Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica (expediente-e IN407A 2022/132-1).

Expediente-e: IN407A 2022/132-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: cambio de sección tramo LMTS SAD706 entre CT 15CQ90 e CCTT 15CQ91 e 15CQ92.

Concello: Oleiros.

Feitos:

1. O 13.4.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de incrementar a capacidade de transporte das liñas de distribución de enerxía eléctrica existentes para atender os aumentos de demanda de enerxía que se produciron ao longo do tempo na zona de Punta Canide, no concello de Oleiros; proxéctase a substitución dos condutores de dous tramos soterrados.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado cambio de sección tramo LMTS SAD706 entre CT 15CQ90 e CCTT 15CQ91 e 15CQ92, asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, nº colexiado 2980 de Vigo, o 31.3.2022.

– Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid, o 31.5.2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Oleiros e á Dirección Xeral do Patrimonio.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a dita solicitude o 27.6.2022.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que de seguido se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

As instalacións atópanse en Punta Canide, no concello de Oleiros e as súas características técnicas son as seguintes:

Cambio de condutor da liña SAD706 (expediente IN407A 2016/2034-1). Substitución dos seguintes dous tramos de LMTS, coa retirada do condutor existente tipo RHV-70:

– LMTS, a 15 kV (actuación nº 1), de 248 m, coa orixe no CT-CR. Canide (IN407A 2015/339-1, 15CQ90), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CT Sta. María Canide 2 (expediente 25636, 15CQ92).

– LMTS a 15 kV (actuación nº 2), cunha lonxitude de 617 m., coa orixe no CT-CR. Canide (IN407A 2015/339-1, 15CQ90), condutor tipo RHZ1- 2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CT Sta. María Canide 3 (IN407A 2009/94, 15CQ91).

4. O 27.6.2022 os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña