Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 19 de xullo de 2022 Páx. 40492

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2022 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se abre o prazo de participación para a anualidade 2022 (código de procedemento VI406H).

No Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro de 2021, publicouse o Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O citado real decreto, segundo establece no seu artigo 1, ten por obxecto regular os programas de axuda nos ámbitos da rehabilitación de vivenda e da vivenda social, dentro do marco xeral do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e, especificamente, en relación cos investimentos C02.I01 «Programa de rehabilitación para a recuperación económica e social en contornos residenciais» e C02.I02 «Programa de construción de vivendas en alugamento social en edificios enerxeticamente eficientes», incluídas ambos os dous dentro da compoñente 2 «Implementación da Axenda Urbana española: Plan de rehabilitación e rexeneración urbana». A finalidade deste real decreto é, polo tanto, contribuír ao cumprimento dos obxectivos do citado plan nos referidos ámbitos da rehabilitación de vivenda e da vivenda social, contribuíndo a alcanzar as metas establecidas ao longo do período de aplicación do pan.

O réxime xurídico, normativa específica aplicable, requisitos e obrigas das persoas e entidades beneficiarias e o procedemento de concesión será o establecido por este real decreto, de conformidade co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como o establecido na normativa autonómica que resulte de aplicación e nas convocatorias que aprobe cada comunidade autónoma ou cidade de Ceuta e Melilla, así como no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia, «Regulamento do MRR», e demais disposicións que articule o MRR e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR). En defecto do previsto nesta normativa aplicaranse as normas de dereito administrativo, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puideran resultar aplicables. Así mesmo, ao regular o dito real decreto actuacións incluídas nos referidos investimentos C02.I01 e C02.I02 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, estará suxeito ás disposicións que resulten aplicables do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Cando as destinatarias últimas das axudas sexan persoas ou entidades que realicen algunha actividade económica, tamén será de aplicación o Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e o Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, conforme o establecido no real decreto, sen prexuízo do resto de disposicións, tanto do dereito nacional como da Unión Europea que puidesen resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do mecanismo de recuperación e resiliencia establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como aquelas disposicións que puidesen establecerse pola autoridade nacional responsable da aplicación dos fondos. Así mesmo, se é o caso, será de aplicación o establecido no «Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificacións de tipos de xuros en préstamos destinadas a respaldar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19».

O 30 de setembro de 2021 publicouse no Boletín Oficial del Estado, núm 234, a Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e a Orde HFP 1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas das compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O sistema ten como finalidade primordial a busca da uniformidade e a definición das reformas e investimentos, fitos e obxectivos que integran o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, regulando aspectos como a loita contra a fraude, a corrupción e a identificación das persoas beneficiarias últimas das axudas, así como dos contratistas e subcontratistas. Neste sentido, a Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, establece no seu artigo 8 a obriga das entidades decisorias e executoras de incluír nas súas respectivas convocatorias de axudas unha serie de requisitos en relación coa identificación das persoas beneficiarias destas. O dito artigo dispón que: «Coa finalidade de dar adecuado cumprimento ao mandato establecido na letra d) do punto 2 do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, configúrase o seguinte procedemento de incorporación de información específica: (...).

d) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo anexo IV.B).

e) Declaración responsable relativa ao compromiso do cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxectivo de xestión (modelo IV.C) (...)».

Ademais, menciónase na orde a obriga de cubrir unha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI) polos beneficiarios que, dentro dos requisitos de concesión da axuda, leven a cabo actividades que presenten un conflito de intereses potencial que poida afectar os intereses financeiros da UE (anexo III.C.1.b).ii e d).i.B).

O punto 3.b) do artigo 9 da Orde 1030/2021, do 29 de setembro, sinala tamén que: «(…) Do mesmo modo, todas as convocatorias, licitacións, convenios e resto de instrumentos xurídicos, que se desenvolvan neste ámbito, deberán conter tanto no seu encabezamento como no seu corpo de desenvolvemento a seguinte referencia «Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU»».

Por outra parte, o artigo 10 da Orde 1031/2021, do 29 de setembro, establece para as entidades executoras do PRTR a obriga de achegar a información sobre a identificación do perceptor dos fondos e, entre outros datos, a data de nacemento, se é o caso.

A Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que é o organismo encargado da xestión dos programas do citado real decreto, ao abeiro do artigo 4 do devandito real decreto, con data do 5 de novembro de 2021 notificou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a aceptación da transferencia de crédito no contexto dos programas de axudas 1 a 5 en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, correspondentes á anualidade 2021.

No artigo 2, o Real decreto inclúe, entre os programas que regula, o Programa de axuda 1, referido ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio. O obxecto deste programa é o financiamento da realización conxunta de obras de rehabilitación en edificios de uso predominante residencial e vivendas, incluídas as vivendas unifamiliares, e de urbanización ou reurbanización de espazos públicos dentro de ámbitos de actuación denominados contornos residenciais de rehabilitación programada (ERRP) previamente delimitados.

No cumprimento dos obxectivos establecidos no anexo á Decisión de Execución do Consello (CID, na súas siglas en inglés), do 16 de xuño de 2021, relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España, a concesión e execución das axudas deste programa apoiará o cumprimento dos seguintes obxectivos:

a) Obxectivo nº 27 do CID: finalización das actuacións de renovación de vivendas, cun aforro medio de, polo menos, un 30 % de enerxía primaria (231.000 actuacións de renovación en, polo menos, 160.000 vivendas únicas), o cuarto trimestre de 2023.

b) Obxectivo nº 28 do CID: hectáreas en zonas ou barrios renovadas, cun aforro medio de, polo menos, un 30 % de enerxía primaria (600 Ha), o segundo trimestre de 2026.

c) Obxectivo nº 29 do CID: finalización das actuacións de renovación de vivendas, cun aforro medio de, polo menos, un 30 % de enerxía primaria (510.000 actuacións de renovación en, polo menos, 355.000 vivendas únicas), o segundo trimestre de 2026.

Esta resolución regula o procedemento a través do cal os concellos interesados poidan participar no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e abre o prazo para que os concellos soliciten a participación neste programa na anualidade de 2022.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

I. Disposicións xerais do programa de actuacións a nivel de barrio para a anualidade 2022

Primeiro. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento para participar no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro), que se tramitará co código de procedemento VI406H.

2. Igualmente, por medio desta resolución, ábrese o prazo de presentación de solicitudes de participación neste programa para a anualidade 2022.

Segundo. Bases reguladoras

1. As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras deste programa contidas no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, coas especificacións e limitacións recollidas nesta resolución.

2. En todo o non recollido nas bases reguladoras e nesta resolución aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. En defecto do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puidesen resultar aplicables.

Terceiro. Financiamento das subvencións

1. As subvencións previstas para o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451A.780.8 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por importe total de 11.485.814,00 euros para a anualidade 2022, procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

2. Este importe poderá ser ampliado no suposto de que exista un incremento do financiamento derivado do acordo subscrito no seo da comisión bilateral de seguimento, polo que o importe final, así como as anualidades de execución, determinarase no momento da autorización do Consello da Xunta da sinatura dos acordos específicos previstos no artigo 12 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

Cuarto. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas e ás entidades interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, os concellos interesados deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Quinto. Recursos contra esta resolución

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Presidencia do IGVS no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Sexto. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Sétimo. Habilitación para o desenvolvemento

Habilítase a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS para ditar as resolucións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta resolución, así como para adoptar os acordos, instrucións e aclaracións que sexan precisos para a xestión deste programa.

Oitavo. Eficacia da resolución

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

II. Participación no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio para a anualidade 2022

Noveno. Participación dos concellos

Poderán participar no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio os concellos que teñan algunha área de rehabilitación integral (en diante, ARI) ou área de rexeneración urbana de interese autonómico (en diante, área Rexurbe) declarada no seu termo municipal, así como os que teñan declarado ou pretendan declarar, antes do acordo de comisión bilateral ao que fai referencia o artigo 12 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, un contorno residencial de rehabilitación programada (en diante, ERRP) nas condicións establecidas no artigo 10 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. Neste último caso, o concello deberá achegar toda a documentación xustificativa dos requisitos establecidos no citado artigo e realizar a declaración dentro do prazo previsto no ordinal décimo sexto desta resolución.

Décimo. Solicitudes de participación

1. Os concellos que queiran participar no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio na anualidade 2022 deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do IGVS, segundo o modelo que figura como anexo I, no prazo de tres meses, que se contará a partir do día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no DOG.

2. Os concellos que teñan varias ARI declaradas no seu termo municipal deberán presentar unha solicitude para cada unha das áreas que queiran incorporar a este programa como ERRP.

3. No suposto de que nun mesmo ERRP queiran agrupar máis dun ARI, deberán presentar, antes do acordo de comisión bilateral a que fai referencia o artigo 12 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e, en todo caso, dentro do prazo establecido no ordinal décimo sexto, un acordo delimitando os ámbitos das ARI como un único ERRP.

4. A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da alcaldía ou a persoa en quen esta delegue.

5. No formulario de solicitude, deberán realizarse as seguintes declaracións:

a) Declaración das axudas solicitadas ou obtidas de calquera entidade pública ou, de ser o caso, declaración de que non se solicitaron ou obtiveron outras axudas para a mesma finalidade. No caso de que se solicitasen ou obtivesen outras axudas para a mesma finalidade, deberanse indicar cales, así como o seu importe.

b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou concedida para a mesma finalidade, así como o seu importe.

c) Declaración responsable de que o concello non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas das previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Declaración responsable de que o concello está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 13.2.g) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

e) Declaración responsable de que o concello coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nesta resolución e as establecidas no artigo 4 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que lle sexan de aplicación na súa condición de entidade xestora do programa.

f) Declaración responsable de que todos os datos consignados na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Décimo primeiro. Forma de presentación das solicitudes de participación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Décimo segundo. Documentación complementaria

1. Os concellos deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, en galego e castelán, para a súa posterior remisión ao ministerio:

a) Certificado do acordo municipal de solicitar a participación neste programa e do compromiso do concello de actuar como entidade xestora das actuacións, logo da sinatura do correspondente acordo específico, así como de tramitar os correspondentes procedementos con arranxo aos requisitos previstos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en particular os establecidos no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

b) Certificado municipal do acordo de delimitación do ERRP, de ser o caso.

c) Certificado municipal de que, polo menos, un 50 % da superficie construída sobre rasante, podéndose excluír as plantas baixas ou plantas inferiores destinadas a outros usos compatibles, existente dentro do ERRP ou da edificabilidade resultante segundo o planeamento vixente, ten como uso principal o residencial de vivenda.

d) A delimitación cartográfica do ERRP en formato dixital, a ser posible, nun ficheiro shape xeorreferenciado e unha relación que permita identificar inequivocamente a todos os inmobles incluídos no ERRP sobre os que se vai actuar.

e) Unha memoria-programa na que constarán, polo menos, os seguintes documentos:

1º. Unha diagnose sobre a situación demográfica, social, económica e ambiental do ERRP, que incluirá unha estimación dos casos de vulnerabilidade económica.

2º. Un programa de actuacións que inclúa a descrición das actuacións subvencionables, a súa idoneidade técnica e as formas da súa execución e xestión, así como a súa programación temporal, que non poderá superar, en ningún caso, o 30 de xuño de 2026. Incluiranse tamén as medidas complementarias propostas nos ámbitos social, económico e ambiental, especificando de forma detallada as institucións públicas e privadas implicadas e os compromisos establecidos para a súa posta en marcha, desenvolvemento e seguimento.

3º. Unha memoria de viabilidade técnica, que acredite a súa compatibilidade coa ordenación urbanística, e outra de viabilidade económica, que analizará a rendibilidade e o equilibrio entre os beneficios e as cargas derivadas da actuación para as persoas propietarias.

4º. Unha memoria técnica, na que se identifiquen os obxectivos enerxéticos e ambientais da proposta de actuación, que incluirá a estimación da obtención da redución do consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética, nos termos establecidos no artigo 14 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e no ordinal décimo noveno.

5º. Un plan de realoxo temporal e retorno, de ser o caso, con indicación dos prazos e custos dos realoxos e das medidas sociais complementarias previstas para a poboación afectada.

6º. Un informe sobre os criterios aplicados para a selección do ERRP, podendo basearse, entre outros, na calidade técnica da proposta, a eficiencia no uso dos recursos, o carácter integral das actuacións, o carácter estratéxico e a súa vinculación coa implementación da axenda urbana no ámbito territorial, a mellora da sustentabilidade, dixitalización e/ou a mellora de procedementos administrativos para asegurar o desenvolvemento das actuacións nos prazos previstos.

f) No caso de ERRP que procedan de áreas de rehabilitación definidas en plans estatais de vivenda, utilizando de base a documentación achegada ao plan estatal, ou de áreas Rexurbe, o acordo de delimitación como ERRP; unha memoria na que se xustifiquen os requisitos establecidos para este programa e, en particular, os relativos á mellora da eficiencia enerxética, así como planimetría actualizada no caso de que a existente non o estivese, debendo remitila conforme o disposto na letra d).

g) Anexo II, relativo á oficina municipal de rehabilitación, de ser o caso, no que se relacionará o persoal adscrito á oficina, os locais, os medios materiais e outros recursos empregados no desenvolvemento das tarefas da oficina municipal de rehabilitación.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente polo concello interesado ante calquera Administración. Neste caso, deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa do concello interesado.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente ao concello interesado a súa achega.

Décimo terceiro. Forma de presentación da documentación complementaria

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Se algún dos concellos interesados presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

2. Os concellos interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo concello interesado, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos nesta resolución e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo cuarto. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

b) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa representante.

c) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, de obrigas coa Seguridade Social e/ou de obrigas tributarias e de non ter débedas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais de cada exercicio.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa ou entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo quinto. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que os concellos deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo sexto. Instrución do procedemento de participación

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude de participación presentada non reunise os requisitos exixidos nos ordinais décimo, décimo primeiro e décimo segundo, requirirase o concello solicitante para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixese, se lle terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

2. Logo de examinar as solicitudes admitidas e con base na información que conste nelas, o IGVS realizará unha proposta de repartición do financiamento entre os concellos admitidos. Esta proposta realizarase en atención á existencia no ámbito dunha Área Rexurbe ou dunha ARI xa declarada; á existencia e dotación dunha oficina municipal de rehabilitación (neste caso, deberá achegarse o anexo II); ao nivel de vulnerabilidade económica da poboación residente no ámbito; aos obxectivos enerxéticos e ambientais da proposta de actuación; ás medidas de axilización da concesión de licenzas para as obras no ámbito do ERRP adoptadas polo concello, así como da programación temporal das actuacións e de que o ERRP xa estea delimitado no momento da solicitude, nas condicións establecidas no artigo 10 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

3. A proposta de repartición do financiamento será notificada aos concellos cuxas solicitudes fosen admitidas. Estes concellos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da citada notificación, para realizar os axustes necesarios no Anexo III (resumo explicativo axustado á proposta de reparto do financiamento) dos datos contidos na solicitude presentada e nas correspondentes memorias, conforme o reparto de financiamento e, no caso de non ter declarado o ERRP con anterioridade a documentación acreditativa de súa delimitación.

Décimo séptimo. Acordos da comisión bilateral de seguimento

1. O IGVS remitirá as solicitudes con toda a documentación ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, para os efectos da sinatura dos acordos específicos establecidos no artigo 12 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, que se formalizarán entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o correspondente concello.

2. No acordo específico establecerase que o concello actuará como entidade xestora do programa e fixará o financiamento máximo previsto, as anualidades correspondentes ás achegas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, así como do resto de administracións, institucións ou axentes participantes e conterá tamén, de ser o caso, a título informativo, a administración ou administracións, organismos e entidades dependentes delas que vaian a responsabilizarse da execución da actuación, así como a necesidade de que as axudas, ou parte destas, sexan concedidas de forma directa ao seu favor, sen prexuízo das fórmulas que se establezan para a participación do axente ou xestor da rehabilitación a que se refire o punto segundo do artigo 13 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

3. Unha vez asinados os acordos, a Comunidade Autónoma de Galicia, a través do IGVS, procederá a aboar a cada concello o correspondente financiamento, segundo o establecido nos correspondentes acordos específicos. Estes ingresos realizaranse por transferencia bancaria na conta de titularidade municipal sinalada para os efectos no anexo I.

4. Os concellos xustificarán os gastos efectuados mediante as oportunas certificacións municipais das actuacións realizadas, nos termos sinalados nesta resolución, no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro e na Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro.

5. A convocatoria das subvencións que realice o concello, así como calquera outra actuación que realice en relación con este programa, unha vez asinado o acordo específico, deberá axustarse ao disposto nesta resolución, nas bases reguladoras e demais requisitos establecidos no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e na Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro.

6. A falta de execución das actuacións previstas nos acordos específicos poderá ser tida en conta polo IGVS para os efectos, se é o caso, da formalización de novos acordos de financiamento ao abeiro deste programa.

Décimo oitavo. Oficinas municipais de rehabilitación

1. Os concellos que participen no programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio deberán manter unha oficina de rehabilitación para a xestión e o impulso das actuacións subvencionables con cargo a este programa que deberán contar cos medios humanos e técnicos suficientes para a realización das súas funcións.

2. Os concellos comunicarán ao IGVS a composición das oficinas, así como as variacións que se produzan, tanto na súa composición como nos datos de contacto.

3. As oficinas de rehabilitación tramitarán os expedientes municipais de subvencións convocadas e realizarán as xestións derivadas das exixencias deste programa, baixo as directrices e a coordinación do IGVS. Ademais, proporán as medidas necesarias para desenvolver as actuacións obxecto deste programa. Así mesmo, asesorarán e prestarán unha atención directa, persoal e especializada ás persoas promotoras que leven a cabo as actuacións financiables e poderán asumir as funcións de axente rehabilitador previsto no artigo 8 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, realizando as actuacións de impulso, seguimento, xestión de axudas públicas, elaboración de documentación ou proxectos técnicos, de ser o caso, así como outras actuacións necesarias para o desenvolvemento das actuacións que poidan ser obxecto de financiamento a través deste programa.

4. De conformidade co previsto no artigo 15.2.d) do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, os concellos poderán percibir ata 800 euros por vivenda efectivamente rehabilitada para financiar o establecemento de servizos de oficina de rehabilitación, tipo «portelo único», que facilite a xestión e o desenvolvemento das actuacións programadas no ERRP, correspondentes ao custo de xestión e dos equipos e oficinas de planeamento, información e acompañamento social, incluso custos de redacción de documentos técnicos, co límite do 100 % dos custos da dita oficina que consten debidamente acreditados.

O custo destas actuacións correspóndese co campo de intervención 025bis «Renovación da eficiencia enerxética dos inmobles existentes, proxectos de demostración e medidas de apoio conformes cos criterios de eficiencia enerxética» do anexo VI do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021.

Décimo noveno. Actuacións subvencionables e prazo de finalización das actuacións

1. De conformidade co artigo 14 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son subvencionables as seguintes actuacións:

a) As actuacións de mellora ou rehabilitación de edificios de uso predominante residencial para vivenda cos límites de investimento máximo subvencionable establecidos no artigo 15 do dito real decreto, sempre que se obteña unha redución de, polo menos, o 30 % do consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética.

En edificios situados nas zonas climáticas C, D e E, segundo a clasificación climática do Código técnico da edificación, debe, así mesmo, conseguirse unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio, segundo corresponda, de polo menos:

– Zonas climáticas D e E: un 35 %.

– Zona climática C: un 25 %.

Os edificios protexidos oficialmente por ser parte dunha contorna declarada ou en razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico, nos que estean limitadas as actuacións sobre os elementos que compoñen a envolvente térmica, non terán que cumprir coa redución de demanda establecida no punto anterior. Non obstante, aqueles elementos da envolvente sobre os que se poida intervir deben cumprir cos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos na táboa 3.1.1.a – HE1 y 3.1.3.a – HE1, do documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

Así mesmo, nos edificios nos que se realizaran nos últimos catro anos intervencións de mellora da eficiencia enerxética nas que poida acreditarse que se reduciu a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración nunha porcentaxe igual ou superior á establecida anteriormente nesta mesma letra, quedan eximidos do cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración.

Cando nas ditas intervencións non se alcance unha redución igual ou superior á porcentaxe establecida poderá considerarse satisfeito o requisito, se coa consideración conxunta das actuacións realizadas nas citadas intervencións e as que se realicen na actuación obxecto da solicitude se alcanzara a correspondente porcentaxe de redución de demanda establecida, o que deberá acreditarse mediante a correspondente certificación de eficiencia enerxética.

b) As actuacións de urbanización, reurbanización ou mellora da contorna física no ámbito delimitado polo ERRP complementarias ao desenvolvemento das actuacións de mellora da eficiencia enerxética nos edificios residenciais.

c) A prestación de servicios de oficina de rehabilitación, tipo «portelo único», que facilite a xestión e o desenvolvemento das actuacións programadas no ERRP.

2. Entre as actuacións subvencionables incluiranse aqueles gastos necesarios para o desenvolvemento do conxunto de actuacións anteriores, incluíndo os da xestión inherente ao desenvolvemento das actuacións e os gastos asociados, os de honorarios dos profesionais interviñentes, os de redacción dos proxectos e dirección de obra, certificados e informes técnicos, os derivados da tramitación administrativa, actuacións de realoxo temporal de ocupantes, acompañamento social e outras similares, vinculadas ás actuacións de desenvolvemento do ERRP. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.

3. As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade á data que se sinale na correspondente convocatoria municipal, sen que en ningún caso poida ser anterior ao 1 de febreiro de 2020.

4. As actuacións obxecto de financiamento a través deste programa deberán estar finalizadas antes do día 30 de xuño de 2026.

Vixésimo. Requisitos dos edificios obxecto de rehabilitación

1. Os edificios para os que se solicite financiamento deste programa deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Dispoñer de proxecto das actuacións que se van realizar. Para o caso de que as actuacións non exixan proxecto, será necesario xustificar nunha memoria subscrita por técnico competente a adecuación da actuación ao Código técnico da edificación e demais normativa de aplicación. En ambos casos deberá incluírse o Libro do edificio existente para a rehabilitación ou, no seu defecto, un estudo sobre o potencial de mellora do edificio ou vivenda en relación cos requisitos básicos definidos na Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, e un plan de actuacións no que se identifique a actuación e mellora proposta.

O proxecto incluirá un estudo de xestión de residuos de construción e demolición que se desenvolverá posteriormente no correspondente plan de xestión de residuos de construción e demolición, conforme o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, onde se cumprirán as seguintes condicións:

1ª. Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

2ª. Os operadores deberán limitar a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE e tendo en conta as mellores técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de sustancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición. Así mesmo, establecerase que a demolición se leve a cabo preferiblemente de forma selectiva e a clasificación realizarase de forma preferente no lugar de xeración dos residuos.

b) Os deseños dos edificios e as técnicas de construción apoiarán a circularidade e, en particular, demostrarán, con referencia á ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para ser máis eficientes no uso de recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe.

c) Retirar do edificio ou do ámbito obxecto de actuación aqueles produtos de construción que conteñan amianto. A retirada deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, por unha empresa legalmente autorizada. A xestión dos residuos orixinados no proceso deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

d) No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, deberanse cumprir, ademais, as seguintes condicións:

1ª. Que, polo menos, 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

2ª. Que as actuacións conten co acordo da comunidade ou comunidades de persoas propietarias de que se trate, debidamente agrupadas, salvo nos casos de edificios de propietario único, e coa autorización ou autorizacións administrativas correspondentes, cando sexa preceptivo.

Vixésimo primeiro. Persoas destinatarias últimas das axudas

1. Ao abeiro do artigo 13 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser persoas destinatarias últimas destas axudas as que asuman a responsabilidade da execución integral da área delimitada pola actuación. Cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda distribuirase en proporción ao custo e a responsabilidade asumido por cada un.

2. As persoas destinatarias últimas das axudas ou, de ser o caso, o axente ou xestor da rehabilitación que actúe por conta deles, destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o seu importe, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias das vivendas e, se é o caso, dos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás a da letra e) dos citados artigos, ben que non poderá procederse ao pagamento da axuda en tanto non se acredite estar ao día no cumprimento das ditas obrigas.

Vixésimo segundo. Axente ou xestor da rehabilitación

1. As persoas ou entidades beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta daquelas.

2. O axente ou xestor da rehabilitación é aquela persoa física ou xurídica, xa sexa pública ou privada, que poida realizar actuacións de impulso, seguimento, xestión e percepción de axudas públicas, mediante mecanismos de cesión do dereito de cobramento ou similares, acceso ao financiamento, elaboración de documentación ou proxectos técnicos ou outras actuacións necesarias para o desenvolvemento das actuacións subvencionables, ao abeiro do artigo 8 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

3. A participación do axente ou xestor da rehabilitación non exime a persoa beneficiaria de cumprir as obrigas que lle incumben, sen prexuízo da responsabilidade que, ademais, poida exixirse ao dito axente ou xestor.

Vixésimo terceiro. Contía das axudas

1. De conformidade co disposto no artigo 15 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, a contía máxima das axudas determinarase atendendo ao custo total das actuacións a desenvolver, segundo os criterios de fixación de contías establecidos na táboa seguinte, sen que poidan superar os límites resultantes que se describen a seguir:

a) A cantidade obtida de multiplicar a porcentaxe máxima establecida na táboa seguinte polo custo das actuacións subvencionables.

b) A cantidade obtida de multiplicar a contía máxima da axuda por vivenda, establecida na táboa, polo número de vivendas dos edificios, incrementada, se é o caso, pola contía de axuda por metro cadrado de superficie construída sobre rasante de local comercial ou outros usos distintos a vivenda, fixada na mesma táboa, en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación. Para poder computar a contía establecida por cada metro cadrado sobre rasante de uso comercial ou outros usos será necesario que os predios correspondentes participen nos custos de execución da actuación.

Aforro enerxético conseguido coa actuación

Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación

Vivenda

Locais comerciais ou outros usos

Contía máxima da axuda por vivenda

Contía máxima da axuda por m2

30 % ≤ ΔCep,nrenv < 45 %

40 %

8.100 €

72 €

45 % ≤ ΔCep,nrenv < 60 %

65 %

14.500 €

130 €

ΔCep,nrenv ≥ 60 %

80 %

21.400 €

192 €

Naqueles casos nos que haxa que proceder á retirada de elementos con amianto, poderá incrementarse a contía máxima da axuda na cantidade correspondente aos custos debidos á retirada, á manipulación, ao transporte e á xestión dos residuos de amianto mediante empresas autorizadas, ata un máximo de 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio obxecto de rehabilitación.

O custo destas actuacións correspóndese co campo de intervención 025bis «Renovación da eficiencia enerxética dos inmobles existentes, proxectos de demostración e medidas de apoio conformes cos criterios de eficiencia enerxética» do anexo VI do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021.

c) Para financiar o custo das actuacións de urbanización, reurbanización ou mellora da contorna física, poderá destinarse ata un 15 % adicional sobre as contías máximas da axuda por vivenda que correspondan, de acordo coas actuacións de rehabilitación realizadas no ERRP, atendendo ao alcance do nivel de mellora de eficiencia enerxética establecido na primeira táboa do punto b).

Esta contía adicional non poderá superar, no conxunto do ERRP, o 100 % dos custos das actuacións de urbanización, reurbanización ou mellora da contorna física.

O custo destas actuacións corresponde co campo de intervención 131 «Rexeneración da contorna física e seguridade dos espazos públicos» do anexo VI do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021.

d) Ata 800 euros por vivenda efectivamente rehabilitada para financiar o establecemento de servizos de oficina de rehabilitación, tipo «portelo único» que facilite a xestión e o desenvolvemento das actuacións programadas no ERRP, correspondentes ao custo de xestión e dos equipos e oficinas de planeamento, información e acompañamento social, incluso custos de redacción de documentos técnicos, co límite do 100 % dos custos da dita oficina que consten debidamente acreditados.

O custo destas actuacións correspóndese co campo de intervención 025bis «Renovación da eficiencia enerxética dos inmobles existentes, proxectos de demostración e medidas de apoio conformes cos criterios de eficiencia enerxética» do anexo VI do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021.

2. Para a determinación das contías máximas de axuda poderán considerarse todos os custos debidamente acreditados que correspondan a actuacións subvencionables segundo o disposto no ordinal décimo noveno.

Non se poderán incluír os impostos, taxas ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.

Vixésimo cuarto. Axuda adicional por vulnerabilidade económica

1. De conformidade co disposto no artigo 15.2 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, cando se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgunha das persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas incluídas no entorno residencial definido, e de acordo cos criterios establecidos na comisión bilateral de seguimento, poderá concederse unha axuda adicional que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación imputable ao dito propietario ou usufrutuario, de acordo cos seguintes criterios, e condicionada, en todo caso, ao cumprimento dos requisitos en materia de eficiencia enerxética no ordinal décimo noveno:

Edificio de tipoloxía residencial colectiva, por vivenda

Ingresos en veces IPREM ponderados

Axuda en función do aforro enerxético conseguido

30 % ≤ ΔCep,nren < 45 %

45 % ≤ ΔCep,nren < 60 %

ΔCep,nren ≥ 60 %

Menos ou igual a 2,1

Porcentaxe axuda

100 %

100 %

100 %

Contía máxima de subvención

20.250,00

23.308,00

26.750,00

Entre 2,1

e 2,6 veces

Porcentaxe axuda

60 %

75 %

90 %

Contía máxima de subvención

12.150,00

16.731,00

24.075,00

Vivenda unifamiliar

Ingresos en veces IPREM ponderados

Axuda en función do aforro enerxético conseguido

30 % ≤ ΔCep,nren < 45 %

45 % ≤ ΔCep,nren < 60 %

ΔCep,nren ≥ 60 %

Menos ou igual que 2,1

Porcentaxe axuda

100 %

100 %

100 %

Contía máxima de subvención

22.550,00

24.538,80

29.425,00

Entre 2,1

e 2,6 veces

Porcentaxe axuda

60 %

75 %

90 %

Contía máxima de subvención

13.530,00

18.404,10

26.482,50

2. Os ingresos sinalados nos cadros anteriores ponderaranse de acordo coa composición da unidade familiar, en función do indicador público de renda de efectos múltiples-IPREM-(14 pagas) multiplicado polo coeficiente multiplicativo corrector que corresponda ao número de membros da unidade familiar, segundo esta táboa:

Número de membros

Coeficiente corrector

Familias de 1 membro

1

Familias de 2 membros

0,9

Familias de 3 membros

0,8

Familias de 4 membros

0,75

Familias de 5 ou máis membros

0,7

3. Se algún membro da unidade familiar é unha persoa con discapacidade, nas condicións establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, o coeficiente corrector aplicable será o do tramo seguinte ao que lle correspondese conforme co previsto na táboa anterior.

4. No caso de mulleres xestantes, o/a fillo/a ou fillos/as concibidos e non nacidos contarán como membros da unidade familiar, para os efectos da aplicación do coeficiente multiplicativo corrector previsto na táboa anterior, sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio. Igual tratamento terá a acreditación de adopción en trámite. O embarazo acreditarase de acordo co disposto na Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, e na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

5. No suposto de que a unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar das recollidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, os ingresos de cada unidade familiar, convertidos en número de veces o IPREM e ponderados de acordo co previsto nos puntos anteriores, sumaranse e o resultado deberá ser inferior aos límites máximos previstos nos cadros anteriores.

6. Para os efectos do establecido neste ordinal, os termos incluídos nel interpretaranse co significado e alcance seguintes:

a) Unidade de convivencia da persoa beneficiaria: conxunto de persoas que habitan e gozan dunha vivenda de forma habitual e permanente, así como con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas.

b) Persoa con discapacidade: interpretarase de conformidade co Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

c) Indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM): é o indicador definido no Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía; considerarase unidade de medida para a determinación da contía dos ingresos familiares, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras.

Vixésimo quinto. Convocatorias de axudas

Os concellos tramitarán as correspondentes convocatorias de axudas con arranxo aos requisitos previstos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en particular, os establecidos no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e demais normativa de aplicación ao dito plan, así como á normativa estatal e autonómica reguladora das subvencións e, en particular, asegurarán a presentación das declaracións previstas na citada orde tanto para as persoas que interveñen na tramitación e xestión das convocatorias como as que teñan que presentar as persoas beneficiarias das axudas.

Vixésimo sexto. Procedemento de concesión e pagamento

1. Os concellos, no marco dos seus procedementos de convocatorias de axudas, revisarán as solicitudes e a documentación presentada, concederán as axudas de conformidade co establecido na normativa estatal e autonómica reguladoras das subvencións e verificarán que a persoa beneficiaria cumpre os requisitos establecidos nesta resolución, así como as previstas na normativa reguladoras das subvencións para ser beneficiaria.

2. Antes de proceder ao pagamento da axuda, os concellos deberán verificar, ademais dos requisitos previstos na normativa reguladora das subvencións para a xustificación e pagamento das axudas, o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que as actuacións foron executadas dentro dos prazos e coas exixencias establecidas na resolución de concesión, no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e nesta resolución.

b) Que para a súa execución se contaron con todas as autorizacións necesarias, debendo achegarse a primeira licenza municipal que sexa precisa para executar a correspondente actuación, xa sexa de demolición, urbanización ou rehabilitación.

c) Que os pagamentos efectivos das facturas e os documentos bancarios de pagamento das ditas actuacións foron realizados polas persoas ou polas entidades beneficiarias que figuraban na resolución de concesión.

d) Que consta o correspondente certificado de final de obra.

e) Que consta o certificado de eficiencia enerxética de cada edificio ou vivenda unifamiliar previo á intervención debidamente inscrito no Rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios de Galicia (RGEEE).

f) Que consta o certificado de eficiencia enerxética dos edificios ou das vivendas unifamiliares xa finalizados ou finalizadas emitido e debidamente rexistrado, que confirme os obxectivos de aforro en consumo enerxético comprometidos.

g) Que consta a documentación acreditativa da retirada do edificio obxecto de actuación daqueles produtos de construción que conteñan amianto conforme co previsto no artigo 11.1.c) do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

3. No suposto de que nas convocatorias dos concellos se regule o pagamento en forma de anticipos ou pagamentos a conta, nos termos e cos límites establecidos na normativa reguladora das subvencións, a persoa beneficiaria deberá achegar, con carácter previo á percepción da axuda recoñecida en forma de anticipos ou pagamentos a conta:

a) A primeira licenza municipal que sexa precisa para executar a correspondente actuación, xa sexa de demolición, urbanización ou rehabilitación.

b) O certificado de eficiencia enerxética de cada edificio ou vivenda unifamiliar previo á intervención debidamente inscrito no Rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios de Galicia (RGEEE).

4. Non se poderá pagar á persoa beneficiaria o último 20 % da axuda concedida ata que as vivendas obxecto de rehabilitación cumpran os requisitos seguintes:

a) Ter finalizada a completa obra de rehabilitación, o que se acreditará coa achega do correspondente certificado de final de obra.

b) Ter o certificado de eficiencia enerxética dos edificios ou das vivendas unifamiliares xa finalizados ou finalizadas emitido e debidamente rexistrado, que confirme os obxectivos de aforro en consumo enerxético comprometidos.

5. Os concellos procederán á minoración do importe da subvención concedida cando o orzamento xustificado teña unha contía inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión e sempre e cando se acredite que a actuación concreta está totalmente executada.

6. No caso de que en 30 de xuño de 2026 non se cumpriran as condicións establecidas no número anterior, a contía da subvención será a resultante da aplicación dos criterios do programa sobre as vivendas efectivamente finalizadas, debendo devolverse os recursos que, en concepto de anticipo ou pagamentos a conta, fosen entregados e que correspondan a actuacións non finalizadas no dito prazo.

Vixésimo sétimo. Xustificación das actuacións ao IGVS

1. Os concellos deberán comunicar trimestralmente ao IGVS as axudas solicitadas, concedidas e pagadas con cargo a este programa.

2 Os concellos deberán xustificar os pagamentos mediante unha certificación municipal onde conste o número de expediente, o nome da persoa ou entidade promotora da actuación, o seu NIF, o importe da subvención e a data de pagamento, así como que se verificou a concorrencia dos requisitos para ser persoa beneficiaria e para poder proceder ao pagamento das axudas conforme a normativa reguladora das subvencións. Estas xustificacións deberán dirixirse á Dirección Xeral do IGVS no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao que se tiveran realizados os oportunos pagamentos.

3. Os concellos deberán remitir, dentro do prazo de xustificación establecido no correspondente acordo e, en todo caso, antes do 30 de novembro de 2026, a seguinte documentación acreditativa da finalización das actuacións e do cumprimento do obxecto da subvención, conforme o establecido no artigo 20 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

a) Certificado expedido polo órgano municipal correspondente que certifique a finalización completa das actuacións obxecto da subvención, con pronunciamento expreso da súa realización conforme as exixencias do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. Neste certificado relacionaranse os importes do investimento efectivamente executado por partidas e os importes correspondentes ás axudas recibidas.

b) Certificado expedido por la Intervención municipal acreditando a veracidade en termos contables e orzamentarios dos importes reflectidos no certificado da letra anterior.

c) Verificación da mellora en termos de eficiencia enerxética. Esta verificación, referida no artigo 14.1.a) do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, da redución do consumo de enerxía primaria non renovable, da redución da demanda global de calefacción e refrixeración e da mellora da cualificación enerxética, segundo corresponda, realizarase tanto ex ante como ex post, mediante a comparación do certificado de eficiencia enerxética de cada edificio ou vivenda antes e despois da actuación.

4. Os concellos remitiran á Dirección Xeral do IGVS as certificacións dos gastos de mantemento de equipos técnicos e das oficinas de información e de xestión, conforme o anexo IV desta resolución. Estas certificacións deberán facer referencia aos gastos contabilizados, ás obrigas recoñecidas e aos pagamentos realizados no período correspondente, á finalidade para a cal foron aplicados e as outras axudas que, de ser o caso, percibira o concello para este mesmo fin.

5. No caso de incumprimento da programación da execución acordada poderase ou ben reintegrar as cantidades non executadas ou solicitar un reaxustamento da programación, que deberá ser acordado na comisión bilateral, sen que se poida superar a data do 30 de xuño de 2026 para a finalización das actuacións.

Vixésimo oitavo. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

Ademais das recollidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas ou entidades beneficiarias terán as seguintes obrigas:

a) Realizar a totalidade das actuacións para as que se concedeu a axuda.

b) Comunicar de inmediato, incluso durante a tramitación da solicitude, ao concello correspondente que estea realizando a dita tramitación ou que lle concedera a axuda, calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.

c) Permitirlle ao concello e/ou o IGVS a realización das inspeccións e comprobacións que se consideren oportunas para verificar a exactitude dos datos achegados e/ou o destino da subvención concedida e as que se deriven da normativa aplicable á xestión de axudas financiadas cos fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, «Regulamento do MRR», e demais disposicións que articulen o MRR e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).

d) Adoptar as medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de interese e o dobre financiamento, a través dun plan antifraude propio do concello ou mediante a adhesión ao Plan xeral de avaliación de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, especialmente no referido á canle de denuncias de irregularidades ou condutas de fraude.

e) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se aboen as subvencións.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos a partir do pagamento do saldo ou, a falta deste pagamento, da operación, incluídos os documentos electrónicos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O citado período será de tres anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

g) Subministrar ao IGVS, previo requirimento, de conformidade co artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas no título I da citada lei.

h) Cumprir cos requisitos que figuran no Manual de imaxe do programa que estará dispoñible na web do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (http://www.mitma.es), así como o establecido en medidas de publicidade no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, en toda referencia en calquera medio de difusión á actuación obxecto das axudas.

i) Cumprir na execución das actuacións subvencionables coa normativa ambiental comunitaria, nacional e autonómica e, en particular, co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH polas súas siglas en inglés), respecto dos seis obxectivos ambientais definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (mitigación do cambio climático; adaptación ao cambio climático; uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños; economía circular, incluídos a prevención e a reciclaxe de residuos; prevención e control da contaminación á atmosfera, á auga ou ao solo, e protección e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas).

j) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente ou a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración Xeral do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, así como ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia e o Regulamento (UE, Euratrom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. En particular, deberán autorizar á Comisión Europea, á Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), ao Tribunal de Contas Europeo, e cando proceda, á Fiscalía Europea a exercitar os dereitos que recoñece o artigo 129, punto 1, do referido regulamento financeiro.

k) As demais obrigas que derivan desta resolución, do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro; da Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, así como a normativa da Unión Europea aplicable para a certificación dos fondos europeos.

Vixésimo noveno. Perda e reintegro da subvención

1. Será causa de perda e posterior reintegro da subvención, ademais dos supostos previstos nos artigos 37 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño:

a) O incumprimento das obrigas recollidas no ordinal anterior.

b) A falta de xustificación total das actuacións correspondentes dentro dos prazos establecidos.

c) O incumprimento ou falsidade nas condicións requiridas para o outorgamento da subvención, así como o incumprimento de calquera outro aspecto da normativa que estea vinculada ao PRTR, conforme o artigo 7.sétima da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, comportará, así mesmo, o incremento do reintegro da subvención percibida co xuro legal correspondente desde o seu pagamento, máis un 25 %, segundo establece o artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, salvo que a Lei de orzamentos do Estado estableza outro diferente.

d) O incumprimento do principio de DNSH e/ou da etiquetaxe climática.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e, se é o caso, para facer efectiva a devolución, será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Trixésimo. Compatibilidades e incompatibilidades

As subvencións deste programa son compatibles con calquera outra axuda pública concedida para o mesmo obxecto, sempre que non se supere o custo total da actividade subvencionada e sempre que a regulación das outras axudas xa sexan de ámbito nacional ou europeo o admitan, nos termos previstos no artigo 17 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file