Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41179

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

EXTRACTO da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína.

BDNS (Identif.): 639732.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas destinatarias

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de vacún de carne, de ovellas, de cabras, de aves ou de coellos que cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios.

Segundo. Obxecto e finalidade

O obxecto desta resolución é establecer o procedemento para conceder as axudas gandeiras do Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios.

A finalidade destas axudas é apoiar as explotacións gandeiras que leven a cabo algunha das actividades a favor do ambiente previstas no artigo 1.3 do Regulamento delegado 2022/467 da Comisión, do 23 de marzo de 2022.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína.

Cuarto. Límites máximos e mínimos para recibir axudas

Os límites subvencionables por persoa beneficiaria son:

a) Explotacións de carne de vacún: ata 125 vacas nutrices.

b) Cebadeiros de vacún: ata 520 xatos de ceba.

c) Explotacións de ovino ou cabrún: ata 800 ovellas ou cabras.

d) Explotacións de aves: desde 251 prazas.

e) Explotacións de coellos: desde 50 prazas.

As contías unitarias máximas por animal para os produtores de vacún, ovino e cabrún de carne e a axuda máxima por persoa beneficiaria para as explotacións de avicultura de carne e de coellos serán as recollidas no artigo 6 do Real decreto 428/2022.

Quinto. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes

De acordo cos artigos 7 e 9 do anexo da resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria