Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa e, sucesivamente, mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Javier V e Palmeira II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Javier V e Palmeira II e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 6 de xullo de 2022, Manuel Ramón González Gago solicitou autorización para a transmisión mortis causa e, sucesivamente, mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Javier V e Palmeira II.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, de 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa e, sucesivamente, mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Manuel Ramón González Gago (***5234**), José Luis González Gago (***5117**), Francisco Gabriel González Gago (***5088**) e Santiago González Gago (***5820**) das concesións administrativas e de las bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Javier V.

Situación:

Cuadrícula nº: 44.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.3.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José González Filgueiras (***6608**) y Peregrina Gago Domínguez (***8943**).

Novos titulares: Manuel Ramón González Gago (***5234**), José Luis González Gago (***5117**), Francisco Gabriel González Gago (***5088**) e Santiago González Gago (***5820**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Palmeira II.

Situación:

Cuadrícula nº: 53.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 13.10.1994.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José González Filgueiras (***6608**) y Peregrina Gago Domínguez (***8943**).

Novos titulares: José Luis González Gago (***5117**), Manuel Ramón González Gago (***5234**), Francisco Gabriel González Gago (***5088**) e Santiago González Gago (***5820**).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de xullo de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña