Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 42917

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 140/2022, do 21 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de varios treitos antigos das estradas PO-331, PO-332 e PO-340, xunto coa súa franxa de dominio público viario asociado.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos destas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Gondomar solicítalle á Xunta de Galicia a transferencia de titularidade dos treitos antigos das estradas de titularidade autonómica PO-331, PO-332, PO-340 e PO-344.

A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, indica que soamente hay treitos antigos susceptibles de transferir nas estradas PO-331, PO-332 e PO-340, non así na estrada PO-344.

En relación co estrada PO-331, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia identifica erroneamente como tronco da estrada PO-331 o que é un treito antigo desta estrada (pp.qq. 18+360 a 19+150), o cal discorre en travesía polo núcleo de Gondomar, e que xurdiu do treito de novo trazado construído pola obra de ancheamento e mellora da estrada PO-340, treito Gondomar-Couso, de clave N/PO/89.2-M1. Este treito de novo trazado construído é a variante ao núcleo de Gondomar polo noroeste, e conecta a estrada PO-331 no seu p.q. 18+360 ME coa estrada PO-340 no seu p.q. 17+940 MD, constituíndo o tronco da estrada PO-331 a partir do seu p.q. 18+360, polo que así debe recollerse no Catálogo da Raega, suprimindo o dito treito antigo desta estrada que discorre polo núcleo de Gondomar e incluíndoo nesta transferencia ao Concello de Gondomar.

Os treitos antigos das estradas autonómicas PO-331, PO-332 e PO-340 carecen de funcionalidade dentro da Rede autonómica de estradas de Galicia, polo que reúnen as condicións necesarias para que a súa titularidade lle sexa transferida ao Concello de Gondomar. Así pois, formúlase proposta favorable á transferencia de titularidade, por razóns dunha xestión administrativa coherente e eficiente coa realidade das marxes destas estradas, dos treitos que se definen no artigo 1, xunto coa súa franxa de dominio público viario asociado.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de xullo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar dos seguintes treitos antigos, xunto co seu dominio público viario asociado:

Denominación

P.q.i de
conexión

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

P.q.f de
conexión

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

Lonx. aprox. (m)

Treito antigo da PO-331

12+320 MD

X=522.959

Y=4.666.888

12+460 MD

X=522.849

Y=4.666.804

146

Treito antigo da PO-331

14+520 ME

X=522.206

Y=4.665.019

14+580 ME

X=522.137

Y=4.664.978

118

Treito antigo da PO-331

14+700 ME

X=522.051

Y=4.664.888

14+760 ME

X=522.014

Y=4.664.849

95

Treito antigo da PO-331

15+890 MD

X=521.390

Y=4.664.011

15+960 MD

X=521.319

Y=4.664.009

71

Treito antigo da PO-331

17+560 ME

X=520.363

Y=4.663.165

17+650 ME

X=520.313

Y=4.663.091

132

Treito antigo da PO-331

17+760 ME

X=520.250

Y=4.663.002

17+820 ME

X=520.200

Y=4.662.957

150

Treito antigo da PO-331

18+110 ME

X=520.024

Y=4.662.748

18+200 ME

X=519.957

Y=4.662.681

112

Treito antigo da PO-331

(travesía de Gondomar)

18+360 ME

da PO-331

X=519.834

Y=4.662.595

16+810 MD

da PO-340

X=519.796

Y=4.661.850

795

Treito antigo da PO-332

5+780 MD

X=519.213

Y=4.663.663

5+890 MD

X=519.324

Y=4.663.674

156

Treito antigo da PO-332

6+140 ME

X=519.537

Y=4.663.598

6+200 ME

X=519.599

Y=4.663.573

117

Treito antigo da PO-332

7+100 ME

X=520.175

Y=4.663.873

7+150 ME

X=520.233

Y=4.663.893

81

Treito antigo da PO-332

7+940 MD

X=520.945

Y=4.664.009

8+010 MD

X=520.951

Y=4.664.079

87

Treito antigo da PO-332 (zona de Pego Negro)

8+290 MD

da PO-332

X=521.169

Y=4.664.163

15+980 MD

da PO-331

X=521.310

Y=4.664.006

254

Treito antigo da PO-340 (área de descanso)

9+460 MD

X=522.417

Y=4.658.561

9+720 MD

X=522.179

Y=4.658.606

304

Treito antigo da PO-340

18+790 MD

da PO-331

X=519.736

Y=4.662.188

17+420 MD

da PO-340

X=519.479

Y=4.662.200

261

Artigo 2

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de recoller correctamente o trazado final e a denominación da estrada PO-331:

Clave

Denominación

Treito

P.q.i

P.q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

PO-331

Torneiros (PO-511)-Gondomar oeste (PO-340)

Torneiros (PO-511)- Gondomar oeste (PO-340)

0+800

18+980

18,18

18,18

Complementaria

Estrada convencional

Pontevedra

O documento do catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/tema/c/CIV_Infraestruturas_Estradas

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Gondomar, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e un de xullo de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade