Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47487

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (códigos de procedemento AP400C e AP400D).

A Comisión Europea presentou, o pasado 9 de marzo de 2021, a Década dixital de Europa, unha visión da transformación dixital que Europa necesita para a próxima década, que ten como un dos seus obxectivos que en 2030 todos os fogares e empresas da Unión Europea teñan conectividade xigabit e que tres (3) de cada catro (4) empresas dispoñan de computación na nube.

A crise derivada da COVID-19 obrigou a Europa a tomar medidas excepcionais e aproveitar a circunstancia para tratar de saír máis fortes da pandemia, transformando a economía europea e creando novas oportunidades. NextGenerationEU xorde como un plan de recuperación de 750.000 millóns de euros para crear unha Europa máis verde, máis dixital e máis resiliente.

O Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia (MRR), establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, é o elemento central de NextGenerationEU, destinado a financiar os plans de recuperación e resiliencia dos Estados membros da Unión Europea.

O Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España (PRTR) recibiu informe favorable da Comisión Europea o 16 de xuño de 2021 e foi aprobado polo Consello da Unión Europea o 6 de xullo de 2021. O PRTR ten como obxectivo a posta en marcha dun plan de investimentos e reformas para a recuperación das empresas e a sociedade tras a crise da COVID-19, impulsando unha transformación estrutural para un desenvolvemento máis sustentable e resiliente, cun orzamento de máis de 140.000 millóns de euros ata 2026.

En febreiro de 2021, a Xunta de Galicia presentaba a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030), a cal define un marco de actuación común que facilite a actuación das tres administracións (nacional, autonómica e local) nun mesmo territorio de maneira complementaria, buscando as sinerxías e a suma de esforzos para consolidar a transición dixital da Comunidade, dando continuidade á Axenda Dixital de Galicia 2020 e ao Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), coa visión posta en impulsar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital.

Adaptar as infraestruturas das edificacións que non dispoñan dunha infraestrutura común de telecomunicacións (ICT) instalada ao abeiro do Real decreto lei 1/1998 (edificacións concluídas antes do 1 de xaneiro de 2000) facilitará a conectividade destas edificacións ás novas redes de telecomunicación, aumentando a eficiencia dos despregamentos en termos económicos e de redución de prazos, cun modelo respectuoso co urbanismo existente.

As axudas reguladas nestas bases dítanse en desenvolvemento das actuacións recollidas no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Estas medidas enmárcanse no investimento C15.I4 «Renovación e sustentabilidade de infraestruturas. Mellora do equipamento que permite aloxar as infraestruturas de telecomunicacións situadas nos edificios para optimizar o despregamento de redes e acadar un menor consumo de enerxía» do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, (programa UNICO-Edificios).

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria

1. Constitúe o obxecto desta resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (programa UNICO-Edificios) previstas no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro) (código de procedemento AP400C), así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión (código de procedemento AP400D), no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que se inclúen como anexo I desta resolución.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as citadas subvencións para o período 2022-2023.

3. Procédese tamén a convocar a selección dunha entidade colaboradora para facilitar a xestión e o acceso das comunidades de propietarios ás axudas propostas.

Artigo 2. Procedemento de selección da entidade colaboradora (código de procedemento AP400D)

1. O prazo para a presentación das solicitudes para ser entidade colaboradora será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo da posible aplicación das consecuencias sancionadoras que procedan, de conformidade co disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O procedemento de selección, en cumprimento do artigo 13.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, será mediante un procedemento sometido aos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación, e a colaboración formalizarase mediante convenio.

5. O prazo de duración da colaboración estenderase desde o momento da sinatura do correspondente convenio ata o 31 de decembro de 2023.

6. A entidade seleccionada recibirá unha compensación económica polas tarefas de difusión e campaña de comunicación que efectuará co fin de dar a coñecer estas axudas, así como pola xestión da documentación das axudas. Esta compensación será de ata un 4 % da dotación orzamentaria máxima da convocatoria de subvencións e formalizarase mediante convenio.

7. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificárllela aos interesados será de tres (3) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3. Solicitudes de subvención

1. O prazo para a presentación das solicitudes de subvención é de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o mesmo día en que se produza a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Este prazo poderá ser ampliado no caso da existencia de crédito dispoñible, ou ben no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo da posible aplicación das consecuencias sancionadoras que procedan, de conformidade co disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Procedemento de concesión de subvencións

1. O procedemento de concesión será o de outorgamento de subvencións en concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto nesta convocatoria.

2. Naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, de ser o caso, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.

3. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificárllela aos interesados será de cinco (5) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Transcorrido o prazo sen se ditar resolución expresa, os interesados poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, de conformidade co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Tipos de proxectos obxecto de axuda

1. Os proxectos presentados deberán dar cumprimento ao especificado no artigo 4 das bases reguladoras. En concreto, as subvencións destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para desenvolver as seguintes actuacións:

a) Liña de actuación 1: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación completa), tal e como se describen no artigo 4.1.a) das bases reguladoras.

b) Liña de actuación 2: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación parcial), tal e como se describen no artigo 4.1.b) das bases reguladoras.

c) Liña de actuación 3: infraestrutura de telecomunicacións adaptada, exclusivamente, para banda larga ultrarrápida, tal e como se describen no artigo 4.1.c) das bases reguladoras.

2. O ámbito material das actuacións recollidas nos proxectos deberase axustar ás edificacións elixibles establecidas no artigo 3 das bases reguladoras.

3. Só se poderá solicitar unha subvención a unha liña de actuación por cada comunidade de propietarios. No caso de recibirse máis dunha solicitude, só se terá en consideración a primeira solicitude recibida.

4. O importe máximo de subvención por proxecto estará limitado pola intensidade máxima de subvención establecida no artigo 7 e, así mesmo, establécese un importe máximo de subvención por liña de actuación e número de vivendas beneficiadas:

a) Liña de actuación 1: importe máximo de subvención de 476,00 € por vivenda, ata un máximo por proxecto de 16.660,00 €.

b) Liña de actuación 2: importe máximo de subvención de 420,00 € por vivenda, ata un máximo por proxecto de 14.700,00 €.

c) Liña de actuación 3: importe máximo de subvención de 339,50 € por vivenda, ata un máximo por proxecto de 11.882,50 €.

Artigo 6. Crédito

1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 4.112.307,69 €, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.781.0, coa seguinte distribución:

Aplicación

Código proxecto

2022

2023

04.A1.571A.781.0

2022 00009

1.000,00 €

4.111.307,69 €

2. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a dotación orzamentaria poderase incrementar sen que se realice unha nova convocatoria, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. Este crédito financiarase con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 7. Intensidade máxima da subvención

A intensidade máxima destas subvencións será do setenta por cento (70 %) do custo elixible do proxecto.

Artigo 8. Realización do proxecto subvencionado

1. A execución dos gastos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte ao da data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2023.

2. Os beneficiarios deberán presentar a documentación xustificativa da execución dos gastos subvencionables nun prazo máximo de tres (3) meses desde a finalización da actuación e, en todo caso, ata a data límite, que é o 31 de outubro de 2023.

3. En todo caso, a execución de investimentos por parte dunha persoa solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que a persoa solicitante non resulte beneficiaria, nin garante a súa aprobación no caso de ser beneficiaria.

Artigo 9. Información aos interesados

Sobre estes procedementos administrativos, que teñen os códigos AP400C e AP400D, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través das seguintes canles:

1. Páxina web: http://amtega.xunta.gal/

2. O teléfono: 981 54 55 35.

3. O enderezo electrónico: amtega@xunta.gal

4. Presencialmente.

5. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderase facer uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12 se chama desde fóra de Galicia).

Disposición adicional única. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2022

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Resolución do 29.7.2022)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

CAPÍTULO I

Obxecto e ámbito

Artigo 1. Obxecto

Constitúe o obxecto desta resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (programa UNICO-Edificios) previstas no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 2. Ámbito temporal

O ámbito temporal de vixencia destas bases será desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de decembro de 2025.

Artigo 3. Ámbito material

As convocatorias ditadas ao abeiro destas bases axustarán o seu ámbito ás edificacións suxeitas ao réxime de propiedade horizontal que non dispoñan dunha infraestrutura común de telecomunicacións (ICT) instalada ao abeiro do Real decreto lei 1/1998, sobre infraestruturas comúns nos edificios para o acceso aos servizos de telecomunicación, é dicir, edificacións cuxa construción xa estaba en fase avanzada ou concluída antes da entrada en vigor do primeiro regulamento técnico aprobado polo Real decreto 279/1999, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior dos edificios e da actividade de instalación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións (edificios concluídos antes do 1 de xaneiro de 2000).

Artigo 4. Tipos de proxectos obxecto de subvención

1. Os proxectos que se presenten ás convocatorias ditadas ao abeiro destas bases destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para desenvolver as seguintes actuacións:

a) Liña de actuación 1: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación completa). Renovaranse con esta liña do programa:

1º. Os elementos de captación, adaptación, distribución, dispersión, co cablaxe imprescindible, para asegurar a correcta captación, distribución e entrega, polo menos, dos servizos radiodifundidos. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo I do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo. Así mesmo, logo de consulta aos operadores de comunicacións electrónicas, despregarase na edificación unha rede de banda larga ultrarrápida desde un punto de interconexión que se deberá instalar no inmoble e ata cada PAU. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo II do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo.

2º. E, de ser o caso, procederase á desinstalación e retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, unha vez realizadas as actuacións anteriores, tales como aparellaxe, cables, antenas, incluídos os eléctricos ou electrónicos que teñan asociados, e procederase á súa correcta xestión ambiental en cumprimento da normativa vixente e aplicable aos residuos xerados.

b) Liña de actuación 2: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación parcial, ao non incluír para radiodifusión sonora e televisión dixital nin os elementos de captación –antenas– nin de adaptación –equipamento de cabeceira–). Renovaranse con esta liña do programa:

1º. Os elementos de distribución e dispersión, co cablaxe imprescindible, para asegurar a correcta distribución e entrega, polo menos, dos servizos radiodifundidos. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo I do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo. Así mesmo, logo de consulta aos operadores de comunicacións electrónicas, despregarase na edificación unha rede de banda larga ultrarrápida desde un punto de interconexión que se deberá instalar no inmoble e ata cada PAU. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo II do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo.

2º. E, de ser o caso, procederase á desinstalación e retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, unha vez realizadas as actuacións anteriores, tales como aparellaxe, cables, antenas, incluídos os eléctricos ou electrónicos que teñan asociados, e procederase á súa correcta xestión ambiental en cumprimento da normativa vixente e aplicable aos residuos xerados.

c) Liña de actuación 3: infraestrutura de telecomunicacións adaptada, exclusivamente, para banda larga ultrarrápida. Renovaranse con esta liña do programa:

1º. Logo de consulta aos operadores de comunicacións electrónicas, despregarase na edificación unha rede de banda larga ultrarrápida desde un punto de interconexión que se deberá instalar no inmoble e ata cada PAU. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo II do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo.

2º. E, de ser o caso, procederase á desinstalación e retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, unha vez realizadas as actuacións anteriores tales como aparellaxe, cables, incluídos os eléctricos ou electrónicos que teñan asociados, e procederase á súa correcta xestión ambiental en cumprimento da normativa vixente e aplicable aos residuos xerados.

CAPÍTULO II

Entidade colaboradora

Artigo 5. Procedemento de selección da entidade colaboradora

1. Requisitos da entidade colaboradora.

a) Para facilitar a xestión e o acceso das comunidades de propietarios ás axudas propostas, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a través da Área de Sociedade Dixital, nos termos previstos no artigo 9 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá establecer acordos cunha asociación ou federación de empresas instaladoras e integradoras de telecomunicacións de forma que se faciliten os procedementos de xestión das convocatorias de subvencións.

b) Co fin de garantir o grao de coñecemento e especialización necesarios, exixirase que:

1º. A asociación ou federación represente de forma exclusiva empresas e asociacións de empresas instaladoras e integradoras de telecomunicacións, sexan persoas físicas ou xurídicas, e non a outros colectivos profesionais.

2º. Se constituíse, polo menos, un ano antes contado a partir da publicación da convocatoria.

c) Non poderán obter a condición de entidade colaboradora:

1º. As entidades en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de entidade colaboradora, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

2º. As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) Diario Oficial de la Unión Europea do 31.7.2014 e o disposto nos artigos 1.4.c) e 2.18) de Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (texto pertinente para efectos do EEE), Diario Oficial de la Unión Europea do 26.6.2014.

3º. As empresas que se encontren suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

2. Obrigas da entidade colaboradora.

a) A entidade colaboradora deberá cumprir as obrigas recollidas no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as contidas nestas bases, as que se determinen en cada convocatoria e as que figuren no convenio subscrito coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) En particular, serán obrigas da entidade colaboradora as seguintes:

1º. Realizar unha campaña de comunicación e difusión co fin de dar a coñecer, co maior eco e repercusión pública posible, a convocatoria de subvencións entre as posibles entidades beneficiarias.

2º. Elaborar modelos para facilitar a presentación das solicitudes de subvención por parte das entidades interesadas.

3º. Recibir e rexistrar as solicitudes de subvención presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia relativas a este procedemento, que recibirá a través da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, conforme se estableza no convenio de colaboración.

4º. Comprobar e acreditar a autenticidade da documentación que acompaña as solicitudes e que a dita documentación está completa, elaborando, de ser o caso, os requirimentos precisos que se remitirán ás comunidades de propietarios para solicitar a documentación que sexa exixible e que non fose presentada inicialmente. Así mesmo, será obriga da entidade colaboradora comprobar que os solicitantes e as solicitudes cumpren os requisitos para poderen obter a condición de beneficiarios.

5º. Cubrir os formularios de rexistro cos datos referentes ás solicitudes para facilitar a xestión coordinada das axudas, que serán creados para tal efecto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, conforme se estableza no convenio de colaboración.

6º. Remitir á Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, conforme se estableza no convenio de colaboración, a relación de solicitudes que cumpran os requisitos para poder obter a axuda, co importe da axuda que corresponde, ordenada segundo a orde de prelación que lle corresponda, así como a relación daquelas solicitudes presentadas que non acrediten documentalmente os requisitos exixidos para obter a axuda, co reflexo dos correspondentes motivos.

7º. Achegar á Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a documentación que se lle requira conforme o expresado no parágrafo anterior.

8º. Revisión da documentación xustificativa da execución da subvención que deberán presentar os beneficiarios, verificando que a documentación é completa e suficiente, e o resultado das comprobacións realizadas, mencionando os feitos observados que poidan supoñer un incumprimento por parte do beneficiario da normativa aplicable ou das condicións impostas para a percepción da subvención; deberán proporcionar a información co suficiente detalle e precisión para que o órgano instrutor poida concluír respecto diso.

9º. Elaborar, por petición do órgano instrutor, os requirimentos precisos que se remitirán ás comunidades de propietarios para solicitar a documentación xustificativa que sexa exixible e que non fose presentada inicialmente.

10º. Facilitarlles á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que o dito organismo delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento, a avaliación e o control do proxecto.

11º. As partes asinantes do convenio estarán obrigadas, en materia de protección de datos, a cumprir co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais, e demais disposicións vixentes sobre a materia.

3. Control e loita contra a fraude.

a) De acordo co establecido no artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as entidades colaboradoras someteranse ás actuacións de control que realice a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o seguimento das subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de xestión e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) nº 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

b) Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco das convocatorias ditadas ao abeiro destas bases reguladoras poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

c) De se probaren indicios fundados de fraude, a Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia analizará a procedencia da incoación do correspondente procedemento administrativo sancionador de conformidade coa normativa aplicable en cada caso e, de ser o caso, instruirá o procedemento sancionador que corresponda, segundo a infracción administrativa en que resulten subsumibles os feitos analizados.

4. Presentación de solicitudes.

a) O prazo para a presentación das solicitudes será o indicado en cada convocatoria.

b) As solicitudes serán presentadas pola persoa que acredite a súa representación segundo o indicado no artigo 10 (modelo anexo III).

c) As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

d) Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fai, se considerará por desistida a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Comprobación de datos.

a) Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1º. Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

2º. DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.

3º. Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

4º. Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

5º. Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

c) Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

6. Documentación complementaria.

a) As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación complementaria:

1º. Copia dos estatutos sociais en que se reflictan a súa denominación, obxecto e domicilio social e figure que representa de forma exclusiva empresas e asociacións de empresas instaladoras e integradoras de telecomunicacións, sexan persoas físicas ou xurídicas, e non outros colectivos profesionais.

2º. De ser o caso, acreditación de experiencia actuando como colaboradora coa Administración pública en programas de axudas. A acreditación desta experiencia poderase realizar mediante a certificación expedida polo órgano competente da Administración pública en que se acredite a dita actuación, presentación de copia do convenio de colaboración subscrito ou calquera outra documentación que permita verificar de forma fidedigna a existencia da dita experiencia.

3º. Acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude. Deberase acreditar a dita representación segundo o indicado no artigo 10.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

b) A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

c) Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

d) No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

a) Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. Instrución do procedemento.

a) A dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocará e resolverá as solicitudes formuladas, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

b) A Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será o órgano encargado da instrución e do seguimento das solicitudes.

c) A Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será a encargada da xestión económico-orzamentaria dos gastos e ingresos deste programa e do seguimento da súa execución.

d) O órgano competente para a instrución realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

e) Se a solicitude non reúne algunha da documentación ou información previstas nas bases ou convocatoria, requirirase o/a interesado/a para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia expresa de que, se así non o fixer, se considerará desistido/a da súa petición e se arquivará o expediente.

f) Se o número de asociacións ou federacións solicitantes que cumpre as condicións mínimas establecidas nas epígrafes precedentes excede unha, atenderíanse, como criterio obxectivos de selección, os seguintes:

1º. Número de empresas instaladoras e integradoras (ata 40 puntos): puntuarase o número de empresas instaladoras de telecomunicacións integradas na asociación, entendendo como tales as empresas inscritas no Rexistro de Empresas Instaladoras de Telecomunicación a que se refire o artigo 3 do Regulamento regulador da actividade de instalación e mantemento de equipamentos e sistemas de telecomunicación, aprobado polo Real decreto 244/2010, do 5 de marzo. Aquela ou aquelas asociacións que integren ao maior número de empresas recibirán o 100 % dos puntos e as que integren o menor número de empresas recibirán o 0 % dos puntos. O resto das solicitudes recibirán unha cantidade de puntos proporcional.

2º. Experiencia previa actuando como colaboradora coa Administración pública en programas de axudas (40 puntos): puntuan con 40 puntos aquelas asociacións que acrediten teren colaborado coa Administración pública en programas de axudas.

3º. Antigüidade da asociación (ata 20 puntos): puntuarase a antigüidade da asociación, entendida como o número de anos completos desde a súa constitución ata a data de publicación da convocatoria. Aquela ou aquelas asociacións con maior antigüidade recibirán o 100 % dos puntos e as de menor antigüidade recibirán o 0 % dos puntos. O resto das solicitudes recibirán unha cantidade de puntos proporcional.

g) O órgano instrutor, á vista do expediente, formulará a proposta de resolución provisional, que deberá estar debidamente motivada e expresará, polo menos, o solicitante para o cal se propón o nomeamento como entidade colaboradora, e elevaraa ao órgano competente para resolver.

h) A proposta de resolución provisional poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez (10) días, poidan formular alegacións.

i) Poderase prescindir do trámite a que se refire a alínea anterior cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

j) Examinadas as alegacións aducidas, se é o caso, polos interesados, formularase a proposta de resolución definitiva, que deberá estar debidamente motivada, e elevarase ao órgano competente para resolver.

k) Notificada a proposta de resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios dispoñerán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

9. Convenio de colaboración.

a) Unha vez seleccionada a entidade colaboradora, a colaboración formalizarase mediante un convenio de colaboración entre esta e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no cal se regularán as condicións e as obrigas asumidas por aquela, ao cal lle será de aplicación o disposto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CAPÍTULO III

Requisitos e obrigas

Artigo 6. Requisitos das entidades solicitantes

1. As comunidades de propietarios dun edificio ou conxunto de edificacións, suxeitos ao réxime de propiedade horizontal, establecidos no artigo 396 do Código civil, así como nos correlativos da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, que precisen adaptar as súas instalacións de telecomunicacións no interior do edificio ou conxunto de edificacións e que este edificio ou conxunto de edificacións sexa subvencionable segundo o indicado no artigo 3.

2. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias:

a) As entidades en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) Diario Oficial de la Unión Europea do 31.7.2014, e co disposto nos artigos 1.4.c) e 2.18) de Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (texto pertinente para efectos do EEE), Diario Oficial de la Unión Europea do 26.6.2014.

c) As empresas que se encontren suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 7. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as contidas nestas bases, as contidas no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento destas bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

2. As entidades beneficiarias deberán comunicar ao órgano concedente, no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da subvención concedida, a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingresos ou recursos que financien a mesma actuación subvencionada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

3. As entidades beneficiarias deberán manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable diferenciado que recolla adecuadamente todas as transaccións relacionadas coa actuación obxecto de axuda. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable á entidade beneficiaria, así como as facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da axuda concedida, garante o seu adecuado reflexo na contabilidade das entidades beneficiarias e deberase conservar durante un prazo mínimo de tres (3) anos.

4. Cumprimento das obrigas de etiquetaxe climática e dixital, cunha porcentaxe do 0 por cento e do 100 por cento, respectivamente, de acordo co previsto no PRTR e no Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

5. En aplicación do disposto no artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as infraestruturas e os equipamentos que sexan obxecto de axuda deberán permanecer afectos ao fin concreto do proxecto durante un período mínimo de cinco (5) anos, contados a partir da súa finalización, ou ata o final da súa vida útil se esta for menor de cinco (5) anos.

6. As entidades beneficiarias comprométense a proporcionar ao organismo concedente, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que dito organismo delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do proxecto.

7. As entidades beneficiarias deberán contribuír ao obxectivo de autonomía estratéxica e dixital da Unión Europea, así como garantir a seguridade da cadea de subministración tendo en conta o contexto internacional e a dispoñibilidade de calquera compoñente ou subsistema tecnolóxico sensible que poida formar parte da solución, mediante a adquisición de equipamentos, compoñentes, integracións de sistemas e software asociado a provedores situados na Unión Europea.

8. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a crear en España todo o emprego necesario para a realización da actividade, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

9. Cumprir coas obrigas de información e publicidade, segundo se establece no artigo 28 destas bases.

10. As actuacións a que se refire o artigo 4 deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Cumprimento das condicións específicas de aplicación do principio de «non causar dano significativo» (Do no significant harm-DNSH) establecidas no anexo IV.

b) Ser realizadas por empresas instaladoras rexistradas no Rexistro de Empresas Instaladoras de Telecomunicación a que se refire o artigo 3 do Regulamento regulador da actividade de instalación e mantemento de equipamentos e sistemas de telecomunicación, aprobado polo Real decreto 244/2010, do 5 de marzo. En concreto, polo tipo de actividade «F», segundo o establecido na Orde ITC/1142/2010, do 29 de abril, pola que se desenvolve o Regulamento regulador da actividade de instalación e mantemento de equipamentos e sistemas de telecomunicación.

c) Contar co correspondente proxecto técnico subscrito por titulado ou titulada competente en materia de infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT).

d) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas o requiran.

e) Para efectos da execución das actuacións que inclúan o despregamento dunha infraestrutura de banda larga ultrarrápida nos edificios ou conxunto de edificacións, os operadores interesados en seren consultados sobre o tipo de portadores que se van utilizar habilitarán un punto de información onde se poderán dirixir os proxectistas e informarán das correspondentes ligazóns da internet á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais para que as publique na súa páxina web. De non existir resposta de ningún operador nun prazo máximo de quince (15) días hábiles desde a data da consulta realizada, ou en ausencia de operadores interesados en seren consultados, o proxecto técnico incorporará, unicamente como portador, a cablaxe de fibra óptica. A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais poderá habilitar, de ser necesario, un procedemento de consulta e intercambio de información alternativo.

f) Ademais, o proxecto técnico, boletín de instalación de telecomunicacións, protocolo de probas específico e certificación final de obra e, de ser o caso, a acta de implantación presentaranse e tramitaranse cumprindo o procedemento previsto na Orde ITC/1644/2011, do 10 de xuño, pola que se desenvolve o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior das edificacións, aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo. A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais publicará, na súa páxina web, os modelos de documentos antes referidos adaptados a cada unha das actuacións recollidas no artigo 4, co fin de normalizar os seus contidos e aspectos técnicos que se deberán cubrir en cada caso; igualmente, publicaranse o modelo de informe técnico de renovación que subscribirá o proxectista seleccionado pola propiedade e o modelo de orzamento desagregado que entregará á propiedade a empresa instaladora rexistrada encargada por esta da realización dos traballos.

11. Nos casos en que as entidades beneficiarias se encontren dentro do ámbito subxectivo de aplicación establecido no artigo 3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, deberán dar cumprimento ás disposicións relativas á publicidade activa que figuran no capítulo II do título I da dita lei. En particular, tal e como se menciona no punto 2 do artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, publicarán a información prevista na alínea c) do punto 1 do artigo 8 da dita lei, seguindo os principios xerais establecidos no seu artigo 5.

Adicionalmente ás obrigas relativas á publicidade activa que marca a normativa de carácter básico, as entidades beneficiarias están suxeitas ás obrigas de subministración de información conforme o disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias de non atender esta obriga ditaranse conforme o disposto na dita lei.

12. As entidades beneficiarias están obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

13. O incumprimento de calquera das obrigas sinaladas nas epígrafes anteriores poderá ser causa da perda de dereito ao cobramento ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase procedemental en que se encontre a tramitación do expediente.

CAPÍTULO IV

Actividade subvencionable

Artigo 8. Financiamento e intensidade máxima da subvención

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se determinen nas correspondentes convocatorias.

2. Enténdese por intensidade de subvención o seu importe expresado en porcentaxe dos custos subvencionables do proxecto. Todas as cifras empregadas se entenderán antes de deducións fiscais ou doutro tipo.

3. A intensidade máxima das subvencións fixarase, para cada caso, nas convocatorias ditadas ao abeiro destas bases. En todo caso, esta intensidade máxima non poderá superar o 70 por cento (70 %) do custo de todos os conceptos subvencionables.

4. As subvencións que se concedan ao abeiro destas bases serán compatibles con calquera outra axuda doutros programas ou instrumentos de calquera administración pública ou organismo ou ente público, nacional ou internacional, particularmente da Unión Europea, en canto que a dita axuda non cubra os mesmos custos (de acordo co principio de non duplicidade no financiamento, previsto no artigo 9 Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021).

5. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 9. Investimentos e gastos subvencionables

1. As subvencións destinaranse a financiar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados, acorde co estipulado nestas bases e convocatoria, e que se materialicen no período fixado en cada convocatoria.

2. Considéranse investimentos e gastos potencialmente subvencionables, na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos, os seguintes conceptos asociados ao proxecto:

a) Os traballos vinculados á actividade do titulado ou titulada competente en materia de telecomunicacións: elaboración do correspondente proxecto técnico, dirección de obra e certificación final, así como os informes técnicos de renovación e memorias que sexan necesarios e, de ser o caso, a consulta aos operadores de telecomunicacións e a verificación voluntaria do proxecto e do certificado.

b) Os traballos vinculados á actividade da empresa instaladora: elaboración do orzamento de obra, execucións materiais (equipamento de todo tipo que se precise, a realización das medidas de comprobación e a súa correspondente man de obra), realización do boletín de instalación de telecomunicacións e do protocolo de probas asociado e, de ser o caso, dos custos da desinstalación e a retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, unha vez realizadas as actuacións subvencionables, e da súa correcta xestión ambiental en cumprimento da normativa vixente e aplicable aos residuos xerados, sempre que non se trate de sistemas ou equipamentos para os cales se regulou o réxime de responsabilidade ampliada do produtor do produto.

3. Dentro dos gastos subvencionables, conforme o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, admitiranse os impostos indirectos aplicables cando non sexan susceptibles de recuperación ou compensación polo beneficiario. Malia o anterior, exclúese expresamente dos gastos subvencionables o imposto sobre o valor engadido (IVE).

4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou subministren.

CAPÍTULO V

Comunicacións, representación e presentación de solicitudes

Artigo 10. Representación

1. As persoas físicas que realicen a sinatura da solicitude ou a presentación de declaracións responsables ou comunicacións, interposición de recursos, desistencia de accións ou renuncia a dereitos, en representación das persoas solicitantes ou beneficiarias das subvencións, deberán exercer a representación necesaria para cada actuación, nos termos establecidos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. A persoa asinante da solicitude deberá acreditar que no momento da presentación da solicitude ten representación suficiente para o acto. O incumprimento desta obriga, de non se emendar, dará lugar a que o interesado se considere desistido da súa solicitude.

3. Para o resto dos trámites indicados no punto 1, cando o representante sexa distinto da persoa que asinou a solicitude, deberase achegar igualmente a acreditación do poder con que actúa o novo asinante, que deberá ser suficiente para exercer a dita representación.

4. O órgano instrutor poderalles requirir en calquera momento ás persoas asinantes a acreditación da representación que exerzan. A falta de representación suficiente da entidade seleccionada, persoa solicitante ou beneficiaria en cuxo nome se presentou a documentación determinará que o documento en cuestión se considere por non presentado, cos efectos que diso deriven para a continuación do procedemento.

5. A representación poderase acreditar mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia. No caso das comunidades de propietarios, considerarase acreditación suficiente a presentación dun certificado do acordo da Xunta de propietarios do inmoble, emitido e asinado polo secretario ou secretario-administrador da comunidade co visto e prace do presidente ou, de ser o caso, da representación legal da sociedade cooperativa, no cal, de forma expresa, se faculte un representante para realizar as xestións de tramitación e xustificación desta axuda.

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será o indicado en cada convocatoria.

Artigo 12. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes serán presentadas pola persoa que acredite a súa representación segundo o indicado no artigo 10 (modelo anexo II).

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emenda través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, de non o facer, se considerará por desistida da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante, de ser o caso.

c) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

h) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 14. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas, para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo anexo V).

b) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que poidan afectar o ámbito obxecto de xestión (modelo anexo VI).

c) Acordo adoptado validamente no cal se aprobe a realización da actuación obxecto da petición de axuda.

d) Informe técnico de renovación (modelo anexo VII) subscrito por titulado ou titulada competente en materia de infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT), no cal se indicarán a tipoloxía de actuación en que se encadra a axuda solicitada, a descrición da actuación subvencionable, a contía máxima da axuda solicitada e o orzamento aprobado dos seus honorarios profesionais.

e) Orzamento desagregado (modelo anexo VIII) aprobado pola propiedade á empresa instaladora de telecomunicacións rexistrada para a execución da actuación acordada; orzamento que será realizado con base no previsto no informe técnico de renovación, antes citado.

f) Consulta descritiva e gráfica de datos catastrais do inmoble en que se van a levar cabo as actuacións, que acredite o uso e o seu ano de conclusión, en cumprimento do disposto no artigo 3 destas bases reguladoras.

g) Copia de documento que acredite a titularidade da conta bancaria onde se realizará o aboamento da subvención.

h) Acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo o indicado no artigo 10.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en a que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 16. Autorizacións e publicidade

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do contido da convocatoria e das bases reguladoras, así como a asunción da veracidade dos datos recollidos nela e a responsabilidade sobre a inclusión destes datos, incluíndo a responsabilidade que se asume por posibles erros realizados a título de simple descoido.

2. A presentación da solicitude pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderase opoñer á consulta ou poderá denegar expresamente o consentimento e, nese caso, deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

3. Conforme o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao abeiro destas bases.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Amtega publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das subvencións concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas subvencións e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer, nos correspondentes rexistros públicos, incluído o Rexistro Público de Subvencións, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Con todo, as persoas interesadas poderán pedir que non se fagan públicos os seus datos cando poidan afectar a honra e a intimidade persoal e familiar das persoas físicas, segundo o establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio.

CAPÍTULO VI

Regras do procedemento de concesión

Artigo 17. Órganos competentes

1. A Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocará e resolverá as solicitudes formuladas ao abeiro destas bases reguladoras, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

2. A Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será o órgano encargado da instrución e do seguimento das solicitudes.

3. A Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será a encargada da xestión económico-orzamentaria dos gastos e ingresos deste programa e do seguimento da súa execución.

Artigo 18. Instrución dos procedementos

1. A entidade colaboradora, en nome e por conta da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, recibirá e revisará as solicitudes, así como o resto da documentación presentada, e comprobará que os solicitantes cumpren os requisitos precisos para obteren a condición de beneficiarios.

2. Se a solicitude non reúne algunha da documentación ou información prevista nas bases ou convocatoria, requirirase o/a interesado/a para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia expresa de que, se así non o fixer, se considerará desistido/a da súa petición e se arquivará o expediente. Naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, de ser o caso, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.

3. O órgano competente para a instrución realizará, de oficio, cantas actuacións xulgue necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A entidade colaboradora, unha vez revisadas e analizadas as solicitudes e feitas as emendas, remitirá á Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e nos prazos fixados no convenio de colaboración, a relación de solicitudes que cumpran os requisitos para poder obter a axuda, así como a relación daquelas solicitudes presentadas que non acrediten documentalmente o cumprimento dos requisitos necesarios para obter a axuda.

5. O órgano competente para a instrución elaborará a lista ordenada da relación de solicitudes que cumpran os requisitos para poder obter a axuda, por rigorosa orde de presentación, entendida esta tal e como se detalla no punto 2.

Artigo 19. Resolución provisional e audiencia

1. O órgano instrutor, á vista do expediente, formulará a proposta de resolución provisional, que deberá estar debidamente motivada e expresará, polo menos, os proxectos que se subvencionan, a liña de actuación, o seu custo, así como a subvención concedida, ou, de ser o caso, a causa de denegación, e elevaraa ao órgano competente para resolver.

2. A proposta de resolución provisional poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez (10) días, poidan formular alegacións.

3. Poderase prescindir do trámite a que se refire a epígrafe anterior cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

Artigo 20. Resolución

1. Examinadas as alegacións aducidas polos interesados no trámite de audiencia, se é o caso, formularase a proposta de resolución definitiva, que deberá estar debidamente motivada, e elevarase ao órgano competente para resolver.

2. Na resolución de concesión da subvención farase constar, polo menos:

a) Liña de actuación.

b) Créditos orzamentarios aos cales se imputa o gasto, contía da subvención, porcentaxe de financiamento e referencia ao seu financiamento no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

c) Prazos e modos de pagamento da subvención, posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e pagamentos á conta, así como o réxime de garantías que, de ser o caso, deberán realizar os beneficiarios.

d) Prazo e forma de xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos.

e) Condicións técnicas e económicas que debe cumprir o proxecto obxecto da subvención concedida.

3. Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.

4. No caso de existiren solicitudes que non acaden o dereito á subvención, por terse esgotado o crédito dispoñible, pasarán a formar unha lista de espera, coas entidades solicitantes que poderán ser susceptibles de recibir a axuda se se produce un incremento do crédito, ben por dispoñer de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos, ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta subvención, de conformidade co disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

5. Notificada a proposta de resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios dispoñerán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

6. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificárllela aos interesados será de cinco (5) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 21. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Na notificación de concesión da axuda os beneficiarios serán informados de que as subvencións reguladas nestas bases se amparan no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 22. Réxime de recursos

As resolucións de concesión da subvención poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderanse interpoñer os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición, ante a directora da Amtega, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produciu o acto presunto.

2. Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 23. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do orzamento aceptado polo órgano concedente e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión e, en todo caso, antes de que finalice o prazo para a realización do proxecto, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, para o cal deberá achegar xunto coa solicitude de modificación un novo exemplar actualizado e asinado do documento normalizado correspondente para acreditar a non vinculación cos provedores.

No caso de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta na valoración, revalorarase o proxecto e, neste caso, poderá dar como resultado unha modificación, á baixa, da subvención concedida ou a perda do dereito a esta.

3. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

4. Os beneficiarios terán a obriga de comunicar ao órgano concedente calquera alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención.

5. As modificacións da resolución de concesión poderanse autorizar sempre que:

a) A modificación solicitada non desvirtúe a finalidade da subvención e non supoña incremento do orzamento.

b) Non exista prexuízo a terceiros.

c) Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorreren na concesión inicial, non supoñerían a denegación da subvención.

A conformidade expresa do órgano concedente ás mencionadas modificacións só será outorgada cando non se altere significativamente o proxecto inicial e se cumpran os requisitos antes indicados.

Artigo 24. Renuncia

1. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. No caso de que se comunique a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que algún beneficiario renuncie á subvención concedida, os créditos liberados poderanse asignar aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

Artigo 25. Xustificación e pagamento das subvencións

1. A xustificación da subvención será realizada polos beneficiarios de acordo co establecido no capítulo IV, artigo 27 e sucesivos, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no título III, capítulo II, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da dita lei, e co establecido na normativa aplicable do Mecanismo de recuperación e resiliencia e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

2. A modalidade de xustificación adoptada para a acreditación da realización do proxecto, o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectivos previstos na resolución de concesión será a de conta xustificativa, de acordo co previsto no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A documentación que se deberá presentar estará formada polos seguintes elementos:

a) Solicitude de pagamento, debidamente asinada polo representante legal do beneficiario.

b) Conta xustificativa segundo o establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asinada polo representante legal do beneficiario, que conterá:

1º. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2º. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

a. Unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

b. As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior, e a documentación acreditativa do pagamento.

c. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

c) Declaración responsable en que figuren os seguintes termos:

1º. Outras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto.

2º. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3º. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4º. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5º. Non encontrarse en crise segundo a definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.

6º. Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

d) Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social (soamente no caso de denegar expresamente o consentimento ao órgano xestor para que solicite de oficio os certificados).

e) Copia do proxecto técnico subscrito por titulado ou titulada competente en materia de infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT), cuxa estrutura e contido se adaptarán, para cada tipoloxía de actuación, aos que se publiquen na páxina web da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, polo que se rexerán as actuacións realizadas pola empresa instaladora de telecomunicacións rexistrada, encargada da execución da actuación.

f) Copia do boletín de instalación emitido pola empresa instaladora de telecomunicación que executou as actuacións. O dito boletín deberase axustar ao modelo normalizado incluído como anexo III á Orde ITC/1142/2010, do 29 de abril, pola que se desenvolve o Regulamento regulador da actividade de instalación e mantemento de equipamentos e sistemas de telecomunicación, aprobado polo Real decreto 244/2010, do 5 de marzo, identificando na epígrafe «Descrición da instalación ou intervención» o detalle dos traballos realizados; o dito contido axustarase, para cada tipoloxía de actuación, aos modelos que se publiquen na páxina web da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.

g) Copia do protocolo de probas de ICT, exclusivamente cuberto nas epígrafes que correspondan ao tipo de actuación realizada, emitido pola empresa instaladora de telecomunicación que executase as actuacións. A súa estrutura e contido adaptaranse, para cada tipoloxía de actuación, aos que se publiquen como documentos normalizados na páxina web da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.

h) Copia do certificado de fin de obra subscrito por titulado ou titulada competente en materia de ICT. A súa estrutura e contido adaptaranse, para cada tipoloxía de actuación, aos que se publiquen na páxina web da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.

i) Copia da certificación outorgada pola presentación e tramitación telemática realizada dos documentos correspondentes, en cumprimento do previsto na Orde ITC/1644/2011, do 10 de xuño, pola que se desenvolve o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior das edificacións, aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo, que inclúa o número de expediente asignado, de conformidade co procedemento de presentación telemática habilitado para tal fin na sede electrónica da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.

j) Nos casos en que se realice a desinstalación e retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, tales como aparellaxe, cables, antenas, incluídos os eléctricos ou electrónicos que teñan asociados, dispoñerase dos medios necesarios para a correcta xestión destes e dispoñerase dos certificados correspondentes do seu correcto tratamento nas plantas autorizadas de xestión de residuos.

Esta xestión deberase realizar, en todo caso, en cumprimento do previsto na normativa aplicable aos residuos xerados, e cando se trate de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, conforme o Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos para a súa xestión ambiental.

Para garantir a correcta xestión e facilitar o cumprimento da normativa vixente, as empresas instaladoras de telecomunicacións encargadas dos traballos de desinstalación e retirada poderán acadar acordos cos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor –SCRAP– autorizados, para as diferentes tipoloxías de residuos, que lles deberán achegar o oportuno xustificante da súa entrega.

A empresa instaladora facilitaralle á destinataria final das axudas copia do dito xustificante para que sexa achegado na tramitación da xustificación final da solicitude.

k) Reportaxe fotográfica das actuacións realizadas, que inclúa fotografías da situación do edificio ou conxunto de edificios antes e despois das actuacións e, de ser o caso, dos equipamentos e instalacións principais finais obxecto da axuda.

As fotografías da situación do edificio antes das actuacións asociaranse ao proxecto técnico, e as correspondentes ao resultado final das actuacións, ao certificado de fin de obra.

l) Xustificación do cumprimento das obrigas de publicidade e información, segundo o disposto no artigo 28 destas bases.

4. Toda a documentación necesaria para a xustificación da realización do proxecto, referida nos puntos anteriores, será presentada, a través dos medios sinalados no artigo 15, no prazo máximo que se fixe na convocatoria.

5. O órgano instrutor poderá ditar instrucións ou guías para a elaboración de calquera aspecto relativo á documentación xustificativa da realización do proxecto.

6. Tal e como se establece no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen presentar esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o/a beneficiario/a para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste punto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido nesta epígrafe non eximirá o/a beneficiario/a das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 26. Pagamentos parciais e garantías

Non se prevé a realización de pagamentos anticipados nin de pagamentos parciais.

Artigo 27. Actuacións de comprobación

1. Os beneficiarios da subvención estarán obrigados a facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación cos proxectos obxecto de subvención, os beneficiarios deberanse someter ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes.

2. Os beneficiarios aseguraranse de que os orixinais dos documentos xustificativos presentados estean á disposición dos organismos encargados do control, referidos no punto anterior, durante un período de polo menos tres (3) anos a partir da presentación da xustificación, salvo que na resolución de concesión se especifique un prazo maior.

Artigo 28. Información e publicidade que deberá realizar o beneficiario

1. Os beneficiarios das subvencións deberán facer mención da orixe do financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración do financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

2. Nas publicacións, equipamentos, material inventariable, actividades de difusión, páxinas web e outros resultados aos cales poida dar lugar o proxecto, e, en xeral, en calquera medio de difusión, deberán cumprir cos requisitos de imaxe do programa en vigor.

3. Para estes efectos, o órgano xestor facilitaralles aos beneficiarios instrucións, modelos e exemplos para cumprir coas obrigas de publicidade, que serán conformes co establecido no artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e no artigo 24 do Real decreto 990/2021, do 16 de novembro.

Artigo 29. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei. En caso de incumprimento desta obriga, observarase o disposto no punto 4 do artigo citado.

Artigo 30. Datos de carácter persoal

De acordo co establecido no artigo 14, alínea ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas, cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

CAPÍTULO VII

Reintegro e infraccións

Artigo 31. Reintegros e infraccións

1. O incumprimento dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como das condicións que, de ser o caso, se estableceron na correspondente resolución de concesión, dará lugar, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver as subvencións percibidas e os xuros de demora correspondentes, conforme o disposto no título II, capítulo I, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no título V do seu regulamento.

Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o terían impedido.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiros, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos asumidos por estes, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se acadan os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas das persoas beneficiarias, así como dos compromisos asumidos por estas, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo ou a realidade e regularidade das actividades subvencionadas.

2. Será de aplicación o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de concorreren os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas.

3. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves, de acordo cos artigos 54, 55 e 56 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A potestade sancionadora por incumprimento establécese no seu artigo 66.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

1. No non previsto nestas bases serán de aplicación o Real decreto 990/2021, do 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; así como a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

2. Así mesmo, aplicarase a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, no caso de que na execución das subvencións se subscriban contratos que se deban someter a esta lei.

3. Tamén é de aplicación a Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2021, en relación coa vinculación legal coa finalidade dos fondos recibidos para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

4. Así mesmo, son de aplicación as definicións de fraude, corrupción e conflito de intereses contidas na Directiva (UE) 2017/1371 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2017, sobre a loita contra a fraude que afecta os intereses financeiros da Unión a través do dereito penal (Directiva PIF), e no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro da UE), traspostas ao dereito interno na Lei orgánica 1/2019, do 20 de febreiro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, para traspoñer directivas da Unión Europea nos ámbitos financeiro e de terrorismo, e abordar cuestións de índole internacional.

5. As axudas que se desenvolvan ao abeiro destas bases estarán, así mesmo, sometidas ao Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como á normativa interna aplicable á xestión, seguimento e control que se estableza para o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, en particular o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, cuxa aplicación será de obrigado cumprimento. En particular, é de aplicación o previsto nos seus artigos 37 e 46 en relación, respectivamente, coa afectación legal dos ingresos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia, e as obrigas de información para o seguimento dos proxectos financiados a través do PRTR.

O anterior sen prexuízo da aplicación de calquera outra disposición tanto do dereito nacional como da Unión Europea, que poidan resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión dos fondos provenientes do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o PRTR. En particular, será de aplicación o previsto no Regulamento xeral de exención por categorías, así como na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establecen o procedemento e formato da información que deberán proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

6. Serán igualmente de aplicación o disposto na Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento; a Lei 11/2022, do 28 de xuño, xeral de telecomunicacións e a súa normativa de desenvolvemento; o establecido no Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social; o Real decreto 346/2011, do 11 de marzo, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior das edificacións, así como a Orde ITC/1644/2011, do 10 de xuño, pola que se desenvolve este regulamento; o Real decreto 244/2010, do 5 de marzo, polo que se aproba o Regulamento regulador da actividade de instalación e mantemento de equipamentos e sistemas de telecomunicación, así como a Orde ITC/1142/2010, do 29 de abril, pola que se desenvolve este regulamento; e o Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos para a súa xestión ambiental.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 18.2 e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, deberanse transmitir á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto de cada convocatoria ditada ao abeiro destas bases reguladoras, para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO IV

Condicións específicas en relación co principio
de non causar dano significativo (DNSH)

Entre as obrigas para cumprir co disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e a súa normativa de desenvolvemento, atópase a de respectar o chamado principio de non causar un dano significativo ao ambiente (principio DNSH polas súas siglas en inglés, «Do non significant harm»).

Por iso, os beneficiarios das axudas deberán prever os mecanismos que aseguren o cumprimento, en todas as fases do deseño e execución do proxecto, das condicións específicas que se enumeran a continuación, asociadas a cada un dos obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088:

Obxectivo ambiental

Condición específica

Mitigación do cambio climático.

Espérase que a medida xere emisións importantes de gases de efecto invernadoiro?

Para a instalación das infraestruturas IT, no que sexa de aplicación, teranse en conta as recomendacións e mellores prácticas contidas na versión máis recente do Código de conduta europeo sobre consumo enerxético de equipamentos de banda larga, e/ou o proxecto técnico demostra que se realizaron os maiores esforzos para implementar prácticas relevantes sobre eficiencia enerxética nos equipamentos e instalacións.

Adaptación ao cambio climático.

Espérase que a medida dea lugar a un aumento dos efectos adversos das condicións climáticas actuais e das previstas no futuro, sobre si mesma ou nas persoas, a natureza ou os activos?

En relación coas instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións en edificios para proxectos de despregamento de banda larga ultrarrápida e, de ser o caso, de infraestruturas de telecomunicacións adaptadas a radiodifusión sonora e televisión dixital, identificouse como risco climático físico que podería ser pertinente para esta medida o risco de inundacións (pluviais e, se é o caso, fluviais ou costeiras).

Para este risco climático incorporaranse, no momento do deseño e da construción, as solucións de adaptación que reduzan o dito risco e aplicaranse antes do inicio das operacións.

Transición a unha economía circular, incluídos a prevención e a reciclaxe de residuos.

Espérase que a medida (i) dea lugar a un aumento significativo da xeración, incineración ou eliminación de residuos, excepto a incineración de residuos perigosos non reciclables; ou (ii) xere importantes ineficiencias no uso directo ou indirecto de recursos naturais en calquera das fases do seu ciclo de vida, que non se minimicen con medidas adecuadas; ou (iii) dea lugar a un prexuízo significativo e a longo prazo para o ambiente en relación coa economía circular?

Os equipamentos non conterán as substancias restrinxidas enumeradas no anexo II da Directiva 2011/65 / UE, excepto cando os valores de concentración en peso das devanditas substancias en materiais homoxéneos non superen os límites máximos enumerados en devandito anexo.

Para actuacións que inclúan a retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, incluídos os eléctricos e electrónicos asociados, será requisito para a concesión da subvención a inclusión no proxecto técnico preceptivo dun capítulo de xestión de residuos que garanta a máxima reciclaxe, ao final da súa vida útil, dos equipamentos eléctricos e electrónicos. Ao final da súa vida útil, o equipamento someterase a unha preparación para operacións de reutilización, recuperación ou reciclaxe, ou un tratamento adecuado, incluída a eliminación de todos os fluídos e un tratamento selectivo de acordo co anexo VII da Directiva 2012/19/UE.

Os axentes encargados da construción das infraestruturas IT seguirán o principio de xerarquía dos residuos, dando prioridade á prevención, preparación para a reutilización, reciclaxe, valorización enerxética e, por último, eliminación, sempre que sexa posible desde o punto de vista ambiental.

Prevención e control da contaminación.

Espérase que a medida dea lugar a un aumento significativo das emisións de contaminantes á atmosfera, á auga ou ao solo?

Adoptaranse medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes durante a fase de obra e executaranse as actuacións asociadas a esta medida, sempre cumprindo a normativa de aplicación vixente en canto á posible contaminación de solos e auga.

ANEXO V

Modelo de aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas

Don/dona ....., DNI ....., como representante da comunidade de propietarios ....., con NIF ....., e domicilio fiscal en ..... solicitante de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR no desenvolvemento de actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no compoñente 15, no marco da Resolución do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento AP400C), declara coñecer a normativa que é de aplicación, en particular os seguintes puntos do artigo 22, do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia:

1. A letra d) do punto 2:

«obter, para efectos de auditoría e control do uso de fondos en relación coas medidas destinadas á execución de reformas e proxectos de investimento no marco do Plan de recuperación e resiliencia, nun formato electrónico que permita realizar procuras e nunha base de datos única, as categorías harmonizadas de datos seguintes:

i. O nome do perceptor final dos fondos.

ii. O nome do contratista e do subcontratista, cando o perceptor final dos fondos sexa un poder adxudicador de conformidade co dereito da Unión ou nacional en materia de contratación pública.

iii. Os nomes, apelidos e datas de nacemento dos titulares reais do perceptor dos fondos ou do contratista, segundo se define no artigo 3, punto 6, da Directiva (UE) 2015/849 do Parlamento Europeo e do Consello.

iv. Unha lista de medidas para a execución de reformas e proxectos de investimento no marco do Plan de recuperación e resiliencia, xunto co importe total do financiamento público das ditas medidas e que indique a contía dos fondos desembolsados no marco do Mecanismo e doutros fondos da Unión».

2. Punto 3:

«Os datos persoais mencionados no número 2, letra d), do presente artigo só serán tratados polos Estados membros e pola Comisión para os efectos e duración da correspondente auditoría da aprobación da xestión orzamentaria e dos procedementos de control relacionados coa utilización dos fondos relacionados coa aplicación dos acordos a que se refiren os artigos 15, número 2, e 23, número 1. No marco do procedemento de aprobación da xestión da Comisión, de conformidade co artigo 319 do TFUE, o Mecanismo estará suxeito á presentación de informes no marco da información financeira e de rendición de contas integrada a que se refire o artigo 247 do Regulamento financeiro e, en particular, por separado, no informe anual de xestión e rendemento».

Conforme o marco xurídico exposto, en caso de resultar beneficiario destas subvencións, manifesta acceder á cesión e tratamento dos datos cos fins expresamente relacionados nos artigos citados.

……………………………..., XX de …………… de 202X

Asdo. …………………………………………….

Cargo: …………………………………………

ANEXO VI

Modelo de declaración responsable relativa ao compromiso
de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR

Don/dona ....., DNI ....., como en representación da comunidade de propietarios ....., con NIF ....., e domicilio fiscal en ..... solicitante de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR no desenvolvemento de actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no compoñente 15, no marco da Resolución do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento AP400C), en caso de resultar beneficiario destas subvencións manifesta o compromiso da entidade que representa cos estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, comunicando, de ser o caso, ás autoridades que proceda os incumprimentos observados.

Adicionalmente, atendendo ao contido do PRTR, comprométese a respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés «Do no significant harm») na execución das actuacións levadas a cabo no marco do dito plan, e manifesta que non incorre en dobre financiamento e que, de ser o caso, non lle consta risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado.

……………………………..., XX de …………… de 202X

Asdo. …………………………………………….

Cargo: …………………………………………

ANEXO VII

Modelo de informe técnico de renovación da
infraestrutura de telecomunicacións (ITR)

Solicitante:

Don/dona ....., con DNI ....., en representación da propiedade ou comunidade de propietarios do edificio na r/ ....., nº ....., CP ......, cidade: ....., provincia: .....

Autor:

Don/dona ....., con DNI....., titulado/a competente en materia de infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT), habilitado para o exercicio da profesión de: ....., especialidade ....., con domicilio en ....., ....., da cidade de ....., provincia .....

Tras acudir ao edificio que a continuación se describe, o día ..... de ...... de ....., elabora o presente informe.

Descrición do edificio:

Portal

Nº andares

Vivendas/andar

Oficinas

Loc. comerciais

Instalación actual:

1. Radiodifusión sonora e televisión dixital (RTV):

1.1. Sistema de captación (antenas):

Estado actual

Renovación

Antena  Individuais  Colectiva

 Largo de banda adaptado

 Cambio de antena

 Outras antenas obsoletas

 Retirar

Observacións para a execución material

1.2. Equipamento de adaptación (cabeceira):

Estado actual

Renovación

 Filtro LTE

 Instalar

 Equipamentos obsoletos

 Monocanal  Central programable  Banda larga

 Substituír

Observacións para a execución material

1.3. Distribución e, de ser o caso, dispersión:

Estado actual

Renovación

 Rede de distribución en estrela

 Instalar

 Reparar

 Rede de distribución en gradual

 Instalar

 Reparar

 Rede de distribución en árbore-rama

 Instalar

 Reparar

 Por interior  Sen canalizar

 Canalizar

 Por fachada  Sen canalizar

 Canalizar

Observacións para a execución material

2. Rede de banda larga ultrarrápida:

2.1. Fibra óptica:

Estado actual

Renovación

Por fachada: 

 Despregamento parcial
 Despregamento total

 Canalizado

 Completar despregamento
 Canalizar

Por interior: 

 Despregamento parcial
 Despregamento total

 Canalizado

 Completar despregamento
 Canalizar

 Sen despregamento

 Despregar

 Canalizar

 Punto de interconexión

 Instalar e unificar

Observacións para a execución material

2.2 Cable coaxial:

Estado actual

Renovación

Por fachada: 

 Despregamento parcial
 Despregamento total

 Canalizado

 Completar despregamento
 Canalizar

Por interior: 

 Despregamento parcial
 Despregamento total

 Canalizado

 Completar despregamento
 Canalizar

 Sen despregamento

 Despregar

 Canalizar

 Punto de interconexión

 Instalar e unificar

Observacións para a execución material

3. Cables:

Estado actual

Renovación

 Con marcación CPR

 RTV        Banda larga

     Fibra  Coaxial

 Sen marcación CPR

 RTV        Banda larga

     Fibra  Coaxial

 Substituír

 RTV        Banda larga

     Fibra  Coaxial

Observacións para a execución material

4. Seguridade das instalacións existentes:

Estado actual

Renovación

Acceso á cuberta:

 Por zona común

 Seguro

Acceso á cuberta:

 Prever acceso por zona común

 Asegurar acceso

Ancoraxe sistemas de captación:
(base, torre, mastro)

 Folgura en ancoraxes

 Oxidación en ancoraxes

 Carga excesiva de antenas

 Eliminar folguras

 Substituír ancoraxes

 Substituír ancoraxe ou retirar antenas

Posta á terra:

 Existe

 Debidamente conectada

 Instalar

 Conectar

Observacións para a execución material

 O técnico competente comprobou que non existen na infraestrutura común de telecomunicacións elementos que sexan perigosos para a saúde e integridade das persoas.

5. Recomendacións de actuación e aspectos que se deben considerar para a retirada, de ser o caso, dos elementos obsoletos e en desuso, tras a execución das actuacións subvencionables propostas:

6. Outras observacións:

7. Proposta de renovación:

Á vista do estado actual, anteriormente descrito, a presente infraestrutura de telecomunicacións cumpre cos requisitos indicados, no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro, e na convocatoria de subvencións e bases reguladoras da Resolución do 25 de agosto de 2022 (código de procedemento AP400C), para poder acollerse á subvención para a súa adecuación, de común acordo coa representación legal da propiedade, selecciónase, entre as tres posibles liñas subvencionables, a seguinte (elimínense as que non procedan).

a) Liña de actuación 1 (instalación completa) en edificio de (nº)...........vivendas.

b) Liña de actuación 2 (instalación parcial) en edificio de (nº)...........vivendas.

c) Liña de actuación 3 (só banda larga ultrarrápida) en edificio de (nº)...........vivendas.

As obras que se realizarán recollen todos os aspectos obxecto de renovación indicados nos puntos anteriores.

Os traballos que para tal fin se deberán levar a cabo, en ningún caso poderán iniciarse se antes non se redactou o correspondente proxecto técnico de renovación.

8. Importe global das actividades orzadas (antes do IVE):

Concepto

Importe

Honorarios profesionais

Elaboración do ITR, redacción do proxecto técnico, dirección de obra e certificación da instalación incluído, de ser o caso, a verificación/visado.

Xestión de documentación.

...................

Execución material e documentación asociada

Execución da instalación e, de ser o caso, a desinstalación e xestión ambiental dos residuos, medidas de comprobación, elaboración do boletín e do protocolo de probas,

de acordo co orzamento anexo.

...................

Concepto

Importe

Importe global orzado antes do IVE

...................

Axuda máxima que se pode solicitar tendo en conta os límites e a intensidade de subvención fixados na convocatoria

...................

………………., …… de ………………………de ……..

O autor do informe

O representante legal da

comunidade de propietarios

Asdo.: ................................

DNI: ……………………….

Asdo.: .................................

DNI: ……………………….

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Modelo de orzamento desagregado para a execución da actuación

Notas previas:

 Este modelo de orzamento desagregado é aplicable á instalación prevista no artigo 5.1.a) da convocatoria (liña de actuación 1 (instalación completa).

 Para as instalacións recollidas nos artigos 5.1.b) e 5.1.c) (liña de actuación 2 (instalación parcial) e liña de actuación 3 (só banda larga ultrarrápida) respectivamente), orzaranse só os apartados aplicables en cada caso, deixando a cero os non aplicables e respectando en todo caso a numeración.

 No caso da rede de banda larga ultrarrápida, orzarase soamente aquela que se vaia implementar.

 As actuacións propostas deben entenderse como finalistas, é dicir, en cada caso deben incluír, polo menos, o previsto nas bases reguladoras e na convocatoria para cada unha delas.

 Os importes do orzamento indicados non inclúen os impostos indirectos aplicables (IVE).

Modelo de orzamento desagregado

– Datos da empresa instaladora:

Razón social:

NIF:

Teléfono:

Correo electrónico:

Nº de rexistro empresa instaladora de telecomunicación:

Número de orzamento:

Data orzamento:

– Datos da edificación:

Cliente:

NIF:

Teléfono:

Correo electrónico:

Enderezo:

Código postal:

Referencia catastral:

Capítulo 1. Radiodifusión sonora e televisión dixital (RTV):

Partida 1.1. Elementos de captación: antenas.

Describiranse as cantidades e tipos de materiais que son necesarios para a instalación, e a súa man de obra correspondente ben detallada ou incluída nas correspondentes unidades de obra (de forma indicativa: antena, base, torreta, mastro, cable coaxial, pequeno material…).

………………………………………………. Importe partida 1.1:

Partida 1.2. Equipamento de adaptación: cabeceira.

Describirase o tipo de amplificación proposto (monocanal ou central programable), as cantidades e tipos de materiais que son necesarios para a instalación e configuración, e a súa man de obra correspondente, ben detallada ou incluída nas correspondentes unidades de obra (de forma indicativa: chasis, monocanais, central programable, fonte alimentación, previo, cable coaxial, filtro LTE, pequeno material…).

………………………………………………. Importe partida 1.2:

Partida 1.3. Sistema de distribución e, no seu caso, dispersión.

Describirase por onde discorrerá a rede de distribución que se empregará (polo interior ou pola fachada), as cantidades e tipos de materiais que son necesarios para a instalación, e a súa man de obra correspondente, ben detallada ou incluída nas correspondentes unidades de obra (de forma indicativa: derivadores, repartidores, pequeno material, cable coaxial...).

………………………………………………. Importe partida 1.3:

……………………………………………….Total capítulo 1:

Capítulo 2. Rede de banda larga ultrarrápida

Partida 2.1. Rede banda larga ultrarrápida de fibra óptica e/ou de cable coaxial.

Describirase o modelo de rede de banda larga, que poderá estar formada por unha rede de fibra óptica ou por unha rede de fibra óptica e unha de cable coaxial. Será necesario detallar as cantidades e tipos de materiais que son necesarios para a instalación e a súa man de obra correspondente, ben detallada ou ben incluída nas correspondentes unidades de obra (de forma indicativa: caixas de superficie, adaptadores, pigtails, fusións, cables, conectores…).

………………………………………………. Importe partida 2.1:

………………………………………………. Total capítulo 2:

Capítulo 3. Infraestrutura e canalizacións

Partida 3.1. Canalizacións e punto de interconexión de rede banda larga ultrarrápida.

Describiranse todas as canalizacións e o punto de interconexión de rede necesarios para a instalación da rede de banda larga ultrarrápida e, de ser o caso, de radiodifusión sonora e televisión dixital (RTV). Será necesario detallar as cantidades e tipos de materiais que son necesarios para a instalación e a súa man de obra correspondente, ben detallada ou ben incluída nas correspondentes unidades de obra (de forma indicativa: armarios, tubos, bandexas, canle, puntos de acceso ao usuario –PAU– e obras anexas)

………………………………………………. Importe partida 3.1:

………………………………………………..Total capítulo 3:

Capítulo 4. Desinstalación e retirada de equipamentos en desuso e xestión ambiental

Partida 4.1. Desinstalación e retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso.

Describiranse os importes da desinstalación e retirada de elementos en desuso tales como: aparellaxe, cables, antenas, incluídos os eléctricos ou electrónicos que teñan asociados.

………………………………………………. Importe partida 4.1:

Partida 4.2. Tramitación mediante acordo con sistema colectivo de responsabilidade ampliada do produtor autorizado (SCRAP) con xustificante da súa entrega.

Orzarase o importe da entrega dos equipamentos retirados ao SCRAP, incluíndo a obtención dos certificados da súa xestión ambiental en cumprimento da normativa vixente e aplicable a cada residuo.

………………………………………………. Importe partida 4.2:

………………………………………………. Total capítulo 4:

Capítulo 5. Realización de toma de datos e orzamento, medicións de comprobación, boletín de instalación e protocolo de probas de ICT

Partida 5.1. Toma de datos para a elaboración de orzamento.

……………………………………………….. Importe partida 5.1:

Partida 5.2. Medicións de comprobación para a realización do protocolo de probas.

………………………………………………. Importe partida 5.2:

Partida 5.3. Rexistro de medidas e realización de documentos.

………………….…………….…………. Importe partida 5.3:

……………………………….………………. Total capítulo 5:

………….......................…Total base impoñible orzamento:

………………..………………...………….............……. IVE:

……………………………………...............Total orzamento:

………………., …… de ………………………de ……..

A empresa instaladora

O representante legal da

comunidade de propietarios

Asdo.: .............................

Asdo.: ...........................