Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 2 de setembro de 2022 Páx. 47140

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209H).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do venres 17 de decembro de 2021, cómpre facer a seguinte modificación na páxina 61872:

Onde di:

«1. Finalidade: axudas a proxectos colectivos que contribúan á conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

2. Financiamento: aplicación orzamentaria 15.03.723A.770.1, proxecto contable 201600293, cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e o 25 % pola Comunidade Autónoma».

Debe dicir:

«1. Finalidade: axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños.

2. Financiamento: aplicación orzamentaria 15.03.723A.770.1, proxecto contable 2016.00293».