Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47477

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Orde do 19 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN223A).

BDNS (Identif.): 646501.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nas bases reguladoras:

a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de mercado excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de mercado excelente na Comunidade Autónoma de galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

b) As federacións e asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

En todo caso, as federacións e asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estaren ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

Segundo. Obxecto

A concesión de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente na convocatoria.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 870.000,00 € que será imputado da seguinte forma:

a) Concellos:

Destinarase un crédito total de 600.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.751A.761.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

b) Federacións e asociacións de prazas de abastos e mercados:

Destinarase un crédito total de 270.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.751A.781.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, do seguinte xeito:

Federacións de asociacións de prazas de abastos

45.000,00 €

Asociacións de prazas de abastos

225.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación