar itinerarios para orientar o alumnado na elección de materias troncais de opción.

Artigo 18. Horario de libre configuración do centro

1. O horario establecido como de libre configuración do centro, en función da oferta formativa establecida polos centros docentes, poderá destinarse a:

a) Afondamento e/ou reforzo dalgunha materia.

b) Materia de libre configuración autonómica.

c) Materia de libre configuración do centro.

Cando se opte por dedicar o horario establecido como de libre configuración do centro ao afondamento e/ou reforzo dalgunha materia, tal e como está disposto no punto 4 do artigo 13 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, a súa avaliación estará integrada na materia obxecto do afondamento e/ou reforzo.

2. As materias de libre configuración autonómica que os centros docentes poderán ofertar no segundo curso, en función da dispoñibilidade dos recursos e da organización do centro, son:

– Consumo Responsable.

– Identidade Dixital.

– Educación Financeira.

– Igualdade de Xénero.

– Investigación e Tratamento da Información.

– Mobilidade Escolar Sustentable e Segura.

– Oratoria.

– Paisaxe e Sustentabilidade.

– Programación.

– Promoción de Estilos de Vida Saudables.

– Sociedade Inclusiva.

– Valores Democráticos Europeos.

– Xadrez.

Artigo 19. Segundo curso de educación secundaria obrigatoria nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento

1. Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento forman parte das medidas extraordinarias de atención á diversidade e teñen por finalidade facilitar que as alumnas e os alumnos, mediante unha metodoloxía específica e unha organización de contidos e materias do currículo diferente á establecida con carácter xeral, logren os obxectivos e adquiran as competencias.

2. De conformidade co establecido no punto 4 da disposición adicional primeira da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no Sistema educativo de Galicia, poderán incorporarse ao primeiro curso dun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento no curso 2022/23 as alumnas e os alumnos que teñan dificultades relevantes de aprendizaxe e fosen obxecto doutras medidas de atención á diversidade, sen que estas resultasen suficientes para a súa superación, e se atopen nalgunha das seguintes situacións:

a) Alumnado que cursase por primeira vez o primeiro curso de educación secundaria obrigatoria e non está en condicións de promocionar ao segundo curso de educación secundaria obrigatoria, tendo repetido en educación primaria, poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do segundo curso.

b) Alumnado que cursou por segunda vez o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria e non está en condicións de promocionar ao segundo curso da educación secundaria obrigatoria, poderá incorporarse ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverá ao longo do segundo curso.

3. O procedemento para a incorporación dunha alumna ou dun alumno ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento é o que segue:

a) Realizada a avaliación final, o equipo docente efectuará unha proposta razoada do alumnado que se podería incorporar ao programa para a mellora da aprendizaxe e do rendemento. Esa proposta concretarase nun informe individualizado, elaborado pola persoa titora, en que constará a competencia curricular da alumna ou do alumno en cada materia, as dificultades de aprendizaxe presentadas, as medidas de atención á diversidade aplicadas e os motivos polos cales o equipo docente considera a conveniencia de que a alumna ou o alumno se integre nun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento. Ese informe trasladarase á xefatura do departamento de orientación.

b) A persoa que exerza a xefatura do departamento de orientación realizará unha avaliación psicopedagóxica a cada unha das alumnas propostas e dos alumnos propostos polo equipo docente para incorporar ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento. No informe correspondente a esa avaliación deben constar, entre outros aspectos, as conclusións das reunións co profesorado titor e, se se trata de alumnado menor de idade, coas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal de cada alumna ou alumno, para formularlles a conveniencia da súa incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.

Deixarase constancia escrita da opinión das persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal respecto da proposta formulada.

c) Posteriormente, unha comisión formada pola xefatura de estudos, que exercerá a súa presidencia, a persoa que exerza a xefatura do departamento de orientación e a persoa titora da alumna ou do alumno valorará os informes emitidos e a opinión, de ser o caso, das persoas proxenitoras ou da persoa que desempeñe a representación legal do alumnado, realizando unha proposta á dirección sobre a incorporación ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento.

d) Compete á dirección do centro docente elevar a proposta de autorización sobre a incorporación do alumnado ao programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento ao Servizo Territorial de Inspección Educativa, que terá que realizarse antes do 13 de xullo.

Á solicitude achegaráselle a relación de alumnado proposto e a relación de profesorado que vai impartir cada un dos ámbitos do programa.

e) O Servizo Territorial de Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para o desenvolvemento dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que cumpran os requisitos establecidos.

f) Para a impartición dos ámbitos destes programas conformaranse grupos que non superarán o número de dez alumnas e/ou alumnos e non serán, con carácter xeral, menos de cinco.

4. O currículo dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento incluirá os seguintes ámbitos:

a) Ámbito Científico e Matemático, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Física e Química e Matemáticas do segundo curso.

b) Ámbito de Linguas Estranxeiras, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente á materia de Primeira Lingua Estranxeira.

c) Ámbito Lingüístico e Social, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia do segundo curso.

As alumnas e os alumnos que sigan un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento terán un grupo ordinario de referencia co cal cursarán as materias non pertencentes aos ámbitos.

O horario semanal dos ámbitos de coñecemento que compoñen o programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento será o seguinte:

a) Ámbito Científico e Matemático: oito horas.

b) Ámbito de Linguas Estranxeiras: tres horas.

c) Ámbito Lingüístico e Social: nove horas.

5. Cada grupo de alumnado que integre un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento contará cunha profesora titora ou profesor titor, que terá entre as súas funcións a orientación do alumnado do programa e a súa atención personalizada, a coordinación do equipo docente que imparte o programa, a relación coas familias e a coordinación co profesorado titor do grupo de referencia de cada alumna e alumno integrante do programa.

6. Cada ámbito específico será impartido por unha única profesora ou profesor, pertencente a un dos departamentos didácticos a que corresponda a atribución docente das materias que forman parte do ámbito, preferentemente con destino definitivo no centro.

7. O programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento concíbese desde un enfoque metodolóxico funcional, en que os contidos curriculares se deben tratar desde un punto de vista global, práctico, motivador e personalizado, priorizando as aprendizaxes que resulten necesarias para outras posteriores e que contribúan ao desenvolvemento das competencias clave e dos obxectivos xerais da etapa.

8. A concreción do currículo dos ámbitos, así como as correspondentes programacións didácticas, serán elaboradas nos distintos departamentos didácticos implicados e polas persoas designadas para impartir os ámbitos, coa colaboración da persoa que exerza a xefatura do departamento de orientación, a partir das directrices establecidas pola comisión de coordinación pedagóxica e coordinadas pola xefatura de estudos.

9. O alumnado do programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia. As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias.

10. O alumnado que acceda a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento con materias pendentes realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa.

11. O alumnado que promocionou a cuarto curso con materias ou ámbitos pendentes deberá seguir un programa de reforzo adaptado ás súas características e necesidades para a recuperación das aprendizaxes non adquiridas.

12. O alumnado que se incorpore ao primeiro curso do programa e no primeiro curso da etapa estivese exento de cursar a materia de Segunda Lingua Estranxeira por ter presentado dificultades continuadas no proceso de aprendizaxe, en particular nas materias lingüísticas, poderá quedar exento de cursar a materia de Segunda Lingua Estranxeira neste curso. Neste caso, recibirá reforzo educativo naqueles aspectos en que se detectasen as dificultades. Nos seus documentos de avaliación figurará coa mención de exenta ou exento.

A competencia da decisión recaerá na dirección do centro docente, oídas as persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal do alumnado afectado pola medida.

13. De conformidade co establecido no punto 4 da disposición adicional primeira da Orde do 25 de xaneiro de 2022, o alumnado que curse o primeiro curso dun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento no curso 2022/23, poderá incorporarse de xeito automático ao primeiro curso dun programa de diversificación curricular no curso 2023/24.

Artigo 20. Agrupamentos específicos no cuarto curso

1. Os centros educativos poderán organizar agrupamentos coas seguintes características:

a) Accederá, preferentemente, o alumnado que cursase o programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento que, promocionando ao cuarto curso, continúe con dificultades de aprendizaxe non motivadas pola falta de estudo ou esforzo.

b) Excepcionalmente, poderá incorporarse alumnado que repita cuarto de educación secundaria obrigatoria e siga con dificultades de aprendizaxe non motivadas pola falta de estudo ou esforzo e sempre que se cumpra coas condicións de permanencia establecidas no artigo 23 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño.

c) Dado o carácter de medida de atención á diversidade destes agrupamentos específicos, o equipo docente especificará nun informe os motivos polos que considera que esta medida é máis adecuada que as establecidas con carácter xeral no Plan de atención á diversidade.

d) O alumnado cursará as materias xerais do bloque de materias troncais máis a materia de Lingua Galega e Literatura no agrupamento específico. Cursará as restantes materias co grupo ordinario de referencia.

e) Para impartir as materias xerais do bloque de materias troncais nestes agrupamentos, conformaranse grupos que non serán de menos de dez alumnas e/ou alumnos.

f) Poderá realizarse unha organización curricular agrupando materias por ámbitos de coñecemento.

Este tipo de agrupación deberá respectar os contidos, os estándares de aprendizaxe avaliables, de ser o caso, e os criterios de avaliación de todas as materias que se agrupan, así como o horario asignado ao conxunto delas.

Esta agrupación terá efectos na organización das ensinanzas, pero non nas decisións asociadas á avaliación e á promoción.

A avaliación dos ámbitos realizarase de maneira globalizada de acordo coa consecución dos obxectivos da etapa e da adquisición das competencias clave. Non obstante, a cualificación (o resultado académico expresado numericamente do expediente) de cada unha das materias que integran os ámbitos constará por separado.

2. Compete á dirección do centro docente propoñer a autorización sobre a incorporación do alumnado ao agrupamento específico ao Servizo Territorial de Inspección Educativa, que terá que realizarse antes do 13 de xullo.

3. O Servizo Territorial de Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para o desenvolvemento dos agrupamentos sempre que cumpran os requisitos establecidos.

Artigo 21. Probas ou actividades personalizadas extraordinarias de materias non superadas de cuarto curso

1. De conformidade co establecido no artigo 10.5 da Orde do 25 de xaneiro de 2022, o alumnado que, logo de finalizado o proceso de avaliación do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria do curso académico 2021/22, non obteña o título e supere os límites de idade establecidos no artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta así mesmo a prolongación excepcional da permanencia na etapa que prevé a propia lei no artigo 28.5, poderao facer nos dous cursos seguintes a través da realización de probas ou actividades personalizadas extraordinarias das materias que non superase.

2. O alumnado que cumpra as condicións indicadas no punto anterior e non se atope matriculado no curso académico 2022/23 en ningunha ensinanza que permita a obtención do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria poderá solicitar, durante o mes de maio de 2023, no centro docente onde conste o seu expediente académico da educación secundaria obrigatoria, a admisión e matrícula para a realización de probas ou actividades personalizadas extraordinarias das materias que non superase.

3. Cada materia en que haxa alumnado matriculado para a realización de probas ou actividades personalizadas extraordinarias será avaliada por un único membro do profesorado que, con carácter xeral, será unha profesora ou un profesor que se encargue de impartila no curso académico, e asinará as actas de avaliación correspondentes.

4. En cada centro docente no cal se realicen as probas ou actividades personalizadas extraordinarias crearase unha comisión de avaliación constituída polo conxunto de profesorado encargado da avaliación das materias, que terá as seguintes funcións:

a) Deseño das probas para cada materia.

b) Organización e desenvolvemento das probas ou actividades personalizadas extraordinarias.

c) Avaliación e cualificación das probas ou actividades personalizadas extraordinarias.

d) Elaboración das actas da avaliación.

e) Proposta de resolución das reclamacións presentadas.

f) Outras que a dirección do centro lle encomende, dentro do seu ámbito de competencias.

5. A realización das probas ou actividades personalizadas extraordinarias será no mes de xuño de 2023 e o seu calendario e horario harmonizarase coas actividades lectivas finais de curso.

6. Os centros docentes en que se desenvolvan as probas ou actividades personalizadas extraordinarias darán, a través dos departamentos de orientación, a información e a orientación que demanden as persoas interesadas. Para estes efectos, logo de rematado o proceso de matrícula, o equipo directivo do centro encargarase de organizar e coordinar unha xornada de acollemento para as persoas matriculadas, xunto coa orientadora ou o orientador do centro, co fin de transmitir a información precisa, dar as instrucións que considere convenientes e aclarar as dúbidas xurdidas para o mellor desenvolvemento destas probas ou actividades personalizadas extraordinarias.

7. Todos os aspectos relativos á ordenación académica, á avaliación e á titulación se rexerán polas normas que, con carácter xeral, regulan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria.

CAPÍTULO V

Bacharelato

Sección 1ª. Primeiro curso de bacharelato

Artigo 22. Materias que debe cursar o alumnado no primeiro curso de bacharelato

1. O alumnado admitido nun centro docente para cursar as ensinanzas de bacharelato matricularase nunha das modalidades ou vías ofertadas, que poderán ser:

a) Artes, na vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.

b) Artes, na vía de Música e Artes Escénicas.

c) Ciencias e Tecnoloxía.

d) Humanidades e Ciencias Sociais.

e) Xeral.

2. O alumnado de primeiro curso de bacharelato terá que cursar materias comúns; materias específicas da modalidade elixida, obrigatorias e de opción, e unha materia optativa.

3. Todo o alumnado debe cursar as seguintes materias comúns:

a) Educación Física.

b) Filosofía.

c) Lingua Castelá e Literatura I.

d) Lingua Estranxeira I.

e) Lingua Galega e Literatura I.

4. O alumnado da modalidade de Artes na vía Artes Plásticas, Imaxe e Deseño debe cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Debuxo Artístico I.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Cultura Audiovisual.

– Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño I.

– Proxectos Artísticos.

– Volume.

5. O alumnado da modalidade de Artes na vía Música e Artes Escénicas debe cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Análise Musical I ou Artes Escénicas I.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Análise Musical I.

– Artes Escénicas I.

– Coro e Técnica Vocal I.

– Cultura Audiovisual.

– Linguaxe e Práctica Musical.

6. O alumnado da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía debe cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Matemáticas I.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais.

– Debuxo Técnico I.

– Física e Química.

– Tecnoloxía e Enxeñaría I.

7. O alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais debe cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Latín I ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Economía.

– Grego I.

– Historia do Mundo Contemporáneo.

– Latín I.

– Literatura Universal.

– Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.

8. O alumnado da modalidade Xeral debe cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Matemáticas Xerais.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Economía, Emprendemento e Actividade Empresarial.

– As materias de modalidade de primeiro curso que se ofrezan no centro.

9. Todo o alumnado debe cursar unha materia optativa, en función da oferta dos centros docentes, de entre as seguintes:

– Anatomía Aplicada.

– Antropoloxía.

– Cultura Científica.

– Segunda Lingua Estranxeira I.

– Literatura Galega do Século XX e da Actualidade.

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación I.

– As materias de modalidade de primeiro curso das enumeradas nos puntos 4, 5, 6, 7 e 8 deste artigo.

10. O número de sesións lectivas semanais de cada unha das materias do primeiro curso do bacharelato é o que figura no anexo III desta resolución.

Artigo 23. Organización da oferta nos centros docentes

1. Os centros docentes deberán ofrecer a totalidade das materias específicas das modalidades e, de ser o caso, vías que teñan autorizadas.

2. As materias de modalidade contarán cun mínimo de cinco alumnas e/ou alumnos para poder ser impartidas.

Excepcionalmente, poderán impartirse cun número menor de alumnas ou alumnos coa autorización expresa da xefatura territorial. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente antes do 13 de xullo.

Cando un centro docente non poida ofrecer algunha materia de modalidade, facilitará ao alumnado que a curse a través das ensinanzas de persoas adultas mediante a modalidade de educación a distancia ou, de non ser posible, noutros centros docentes, sempre que a organización dos horarios de ambos os dous o permitan. En calquera caso, contará coa autorización das persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, cando se trate de alumnado menor de idade.

3. Os centros docentes concretarán a súa oferta de materias optativas que formará parte da súa concreción curricular.

Os centros docentes ofertarán, en calquera das modalidades que impartan, a materia optativa de Segunda Lingua Estranxeira I. O resto das materias optativas a que se refire o artigo 22.9 desta resolución, entre as que se atopan as materias de modalidade impartidas no centro ou non, poderán ser ofertadas en calquera das modalidades de bacharelato, sempre que a organización e os recursos do centro o permitan.

A impartición das materias optativas quedará vinculada a que exista un número mínimo de dez alumnas e/ou alumnos.

Coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, poderán impartirse cun número menor de alumnas ou alumnos que, en ningún caso, será inferior a cinco. Neste caso, precisarase a autorización expresa da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, logo do informe da Inspección educativa. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente antes do 13 de xullo.

4. Co obxecto de ofertar unha preparación especializada ao alumnado, acorde coas súas perspectivas e intereses de formación, os centros docentes poderán establecer agrupacións en itinerarios das materias específicas da modalidade elixida e das materias optativas, orientados aos diversos campos das ensinanzas superiores, para orientar o alumnado na elección das materias.

Artigo 24. Cambio de modalidade e cambio de materias

O alumnado poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade e de materias. Con carácter xeral, a dita solicitude efectuarase durante os dous primeiros meses do primeiro curso.

Artigo 25. Organización do bacharelato en tres anos académicos

1. O alumnado que se atope nalgunha das seguintes circunstancias poderá solicitar a realización do bacharelato, en réxime ordinario, en tres anos académicos:

a) Que curse a etapa de maneira simultánea ás ensinanzas profesionais de música ou de danza.

b) Que acredite a consideración de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

c) Que requira unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar algunha necesidade específica de apoio educativo.

2. O alumnado que desexe cursar o bacharelato en tres anos académicos deberá solicitalo ao formalizar a matrícula de bacharelato. A solicitude deberá ir acompañada de documento acreditativo de estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, así como da acreditación dalgunha das circunstancias a que se refire o punto 1 deste artigo.

3. O alumnado decidirá a distribución das materias que compoñen o bacharelato nos tres anos, cumprindo os seguintes criterios:

a) No primeiro ano, matricularase no primeiro curso de bacharelato e cursará, como mínimo, as materias comúns do primeiro curso.

As alumnas e os alumnos acadarán a promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando superen as materias cursadas no primeiro ano ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo.

b) No segundo ano, de cumprir os criterios de promoción, matricularase no segundo curso de bacharelato e cursará, como mínimo, as materias comúns do segundo curso e, de ser o caso, as materias pendentes do primeiro ano.

c) No terceiro ano, matricularase no segundo curso de bacharelato e cursará as materias de modalidade e optativas do primeiro e segundo cursos do bacharelato que non cursou nos dous primeiros anos e, de ser o caso, as materias pendentes dos dous anos anteriores.

4. No caso de cursar simultaneamente materias de primeiro e de segundo, se por motivo da organización do centro, o alumnado de segundo curso non pode asistir á clase da materia de primeiro, esta materia tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporalle un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas, e programará probas parciais para verificar a superación desa materia.

5. Os departamentos de orientación dos centros docentes informarán e orientarán o alumnado interesado en cursar o bacharelato en tres anos na selección das materias que se cursarán en cada ano académico procurando unha adecuada planificación da selección de materias con continuidade curricular.

6. Este alumnado terá as mesmas condicións de permanencia no bacharelato que o resto do alumnado.

7. O alumnado que curse o bacharelato de maneira simultánea ás ensinanzas profesionais de música ou de danza poderá obter o título de bacharel na modalidade de artes ao termo do curso académico en que supere as materias comúns se acredita que superou as ditas ensinanzas de música ou de danza.

Sección 2ª. Segundo curso de bacharelato

Artigo 26. Materias que debe cursar o alumnado no segundo curso de bacharelato

1. As materias que debe cursar o alumnado no segundo curso de bacharelato son as que figuran no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, e na normativa específica publicada.

2. O número de sesións lectivas semanais de cada unha das materias do segundo curso do bacharelato é o que figura no anexo III desta resolución.

Artigo 27. Organización da oferta nos centros docentes

1. Os centros docentes deberán ofrecer todas as materias xerais e de opción do bloque de materias troncais das modalidades que se imparten no centro.

O alumnado de segundo curso de bacharelato que opte pola modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais deberá cursar a materia de Historia da Filosofía.

2. As materias troncais de opción contarán cun mínimo de cinco alumnas e/ou alumnos para poder ser impartidas.

Excepcionalmente, poderán impartirse cun número menor de alumnas ou alumnos coa autorización expresa da xefatura territorial. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente antes do 13 de xullo.

Cando un centro docente non poida ofrecer algunha materia de modalidade, facilitará ao alumnado que a curse a través das ensinanzas de persoas adultas mediante a modalidade de educación a distancia ou, de non ser posible, noutros centros docentes, sempre que a organización dos horarios de ambos os dous o permitan. En calquera caso, contará coa autorización das persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, cando se trate de alumnado menor de idade.

3. O alumnado cursará no segundo curso un mínimo de dúas e un máximo de tres materias de entre as materias específicas de elección. Dentro deste grupo de materias os centros ofertarán obrigatoriamente a materia de Historia da Filosofía para o alumnado das modalidades de Ciencias e de Artes, e será de libre elección para o alumnado.

Para os efectos desta epígrafe, o alumnado poderá cursar como materias específicas dúas materias troncais non cursadas.

A impartición das materias específicas quedará vinculada a que exista un número mínimo de dez alumnas e/ou alumnos.

Coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, poderán impartirse cun número menor de alumnas ou alumnos que, en ningún caso, será inferior a cinco. Neste caso, precisarase a autorización expresa da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, logo do informe da Inspección educativa. Para estes efectos, os centros docentes remitirán a solicitude de autorización ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente antes do 13 de xullo.

4. Co obxecto de ofertar unha preparación especializada ao alumnado, acorde coas súas perspectivas e intereses de formación, os centros docentes poderán elaborar itinerarios para orientar o alumnado na elección das materias de opción.

Artigo 28. Horario de libre configuración do centro

1. Unha vez determinadas as materias específicas que a alumna ou o alumno vai realizar no segundo curso, segundo a normativa vixente, os centros dedicarán as horas que resten á libre configuración.

2. O horario establecido como de libre configuración do centro, en función da oferta formativa establecida polos centros docentes, poderá destinarse a:

a) Afondamento e/ou reforzo dalgunha materia.

b) Materia de libre configuración autonómica.

c) Materia de libre configuración do centro. A carga horaria desta materia será de un ou de dous períodos lectivos semanais.

Cando no horario establecido como de libre configuración do centro se opte por dedicalo ao afondamento e/ou reforzo dalgunha materia, tal e como está disposto no punto 6 do artigo 30 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, a súa avaliación estará integrada na materia obxecto do afondamento e/ou reforzo.

3. As materias de libre configuración autonómica que os centros docentes poderán ofertar no segundo curso, en función da dispoñibilidade dos recursos e da organización do centro, son:

– Electrotecnia.

– Ética e Filosofía do Dereito.

– Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía.

– Literatura Galega do Século XX e da Actualidade.

– Métodos Estatísticos e Numéricos.

– Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia.

– Xeografía e Historia de Galicia.

Artigo 29. Cambio de idioma da materia Primeira Lingua Estranxeira

O alumnado que no segundo curso de bacharelato desexe cambiar o idioma da materia Primeira Lingua Estranxeira poderá incorporarse ás ensinanzas da Primeira Lingua Estranxeira II coa autorización da dirección do centro e sempre que curse simultaneamente a materia de primeiro curso.

A solicitude de cambio á dirección do centro realizarase no momento da matrícula e, en calquera caso, antes do inicio das actividades lectivas do segundo curso.

A dita materia de primeiro non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumnado promocionou ao segundo curso.

Será requisito indispensable a superación previa da materia do primeiro curso para poder ser avaliado na materia de segundo.

A materia Primeira Lingua Estranxeira I de primeiro tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporá ao alumnado un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programará probas parciais para verificar a superación desa materia.

Artigo 30. Cambio de materias

Ao efectuar a matrícula, o alumnado de segundo curso con avaliación negativa nalgunha materia troncal de opción, específica ou de libre configuración de primeiro ou de segundo, no caso de repetir, poderá optar por recuperala ou por substituíla por outra materia do mesmo grupo. En calquera caso, a materia ou materias polas que se substitúa deberán sumar o mesmo número de horas que corresponden á materia que abandona.

Artigo 31. Cambio de modalidade

1. O alumnado poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade. Con carácter xeral, a dita solicitude efectuarase antes do comezo das actividades lectivas do segundo curso.

2. Ao finalizar o segundo curso de bacharelato, o alumnado deberá ter cursadas e superadas todas as materias xerais do bloque de materias troncais de cada un dos cursos da modalidade (ou itinerario na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais) pola cal remata; catro materias de opción do bloque de materias troncais, das cales polo menos tres deben ser da modalidade pola cal remata e dúas serán de segundo curso; a materia de Educación Física; a materia de libre configuración de Lingua Galega e Literatura e un mínimo de catro do bloque de materias específicas, das cales dúas serán de primeiro e dúas de segundo.

3. A autorización de cambio de modalidade ou de itinerario para o alumnado matriculado en centros privados será realizada pola dirección do centro público a que estea adscrito, que deberá ter en conta o correspondente informe elaborado pola dirección do centro.

4. Cambio de modalidade ao promocionar a segundo.

O alumnado que promocione ao segundo curso poderá cambiar de modalidade ou de itinerario, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, de acordo coas seguintes condicións:

a) Deberá cursar, da nova modalidade ou do novo itinerario, as materias xerais do bloque de materias troncais de segundo e, se for o caso, as de primeiro que non superase.

b) Deberá cursar a materia xeral do bloque de materias troncais propia do primeiro curso da nova modalidade ou do novo itinerario.

c) Non será necesaria a superación da materia xeral do bloque de materias troncais propia do primeiro curso da modalidade ou do itinerario que abandona.

d) Deberá cursar, da nova modalidade, dúas materias do bloque de materias troncais de opción de segundo curso e, polo menos, unha de primeiro curso.

e) As materias troncais de opción de primeiro curso superadas, da modalidade que abandona, poderán computarse unha delas como materia troncal de opción da nova modalidade e outra como materia específica de primeiro da nova modalidade.

f) A materia xeral superada do bloque de materias troncais propia da modalidade ou do itinerario que abandona de primeiro curso poderá computarse como materia específica de primeiro curso da nova modalidade ou do novo itinerario.

g) Nos casos en que deba cursar materias de primeiro como consecuencia do cambio de modalidade, estas materias trataranse de forma análoga ás pendentes, e os departamentos didácticos que as imparten proporán ao alumnado un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programarán probas parciais para verificar a superación desas materias.

5. Cambio de modalidade ao permanecer un ano máis no segundo curso.

O alumnado que ao finalizar o segundo curso teña avaliación negativa nalgunha materia poderá cambiar de modalidade ou de itinerario nas condicións xerais establecidas nos puntos anteriores deste artigo.

6. Dos cambios de modalidade ou de itinerario deixarase constancia mediante dilixencia no historial académico e no expediente académico.

Artigo 32. Elección no segundo curso de materias condicionadas á superación das correspondentes materias do primeiro curso

1. O alumnado poderá cursar en segundo materias condicionadas á superación das correspondentes materias do primeiro curso non cursadas en primeiro. Neste caso, o alumnado deberá acreditar os coñecementos da correspondente materia do primeiro curso.

Esta acreditación poderase realizar:

a) Cursando e superando a correspondente materia de primeiro.

b) O alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso sempre que o profesorado que a imparta considere que a alumna ou o alumno reúne as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo.

En calquera caso, a decisión de que o alumnado reúne as condicións para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo curso deberá adoptarse segundo criterios obxectivos e avaliables, de maneira que sexa posible acreditar tal condición. O departamento didáctico correspondente poderá realizar unha proba.

A data límite para a realización desta acreditación será antes do inicio das actividades lectivas. Deixarase constancia desta circunstancia mediante unha dilixencia no historial académico, no expediente académico e, de ser o caso, por medio de observación no informe persoal por traslado.

2. No caso de cursar simultaneamente as materias de primeiro e de segundo, a materia de primeiro non será computable para os efectos de modificar as condicións en que a alumna ou o alumno promocionou ao segundo curso.

Nestes casos a materia de primeiro tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporalle un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas, e programará probas parciais para verificar a superación desa materia.

Artigo 33. Anulación da matrícula

1. O alumnado de bacharelato poderá solicitar a anulación de matrícula á dirección do centro docente, antes do 30 de abril, cando circunstancias de doenza prolongada, de incorporación a un posto de traballo ou de obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.

2. A solicitude, á cal cumprirá achegar as xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro. No caso dos centros privados, a competencia da devandita anulación corresponderá á dirección do centro público a que estea adscrito.

CAPÍTULO VI

Alumnado de bacharelato co título de técnico de Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño, e de Ensinanzas Profesionais de Música ou de Danza

Sección 1ª. Primeiro curso de bacharelato

Artigo 34. Alumnado que estea en posesión do título de técnica ou técnico de Formación Profesional, de técnica ou técnico en Artes Plásticas e Deseño ou de técnica ou técnico das Ensinanzas Profesionais de Música ou de Danza

1. O alumnado que estea en posesión do título de técnica ou técnico de Formación Profesional e desexe obter o título de bacharel na modalidade Xeral poderá matricularse unicamente das materias comúns.

2. O alumnado que estea en posesión do título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño e desexe obter o título de bacharel na modalidade de Artes poderá matricularse unicamente das materias comúns.

3. O alumnado que estea en posesión do título de técnica ou técnico das Ensinanzas Profesionais de Música ou de Danza e desexe obter o título de bacharel na modalidade de Artes poderá matricularse unicamente das materias comúns.

Artigo 35. Simultaneidade das ensinanzas do bacharelato coas ensinanzas profesionais de música e danza

O alumnado que estea matriculado nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de música ou de danza poderá cursar simultaneamente as materias comúns nos termos que se establecen no artigo 25 desta resolución, sempre que acredite ante o centro de educación secundaria en que vaia cursar as citadas materias estar matriculado nas devanditas ensinanzas profesionais.

Artigo 36. Solicitude e formalización da matrícula

1. O alumnado que desexe cursar exclusivamente as materias comúns no caso de estar en posesión do título de técnica ou técnico de Formación Profesional, do título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño ou no caso de ter superado as ensinanzas profesionais de música ou de danza ou no caso de estar matriculado nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de música ou de danza, deberá solicitalo ao formalizar a matrícula de bacharelato.

A solicitude deberá ir acompañada de documento acreditativo de estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, así como do certificado da súa matrícula, nese ano académico, nalgún dos cursos quinto ou sexto das ensinanzas profesionais de música ou de danza ou, de ser o caso, da documentación que acredite que superou as ensinanzas profesionais de música ou de danza ou que está en posesión do título de técnica ou técnico de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño.

Este alumnado, ao ter que superar exclusivamente as materias comúns para a obtención do título de bacharel, poderá formalizar a matrícula en calquera centro con oferta de bacharelato con independencia da modalidade.

2. Este alumnado terá as mesmas condicións de permanencia e promoción no bacharelato que o resto do alumnado.

Sección 2ª. Segundo curso de bacharelato

Artigo 37. Alumnado que estea en posesión do título de técnica ou técnico de Formación Profesional, de técnica ou técnico en Artes Plásticas e Deseño ou de técnica ou técnico das Ensinanzas Profesionais de Música ou de Danza

1. O alumnado que estea en posesión do título de técnica ou técnico de Formación Profesional que cumpra as condicións de promoción ao segundo curso de bacharelato e desexe obter o título de bacharel poderá matricularse unicamente das materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida e da materia de Lingua Galega e Literatura.

2. O alumnado que estea en posesión do título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño que cumpra as condicións de promoción ao segundo curso de bacharelato e desexe obter o título de bacharel na modalidade de Artes poderá matricularse unicamente das materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de Artes e da materia de Lingua Galega e Literatura.

3. O alumnado que estea en posesión do título de técnica ou técnico das Ensinanzas Profesionais de Música ou de Danza que cumpra as condicións de promoción ao segundo curso de bacharelato e desexe obter o título de bacharel na modalidade de Artes poderá matricularse unicamente das materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de Artes e da materia de Lingua Galega e Literatura.

4. Tamén poderá matricularse unicamente das materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida e da materia de Lingua Galega e Literatura o alumnado que cumpra as condicións de promoción ao segundo curso de bacharelato e as condicións establecidas na disposición transitoria primeira ou na disposición transitoria segunda da Orde do 25 de xaneiro de 2022.

5. O alumnado non matriculado en bacharelato que cumpra as condicións de obtención do título de bacharel por estar en posesión dalgún dos títulos a que se refiren os puntos anteriores e ter superadas as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato correspondente e a materia de Lingua Galega e Literatura poderá solicitar a matrícula polo réxime de persoas adultas nalgunha das materias que lle restan do bacharelato e poderá anticiparse a proposta de título.

Artigo 38. Simultaneidade das ensinanzas do bacharelato coas ensinanzas profesionais de música e danza

1. O alumnado que estea matriculado nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de música ou de danza que cumpra as condicións de promoción ao segundo curso de bacharelato poderá cursar simultaneamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de Artes e a materia de Lingua Galega e Literatura, sempre que acredite ante o centro de educación secundaria en que vaia cursar as citadas materias estar matriculado nas devanditas ensinanzas profesionais.

2. O alumnado que nos cursos académicos anteriores cursou de xeito simultáneo as ensinanzas do bacharelato coas ensinanzas profesionais de música ou de danza e superou as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade correspondente e a materia de Lingua Galega e Literatura pero non obtivo o título de bacharel por non superar as ensinanzas profesionais de música ou de danza, poderá matricularse no segundo curso do bacharelato das materias que lle restan do bacharelato. Se ao termo do curso acredita que superou as ditas ensinanzas de música ou de danza poderá obter o título de bacharel.

Artigo 39. Solicitude e formalización da matrícula

O alumnado que desexe cursar exclusivamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida e a materia de Lingua Galega e Literatura no caso de estar en posesión do título de técnica ou técnico de Formación Profesional, ou as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de Artes no caso de estar en posesión do título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño ou no caso de ter superado as ensinanzas profesionais de música ou de danza ou no caso de estar matriculado nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de música ou de danza, deberá solicitalo ao formalizar a matrícula de bacharelato.

A solicitude deberá ir acompañada de documento acreditativo de estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, así como do certificado da súa matrícula, nese ano académico, nalgún dos cursos quinto ou sexto das ensinanzas profesionais de música ou de danza ou, de ser o caso, da documentación que acredite que superou as ensinanzas profesionais de música ou de danza ou que está en posesión do título de técnico de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño.

CAPÍTULO VII

Concreción curricular e programacións didácticas

Artigo 40. Concreción curricular

1. A concreción curricular é o marco que establece o claustro de profesorado cos criterios e decisións para orientar o desenvolvemento do currículo por parte do profesorado e a coordinación interdisciplinar por parte dos órganos de coordinación didáctica para garantir a coherencia na actuación docente.

2. A concreción curricular dos centros docentes para as etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato incluirá, en función das etapas educativas ofertadas no centro, polo menos, os seguintes elementos:

a) A adecuación dos obxectivos xerais das etapas ao contexto do centro.

b) A contribución á adquisición das competencias.

c) Os criterios para desenvolver os principios pedagóxicos e incorporar elementos transversais.

d) Os criterios de carácter xeral sobre a metodoloxía.

e) Os criterios de carácter xeral sobre os materiais e recursos didácticos.

f) Os criterios de oferta educativa, agrupamentos en ámbitos, itinerarios e optatividade, de ser o caso.

g) Os criterios para o deseño das actividades complementarias.

h) Os criterios para o deseño dos plans de reforzo ou de recuperación para o alumnado que promocione con materias, ámbitos ou módulos pendentes de cursos anteriores, de ser o caso.

i) Os criterios para o deseño dos plans específicos de reforzo ou personalizados para o alumnado que deba permanecer un ano máis no mesmo curso, de ser o caso.

j) Os criterios xerais para a avaliación e, de ser o caso, a promoción e a titulación.

k) Os criterios xerais do outorgamento de matrículas de honra ou mencións honoríficas, de ser o caso.

l) As decisións e criterios xerais para a elaboración e avaliación das programacións didácticas.

m) Os criterios para a participación do centro en proxectos, plans e programas.

n) O procedemento para a revisión, a avaliación e a modificación da concreción curricular.

3. Os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán utilizar para a elaboración da concreción curricular a aplicación informática de programacións que poña á disposición a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, así como para a entrega, supervisión e comprobación por parte da Inspección educativa.

Artigo 41. Programacións didácticas

1. O profesorado dos centros docentes, baixo a coordinación das xefaturas dos departamentos didácticos ou, de ser o caso, do profesorado titor ou coordinador de ciclo, desenvolverá o currículo establecido mediante a programación didáctica de cada área, materia ou ámbito de cada curso do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato que teña encomendada na organización docente do centro.

2. A programación didáctica, que será única para o mesmo nivel, deberá ser o instrumento de planificación curricular específico e necesario para desenvolver o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado de maneira coordinada entre o profesorado integrante do departamento ou, de ser o caso, do equipo docente.

3. As programacións didácticas das áreas, materias ou ámbitos do segundo ciclo da educación infantil; do primeiro, terceiro e quinto cursos da educación primaria; do primeiro e terceiro cursos da educación secundaria obrigatoria, e do primeiro curso do bacharelato, incluirán en cada área, materia ou ámbito, polo menos, os seguintes elementos:

a) Introdución.

b) Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias.

c) Relación de unidades didácticas coa súa secuencia e temporalización, que incluirán a parte do currículo da área, materia ou ámbito que se traballará e a relación de instrumentos de avaliación.

d) Metodoloxía.

– Concrecións metodolóxicas.

– Materiais e recursos didácticos.

e) Avaliación.

– Procedemento para a avaliación inicial.

– Criterios de cualificación con indicación do grao mínimo de consecución para a superación e criterios de recuperación ou criterios de valoración, no caso de educación infantil.

– Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes, no caso da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.

– Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato.

f) Medidas de atención á diversidade.

g) Transversal.

– Concreción dos elementos transversais.

– Actividades complementarias.

h) Práctica docente.

– Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro.

– Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da programación.

Os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán utilizar para a elaboración e o seguimento das ditas programacións a aplicación informática de programacións a que se refire o segundo parágrafo do artigo 4.2 da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. A dita aplicación informática tamén será utilizada para a entrega, a supervisión e a comprobación por parte das xefaturas de departamento ou, de ser o caso, do profesorado titor ou coordinador de ciclo, así como por parte das direccións destes centros e da Inspección educativa.

O acceso á dita aplicación informática de nome «Proens» realizarase a través do seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.gal/proens

4. As programacións didácticas das áreas, materias ou ámbitos do segundo, cuarto e sexto cursos da educación primaria, do segundo e cuarto cursos da educación secundaria obrigatoria e do segundo curso do bacharelato, incluirán en cada área, materia ou ámbito, polo menos, os seguintes elementos:

a) Introdución.

b) Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.

c) Concreción, de ser o caso, dos obxectivos para o curso.

d) Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de:

1º. Temporalización.

2º. Grao mínimo de consecución.

3º. Procedementos e instrumentos de avaliación.

e) Concrecións metodolóxicas.

f) Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.

g) Criterios sobre a avaliación e a cualificación.

h) Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.

i) Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes, de ser o caso.

j) Organización dos procedementos que permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato.

k) Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados.

l) Medidas de atención á diversidade.

m) Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda.

n) Actividades complementarias programadas.

ñ) Mecanismos de revisión, de avaliación e de modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.

Disposición adicional primeira. Ensinanzas de relixión, proxecto competencial e atención educativa

1. O alumnado do primeiro, terceiro ou quinto curso de educación primaria, e o do primeiro ou terceiro curso de educación secundaria obrigatoria, ademais das áreas ou materias establecidas respectivamente nos artigos 6, 10.1 e 10.3 desta resolución, cursará Relixión ou Proxecto Competencial, segundo a elección da nai, do pai, da persoa titora legal ou, de ser o caso, da alumna ou do alumno no caso de ser maior de idade.

O Proxecto Competencial dirixirase ao desenvolvemento das competencias transversais a través da realización de proxectos significativos para o alumnado e da resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade, e que poderá configurarse a modo de traballo monográfico ou proxecto interdisciplinario ou de colaboración cun servizo á comunidade. En todo caso, as actividades propostas nesta materia irán dirixidas a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre os diferentes saberes e en ningún caso comportarán a aprendizaxe de contidos curriculares asociados ao coñecemento do feito relixioso nin a ningunha materia da etapa.

2. O alumnado do primeiro curso de bacharelato, ademais das materias establecidas no artigo 22 desta resolución, poderá cursar Relixión, segundo a elección da nai, do pai, da persoa titora legal ou, de ser o caso, da alumna ou do alumno no caso de ser maior de idade.

Os centros docentes disporán as medidas organizativas para que as alumnas e os alumnos que non cursen as ensinanzas de relixión reciban, de ser o caso, a debida atención educativa. Para tal finalidade, os centros docentes contarán cunha sesión lectiva de libre disposición.

Disposición adicional segunda. Materias de libre configuración de centro

A oferta de materias de libre configuración de centro dos cursos cuarto e sexto de educación primaria, segundo de educación secundaria obrigatoria e segundo de bacharelato precisa a autorización da xefatura territorial correspondente, logo do informe da Inspección educativa.

Para estes efectos, os centros docentes remitirán ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente, antes do 13 de xullo, a documentación necesaria, que incluirá, polo menos:

a) Título da materia.

b) Xustificación da súa inclusión na oferta do centro, en atención ao seu proxecto educativo.

c) Profesorado que a impartirá no ano académico 2022/23.

d) Currículo da materia, conforme o establecido no Decreto 105/2014, do 4 de setembro, ou no Decreto 86/2015, do 25 de xuño.

Disposición adicional terceira. Medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral

1. A Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral será de aplicación no curso 2022/23 tendo en conta as seguintes consideracións:

a) O alumnado que superase o primeiro curso de Instrumento ou Voz das ensinanzas profesionais de música ou o primeiro curso de Música das ensinanzas profesionais de danza poderá validar a materia de Música dos cursos segundo e terceiro da educación secundaria obrigatoria, ou calquera dos devanditos cursos de xeito independente.

b) A materia optativa de segundo curso da educación secundaria obrigatoria do anexo VI da orde entenderase referida a unha materia de libre configuración.

c) A materia optativa de terceiro curso da educación secundaria obrigatoria do anexo VI da orde entenderase referida a unha das materias optativas (Cultura Clásica, Educación Dixital, Oratoria ou Segunda Lingua Estranxeira).

d) A materia optativa de cuarto curso da educación secundaria obrigatoria do anexo VI da orde entenderase referida a unha materia do bloque de materias específicas.

e) A materia optativa de primeiro de bacharelato do anexo VII da orde entenderase referida á materia optativa recollida no artigo 22.9 desta resolución.

f) A materia optativa de segundo de bacharelato do anexo VII da orde entenderase referida a unha das materias específicas de opción e libre configuración recollidas no anexo V do Decreto 86/2015, do 25 de xuño.

2. Poderá solicitar as validacións o alumnado que estea cursando ou cursase ensinanzas profesionais de música e de danza.

3. Poderá solicitar a exención da materia de Educación Física en educación secundaria obrigatoria e bacharelato quen curse estes estudos e, simultaneamente, acredite ter a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento, ou realizar estudos das ensinanzas profesionais de danza.

4. O alumnado que curse simultaneamente os cursos correspondentes para a validación ou a exención poderá presentar o certificado académico que acredite a superación das materias ata a data en que se leve a cabo a avaliación final no caso da educación secundaria obrigatoria e a avaliación final extraordinaria no caso do bacharelato; noutro caso, a materia figurará como pendente.

Nos documentos de avaliación correspondentes, utilizarase o código CV e/ou o termo validada no recadro referido á cualificación das materias obxecto de validación, e o código EX e/ou o termo exenta ou exento no espazo referido á cualificación da materia de Educación Física.

5. O alumnado interesado en solicitar a validación dunha materia de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato ou a exención da materia de Educación Física en educación secundaria obrigatoria e bacharelato ou, no caso de menores de idade, as persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal do alumnado presentarán durante o mes de setembro a correspondente solicitude. Coa dita solicitude achegarase a documentación que acredite que a alumna ou o alumno está a cursar ou xa cursou e superou os estudos utilizados para a validación ou exención ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

Disposición adicional cuarta. Exención da área ou materia de Lingua Galega e Literatura

1. De conformidade co artigo 3 da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, o alumnado procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro que se incorpore ao Sistema educativo de Galicia no quinto ou sexto curso de educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en bacharelato poderá obter unha exención temporal da cualificación das probas de avaliación da materia de Lingua Galega durante un máximo de dous cursos escolares consecutivos.

2. Non terá dereito á exención o alumnado que realizase estudos en Galicia e curse fóra da Comunidade Autónoma tres cursos completos ou menos e se reincorpore ao Sistema educativo galego.

Disposición adicional quinta. Elección de horarios nos centros de educación secundaria

1. A Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 11.2 que as probas finais da convocatoria extraordinaria para o bacharelato e o primeiro curso da formación profesional básica se realizarán entre o 20 e o 22 de xuño de 2022.

O adiantamento ao mes de xuño das probas finais da convocatoria extraordinaria que en cursos anteriores se facían no mes de setembro permite que os centros de educación secundaria poidan adiantar a organización e a planificación do vindeiro curso 2022/23.

De conformidade co anterior, coa finalidade de determinar durante o mes de xullo as necesidades de profesorado que se precisarán no centro para o vindeiro curso, así como de que os centros dispoñan de máis tempo para a organización e planificación do curso e de que o profesorado coñeza con maior antelación as materias, ámbitos e/ou módulos que terá que impartir no vindeiro curso, os centros docentes realizarán, antes do día 15 de xullo de 2022, unha distribución provisional de materias, ámbitos, cursos, módulos e, se é o caso, quendas para o curso 2022/23 de acordo cos criterios establecidos na lexislación vixente.

2. A dirección do centro enviará antes do día 20 de xullo de 2022 ao Servizo Territorial de Inspección Educativa unha síntese das necesidades de profesorado a partir da distribución provisional realizada. O dito servizo comprobará a súa adecuación á normativa vixente.

3. A partir do 1 de setembro de 2022 os centros docentes realizarán as actuacións referidas á elección de horarios que se establece na lexislación vixente e, se non houber ningunha xustificación motivada que o impida conforme a normativa de aplicación, confirmarán a distribución provisional de materias, ámbitos, cursos, módulos e, se é o caso, quendas entre o persoal que forma parte dos departamentos.

Disposición adicional sexta. Inspección educativa

A Inspección educativa velará polo cumprimento das medidas recollidas nas presentes instrucións e prestará apoio e asesoramento aos centros educativos na súa implementación e en todo aquilo que, dentro das súas funcións, facilite a mellora da atención educativa do alumnado.

Disposición adicional sétima. Medidas ante a COVID-19

Os centros educativos cumprirán as medidas que se establezan no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia que estea vixente no curso 2022/23 e as posibles modificacións deste co obxectivo de protexer e previr no máximo posible o risco de contaxio pola COVID-19.

Disposición transitoria primeira. Currículo das ensinanzas de educación infantil e dos cursos impares de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato

Mentres que non se establezan os currículos de aplicación en Galicia das ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, en desenvolvemento do Real decreto 95/2022, do 1 de febreiro, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación infantil; do Real decreto 157/2022, do 1 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación primaria; do Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria, e do Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, serán de aplicación os currículos das áreas, materias ou ámbitos do segundo ciclo de educación infantil, do primeiro, terceiro e quinto cursos de educación primaria, do primeiro e terceiro cursos da educación secundaria obrigatoria e do primeiro curso do bacharelato cargados na aplicación informática de programacións a que se refire o artigo 41.3 desta resolución.

Disposición transitoria segunda. Promoción de alumnado con materias pendentes

1. O alumnado que se matricule no curso académico 2022/23 nun curso da educación secundaria obrigatoria e teña materias pendentes de primeiro e/ou terceiro curso poderá recuperalas durante o curso 2022/23 co currículo da materia que se extingue. De non superalas durante ese curso, a partir do curso 2023/24 terá que facelo co novo currículo nas condicións que se determinen.

2. O alumnado que se matricule no curso académico 2022/23 no segundo curso do bacharelato e teña materias pendentes de primeiro curso ou teña que cursalas como pendentes poderá recuperalas durante o curso 2022/23 co currículo da materia que se extingue. De non superalas durante ese curso, a partir do curso 2023/24 terá que facelo co novo currículo nas condicións que se determinen.

Disposición derradeira primeira. Presentación de solicitudes por sede electrónica

As solicitudes de autorización recollidas nesta resolución enviaranse a través da sede electrónica empregando unha solicitude xenérica (código de procedemento PR004A) dirixida á Xefatura Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades correspondente, indicando no asunto relacionado o motivo da solicitude.

Disposición derradeira segunda. Difusión

A dirección dos centros docentes que impartan estas ensinanzas arbitrará as medidas necesarias para que esta resolución sexa coñecida por todos os membros da comunidade educativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO I

Áreas e horario semanal da etapa de educación primaria

1º curso de educación primaria (LOMLOE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Ciencias da Natureza

3

Ciencias Sociais

2

Educación Física

2

Educación Plástica e Visual

1

Lingua Castelá e Literatura

4

Lingua Estranxeira

2

Lingua Galega e Literatura

4

Matemáticas

5

Música e Danza

1

Relixión/Proxecto Competencial

1

Total 1º

25

2º curso de educación primaria (LOMCE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Ciencias da Natureza

2

Ciencias Sociais

2

Educación Física

2

Educación Artística

2

Lingua Castelá e Literatura

4

Lingua Estranxeira

2

Lingua Galega e Literatura

4

Matemáticas

5

Relixión/Valores Sociais e Cívicos

2

Total 2º

25

3º curso de educación primaria (LOMLOE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Ciencias da Natureza

3

Ciencias Sociais

2

Educación Física

2

Educación Plástica e Visual

1

Lingua Castelá e Literatura

4

Lingua Estranxeira

3

Lingua Galega e Literatura

4

Matemáticas

4

Música e Danza

1

Relixión/Proxecto Competencial

1

Total 3º

25

4º curso de educación primaria (LOMCE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Ciencias da Natureza

2

Ciencias Sociais

2

Educación Física

2

Educación Artística

2

Lingua Castelá e Literatura

4

Lingua Estranxeira

3

Lingua Galega e Literatura

4

Matemáticas

4

Relixión/Valores Sociais e Cívicos

1

Libre configuración

1

Total 4º

25

5º curso de educación primaria (LOMLOE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Ciencias da Natureza

3

Ciencias Sociais

2

Educación Física

2

Educación Plástica e Visual

1

Lingua Castelá e Literatura

4

Lingua Estranxeira

3

Lingua Galega e Literatura

4

Matemáticas

4

Música e Danza

1

Relixión/Proxecto Competencial

1

Total 5º

25

6º curso de educación primaria (LOMCE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Ciencias da Natureza

2

Ciencias Sociais

3

Educación Física

2

Educación Artística

2

Lingua Castelá e Literatura

3

Lingua Estranxeira

3

Lingua Galega e Literatura

3

Matemáticas

5

Relixión/Valores Sociais e Cívicos

1

Libre configuración

1

Total 6º

25

ANEXO II

Materias e horario semanal da etapa de educación secundaria obrigatoria

1º curso de educación secundaria obrigatoria (LOMLOE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Bioloxía e Xeoloxía

3

Educación Física

2

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

2

Lingua Castelá e Literatura

3

Lingua Estranxeira

3

Lingua Galega e Literatura

3

Matemáticas

4

Relixión/Proxecto Competencial

1

Segunda Lingua Estranxeira

2

Tecnoloxía e Dixitalización

3

Xeografía e Historia

3

Libre disposición de centro

2

Titoría

1

Total 1º

32

2º curso de educación secundaria obrigatoria (LOMCE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Educación Física

2

Física e Química

3

Lingua Castelá e Literatura

3

Lingua Galega e Literatura

3

Matemáticas

5

Música

2

Primeira Lingua Estranxeira

3

Relixión/Valores Éticos

1

Segunda Lingua Estranxeira

2

Tecnoloxía

3

Xeografía e Historia

3

Titoría

1

Libre configuración autonómica (1)/Libre configuración de centro/Afondamento ou reforzo

1

Total 2º

32

(1) A materia de libre configuración autonómica seleccionarase de entre as seguintes:

– Paisaxe e Sustentabilidade

– Educación Financeira

– Investigación e Tratamento da Información

– Oratoria

– Programación

– Promoción de Estilos de Vida Saudables

– Xadrez

– Igualdade de Xénero

– Identidade Dixital

– Consumo Responsable

– Valores Democráticos Europeos

– Mobilidade Escolar Sustentable e Segura

– Sociedade Inclusiva

3º curso de educación secundaria obrigatoria (LOMLOE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Bioloxía e Xeoloxía

2

Educación en Valores Cívicos e Éticos

1

Educación Física

2

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

2

Física e Química

2

Lingua Castelá e Literatura

3

Lingua Estranxeira

3

Lingua Galega e Literatura

3

Matemáticas

4

Música

2

Relixión/Proxecto Competencial

1

Xeografía e Historia

3

Optativa (1)

3

Titoría

1

Total 3º

32

(1) A materia optativa de 3º seleccionarase de entre as seguintes:

– Cultura Clásica

– Educación Dixital

– Oratoria

– Segunda Lingua Estranxeira

4º curso de educación secundaria obrigatoria (LOMCE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Educación Física

2

Lingua Castelá e Literatura

3

Primeira Lingua Estranxeira

3

Lingua Galega e Literatura

3

Matemáticas Ensinanzas Académicas/Matemáticas Ensinanzas Aplicadas

4

Relixión/Valores Éticos

1

Xeografía e Historia

3

Troncal de opción 1 (1)

3

Troncal de opción 2 (1)

3

Optativa específica 1 (2)

3

Optativa específica 2 (2)

3

Titoría

1

Total 4º

32

(1) As materias troncais de opción de 4º seleccionaranse de entre as seguintes:

Opción ensinanzas académicas

Opción ensinanzas aplicadas

– Bioloxía e Xeoloxía

– Física e Química

– Economía

– Latín

– Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional

– Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial

– Tecnoloxía

(2) As materias optativas específicas de 4º seleccionaranse de entre as seguintes:

– Artes Escénicas e Danza

– Cultura Científica

– Cultura Clásica

– Educación Plástica, Visual e Audiovisual

– Filosofía

– Música

– Segunda Lingua Estranxeira

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación

– Unha materia do bloque de materias troncais non cursada

ANEXO III

Materias e horario semanal da etapa de bacharelato

1º curso de Bacharelato (LOMLOE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Educación Física

3

Filosofía

3

Lingua Castelá e Literatura I

3

Lingua Estranxeira I

3

Lingua Galega e Literatura I

3

Obrigatoria de modalidade (1)

4

De opción de modalidade 1 (2)

4

De opción de modalidade 2 (2)

4

Optativa (3)

4

Relixión/Libre disposición de centro

1

Total 1º

32

(1) A materia obrigatoria de modalidade de 1º curso para cada modalidade ou vía será:

Artes

Vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño

– Debuxo Artístico I

Vía de Música e Artes Escénicas

– Análise Musical I/Artes Escénicas I

Ciencias e Tecnoloxía

– Matemáticas I

Humanidades e Ciencias Sociais

– Latín I/Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I

Xeral

– Matemáticas Xerais

(2) As materias de opción de modalidade de 1º curso seleccionaranse para cada modalidade ou vía de entre as seguintes:

Artes

Vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño

– Cultura Audiovisual

– Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño I

– Proxectos Artísticos

– Volume

Vía de Música e Artes Escénicas

– Análise Musical I

– Artes Escénicas I

– Coro e Técnica Vocal I

– Cultura Audiovisual

– Linguaxe e Práctica Musical

Ciencias e Tecnoloxía

– Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais

– Debuxo Técnico I

– Física e Química

– Tecnoloxía e Enxeñaría I

Humanidades e Ciencias Sociais

– Economía

– Grego I

– Historia do Mundo Contemporáneo

– Latín I

– Literatura Universal

– Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I

Xeral

– Economía, Emprendemento e Actividade Empresarial

– As materias de modalidade de 1º curso que se oferten no centro

(3) A materia optativa de 1º curso, en función da oferta do centro, seleccionaranse de entre as seguintes:

Todas as modalidades

– Anatomía Aplicada

– Antropoloxía

– Cultura Científica

– Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

– Segunda Lingua Estranxeira I

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación I

– As materias de modalidade de 1º curso

2º curso de Bacharelato (LOMCE)

Curso

Materia

Sesións lectivas

Historía de España

3

Lingua Castelá e Literatura I

3

Lingua Estranxeira I

3

Lingua Galega e Literatura I

3

Troncal xeral propia de modalidade (1)

4

Troncal de opción propia de modalidade 1 (2)

4

Troncal de opción propia de modalidade 1 (2)

4

Optativas específicas ou de libre configuración (3)

8

Total 2º

32

(1) A materia troncal xeral propia de modalidade de 2º curso para cada modalidade ou itinerario será:

Artes

– Fundamentos da Arte II

Ciencias

– Matemáticas II

Humanidades e Ciencias Sociais

Itinerario de Humanidades

– Latín II

Itinerario de Ciencias Sociais

– Matemáticas Aplicadas ás CC.SS. II

(2) As materias troncais de opción propias de modalidade de 2º curso seleccionaranse para cada modalidade ou itinerario de entre as seguintes:

Artes

– Artes Escénicas

– Cultura Audiovisual II

– Deseño

Ciencias

– Bioloxía

– Debuxo Técnico II

– Física

– Química

– Xeoloxía

Humanidades e Ciencias Sociais

Itinerario de Humanidades

– Economía e Empresa

– Grego II

– Historia da Arte

– Historia da Filosofía (obrigatoria)

– Xeografía

Itinerario de Ciencias Sociais

(3) As materias optativas específicas de 2º curso (un mínimo de dúas e un máximo de tres) ou de libre configuración, en función da oferta do centro, seleccionaranse de entre as seguintes:

Todas as modalidades

Específicas de opción (todas de 3 sesións agás Relixión, que ten 1 e as troncais que teñen 4):

– Análise Musical II

– Ciencias da Terra e do Medio Ambiente

– Debuxo Artístico II

– Fundamentos de Administración e Xestión

– Historia da Música e da Danza

– Imaxe e Son

– Psicoloxía

– Relixión

– Segunda Lingua Estranxeira II

– Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica

– Tecnoloxía Industrial II

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación II

– Unha ou dúas materias do bloque de materias troncais non cursadas

Libre configuración autonómica (todas de 2 sesións):

– Ética e Filosofía do Dereito

– Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía

– Métodos Estatísticos e Numéricos

– Xeografía e Historia de Galicia

– Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia

– Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

– Electrotecnia

Libre configuración de centro (segundo dispoñibilidade horaria e oferta do centro)