Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42126

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 10 de febreiro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e dos locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2022.

Logo de ver as solicitudes de subvencións destinadas ao equipamento e á mellora das instalacións e dos locais utilizados para a realización de actividades culturais polas entidades locais de Galicia e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Tras finalizar a tramitación establecida nos artigos 7, 8, 9 e 10 da orde de convocatoria para as solicitudes presentadas, realizouse o procedemento de exame e valoración destas, consonte os criterios establecidos no artigo 14 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas corresponde á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidades, segundo o establecido no artigo 16 da convocatoria.

En consecuencia, e atendendo á proposta de resolución definitiva elevada pola Dirección Xeral de Cultura a partir do informe da Comisión de Valoración creada ao abeiro do artigo 13 da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Conceder as axudas sinaladas no anexo ás entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e dos locais utilizados para a realización de actividades culturais, por importe de 499.781,98 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 30 de outubro do ano 2022, de acordo co establecido no artigo 22.1 da orde de convocatoria.

Cómpre notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Relación de entidades e proxectos subvencionados

Nº de
expediente

Solicitante

DNI/CIF

Proxecto

Local equipado

Subvención

2022-0002

Concello de Catoira

P3601000G

Equipamento na biblioteca

Biblioteca municipal

9.265,00 €

2022-0004

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

Dotación de ordenadores de uso público na biblioteca municipal

Biblioteca municipal

1.271,77 €

2022-0005

Concello da Lama

P3602500E

Posta en funcionamento de local cultural

Escola taller municipal

1.964,93 €

2022-0006

Concello de Cartelle

P3202100H

Instalación de equipamento de climatización no local da feira de Cartelle

Local Social Feira de Cartelle

2.384,07 €

2022-0007

Concello de Covelo

P3601300A

Mellora do equipamento e mobiliario BPM

Biblioteca municipal

3.806,61 €

2022-0008

Concello do Grove

P3602200B

Mellora e ampliación do equipamento na sala infantil da biblioteca pública municipal

Biblioteca municipal

2.880,00 €

2022-0009

Concello de Touro

P1508600B

Acondicionamento da Axencia de Lectura Municipal Xosé Neira Vilas

Axencia de Lectura Municipal

15.735,46 €

2022-0010

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

Mellora na envolvente da biblioteca municipal

Biblioteca municipal

18.013,98 €

2022-0017

Concello de Alfoz

P2700200E

Dinamización da biblioteca pública

Biblioteca municipal

3.015,02 €

2022-0020

Concello de Ourol

P2703800I

Adquisición de equipamento de son no edificio multiúsos

Edificio multiúsos

1.749,61 €

2022-0034

Concello de Pazos de Borbén

P3603700J

Mellora das instalacións da biblioteca pública municipal

Biblioteca municipal

3.597,29 €

2022-0037

Concello de Vilar de Barrio

P3209000C

Obra de mellora da BPM de Vilar de Barrio e equipamento nela

Biblioteca municipal

19.301,43 €

2022-0040

Concello de Bergondo

P1500800F

Mellora de accesibilidade e medidas de seguridade no Centro Sociocultural A Senra

Edificio cultural A Senra. Centro Sociocultural de Bergondo

3.941,69 €

2022-0043

Concello de Cenlle

P3202600G

Equipamento BPM

Biblioteca municipal

2.042,09 €

2022-0048

Concello de Abegondo

P1500100A

Mellora do equipamento da Biblioteca Pública Municipal de Abengondo

Biblioteca Pública Municipal de Abegondo

3.864,24 €

2022-0050

Concello de Ordes

P1506000G

Renovación de equipamento informático da biblioteca

Biblioteca Municipal de Ordes

7.840,21 €

2022-0053

Concello de Valdoviño

P1508800H

Dotación e reposición de equipamentos culturais para os distintos espazos

Casa da cultura

3.809,43 €

2022-0055

Concello de Xermade

P2702100E

Modernización da biblioteca municipal

Biblioteca Pública Municipal de Xermade

4.849,98 €

2022-0057

Concello de Allariz

P3200200H

Melloras na accesibilidade e nos equipamentos

Biblioteca pública

17.734,62 €

2022-0060

Concello de Cerdedo-Cotobade

P3600048G

Equipamento do centro social e turístico

Centro Cultural e Turístico Antonio Fraguas

14.588,22 €

2022-0061

Concello de Sarria

P2705700I

Acondicionamento da sala como zona infantil de lectura

Biblioteca Municipal de Sarria

9.954,59 €

2022-0064

Concello de Ortigueira

P1506200C

Mellora do equipamento da biblioteca municipal

Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre

6.980,94 €

2022-0069

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

Mellora de locais culturais do Xeoparque Montañas do Courel

Cimar (Ribas de Sil), casa da cultura (Quiroga) e local sociocultural Fondo da Vila (Folgoso do Courel)

31.500,00 €

2022-0071

Concello de Verea

P3208500C

Equipamento relacionado coas novas tecnoloxías

Casa da cultura

3.402,25 €

2022-0072

Concello de Ames

P1500200I

Equipamento e mellora da biblioteca

Casa da Cultura de Bertamiráns

4.793,09 €

2022-0077

Concello de Samos

P2705500C

Renovación e mantemento da biblioteca

Biblioteca Municipal de Samos

26.997,62 €

2022-0078

Concello de Cuntis

P3601500F

Reforma do centro cultural para a posta en funcionamento da sala multiúsos

Centro Sociocultural Xose Raído «Patelas»

15.302,08 €

2022-0080

Concello do Carballiño

P3202000J

Plan de mellora do equipo técnico

Auditorio municipal Manuel María

17.115,11 €

2022-0082

Concello de Miño

P1504900J

Equipamento e moblaxe

Centro Social da Rúa

7.636,48 €

2022-0085

Concello de Viveiro

P2706700H

Equipamento de sala, luz e colgadores

Biblioteca municipal

7.225,58 €

2022-0086

Concello de Noia

P1505800A

Obras de reparación de terrazas e adecuación de estancias

Casa da Cultura de Noia

21.148,86 €

2022-0087

Concello de Teo

P1508300I

Reformas, mellora e restauración do exterior da BPM

Biblioteca-casa común Os Tilos

8.356,27 €

2022-0090

Concello de Sanxenxo

P3605100A

Sala de ensaios para grupos pop-rock

Local da planta baixa da edificación principal da Casa Priorato de Arra

8.082,85 €

2022-0101

Concello do Valadouro

P2706300G

Equipamento e mellora das instalacións do local sociocultural Manuel Lourenzo

Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo

3.253,40 €

2022-0103

Concello da Baña

P1500700H

Mellora da accesibilidade no local social da Baña

Local social da Baña

27.000,00 €

2022-0105

Concello de Malpica

de Bergantiños

P1504400A

Equipamento son-iluminación escénica dos espazos expositivos-

Centro Cívico Malpica de Bergantiños

2.648,73 €

2022-0106

Concello do Saviñao

P2705800G

Acondicionamento do arquivo

Arquivo municipal

2.970,00 €

2022-0108

Concello de Melide

P1504700d

Equipamento de maquinaria escénica

Centro Sociocultural Mingos de Pita

6.926,82 €

2022-0114

Concello de Coles

P3202700E

Actuacións de mellora do auditorio

Auditorio municipal

14.760,85 €

2022-0115

Concello de Boqueixón

P1501200H

Melloras no local social

Centro Sociocultural de Codeso

22.564,31 €

2022-0116

Concello da Laracha

P1504200E

Obras de mellora do local para usos culturais

Centro Cultural Insua de Caión

11.559,02 €

2022-0121

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

Mellora das medidas de seguridade contra incendios

Pavillón municipal

21.447,48 €

2022-0122

Concello de Val do Dubra

P1508900F

Adaptación da cámara agraria en local cultural

Antiga cámara agraria

27.000,00 €

2022-0124

Concello de Chantada

P2701600E

Rehabilitación do edificio para centro sociocultural

Local de titularidade municipal Casa do Circo

25.500,00 €

2022-0128

Concello de Bóveda

P2700800B

Proxecto básico e de execución para a mellora da accesibilidade

Centro Sociocultural

24.000,00 €