Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42131

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022/23.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulou o bacharelato para persoas adultas pola modalidade a distancia mediante a Orde do 26 de abril de 2007 (DOG do 8 de maio), que establece un bacharelato a distancia con titorías telemáticas e un bacharelato a distancia semipresencial, en que o alumnado recibe atención do profesorado a través de titorías presenciais.

A mesma Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulou as ensinanzas de bacharelato presencial para persoas adultas mediante a Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regulan as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas pola modalidade presencial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 31 de xullo). No artigo 13 desta orde regúlase a mobilidade entre os diversos réximes de bacharelato.

O propósito das ordes citadas é ofrecer unha atención educativa adaptada ás diversas condicións e circunstancias das persoas adultas, para achegar a cada persoa a oferta máis axeitada para cursar con éxito os estudos de bacharelato.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro do disposto na Orde do 20 de marzo de 2018 (DOG do 12 de abril), desenvolveu e regulou a ordenación xeral das ensinanzas básicas de educación de persoas adultas encamiñadas a conseguir unha maior calidade do ensino, estimular o traballo en equipo do profesorado e fomentar a participación da comunidade educativa nos centros.

O Ministerio da Presidencia estableceu no Real decreto 1203/1999, do 9 de xullo, as normas de funcionamento dos centros educativos con sede en centros penitenciarios.

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, introduciu modificacións na lei educativa, no currículo e na ordenación do bacharelato. Na súa disposición derradeira quinta establece o calendario de implantación das modificacións introducidas no currículo, organización, obxectivos e programas.

En desenvolvemento normativo posterior, o Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, estableceu a ordenación e as ensinanzas mínimas desta etapa e regulou que as modificacións introducidas no currículo, a organización e os obxectivos se implantarán para primeiro de bacharelato no curso escolar 2022/23 e para segundo no curso escolar 2023/24.

A Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022/23, concreta as instrucións para os centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de réxime ordinario.

Co obxectivo de adaptar as ensinanzas para persoas adultas á normativa citada e unificar criterios de funcionamento nos centros que o imparten no curso 2022/23,

RESOLVO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta resolución ten por obxecto ditar instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas para persoas adultas no curso académico 2022/23.

2. Será de aplicación en todos os centros EPA da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e nos institutos de educación secundaria que impartan ensinanzas para persoas adultas.

Artigo 2. Oferta formativa

Son ensinanzas para persoas adultas as seguintes:

• Niveis I e II da etapa das ensinanzas básicas iniciais.

• Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial e a distancia.

• Bacharelato nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

• Castelán e galego para inmigrantes.

• Preparación para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

• Actividades non regradas de carácter profesionalizante, de formación sociocultural e de desenvolvemento persoal e comunitario.

• Aula Mentor.

Artigo 3. Requisitos de idade

1. Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de dezaoito anos, ou que os fagan no ano 2022, e aquelas que cursasen ensinanzas para persoas adultas en cursos anteriores.

2. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre na educación secundaria para persoas adultas, deberán facer os dezaoito anos antes do 28 de abril de 2023.

3. Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2022, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto nivel. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.

4. A dirección do centro correspondente poderá autorizar a matriculación do alumnado interno en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia do organismo competente da Xunta de Galicia. Para isto será necesario a certificación emitida pola persoa responsable do centro onde o menor cumpra esas medidas de internamento.

5. A persoa responsable da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderá autorizar a matriculación do alumnado maior de dezaseis anos, ou que os faga no ano 2022, nos seguintes casos:

5.1. Alumnado que non poida asistir regularmente a un centro ordinario por enfermidade ou impedimento físico. Para iso será necesario presentar a seguinte documentación: certificación médica oficial, informe da xefatura do departamento de orientación do centro de procedencia e informe da Inspección educativa.

5.2. Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de música ou de danza, logo de informe da Inspección educativa.

5.3. Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de grao medio de artes plásticas e deseño, logo de informe da Inspección educativa.

5.4. Alumnado que curse simultaneamente un ciclo formativo de grao medio, logo de informe da Inspección educativa.

5.5. Cando concorran circunstancias que lle impidan acudir a centros educativos ordinarios e que estean debidamente acreditadas (cargas familiares, vítimas de violencia, mulleres embarazadas, etc.) ou que non estivesen escolarizadas no sistema educativo español.

Artigo 4. Horario xeral do centro para as ensinanzas de persoas adultas

1. O horario destas ensinanzas impartirase, con carácter xeral, entre as dezasete e as vinte e dúas horas trinta minutos, de luns a venres. Dentro deste período de horario máximo, o centro establecerá o seu propio horario lectivo e, cando menos, un período de descanso, que non será inferior aos quince minutos e que se situará entre dous períodos lectivos.

2. No caso do bacharelato a distancia, as titorías lectivas impartiranse entre as dezaoito trinta horas e as vinte e tres horas, de luns a venres.

3. A persoa responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderá autorizar, logo de informe da Inspección educativa, cambios no horario sinalado nos puntos anteriores cando as circunstancias organizativas do centro ou as necesidades do alumnado o aconsellen.

4. No caso de ter máis dun grupo na modalidade a distancia, establecerase un horario de titorías na quenda de mañá e outro na de tarde, co fin de que cada alumno ou alumna poida inscribirse no grupo que mellor se adapte ás súas posibilidades.

5. Para favorecer a conciliación da vida laboral coa vida familiar e racionalizar na medida do posible o horario do alumnado e do profesorado, o centro poderá concentrar como máximo na mesma xornada dous períodos lectivos da mesma materia.

6. Os períodos lectivos nas ensinanzas para persoas adultas non serán inferiores aos corenta e cinco minutos.

CAPÍTULO II

Ensinanzas básicas iniciais

Artigo 5. Período de matriculación

1. O día 1 de setembro de 2022 abrirase o prazo de matriculación de ensinanzas básicas iniciais de persoas adultas, que permanecerá aberto durante todo o curso.

Artigo 6. Actividades lectivas

1. As actividades lectivas impartiranse desde o 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023.

Artigo 7. Currículo

O currículo das ensinanzas básicas iniciais promoverá o desenvolvemento das competencias clave para acceder á educación secundaria para persoas adultas e a mellora de coñecementos, destrezas e habilidades que favorezan o desenvolvemento persoal, laboral e social.

Artigo 8. Distribución horaria

1. O horario das ensinanzas básicas iniciais comprenderá doce períodos lectivos semanais no primeiro nivel e dezaseis no segundo, distribuídos do seguinte modo:

2. A distribución horaria das ensinanzas básicas iniciais I será a seguinte:

a) Ámbito da comunicación: 5 sesións.

b) Ámbito da competencia matemática: 4 sesións.

c) Ámbito da ciencia, sociedade, tecnoloxía e de desenvolvemento e iniciativa persoal: 2 sesións.

d) Titoría: 1 sesión.

3. A distribución horaria das ensinanzas básicas iniciais II será a seguinte:

a) Ámbito da comunicación: 6 sesións.

b) Ámbito da competencia matemática: 5 sesións.

c) Ámbito da ciencia, tecnoloxía e sociedade no mundo actual: 2 sesións.

d) Ámbito de desenvolvemento e iniciativa persoal e laboral: 2 sesións.

e) Titoría: 1 sesión.

4. Co fin de que o alumnado das ensinanzas básicas iniciais I alcance as destrezas de lectoescritura, razoamento matemático e cálculo, o número de sesións establecido para cada ámbito poderase adaptar ás necesidades educativas que presente ese alumnado, logo de autorización da Inspección educativa, sempre que se respecte a duración global establecida.

CAPÍTULO III

Educación secundaria

Artigo 9. Solicitude de inscrición

1. O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:

– Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.

– Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro.

– Solicitude de admisión.

– Solicitude de matrícula.

Artigo 10. Número mínimo de alumnos e alumnas por grupo

Non poderán establecerse grupos con menos de dez alumnos e alumnas. Cando o número de alumnado matriculado nun grupo sexa menor de dez, a dirección do centro solicitará a autorización da xefatura territorial que corresponda para a súa posta en marcha.

Artigo 11. Admisión do alumnado

No caso de que o número de persoas solicitantes inscritas supere as prazas ofertadas polo centro, actuarase conforme o establecido no artigo 26 da Orde do 20 de marzo de 2018 e aplicaranse os seguintes criterios de preferencia:

– Continuar estudos no propio centro.

– Proceder das ensinanzas de adultos doutros centros.

– Ter estado máis tempo desescolarizado.

– Matricularse de todos os ámbitos dun nivel.

– Ser deportista de alto rendemento.

– Menor renda persoal do alumno con ingresos ou da unidade familiar a que se pertenza.

Artigo 12. Prazo de matrícula

a) Modalidade presencial.

1. Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre:

– O 1 e o 8 de setembro de 2022 para o primeiro cuadrimestre.

– O 9 e o 17 de xaneiro de 2023 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre.

2. Nos centros EPA en institucións penitenciarias, alegando causa xustificada, poderá incorporarse alumnado novo á educación secundaria en datas posteriores ás establecidas anteriormente.

b) Modalidade a distancia.

3. A inscrición para acceder a calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria a distancia para persoas adultas na modalidade a distancia realizarase nos seguintes prazos:

– Para o primeiro cuadrimestre, desde o 1 de setembro de 2022 ata o 13 de xaneiro de 2023.

– Para o segundo cuadrimestre, desde o 1 de febreiro ata o 28 de abril de 2023.

4. Para o alumnado que, por motivos laborais, necesite xustificación de estar cursando ensinanzas básicas para persoas adultas con posterioridade á data de matrícula establecida, o centro educativo poderá realizar a reserva de matrícula ata a apertura do novo prazo no curso seguinte.

Artigo 13. Condicións de matriculación

1. Alumnado procedente da ESO.

a) Alumnado procedente da ESO que cursase estudos dese nivel con anterioridade ao curso 2004/05 e que teña algunhas materias pendentes: considerarase o curso superado se foi promovido de curso, sempre e cando non o fose por imperativo legal, seguindo os criterios de avaliación e promoción anteriores á publicación da Orde do 30 de setembro de 2004 sobre avaliación, promoción e titulación na educación secundaria obrigatoria. Se non puidese promocionar ao curso seguinte, aplicaránselle os criterios de validación recollidos nos anexos II a X.

b) Para o alumnado que cursou ensinanzas da ESO no curso 2004/05 ou seguintes, realizaranse as equivalencias coas ensinanzas de adultos segundo o establecido nos anexos II a X.

c) Cando un alumno ou alumna non cursase no 4º curso da ESO as materias sinaladas no cadro de equivalencias dos anexos II a X, tomarase como referencia a cualificación obtida nesa mesma materia no último ano que a cursase.

d) O alumnado procedente dun PCPI terá dereito ás equivalencias recollidas no anexo IX.

e) Cando, en aplicación dos cadros de equivalencias recollidos nos anexos II, III, IV, V e VII, unha persoa teña dereito á validación de todos os ámbitos do cuarto módulo da educación secundaria para persoas adultas e nunca fose proposta para título, deberá matricularse unicamente nun ámbito do módulo catro.

2. Ao alumnado que superou algún ámbito da proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria daráselle por superado o cuarto módulo correspondente, segundo o cadro de equivalencias establecidas no anexo X.

Artigo 14. Proba de avaliación inicial

1. Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuarase unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento.

2. Durante os días 9, 12 e 13 de setembro de 2022 e os días 18, 19 e 20 de xaneiro de 2023 realizaranse nos centros EPA e nos IES autorizados as probas de avaliación inicial. Cando fóra das datas establecidas sexa necesario realizar a avaliación inicial, a xefatura de estudos establecerá unha nova data ou datas para realizala.

Artigo 15. Actividades lectivas

1. As actividades lectivas impartiranse desde o 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023.

2. As ensinanzas do primeiro cuadrimestre impartiranse desde o 8 de setembro de 2022 ata a primeira semana de febreiro incluída. As ensinanzas do segundo cuadrimestre darán comezo na segunda semana do mes de febreiro e as actividades lectivas rematarán o 21 de xuño de 2023.

3. Con carácter xeral, na modalidade presencial impartiranse as ensinanzas dos módulos 1 e 3 no primeiro cuadrimestre, mentres que no segundo cuadrimestre impartiranse os módulos 2 e 4. Excepcionalmente, e con autorización da xefatura territorial tras o informe favorable da Inspección educativa, os centros que dispoñan de recursos poderán optar por impartir de maneira simultánea os catro módulos de cada ámbito de coñecemento.

4. Na modalidade a distancia ofertaranse de forma simultánea todos os módulos dos tres ámbitos da educación secundaria organizados por cuadrimestres.

5. A distribución semanal horaria será a que se recolle no anexo I desta resolución.

Artigo 16. Recursos didácticos na modalidade a distancia

1. O alumnado utilizará como referente curricular os materiais didácticos que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ten elaborados para esta modalidade educativa. Estes materiais poderán consultarse na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23204

2. O alumnado matriculado no IES San Clemente contará para o desenvolvemento do seu proceso de aprendizaxe cunha atención titorial telemática a través da plataforma educativa: http://www.iessanclemente.net/

3. Polas características específicas desta modalidade, e para facilitar que o alumnado acade os obxectivos de aprendizaxe establecidos, o profesorado aproveitará o potencial que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación mediante diferentes accións, como a elaboración de documentos interactivos, a publicación de videotitoriais e clases gravadas, o uso frecuente do foro da plataforma virtual e a presentación de ligazóns de interese para o alumnado.

Artigo 17. Avaliación

1. Realizaranse, como mínimo, dúas probas escritas por módulo en cada un dos tres ámbitos de coñecemento para facilitar o progreso do alumnado no seu itinerario formativo e facilitar tamén o recoñecemento da formación obtida en contextos non formais.

2. As probas de avaliación na modalidade a distancia telemática realizaranse presencialmente no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Excepcionalmente, cando as circunstancias así o aconsellen, poderá desprazarse o profesorado do centro a outras localidades a realizar as ditas probas. Neste suposto, os centros EPA poñerán á disposición dese alumnado os locais axeitados. A vixilancia da realización das probas escritas será efectuada polo profesorado do IES San Clemente desprazado para este efecto ata os centros correspondentes.

3. Para establecer a cualificación do ámbito de comunicación cando interveñan dous profesores ou profesoras, realizarase a media ponderada dos dous submódulos integrados nel, de xeito que o submódulo de lingua estranxeira nunca teña unha valoración superior ao 30 % da cualificación do módulo correspondente.

4. Cando o ámbito científico-tecnolóxico sexa impartido por dous docentes, no caso de impartir o ámbito nunha proporción do 50 %, para establecer a cualificación do ámbito realizarase a media ponderada das dúas cualificacións achegadas por cada un dos profesores ou profesoras, de xeito que cada unha das cualificacións supoña o 50 % da cualificación final do módulo correspondente. Para outra repartición da materia, seguiranse criterios proporcionais para a cualificación do ámbito.

5. As sesións de avaliación final dos módulos impartidos no primeiro cuadrimestre terán lugar na primeira quincena do mes de febreiro, e a partir do 5 de xuño de 2023 no caso dos módulos do segundo cuadrimestre.

6. O alumnado que supere os cuartos módulos de cada ámbito de coñecemento no mes de febreiro será proposto para o título de graduado en educación secundaria con anterioridade ao 1 de marzo.

7. As probas extraordinarias correspondentes aos módulos impartidos no primeiro cuadrimestre realizaranse antes de rematar o mes de maio de 2023. No caso dos módulos impartidos no segundo cuadrimestre, as probas extraordinarias terán lugar entre o 19 e o 21 de xuño de 2023.

8. As sesións de avaliación final extraordinaria deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.

9. No caso de concorreren circunstancias especiais que xustifiquen a modificación do calendario da avaliación extraordinaria establecido, a Inspección educativa poderá autorizar o cambio de datas.

10. Os módulos I, II, III ou IV de cada ámbito da ESA avaliados positivamente ou promovidos con avaliación negativa quedan superados, polo que non é necesario volver cursalos.

Artigo 18. Matrícula condicionada

1. O alumnado que curse durante o primeiro cuadrimestre os módulos primeiro ou terceiro e non sexa promovido ao módulo seguinte nalgún ámbito, durante o segundo cuadrimestre poderá matricularse do módulo seguinte de maneira condicional, sempre que siga escolarizado no mesmo centro. Nestes casos recibirá atención educativa do módulo mediante os mecanismos que estableza o centro.

2. Analogamente, o alumnado ao cal unicamente lle falte para titular un ámbito do terceiro módulo e ámbitos do cuarto módulo poderá matricularse de forma condicional de dous módulos do mesmo ámbito de coñecemento. En todo caso, ten que superar o ámbito do módulo terceiro antes de ser avaliado do mesmo ámbito de coñecemento do módulo cuarto.

3. Cando este alumnado obteña un resultado positivo na avaliación extraordinaria do mes de maio, poderá ser avaliado no mes de xuño do módulo a que foi promovido de maneira condicional.

4. Cando un alumno ou alumna curse estas ensinanzas nun centro en que se impartan simultaneamente os catro módulos da educación secundaria e non supere o módulo que cursou no primeiro cuadrimestre, poderá matricularse del no segundo cuadrimestre, sempre que renuncie á avaliación extraordinaria de maio.

5. Agás no caso previsto no punto 1 deste artigo, o alumnado non poderá ter matrícula activa no mesmo cuadrimestre en dous módulos dun mesmo ámbito.

6. Os alumnos e as alumnas que teñen superado o primeiro ou o terceiro módulo da educación secundaria e están matriculados en centros onde non se imparten todos os módulos simultaneamente poderán cursar outra vez estes módulos no primeiro cuadrimestre, sempre a cando a dispoñibilidade de prazas no centro o permita. En todo caso, os módulos xa superados non poden ser avaliados novamente.

Artigo 19. Cambio de centro e modalidade

1. O alumnado poderá cambiar de centro e modalidade de ensino nas seguintes condicións:

1.1. Unha vez rematado o cuadrimestre e logo de solicitude á dirección do centro, o alumnado poderá cambiar de modalidade para o cuadrimestre seguinte a aquel en que está escolarizado.

1.2. Con carácter excepcional, durante a escolarización de cada módulo cuadrimestral, a dirección do centro poderá autorizar o cambio de modalidade no seu propio centro, logo de escrito da persoa interesada en que aduza as razóns persoais ou profesionais que o xustifiquen.

1.3. Cando o cambio de modalidade supoña optar a unha praza da modalidade presencial, ese cambio estará supeditado á existencia de prazas dispoñibles.

Artigo 20. Profesorado

1. Cada ámbito de coñecemento será impartido por un profesor ou profesora.

2. O ámbito de comunicación, cando non exista un profesor ou profesora que poida impartir os contidos correspondentes ás tres linguas incluídas no ámbito, poderá ser impartido por dous docentes. Un deles impartirá os contidos correspondentes ás linguas galega e castelá, e outro os correspondentes á lingua estranxeira.

3. Cando na adscrición do profesorado ao ámbito científico-tecnolóxico existan dificultades para a elaboración dos horarios do centro polo feito de asignar oito períodos lectivos semanais a un único profesor ou profesora, o centro poderá solicitar á Dirección Xeral de Formación Profesional que ese ámbito sexa impartido por dous profesores ou profesoras. A Inspección educativa realizará o informe preceptivo desta solicitude, valorando se procede ou non a autorización. Esta adscrición non suporá a distribución dos contidos do ámbito polas especialidades dos profesores que o vaian impartir.

4. O profesorado do corpo de mestres poderá impartir os dous primeiros módulos de cada ámbito de coñecemento das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas. No caso de que máis dun mestre opte a impartir as ensinanzas de secundaria, a dirección do centro designará un deles seguindo os criterios de elección establecidos para o profesorado de primaria nos colexios de educación infantil e primaria e centros públicos integrados.

5. Para impartir o primeiro e o segundo módulo de cada ámbito de coñecemento terá prioridade o profesorado do corpo de mestres que viña impartindo ensinanzas de adultos.

6. Cando nos centros EPA con sede en institucións penitenciarias se deixe de impartir algún ámbito ou materia por non dispor de profesorado, a xefatura territorial que corresponda poderá establecer que profesorado do centro EPA máis próximo realice parte do seu horario no centro EPA en institucións penitenciarias.

7. A dirección do centro EPA poderá asignar a todo o profesorado con dispoñibilidade horaria períodos lectivos para a atención do alumnado matriculado no centro que acode a institucións da contorna acollidas a convenios de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

8. Para o seguimento do alumnado e a coordinación das titorías a distancia, as direccións dos centros, por proposta da xefatura de estudos, nomearán entre o profesorado con docencia na modalidade de educación a distancia unha persoa coordinadora que poderá ter unha dedicación horaria semanal de tres horas.

9. O profesorado que vaia impartir por primeira vez ensinanzas básicas de persoas adultas deberá asistir ás actividades de formación que se establezan para o efecto.

10. As direccións dos centros quedan autorizadas para introduciren as modificacións oportunas nos horarios do profesorado a partir do día 5 de xuño de 2023, asignando tarefas da súa responsabilidade, dando prioridade á realización de actividades de apoio, de reforzo e de recuperación para o alumnado con materias ou ámbitos con partes sen superar e de preparación das probas extraordinarias, de xeito que o profesorado desenvolverá en todo momento e ata a finalización das actividades lectivas o horario que lle corresponde conforme a normativa vixente.

11. O período comprendido entre o día 22 de xuño e o 30 de xuño de 2023, ambos inclusive, será dedicado polo profesorado, entre outras actividades, a elaborar as actas de avaliación, os informes individualizados, os consellos orientadores e os documentos de avaliación que correspondan, a entrega de cualificacións, a atención a reclamacións e cantas outras actividades estean relacionadas co final de curso. Todo o profesorado dos centros públicos permanecerá no centro ata o día 30 de xuño de 2023, inclusive. Nese período de tempo, a dirección adaptará o horario do profesorado de acordo coas actividades programadas.

CAPÍTULO IV

Bacharelato

Artigo 21. Prazo de matrícula

1. Abrirase un prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 20 de setembro de 2022.

2. O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 15 ao 28 dese mesmo mes.

3. No bacharelato a distancia, a dirección do centro poderá autorizar ata o 28 de abril de 2023 a matrícula fóra de prazo nos seguintes casos:

3.1. Cando o alumno ou a alumna acredite documentalmente un cambio na súa situación laboral que lle impida continuar os estudos con regularidade.

3.2. En caso de enfermidade prolongada acreditada.

3.3. Por outras circunstancias acreditadas que lle impidan continuar os estudos a través da oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.

4. O alumnado que desexe cursar o bacharelato a distancia solicitará a matrícula na secretaría do IES San Clemente de Santiago de Compostela ou a través a plataforma en liña https://matricula.iessanclemente.net habilitada para estes efectos ou na secretaría dos centros de educación e promoción de adultos (EPA) e na do IES Monte Castelo, de Burela, cuxo persoal revisará previamente a documentación entregada. Cando por razóns persoais o alumnado non se puider desprazar ata un dos centros mencionados, o sobre de matrícula poderá remitirse por correo certificado á dirección postal do IES San Clemente: rúa San Clemente, s/n, Santiago de Compostela 15705.

6. O alumnado matriculado no bacharelato a distancia será considerado oficial para todos os efectos, polo que terá dereito de acceso aos servizos e ás instalacións do centro e quedará suxeito a todas as súas normas de funcionamento, así como, no caso de teren menos de vinte e oito anos, ao aboamento do seguro escolar obrigatorio.

Artigo 22. Condicións de matriculación

1. Poderán matricularse nas ensinanzas de primeiro de bacharelato as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

1.1. Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

1.2. Estar en posesión do título de técnico correspondente á formación profesional de grao medio.

1.3. Estar en posesión do título de técnico deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio.

1.4. Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado polivalente ou, como máximo, con dúas materias non superadas no conxunto dos dous cursos.

1.5. Posuír o título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.

1.6. Ter superados os estudos do primeiro ciclo do Programa experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

1.7. Ter superados os cursos comúns dos estudos de artes aplicadas e oficios artísticos.

2. Poderán matricularse nas ensinanzas de segundo de bacharelato as persoas procedentes de réximes de ensinanzas extinguidos que cumpran algún dos requisitos académicos seguintes:

2.1. Ter superado o terceiro curso do bacharelato unificado polivalente e título de bacharel. O alumnado nestas condicións poderá matricularse en calquera modalidade de bacharelato, independentemente da especialidade pola que cursou terceiro de BUP.

2.2.Ter superado terceiro curso de formación profesional de segundo grao (réxime de ensinanzas especializadas).

2.3.Ter superado segundo curso de formación profesional de segundo grao (réxime xeral).

2.4. Ter superado primeiro curso dunha modalidade de bacharelato experimental.

2.5. Ter superada a segunda especialidade ou título de graduado en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.

3. O alumnado que se incorpore ao bacharelato para persoas adultas con materias superadas do bacharelato ordinario conservará a cualificación positiva destas no réxime de persoas adultas. Se o alumno ou alumna repetiu curso completo polo réxime ordinario, só se terán en conta as materias superadas no último ano académico en que realizou ese curso.

4. O alumnado que curse por primeira vez bacharelato para persoas adultas e non cursase previamente bacharelato polo réxime ordinario non se poderá matricular simultaneamente en materias coa mesma denominación nos dous cursos ou de contidos progresivos.

5. Nas materias de opción do bloque de materias troncais e nas materias específicas de segundo curso, o alumnado poderá matricularse da materia sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúne as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En caso contrario, deberase cursar a materia de primeiro curso.

6. A decisión de que o alumno ou alumna reúne as condicións para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo curso, deberá adoptarse segundo criterios obxectivos e avaliables, de maneira que sexa posible acreditar tal condición. O departamento didáctico correspondente poderá realizar unha proba.

7. A data límite para a realización desta acreditación será antes do inicio das actividades lectivas. Desta circunstancia deixarase constancia mediante unha dilixencia no historial académico, no expediente académico e, de ser o caso, por medio de observación no informe persoal por traslado.

8. Nas materias de opción do bloque de materias troncais e nas materias específicas, cando non se opte por matricular o alumnado da correspondente materia de primeiro de bacharelato, ten que incluírse a devandita dilixencia en XADE, na epígrafe Dilixencias/Observacións.

9. O alumnado que nos cursos 2015/16, 2016/17 e 2017/18 realizou os estudos do segundo curso de bacharelato na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais e finalizou con materias suspensas, só deberá matricularse da materia de Historia da Filosofía no curso 2022/23 nos seguintes casos:

a) Cando teña suspensas as dúas materias troncais de opción.

b) Cando teña suspensa unha das dúas materias troncais de opción e decida abandonar esa materia e matricularse nunha materia nova.

10. O alumnado que no segundo curso de bacharelato desexe cambiar o idioma da materia Primeira Lingua Estranxeira poderá facelo coa autorización da dirección do centro e sempre que curse simultaneamente a materia de primeiro curso. Esta solicitude realizarase no momento da matrícula e, en calquera caso, antes do inicio das actividades lectivas.

Será requisito indispensable a superación previa da materia do primeiro curso para poder ser avaliado/a na materia de segundo.

Artigo 23. Actividades lectivas

1. As actividades lectivas impartiranse desde o 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023.

Artigo 24. Cambio de modalidade

1. O alumnado que curse bacharelato para persoas adultas poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade, ou de itinerario na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. A dita solicitude efectuarase durante os dous primeiros meses do curso, contados a partir do inicio oficial das actividades lectivas, ou nos 15 días posteriores á data de matriculación.

3. Dos cambios de modalidade ou de itinerario deixarase constancia mediante dilixencia no historial académico e no expediente académico.

4. O alumnado de segundo curso poderá cambiar de modalidade ou de itinerario, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, de acordo coas seguintes condicións:

4.1. Deberá cursar, da nova modalidade ou do novo itinerario, as materias xerais do bloque de materias troncais de segundo e, de ser o caso, as de primeiro non superadas.

4.2. Deberá cursar a materia xeral do bloque de materias troncais propia do primeiro curso da nova modalidade ou do novo itinerario.

4.3. Non será necesaria a superación da materia xeral do bloque de materias troncais propia do primeiro curso da modalidade ou do itinerario que abandona.

4.4. Deberá cursar, da nova modalidade, dúas materias do bloque de materias troncais de opción de segundo curso e, polo menos, unha de primeiro curso.

4.5. As materias troncais de opción de primeiro curso superadas, da modalidade que abandona, poderán computarse: unha delas como materia troncal de opción da nova modalidade e outra como materia específica de primeiro da nova modalidade.

4.6. A materia xeral superada de primeiro curso do bloque de materias troncais propia da modalidade ou do itinerario que abandona poderá computarse como materia específica de primeiro curso da nova modalidade ou do novo itinerario.

Artigo 25. Matrícula simultánea coa modalidade telemática

1. Poderá solicitar matrícula simultánea co IES San Clemente o alumnado de bacharelato do réxime ordinario ou do réxime para persoas adultas que desexe cursar algunha materia que non se imparte no seu centro.

2. Este alumnado realizará o seguimento das actividades lectivas da materia correspondente na aula virtual da mesma maneira que o resto do alumnado do IES San Clemente, relacionándose co seu profesorado polos procedementos establecidos.

3. Ese alumnado realizará as probas escritas de avaliación das materias en que sexa atendido no IES San Clemente da mesma maneira e nos mesmos lugares que o resto do alumnado dese centro.

4. As persoas interesadas terán que solicitar a autorización correspondente á dirección do seu centro, que a remitirá á Inspección educativa. Logo de informe desta, a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderá autorizar esa matrícula.

5. Unha vez obtida esa autorización oficial, para formalizar a matrícula no bacharelato a distancia no IES San Clemente seguirase o seguinte procedemento:

5.1. Como requisito previo, o alumnado solicitará a matrícula de todas as materias que desexe cursar no seu centro, incluída a materia ou materias que non se impartan nel.

5.2. A dirección do centro de referencia enviará á dirección do IES San Clemente a relación do alumnado que, estando matriculado no seu centro, non poida recibir atención lectiva por non impartirse nel a materia correspondente. Esa relación incluirá o nome do centro, os datos persoais do alumnado e a materia ou materias en que deba ser atendido no IES San Clemente. Enviará igualmente as autorizacións da xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

5.3. A dirección do IES San Clemente dará de alta ese alumnado como usuario da súa aula virtual e elaborará a listaxe do alumnado que se atopa nesas condicións en cada unha das materias, con indicación do seu centro de procedencia.

5.4. Para rexistrar as cualificacións obtidas polo alumnado dos diferentes centros na aplicación de Xestión Administrativa da Educación, XADE, a dirección de cada un dos centros dará de alta a xefatura de estudos do IES San Clemente como profesora autorizada para rexistrar as cualificacións correspondentes. O Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente enviará aos centros implicados as instrucións técnicas precisas para formalizar a alta mencionada neste punto.

5.5. As actas coas cualificacións dese alumnado serán impresas e asinadas pola dirección do centro de procedencia.

Artigo 26. Materias que debe cursar o alumnado

1. O alumnado matriculado no primeiro curso de bacharelato deberá cursar as materias establecidas no artigo 22 da Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022/23.

2. O alumnado matriculado no segundo curso de bacharelato deberá cursar as materias establecidas no artigo 26 da dita resolución e poderá rematar ata o curso 2023/24 os seus estudos de bacharelato consonte a estrutura establecida nos artigos 30 e 31 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 27. Avaliación

1. O alumnado que non se presente a algunha ou a todas as probas das avaliacións parciais poderá presentarse directamente ás probas das avaliacións ordinaria e extraordinaria.

2. A superación das materias de segundo curso relacionadas no anexo VI do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, estará condicionada, por implicar continuidade, á superación das correspondentes materias de primeiro curso.

3. A terceira avaliación parcial poderá coincidir coa avaliación final do período ordinario.

4. As materias en que o alumnado obteña cualificación positiva consideraranse definitivamente superadas.

5. O alumnado matriculado en materias de primeiro curso terá dereito a dúas avaliacións finais, unha ordinaria, que se realizará a partir do 5 de xuño de 2023 e outra extraordinaria, que se realizará a partir do 22 de xuño de 2023.

6. O alumnado matriculado en materias de segundo curso terá dereito a dúas avaliacións finais, unha ordinaria, que se realizará en datas que permitan a inscrición nas probas de acceso á universidade (ABAU), e outra extraordinaria, que se realizará a partir do 22 de xuño de 2023.

7. O alumnado matriculado en materias de primeiro e segundo no curso 2022/23 poderá optar, na avaliación final ordinaria, entre:

7.1. Adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso. Neste caso as sesións de avaliación final ordinaria das materias, tanto de primeiro como de segundo, adecuaranse ás datas previstas para a ABAU.

7.2. Realizar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso nas datas establecidas con carácter xeral no punto 5 deste artigo. Neste caso as sesións de avaliación final ordinaria das materias, tanto de primeiro como de segundo, realizaranse a partir do 5 de xuño de 2023.

8. O alumnado que opte por non adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso deberá comunicalo antes do 17 de abril de 2023 á dirección do centro correspondente, que procederá a crear grupos XADE diferenciados.

9. As probas de avaliación na modalidade telemática realizaranse presencialmente no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Excepcionalmente, cando as circunstancias así o aconsellen, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá designar centros colaboradores nas catro provincias da comunidade autónoma.

10. Para a realización das probas das avaliacións do alumnado de bacharelato a distancia que reside nas comarcas onde están situados os centros EPA e o IES Monte Castelo de Burela, a dirección destes centros poñerá á disposición dese alumnado os locais axeitados. A vixilancia da realización das probas escritas será efectuada polo profesorado do IES San Clemente desprazado para este efecto ata os centros correspondentes.

Artigo 28. Titulación

1. Ao finalizar o segundo de bacharelato, o alumnado deberá ter cursadas e superadas todas as materias xerais do bloque de materias troncais de cada un dos cursos da modalidade ou itinerario polos que remata, así como catro materias de opción do bloque de materias troncais, das que polo menos tres deben ser da modalidade pola que remata, das cales dúas serán de segundo curso; a materia de Educación Física (agás o alumnado exento), a materia de libre configuración de Lingua Galega e Literatura e catro materias do bloque de materias específicas das establecidas polo citado Decreto 86/2015, do 25 de xuño, das cales dúas serán de primeiro curso e dúas de segundo.

Artigo 29. Titorías na modalidade a distancia

1. Todo o alumnado que curse bacharelato a distancia terá asignado, no seu centro respectivo, un profesor ou profesora titor/a por cada unha das materias.

2. Terán carácter de horas lectivas todas aquelas dedicadas ás titorías presenciais, que deberán distribuírse no horario de cada docente de luns a venres, ambos incluídos.

a) Modalidade semipresencial.

3. A atención do alumnado do bacharelato de adultos a distancia semipresencial realizarase fundamentalmente a través de titorías presenciais, que serán de dous tipos: titorías lectivas e titorías de orientación.

3.1. As titorías lectivas dedicaranse a abordar co alumnado os aspectos fundamentais da materia correspondente. Estas titorías serán de asistencia obrigatoria para o alumnado.

3.2. As titorías de orientación dedicaranse a solucionar as dúbidas e a realizar as orientacións necesarias para o mellor aproveitamento do estudo autónomo do alumnado.

4. A xefatura de estudos asignará, no horario do profesorado, un período lectivo semanal de titoría de orientación por cada materia que imparta. A cada grupo de primeiro e segundo de bacharelato que se estableza para estes efectos ofertaráselle unha titoría de orientación con periodicidade quincenal en cada materia.

5. O horario das titorías lectivas poderá concentrarse en tres días para adaptarse mellor ás posibilidades de asistencia do alumnado adulto. Cando a dirección do centro considere necesaria esta concentración, solicitará autorización á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que poderá autorizala, logo do informe da Inspección educativa.

b) Modalidade telemática.

6. A acción titorial característica do bacharelato de adultos a distancia realizarase a través da aula virtual do IES San Clemente utilizando os recursos dispoñibles das tecnoloxías da información.

7. Ao inicio de curso publicaranse e comunicaranse ao alumnado o calendario de avaliacións, os servizos a que ten acceso a través da aula virtual, o horario de atención telefónica, se o houber, e calquera outra información que poida ser relevante.

8. Con carácter xeral, as consultas realizadas ao titor ou á titora deberán ser resoltas e remitidas ao alumnado nun prazo máximo de vinte e catro horas despois da súa recepción. No caso de se recibiren en véspera de día non lectivo, deberán ser remitidas no inmediato día hábil seguinte.

Artigo 30. Recursos didácticos no bacharelato a distancia

1. O alumnado recibirá ao comezo do curso unha guía de cada materia que oriente o seu traballo autónomo. Esta guía incluirá indicacións sobre a distribución temporal dos contidos, os criterios de avaliación, as orientacións metodolóxicas, as datas das probas de avaliación e calquera outra información que se considere de interese para a súa aprendizaxe. A elaboración e actualización destas guías será responsabilidade dos departamentos didácticos correspondentes. O equipo directivo tomará as medidas oportunas para que o alumnado reciba ou teña acceso a esta guía.

2. O contido das guías electrónicas utilizadas no bacharelato a distancia con titorías telemáticas non poderá alterarse sen a autorización da dirección do centro.

3. Cando a dispoñibilidade de medios persoais e materiais o permita, o alumnado do bacharelato a distancia semipresencial terá acceso aos recursos educativos do bacharelato a distancia con titorías telemáticas baixo a supervisión do seu titor ou titora. A dirección do centro adoptará as medidas oportunas para que o alumnado de bacharelato semipresencial teña acceso aos instrumentos e mecanismos de información e interacción proporcionados polas tecnoloxías da información e da comunicación, que completarán así a atención que o alumnado recibe a través das titorías presenciais. A dirección do IES San Clemente colaborará, na medida dos recursos dispoñibles, para a consecución deste obxectivo a través da súa aula virtual.

Artigo 31. Profesorado da modalidade a distancia

1. O profesorado do IES San Clemente, por instancia da dirección, realizará as tarefas que aseguran e intensifican a comunicación e a interacción co seu alumnado, especialmente a de gravación de clases e videotitorías, tendo en conta a importancia actual da canle de comunicación visual en todos os ámbitos e, en concreto, no da educación a distancia.

2. O profesorado participará naquelas accións formativas promovidas pola dirección do centro e relacionadas cos aspectos específicos da metodoloxía e dos recursos propios desta modalidade de ensinanza.

3. O profesorado, a instancias da dirección do centro, deberá desprazarse ata os centros EPA, acuartelamentos ou outras institucións onde exista alumnado matriculado no bacharelato a distancia para supervisar a realización dos exames.

4. A dirección do centro, por proposta da xefatura de estudos, nomeará un coordinador ou coordinadora de actividades de bacharelato a distancia, que terá unha dedicación dunha a seis horas semanais no horario lectivo. A persoa coordinadora do bacharelato a distancia colaborará coa xefatura de estudos en todos os asuntos relacionados con estas ensinanzas, preferentemente nas tarefas de realización e coordinación das probas escritas nos centros EPA, na coordinación do foro específico da aula virtual do centro e na coordinación de actividades nos centros penitenciarios.

Artigo 32. Atención do alumnado interno en centros penitenciarios

1. O alumnado interno dos centros EPA de Bonxe, Monterroso e O Pereiro de Aguiar que desexe seguir as ensinanzas de bacharelato realizará a súa matrícula no IES San Clemente, na modalidade de bacharelato a distancia.

2. No mes de setembro, o equipo directivo do IES San Clemente manterá unha reunión co profesorado dos centros EPA mencionados co fin de planificar a oferta educativa, coñecer o número de posibles alumnos e entregar a documentación de matrícula.

3. Posteriormente, profesorado do IES San Clemente desprazarase aos centros EPA para informar o alumnado sobre o sistema de ensino a distancia, así como da organización do plan de traballo.

4. Ao finalizar cada trimestre, o profesorado responsable desta tarefa avaliará o plan de traballo e os rendementos do alumnado para introducir as correccións que sexan convenientes e os plans de recuperación.

5. O profesorado de educación secundaria que estea destinado neses centros EPA prestará atención presencial a este alumnado, dentro das posibilidades do seu horario.

6. A xefatura de estudos e o profesorado do IES San Clemente manterán contactos periódicos co profesorado dos mencionados centros EPA con sede nos centros penitenciarios, co fin de facilitar a mellor atención a este alumnado.

CAPÍTULO V

Ensinanzas non regradas

Artigo 32. Aula Mentor

1. O programa da Aula Mentor é un sistema de formación aberto, libre e a distancia a través da internet que se organiza nos centros EPA e IES autorizados mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e o Centro Nacional de Información e Comunicación do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

2. A matrícula estará aberta durante todo o curso escolar e conxelarase no mes de agosto.

3. A atención do alumnado realízase a través do profesorado-titor telemático e un administrador/a presencial que orientará e axudará o alumnado na elección do curso e na utilización do soporte técnico para contactar co profesor-titor.

4. No momento da inscrición, o alumnado aboará o custo do curso por un período de 60 días naturais. O custo do curso será fixado anualmente polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en concepto de matrícula e acción titorial. O ritmo de aprendizaxe do alumnado e as características do curso condicionarán a súa duración. No caso de ser necesario ampliar a inscrición inicial, o dito custo renovarase para cada novo período de 30 días naturais.

5. Cando finalice o curso e supere a proba final presencial realizada na aula, o alumnado obterá a certificación da actividade realizada.

6. Para mellorar a cualificación profesional das persoas que realicen e superen un curso da Aula Mentor e favorecer a súa inserción laboral, este alumnado poderá realizar con carácter voluntario prácticas laborais en empresas baixo as especificacións seguintes:

6.1. As prácticas laborais en centros de traballo realizaranse despois de que o alumnado obteña a avaliación positiva no curso correspondente da Aula Mentor.

6.2. Estas prácticas terán unha duración máxima de cen horas. A xornada de prácticas será como máximo de cinco horas diarias e deberá axustarse ao horario do centro de traballo onde se realicen.

6.3. A empresa a que pertenza o centro de traballo onde se realicen as prácticas designará unha persoa responsable do seguimento e control desas prácticas laborais. Igualmente, o director ou directora do centro educativo nomeará responsable desas prácticas por parte do centro o administrador ou administradora da Aula Mentor ou a outro profesorado do centro con horario dispoñible.

6.4. Os centros educativos que imparten cursos da Aula Mentor e desexen acollerse a este plan de prácticas laborais subscribirán acordos de colaboración co centro de traballo pertencente a empresas ou agrupacións de empresas para a realización destas prácticas.

6.5. O centro educativo comunicará á Dirección Xeral de Formación Profesional, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, o acordo ou acordos que ten intención de subscribir e o alumnado a que afecta. A Dirección Xeral de Formación Profesional autorizará, se é o caso, a sinatura do acordo ou acordos mencionados.

6.6. Os acordos de colaboración para a realización das prácticas en centros de traballo deberanse formalizar por escrito e estarán asinados pola dirección do centro educativo e pola persoa que teña a representación legal do centro de traballo, da empresa ou institución colaboradora. Asinarase un acordo por cada tipo de ensino e por cada centro de traballo, onde se identificará o alumnado que será acollido pola entidade colaboradora asinante.

6.7. A relación entre o alumnado e o centro de traballo derivada do acordo de colaboración non terá natureza xurídica para os efectos laborais. Xa que logo, o alumnado non poderá percibir retribución económica ningunha pola súa actividade formativa nin polos resultados que puidesen derivar dela.

6.8. A empresa ou entidade colaboradora non poderá ocupar ningún posto de traballo, nin sequera con carácter de substitución ou interinidade, co alumnado que realice prácticas na empresa.

6.9. O centro de traballo expedirá ao alumnado que complete as prácticas de empresa unha certificación que acredite o número de horas de prácticas realizadas.

6.10. Dez días antes do inicio das prácticas en centro de traballo, o centro educativo enviará unha copia do acordo específico de colaboración coas empresas ao servizo de Inspección educativa da respectiva xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para que desde alí se traslade á Inspección de Traballo.

6.11. Para calquera dúbida sobre a natureza xurídica e aplicación práctica dos acordos asinados e das prácticas en centros de traballo do alumnado de aulas Mentor, observarase o disposto na lexislación que regula, na Comunidade Autónoma de Galicia, a formación en centros de traballo na formación profesional.

7. As funcións do administrador ou administradora son as seguintes:

7.1. Xestión administrativa da Aula Mentor, así como a realización das tarefas relacionadas co seu mantemento informático e supervisión e control nas probas de avaliación do alumnado.

7.2. Informar o equipo directivo periodicamente de todos os aspectos relacionados co funcionamento da aula.

7.3. Cubrir as actas de avaliación das diferentes convocatorias e entregalas para a súa custodia á secretaría do centro.

7.4. Manter un rexistro de asistencia e uso da aula, así como das altas e baixas desta, que se entregará á xefatura de estudos mensualmente, xunto cun informe de incidencias, se as houber, en cada grupo de alumnado.

7.5. Realizar a memoria final de actividades da aula, que se incluirá na memoria anual do centro.

7.6. Supervisar as prácticas que o alumnado faga no centro de traballo.

8. Con carácter xeral, o profesorado que administre unha Aula Mentor terá unha dedicación horaria de tres horas por cada grupo de 10 alumnos activos, sempre que a dispoñibilidade de recursos humanos do centro o permita.

9. A xestión económica do programa Aula Mentor realizarase seguindo as seguintes indicacións:

9.1. A Dirección Xeral de Formación Profesional comunicará periodicamente aos centros os datos necesarios para realizar o pagamento dos titores telemáticos, así como a retención aplicable en concepto de IRPF, de acordo coa información recibida do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

9.2. Os ingresos realizados polo alumnado, en concepto de matrícula, faranse na conta do centro e a súa xestión e administración corresponde aos administradores da Aula Mentor para o pagamento de titores e administración da aula.

9.3. A persoa administradora da aula e a secretaría do centro seguirán o seguinte procedemento para o pagamento de titores:

a) Ingreso mediante transferencia bancaria a cada titor da cantidade correspondente aos seus honorarios.

b) Envío ao profesorado titor do xustificante bancario do ingreso, así como do documento de percepción de honorarios; do dito documento e do xustificante de pagamento por transferencia conservarase copia na secretaría do centro.

c) Comunicación ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente da data en que se realizou o pagamento dos honorarios e as retencións correspondentes á Administración tributaria.

CAPÍTULO VI

Centros en institucións penitenciarias

Artigo 33. Aspectos específicos dos centros EPA en institucións penitenciarias

1. O profesorado que desenvolva a súa función docente nos centros penitenciarios está suxeito á normativa xeral de control e seguridade destas institucións, tendo que respectar e cumprir o establecido con carácter xeral na normativa penitenciaria, así como as normas do seu réxime interior.

2. A actividade educativa desenvolverase de maneira que se acomode, en materia de horarios, á organización xeral de cada centro penitenciario.

3. Ao inicio do curso, os centros establecerán o seu horario, que será aprobado pola xefatura territorial correspondente.

4. O horario dos funcionarios docentes con destino nos establecementos penitenciarios está sometido á lexislación que rexe para o corpo o que pertencen e deberá satisfacer a demanda educativa efectiva da poboación penitenciaria, de acordo co principio de flexibilidade e acomodación horaria á realidade da institución en que se encontra a sede do centro EPA.

5. Durante o mes de setembro de 2022, e segundo o sinalado no artigo 11 do Real decreto 1203/1999, en cada establecemento penitenciario constituirase un órgano permanente de coordinación e seguimento que se reunirá como mínimo tres veces ao ano.

6. A dirección do centro educativo no establecemento penitenciario exercerá as funcións propias do seu cargo establecidas na normativa aplicable de carácter xeral e, ademais, exercerá as seguintes:

6.1. Informar os representantes do órgano de coordinación docente do establecemento penitenciario de todo canto atinxa á organización e funcionamento da actividade do centro de educación de persoas adultas.

6.2. Coordinar a función docente que atinxe ás ensinanzas de persoas adultas no establecemento penitenciario conforme os criterios establecidos no proxecto educativo e de acordo coas normas de réxime interno do establecemento penitenciario.

6.3. Dar a coñecer á xunta de tratamento do establecemento penitenciario a evolución do alumnado a través dos informes que o profesorado lle proporcione cos resultados das avaliacións e calquera outro sobre o rendemento pedagóxico.

6.4. Facilitar á dirección do establecemento penitenciario a listaxe de persoal interno que diariamente deba incorporarse á actividade educativa indicando os niveis educativos que lle correspondan.

6.5. Elaborar informes, por petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e sobre aqueloutros aspectos relacionados coa actividade docente nel.

6.6. Atender as consideracións da comisión mixta creada por convenio entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio do Interior.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

José Luis Mira Lema
Director xeral de Formación Profesional

ANEXO I

Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para os tres ámbitos de coñecemento da educación secundaria para persoas adultas

Ámbito de coñecemento

Módulos

Primeiro

Segundo

Terceiro

Cuarto

Comunicación

Lingua estranxeira

6

6

5

5

2

2

2

2

Científico-tecnolóxico

8

8

8

8

Social

3

3

4

4

Titoría

1

1

1

1

Totais:

20

20

20

20

ANEXO II

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos cursos do sistema educativo da Lei 14/1970 e do sistema ordinario da educación secundaria obrigatoria, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Sistema educativo Lei 14/1970

Sistema ordinario ensino básico

Sistema educación básica para persoas adultas

Sexto de educación xeral básica.

Sexto de educación primaria.

Nivel II das ensinanzas básicas iniciais

Sétimo da educación xeral básica.

Primeiro curso da educación secundaria obrigatoria.

Primeiro módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecemento do nivel I das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

Oitavo curso de educación xeral básica e título de graduado escolar ou oitavo curso de educación xeral básica e certificado de escolaridade.

Segundo curso da educación secundaria obrigatoria.

Segundo módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecemento do nivel I das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

Primeiro curso de bacharelato unificado polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de formación profesional de primeiro grao.

Terceiro curso da educación secundaria obrigatoria.

Terceiro módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecemento do nivel II das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

Segundo curso de bacharelato unificado polivalente (ata con dúas materias suspensas no conxunto dos dous cursos) ou segundo curso de formación profesional de primeiro grao e título de técnico auxiliar.

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.

Cuarto módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecemento do nivel II das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

ANEXO III

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria do sistema definido pola Lei orgánica 2/2006, modificada pola Lei orgánica 8/2013, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Lei orgánica 2/2006 modificada pola Lei orgánica 8/2013

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 1 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía

Científico-tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Comunicación

Xeografía e Historia

Sociedade

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 2 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía

Científico-tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Comunicación

Xeografía e Historia

Sociedade

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 3 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía

Científico-tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Comunicación

Xeografía e Historia

Sociedade

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 4 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía

(No caso de non ter cursado algunha destas materias deberá ter superado a materia do terceiro curso)

Científico-tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Comunicación

Xeografía e Historia

Sociedade

ANEXO IV

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria do sistema definido pola Lei orgánica 2/2006, antes da súa modificación pola Lei orgánica 8/2013, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Lei orgánica 2/2006 antes da súa modificación pola Lei orgánica 8/2013

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 1 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Ciencias da natureza

Científico-tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Sociedade

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 2 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxía

Científico-tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos

Sociedade

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 3 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía

Científico-tecnolóxico

Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Primeira ou Segunda lingua estranxeira

Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Sociedade

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo 4 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía

(No caso de non ter cursado algunha destas materias deberá ter superado a materia do terceiro curso)

Científico-tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Comunicación

Ciencias sociais, xeografía e historia

Sociedade

ANEXO V

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos módulos dos ciclos de formación profesional básica definidos pola Lei orgánica 2/2006, modificada pola Lei orgánica 8/2013, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Módulos dos ciclos de formación profesional básica

Módulo 3 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Módulo de Comunicación e Sociedade I

Ámbito da comunicación

Módulo de Comunicación e Sociedade I

Ámbito social

Módulo de Ciencias Aplicadas I

Ámbito científico-tecnolóxico

Módulos dos ciclos de formación profesional básica

Módulo 4 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Ámbito da comunicación

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Ámbito social

Módulo de Ciencias Aplicadas II

Ámbito científico-tecnolóxico

ANEXO VI

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos ámbitos e materias do Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR) definidos pola Lei orgánica 2/2006, modificada pola Lei orgánica 8/2013, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Ámbitos e materias de segundo da ESO do Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR)

Módulo 2 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Ámbito lingüístico e social e o ámbito de linguas estranxeiras

Ámbito da comunicación e ámbito social

Ámbito lingüístico e social

Ámbito social

Ámbito científico e matemático e a materia de Tecnoloxía

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbitos e materias de terceiro da ESO do Programa de mellora da

aprendizaxe e do rendemento (PMAR)

Módulo 3 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Ámbito lingüístico e social e o ámbito de linguas estranxeiras

Ámbito da comunicación e ámbito social

Ámbito lingüístico e social

Ámbito social

Ámbito científico e matemático e a materia de Tecnoloxía

Ámbito científico-tecnolóxico

ANEXO VII

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos ámbitos e materias do Programa de diversificación curricular (PDC) definidos pola Lei orgánica 2/2006, antes da súa modificación pola Lei orgánica 8/2013, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Ámbitos e materias do primeiro curso do Programa de diversificación

curricular de dous anos

Módulo 3 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Ámbito lingüístico social e a materia de Lingua Estranxeira

Ámbito de comunicación e ámbito social

Ámbito lingüístico social

Ámbito social

Ámbito científico técnico e a materia de Tecnoloxía

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbitos e materias do Programa de diversificación curricular dun ano ou de segundo curso do Programa de diversificación curricular de dous anos

Módulo 4 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Ámbito lingüístico social e a materia de Lingua Estranxeira

Ámbito de comunicación e ámbito social

Ámbito lingüístico social

Ámbito social

Ámbito científico técnico e a materia de Tecnoloxía

Ámbito científico-tecnolóxico

ANEXO VIII

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, dos módulos de educación secundaria para persoas adultas establecidos na Orde do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo) e as ensinanzas reguladas nesta orde

Orde do 26 de maio de 1997

Ensinanzas reguladas nesta orde

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito da comunicación

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito de comunicación

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito da sociedade

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito social

Módulo 4A ou módulo 4B do ámbito da comunicación

Módulo 4 do ámbito de comunicación

Módulo 4A ou módulo 4B do ámbito da sociedade

Módulo 4 do ámbito social

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito da natureza e mais o módulo do mesmo número do ámbito tecnolóxico-matemático

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito científico-tecnolóxico

Módulo 4A ou 4B do ámbito da natureza e mais o módulo 4A ou 4B do ámbito tecnolóxico-matemático

Módulo 4 do ámbito científico-tecnolóxico

ANEXO IX

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos módulos de programas de cualificación profesional inicial cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Módulos de programas de cualificación profesional inicial

Ámbitos da educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

Módulos formativos de carácter xeral de 1º curso

Módulos 1 e 2 de educación secundaria para persoas adultas

Competencia comunicativa e dixital I

Comunicación

Sociedade e cidadanía I

Social

Iniciativa persoal e relacións laborais

Científico-matemático I

Científico-tecnolóxico

Módulos formativos de carácter xeral de 2º curso

Módulo 3 de educación secundaria para persoas adultas

Competencia comunicativa e dixital II

Comunicación

Sociedade e cidadanía II

Social

Científico-matemático II

Científico-tecnolóxico

Módulos voluntarios

Módulo 4 de educación secundaria para persoas adultas

Comunicación

Comunicación

Social

Social

Científico-tecnolóxico

Científico-tecnolóxico

ANEXO X

Cadro de equivalencias dos ámbitos das probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria cos 4º módulos (nivel II) das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Ámbitos das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

4º módulo (nivel II) das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Comunicación

Ámbito da comunicación

Científico-tecnolóxico

Ámbito científico-tecnolóxico

Social

Ámbito social

ANEXO XI

Primeiro curso de bacharelato para persoas adultas (LOMLOE)

a) Tipos de materias que se impartirán nos centros EPA e IES autorizados.

Tipos de materias

Oferta

Materias comúns*

A totalidade

Materias específicas obrigatorias*

A totalidade das materias das modalidades ou vías que teñan autorizadas

Materias específicas de opción*

A totalidade das materias das modalidades ou vías que teñan autorizadas

Materias optativas*

As establecidas na concreción curricular de cada centro

Relixión¹

* As cualificacións obtidas na avaliación destas materias computarán na nota media para os efectos de acceso a outros estudos, para a obtención da mención de matrícula de honra e nas convocatorias para a obtención de bolsas e axudas ao estudo en que deban entrar en concorrencia os expedientes académicos.

¹ O alumnado poderá elixir cursar ou non a materia Relixión, pero non se ofrece a posibilidade de alternativa a esta materia.

b) Materias que debe cursar o alumnado que opte por matricularse do curso completo.

Materias

Número

Materias comúns

5

Materia específica obrigatoria da modalidade ou vía elixida

1

Materias específicas de opción da modalidade ou vía elixida

2

Materia optativa

1

c) Materias optativa (en función da oferta dos centros docentes).

Materias optativas

Materias optativas

Anatomía Aplicada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Antropoloxía

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I

Cultura Científica

Calquera materia de modalidade de primeiro curso

(poderá ser ofertada en calquera das modalidades)

Segunda Lingua Estranxeira I *

* Os centros docentes ofertarán, en calquera das modalidades que impartan, a materia optativa de Segunda Lingua Estranxeira I.

ANEXO XI (continuación)

Primeiro curso de bacharelato para persoas adultas (LOMLOE)

d) Horario de titorías presenciais lectivas para o bacharelato de adultos a distancia semipresencial.

Materias

Horas

Lingua Castelá e Literatura I

1

Lingua Galega e Literatura I

1

Lingua Estranxeira I

1

Filosofía

1

Educación Física

1

Materia específica obrigatoria da modalidade ou vía elixida

1

1ª Materia específica de opción a) da modalidade ou vía elixida

1

2ª Materia específica de opción a) da modalidade ou vía elixida

1

Materia optativa

1

Total

9

Relixión

1

Total

10

ANEXO XII

Segundo curso de bacharelato para persoas adultas (LOMCE)

a) Materias e carga horaria semanal na modalidade presencial.

Materias

Modalidade de Ciencias

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Modalidade de Artes

Humanidades

Ciencias sociais

Lingua Galega e Literatura II

3

3

3

3

Lingua Castelá e Literatura II

3

3

3

3

Primeira Lingua Estranxeira II

3

3

3

3

Historia de España

3

3

3

3

Matemáticas II

4

Latín II

4

Matemáticas Aplicadas ás CC SS II

4

Bioloxía

4*

Debuxo Técnico II

4*

Física

4*

Química

4*

Xeoloxía

4*

Historia da Filosofía

4***

4***

Economía da Empresa

4*

4*

Xeografía

4*

4*

Grego II

4*

4*

Historia da Arte

4*

4*

Fundamentos da Arte II

4

Artes Escénicas

4*

Cultura Audiovisual II

4*

Deseño

4*

Debuxo Artístico II

3**

Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica

3**

Tecnoloxía Industrial II

3**

3**

3**

3**

Ciencias da Terra e do Medioambiente

3**

3**

3**

3**

Segunda Lingua Estranxeira II

3**

3**

3**

3**

TIC II

3**

3**

3**

3**

Historia da Música e da Danza

3**

3**

3**

3**

Psicoloxía

3**

3**

3**

3**

Relixión

1**

1**

1**

1**

Totais horas máximas

32

32

32

32

* Materias troncais de opción. Hai que elixir dúas.

** Materias específicas. Deben escollerse dúas. Como materia específica tamén pode escollerse unha materia troncal non cursada.

*** O alumnado que opte pola modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais deberá cursar obrigatoriamente a materia de Historia da Filosofía como materia troncal de opción.

ANEXO XII (continuación)

Segundo curso de bacharelato para persoas adultas (LOMCE)

b) Horario de titorías presenciais lectivas na modalidade semipresencial.

Materias

Horas

1ª Materia xeral do bloque de materias troncais da modalidade ou itinerario elixido

1

2ª Materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade ou itinerario elixido

1

3ª Materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade ou itinerario elixido

1

4ª Materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade ou itinerario elixido

1

1ª Materia de opción do bloque de materias troncais da modalidade ou itinerario elixido

1

2ª Materia de opción do bloque de materias troncais da modalidade ou itinerario elixido

1

1ª Materia específica

1

2ª Materia específica

1

Materia de libre configuración autonómica Lingua Galega e Literatura II

1

Total

9

ANEXO XIII

Correspondencia entre materias LOXSE, LOE e LOMCE

Correspondencia entre determinadas materias da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e as establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

LOXSE

LOE

Economía e Organización de Empresas

Economía da Empresa

Filosofía I

Filosofía e Cidadanía

Filosofía II

Historia da Filosofía

Fundamentos do Deseño

Deseño

Historia

Historia de España

Historia da Música

Historia da Música e da Danza

Materia optativa

Materia optativa

Correspondencia entre determinadas materias da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e as establecidas na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa

LOE

LOMCE

Cultura Audiovisual

Cultura Audiovisual I

Filosofía e Cidadanía

Filosofía

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Tecnoloxías da Información e da Comunicación I

Lingua Estranxeira I

Primeira Lingua Estranxeira I

Lingua Estranxeira II

Primeira Lingua Estranxeira II

Ciencias da Terra e Medioambientais

Ciencias da Terra e do Medio Ambiente

Ciencias para o Mundo Contemporáneo

Cultura Científica