Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42762

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas correspondentes á Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

A Orde do 31 de decembro de 2021 (DOG núm. 20, do 31 de xaneiro de 2022), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas tituladas superiores que obtiveron recentemente o título de doutoras para a súa formación nos seus centros, unidades ou departamentos, e permitir a mellora das súas capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e, no artigo 2.2, os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes, publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formular reclamacións e para emendar erros e a falta de documentos das persoas interesadas ante a Axencia Galega de Innovación. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, o 6 de abril de 2022 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 7 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no seu anexo I.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 12 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para os órganos instrutores no cal figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e a lista de agarda para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 13 da convocatoria.

A Resolución parcial do 12 de xullo de 2022 adxudicou as axudas desta convocatoria correspondentes á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Por este motivo, esta nova resolución parcial, correspondente á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, supón que se resolven a totalidade das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2021.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 13 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 27 de xuño de 2022, a través da Axencia Galega de Innovación,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2021 ás entidades que figuran no punto quinto desta resolución, que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo desta, no cal se reflicten tamén as solicitudes das persoas investigadoras que obteñen a condición de bolseiras Fulbright.

Segundo. No ámbito instruído pola Axencia Galega de Innovación non se establece unha lista de agarda, xa que todas as solicitudes que obtiveron unha puntuación igual ou superior á mínima establecida no artigo 11.2 da convocatoria figuran no anexo desta resolución.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran no anexo desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 1 de setembro de 2022, agás para as persoas non comunitarias, que poderán asinar o contrato ata o 30 de decembro de 2022.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 19 das bases da convocatoria.

Entidades beneficiarias: 8 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidade

Núm. de axudas

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

2025

06.A2.561A.403.0

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC

1

18.166,67

51.500,00

45.500,00

21.333,33

06.A2.561A.403.0

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

1

16.666,67

48.500,00

33.500,00

21.333,33

06.A2.561A.443.19

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

2

24.333,34

84.500,00

79.500,00

42.666,66

06.A2.561A.481.0

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

1

12.166,67

36.500,00

45.500,00

30.333,33

06.A2.561A.481.0

Fundación Profesor Novoa Santos

3

36.500,01

118.500,00

166.500,00

63.999,99

Total

8

107.833,36

339.500,00

370.500,00

179.666,64

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Axencia Galega de Innovación, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 19 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e das demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Francisco Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación e presidente da Axencia Galega
de Innovación

ANEXO

Axudas concedidas

Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC.

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolsa Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-2022/013

Incipit-CSIC

Reggio

-

Daniela

Artes e humanidades

Non

1.9.2022-30.8.2024

2

-

-

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolsa Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-2022/004

IIM-CSIC

García

Fernández

Cristina

Ciencias

Non

1.10.2022-31.10.2023

2

-

-

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolsa Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-202/005

FCTC

Agregán

Pérez

Rubén

Ciencias

Non

1.6.2023-31.5.2024

2

-

-

IN606B-2022/006

FCTC

Echegaray

Suárez

Noemí

Ciencias

Non

1.6.2023-31.5.2024

1

-

-

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolsa Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-2022/007

FIDIS

Rapado

González

Óscar

Ciencias da Saúde

Non

1.10.2023-30.9.2024

1

01.10.2024 -30.09.2025

1

Fundación Profesor Novoa Santos.

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolsa Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-2022/012

FPNS

Escuder

Rodríguez

Juan José

Ciencias da Saúde

Si

1.1.2024-31.12.2024

3

-

-

IN606B-2022/002

FPNS

Varela

Vázquez

Adrián

Ciencias da Saúde

Non

1.1.2023-31.12.2024

2

-

-

IN606B-2022/009

FPNS

Vázquez

Ucha

Juan Carlos

Ciencias da Saúde

Non

1.1.2024-31.12.2024

2

-

-