Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2022 Páx. 47893

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2022 pola que se modifica a Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A).

Con data do 9 de febreiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código do procedemento PR608A).

No artigo 8 da convocatoria establécese que o despregamento da rede poderá prolongarse no tempo ata o prazo máximo para a posta en servizo, que é o 31 de outubro de 2023, e no artigo 9 da convocatoria indícase que a execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2023.

A execución das novas infraestruturas de soporte necesarias para a instalación do equipamento para dotar de cobertura as zonas obxectivo comporta a necesidade de localización de parcelas válidas, consecución de permisos e tramitación de licencias, ademais dos tempos precisos para a súa subministración e instalación.

Esta execución estase a ver afectada pola actual situación política e económica mundial que, lonxe de resolver os atrancos de dispoñibilidade de materiais e transporte derivados da COVID-19, estes estanse a agudizar e afectan de xeito importante ao despregamento de infraestruturas de telecomunicacións e equipamento.

Ante a posibilidade de que a situación actual continúe a afectar con maior ou menor intensidade a realización dos despregamentos necesarios para a consecución dos obxectivos desta actuación, considérase precisa a prórroga dos prazos previstos inicialmente.

Con base no anterior e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A)

A Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A) queda modificada como segue:

Un. O artigo 5.1 da convocatoria queda redactado do seguinte xeito:

«1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 4.000.000,00 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0, coa seguinte distribución:

Aplicación

Código proxecto

2022

2023

2024

04.A1.571A.770.0

2020 00009

653.455,30 €

1.218.383,00 €

2.128.161,70 €»

Dous. O artigo 8.1 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. O despregamento da rede poderá prolongarse no tempo ata o prazo máximo para a posta en servizo, que é o 31 de outubro de 2024».

Tres. O artigo 9.1 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2024».

Disposición derradeira primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Acordo do 29.7.2022)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia