Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 12 de xullo de 2022 Páx. 39612

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS508B).

Con data do 5 de maio de 2022, publícase no Diario Oficial de Galicia número 87, a Orde do 27 de abril de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS508B).

O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 7 desta orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da devandita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 8 da citada orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 22 de xuño de 2022 no cal se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o faceren, consideraranse desistidas da súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento: BS508B, subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes na Orde do 27 de abril de 2022.

Data: 22 de xuño de 2022.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos. De non o faceren, consideraranse desistidas da súa petición, logo da resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº de expediente

Solicitante

NIF da
entidade

Documentación requirida

BS508B 2022/058

Asociación Galega Tecendo Sonhos (Agaltes)

G27874684

– Proxecto de actividades (artigo 7.1): cuantificar o número de persoas beneficiarias acorde co anexo I

BS508B 2022/090

Asociación Sustinea

G32422834

– Anexo I: adaptar o orzamento solicitado (artigo 5.3)
– Anexo I ou proxecto de actividades: revisar a información sobre a duración do proxecto

BS508B 2022/103

Arquitectura Sin Fronteras España, ASF - Demarcación Galicia

G60192614

– Anexo I ou proxecto de actividades: revisar a data de fin de proxecto e o número de persoas beneficiarias

BS508B 2022/117

Asociación Proxecto Máscaras

G70401518

– Proxecto de actividades (artigo 7.1)
– Anexo I: indicar a subvención que solicita e revisar a data de fin do proxecto (artigo 2)

BS508B 2022/124

Asociación de Celíacos de Galicia (Acega)

G15675960

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade
– Anexo I: adaptar as datas de inicio e fin de proxecto (artigo 2)
– Proxecto de actividades (artigo 7.1)

BS508B 2022/125

Fundación Pazo de Mos

G36417251

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade
– Anexo I: adaptar o orzamento solicitado (artigo 5.3) e a data de fin do proxecto (artigo 2)
– Proxecto de actividades (artigo 7.1): adaptar a data de fin do proxecto (artigo 2) e revisar as táboas do orzamento

BS508B 2022/126

Asociación de Migrantes de Galicia (Amiga)

G70578083

– Anexo I ou proxecto de actividades: revisar o número de persoas voluntarias