Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 1 de setembro de 2022 Páx. 46857

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

En sesións que tiveron lugar o 22 e o 26 de xullo de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2022 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.4.7 da convocatoria, anular a pregunta número 96 do primeiro exercicio, realizado o 15 de xullo de 2022. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva número 151.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.3.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de dez (10) puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que por cada resposta incorrecta se descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Segundo o disposto na citada base, polo Acordo deste tribunal do 29 de xuño de 2022, establecéronse os seguintes criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio:

– A puntuación máxima do exercicio será de 20 puntos. As regras de puntuación serán as seguintes:

a) Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación.

b) Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

c) As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

– Superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar un número de 75 persoas, sempre e cando, aplicando as regras de puntuación descritas, obteñan un mínimo de 60 unidades de puntuación. Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación ao aprobado correspondente á nota de corte se considerarán igualmente aprobadas aínda que se superase o número de 75 persoas aspirantes indicado.

Para estes efectos, as persoas aspirantes que conserven a nota obtida no primeiro exercicio do proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, non computarán no número máximo sinalado no parágrafo primeiro desta alínea.

Asignarase unha valoración de 10 puntos no exercicio as persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 10 e os 20 puntos proporcional ao número de respostas acertadas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección na sesión do 26 de xullo de 2022, acadaron a puntuación mínima de 60 puntos un total de 54 aspirantes.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 15 de xullo de 2022 ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.4.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2022

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal