Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35788

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 112/2022, do 9 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Sanxenxo do dominio público viario asociado, agás calzada e beiravías, do treito da estrada PO-308 (puntos quilométricos 18+940-19+760) e do treito da estrada PO-364 (puntos quilométricos 0+000-0+300).

Segundo o previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O 17 de xaneiro de 2022 o Concello de Sanxenxo e a Axencia Galega de Infraestruturas asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo a humanización da estrada PO-308 ao seu paso por Portonovo.

O 7 de marzo de 2022 modificouse a cláusula terceira coa sinatura da primeira addenda ao dito convenio.

Entre as obrigas asumidas polo concello está a de aceptar a transferencia de titularidade de todo o dominio público viario asociado, agás calzada e beiravías, do treito da estrada PO-308 desde o p.q. 18+940 ao 19+760, e do treito da estrada PO-364 entre os pp.qq. 0+000 e 0+300.

O treito da estrada PO-308 desde o p.q. 18+940 ao 19+760 pertence ao treito Sanxenxo (PO-504)-A Lanzada (VG-4.1), e ten categoría funcional de rede local.

A estrada PO-364 dá acceso ao porto de Sanxenxo, ten unha lonxitude total de 600 m e ten categoría funcional de rede local.

Ambas as dúas estradas atravesan solos clasificados como urbanos polo instrumento de planeamento urbanístico vixente.

A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de xuño de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Sanxenxo de:

O dominio público viario asociado, agás calzada e beiravías, dos seguintes treitos de estradas autonómicas:

Clave

Para transferir

p.q.i

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

p.q.f

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

PO-308

DPV asociado en Portonovo

18+940

X=514.343

Y=4.693.999

19+760

X=514.002

Y=4.693.351

Clave

Para transferir

p.q.i

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

p.q.f

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

PO-364

DPV asociado en Portonovo

0+000

X=514.367

Y=4.693.987

0+300

X=514.403

Y=4.693.703

Artigo 2

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da rede autonómica de estradas de Galicia aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de eliminar do Catálogo da rede autonómica de estradas o treito da estrada PO-364 do p.q. 0+300 ao 0+600, pertencente ao dominio público portuario.

O documento do Catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/tema/c/CIV_Infraestruturas_Estradas

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade serán efectivos ao día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Sanxenxo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos citados treitos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade