Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44334

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade da Resolución da mesma data pola que se encomenda á Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización de actuacións de mellora de seguridade viaria na RAEG, no ámbito dos Camiños de Santiago, clave GA/22/092.06 (E/045/2022).

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da seguinte encomenda coas seguintes características:

Resolución do 5 de agosto de 2022, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización de actuacións de mellora de seguridade viaria na RAEG, no ámbito dos Camiños de Santiago.

– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura desta encomenda consistirán na mellora da seguridade viaria na RAEG, no ámbito dos Camiños de Santiago, mediante a realización dunha serie de actuacións que afectan tanto o tránsito dos usuarios dos camiños como a percepción do peregrino por parte dos usuarios das estradas autonómicas confluentes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: seis (6) meses.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2022, aplicación orzamentaria 09.A1.512B.610.1.

– Orzamento: 1.786.897,76 €.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas