Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 1 de xullo de 2022 Páx. 37531

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade da encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia pola que se encarga a esta fundación a posta á disposición dos espazos precisos e dos traballos de apoio para a realización da décimo sexta convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional.

De conformidade co previsto nos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á Resolución do 6 de xuño de 2022, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se encomenda á Fundación Sermana Verde de Galicia a posta á disposición dos espazos precisos e dos traballos de apoio para a realización da décimo sexta convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional, coas seguintes características:

– A actividade obxecto da encomenda é realizar os traballos de apoio para o desenvolvemento da décimo sexta convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional, programadas para o día 25 de xuño de 2022, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na correspondente resolución, relativos ás obrigas da entidade encomendante, ás directrices de execución e ao cronograma de actividades que se van desenvolver.

– A Fundación Semana Verde de Galicia é unha fundación do sector público autonómico de Galicia, de acordo co artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na medida en que o seu patrimonio fundacional, con carácter de permanencia, está formado en máis dun 50 % por bens e dereitos achegados ou cedidos pola Xunta de Galicia. De acordo co artigo 47 da citada Lei 16/2010, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Xunta de Galicia.

– Prazo de vixencia: do 20 de xuño ao 28 de xuño de 2022.

– Importe: o importe da encomenda ascende a cincuenta e catro mil catrocentos corenta e nove euros con seis céntimos (54.449,06 €), con cargo á aplicación orzamentaria 11.05.323A.226.13.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2022

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade